Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Teoría das Relacións Laborais Código 760G01010
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público Especial
Coordinación
Munín Sánchez, Lara María
Correo electrónico
l.munin@udc.es
Profesorado
Munín Sánchez, Lara María
Correo electrónico
l.munin@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral 1. Cúrsase no primeiro curso do grao, como materia obrigatoria.

2. Trátase dunha materia a través da que se pretende capacitar ao estudantado no emprego dos conceptos, das perspectivas e dos modelos de produción en que poden operan as relacións laborais.

3. Os contidos da materia, estreitamente relacionados coas demais materias que conforman o plano de estudos, responden á necesidade de incorporar á formación do estudantado as habilidades e ferramentas esenciais para coñecer as dinámicas que teñen lugar nas relacións laborais, tanto individuais como colectivas.

4. Concretamente, perséguese que o estudantado poida realizar unha análise da realidade xurídico-laboral, tendo en conta a súa capacidade para comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais, para percibir as diferencias existentes entre os diferentes modelos de relacións laborais, para valorar as decisións emanadas dos suxeitos que interveñen nas relacións laborais, para analizar o comportamento dos axentes sociais nos diferentes modelos de relacións laborais, e por último, para apreciar as diferencias existentes entre os diferentes modelos de benestar

5. Todo isto explica que se establezan como obxectivos: 1) capacitar para comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais; 2) capacitar para comprender as diferencias existentes entre os diferentes modelos de relacións laborais; 3) capacitar para valorar as decisións emanadas dos suxeitos que interveñen nas relacións laborais; 4) capacitar para valorar o comportamento dos axentes sociais nos diferentes modelos de relacións laborais; e 5) capacitar para comprender as diferencias existentes entre os diferentes modelos de estados de benestar.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
A3 Saúde laboral e prevención de riscos laborais.
A11 Teoría e sistemas de relacións laborais.
A12 Historia das relacións laborais.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A15 Dirixir grupos de persoas.
A22 Planificación e deseño, asesoramento e xestión dos sistemas de prevención de riscos laborais.
A27 Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A32 Comprender a relación entre procesos sociais e a dinámica das relacións laborais.
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B17 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saúde e prevención de riscos Planear a acción preventiva a desenvolver en situacións en que o control ou a diminución de riscos supón a realización de diferentes actividades, que implican a intervención de distintos especialistas Análise e prevención de situacións de grave risco, catástrofe ou calamidade pública. Desenvolvemento de sistema de autoproteción para centros, establecementos e dependencias, co correspondente plan de emerxencia para accións de prevención de riscos, alarma, evacuación e socorro Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas Seleccionar e xestionar información e documentación Dirixir grupos de persoas Planificación e deseño, asesoramento e xestión dos sistemas de prevención de riscos Asesoramento a organizacións e entidades Aplicar os coñecementos á práctica Resolución de problemas Capacidade de análise e síntese Capacidade de organización e planificación Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional Razoamento crítico Traballo en equipos Sensibilidade cara a temas medioambientais Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade A1
A3
A11
A12
A13
A14
A15
A22
A27
A31
A32
A33
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B9
B12
B13
B17
C1
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
PARTE PRIMEIRA
Introducción

TEMA 1.
A DOCENCIA UNIVERSITARIA DA MATERIA TEORÍA DAS RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 2. TEORÍAS E MODELOS ANALÍTICOS DOS SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 3. A CONSIDERACIÓN XURÍDICA-LABORAL DO TRABALLO COMO OBXECTO DE ESTUDO DA MATERIA TEORÍA DAS RELACIÓNS LABORAIS.
Sumario TEMA 1
§1. No plano de estudos da licenciatura en ciencias do traballo, como antecedente académico. §2. No plano de estudos do grao en relacións laborais §3. No plano de estudos das titulacións universitarias de relacións laborais ou ciencias do traballo nos países membros da Unión Europea.

Sumario TEMA 2
§1. Emerxencia da teoría das relacións laboaris. §2. Consolidación da teoría das relacións laborais. §3. Teorías actuais das relacións laborais.

Sumario TEMA 3
§1. O traballo como realidade xurídica. §2. O traballo dependente. §3. Un traballo voluntariamente prestado. §4. Por conta allea. §5. En virtude dun contrato. §6. Privado. §7. E non regulado polo Dereito común.
PARTE SEGUNDA
Historia da regulación do sistema español de relacións laborais

TEMA 4. A ETAPA DE DISPERSIÓN NORMATIVA.
TEMA 5. A ETAPA DE SISTEMATIZACIÓN NORMATIVA.
TEMA 6. A ACTUAL ETAPA DE IMPREGNACIÓN CONSTITUCIONAL E DE EUROPEIZACIÓN.
Sumario TEMA 4
§1. O traballo asalariado industrial: o problema da cuestión social. §2. A organización e a movilización do proletariado como resposta. §3. A intervención dos poderes públicos.

Sumario TEMA 5
§1. Durante a ditadura de Primo de Rivera. §2. Durante a II República. §3. Durante o franquismo.

Sumario TEMA 6
§1. A constitucionalización e a internacionalización das relacións laborais. §2. A impregnación constitucional do sistema español de relacións laborais. §3. A europeización do sistema español de relacións laborais.
PARTE TERCEIRA
A regulación actual do sistema español de relacións laborais

TEMA 7. AS FONTES DE COÑECEMENTO DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 8. INTERNET COMO MEDIO PARA O COÑECEMENTO DAS FONTES REGULADORAS DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS.
Sumario TEMA 7
§1. Sobre a expresión «fontes de coñecemento» como sinónimo de «fontes do Dereito». §2. As normas laborais constitucionais. §3. As normas laborais internacionais. §4. As normas laborais do Estado e das Comunidades Autónomas. §5. As normas sectoriais. §6. O costume laboral. §7. A xurisprudencia social.

Sumario TEMA 8
§1. A Ignorantia legis non excusat e o dereito á información xurídica da cidadanía. §2. O dereito á información xurídica a través de Internet en Francia. §3. Outros modelos estatais, europeos e norteamericano, de acceso á información xurídica a través de Internet.
PARTE CUARTA
A relación laboral individual

TEMA 9. O TRABALLADOR.
TEMA 10. O EMPRESARIO E A EMPRESA.
TEMA 11. O CONTRATO DE TRABALLO.


Sumario TEMA 9
§1. Concepto xurídico de traballador. §2. A relevancia social dos traballadores. §3. Criterios xurídicos para a clasificación dos traballadores.

Sumario TEMA 10
§1. Concepto xurídico-laboral de empresario e clases. §2. A empresa, o centro de traballo e o lugar de traballo. §3. Os grupos de empresas ou grupos de sociedades.

Sumario TEMA 11
§1. A constitución da relación laboral individual a través da formalización do contrato de traballo. §2. Os poderes do empresario como causa de desigualdade no contrato de traballo. §3. Os límites constitucionais dos poderes do empresario.
PARTE QUINTA
As relacións laborais colectivas

TEMA 12. AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS.
TEMA 13. AS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS.
TEMA 14. A NEGOCIACIÓN COLECTIVA.
TEMA 15. OS DEREITOS DE FOLGA E PECHE PATRONAL.
TEMA 16. O CONFLITO COLECTIVO E OS SEUS PROCEDEMENTOS DE SOLUCIÓN.

Sumario TEMA 12
§1. O sindicato como forma concreta de organización. §2. Criterios para unha clasificación dos sindicatos. §3. Antecedentes do Dereito Sindical no Estado español. §4. O recoñecemento constitucional dos sindicatos. §5. A Lei Orgánica de Liberdade Sindical.

Sumario TEMA 13
§1. O asociacionismo empresarial. §2. Criterios para unha clasificación das organizacións empresariais. §3. O dereito de asociación empresarial.


Sumario TEMA 14
§1. O dereito constitucional á negociación colectiva laboral. §2. O concepto legal de convenio colectivo. §3. Diferencias con outras figuras negociais distintas. §4. Clases de convenios colectivos. §5. O procedemento de negociación dos convenios colectivos.

Sumario TEMA 15
§1. A folga como medio de presión laboral dos traballadores. §2. A regulación da folga como dereito fundamental. §3. A titularidade do dereito de folga. §4. O exercicio do dereito de folga. §5. A folga ilegal e as súas modalidades. §6. A folga abusiva e as súas modalidades. §.7. O impacto da folga. §8. O dereito de peche patronal como medio de defensa do empresario e os requisitos legais para o seu exercicio. §9. Outros medios de presión laboral.

Sumario TEMA 16
§1. O conflito colectivo como elemento consustancial das relacións laborais e a súa tipoloxía. §2. Os procedementos extraxudicias de solución de conflitos colectivos. §3. O procedemento xudicial de solución de conflitos colectivos.






PARTE SEXTA
A intervención do Estado na regulación das relacións laborais

TEMA 17. A ADMINISTRACIÓN LABORAL.
TEMA 18. A ACTUACIÓN ADMINISTRATIVA DA AUTORIDADE LABORAL NAS RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 19. A INSPECCIÓN DE TRABALLO E DE SEGURIDADE SOCIAL.
Sumario TEMA 17
§1. A autoridade laboral. §2. A autoridade laboral do Estado. §3. A Autoridade laboral das Comunidades Autónomas.

Sumario TEMA 18
§1. A actuación administrativa de policía. §2. A actuación administrativa de fomento. §3. A actuación administrativa de servizo público.

Sumario TEMA 19
§1. Antecedentes. §2. Regulación actual. §3. Organización. §4. Funcións. §5. Modalidades de actuación.

PARTE SETIMA
As relacións laborais desde unha perspectiva comparada: modelos comunitario e comparado de relacións laborais no actual contexto de globalización ou mundialización da economía

TEMA 20. OS MODELOS COMUNITARIO E COMPARADO, EUROPEO E NORTEAMERICANO, DE RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 21. O IMPACTO DA GLOBALIZACIÓN OU MUNDIALIZACIÓN DA ECONOMÍA NAS RELACIÓNS LABORAIS.
Sumario TEMA 20
§1. Metodoloxía para o estudo das relacións laborais desde unha perspectiva comparada. §2. En materia de contratación laboral. §3. En materia de liberdade sindical. §4. En materia de negociación colectiva. §5. En materia de folga e peche patronal.

Sumario TEMA 21
§1. A regulación internacional das condicións de traballo como constante histórica. §2. O reposicionamento das funcións do Estado en temas económicos e sociais. §3. A intensificación do labor sindical a nivel internacional. §4. A regulación do comercio internacional por cláusulas sociais. §5. A distinción entre países enriquecidos e países empobrecidos como punto de partida para unha nova regulación internacional, non só estritamente laboral, dun mercado cada vez máis mundializado.



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A14 B2 B3 C8 5 20 25
Discusión dirixida A13 A15 A32 A33 B6 B9 3 10 13
Estudo de casos A31 B1 B5 B12 B13 B17 C6 9 20 29
Presentación oral C1 C4 2 7 9
Proba obxectiva A3 A27 3 0 3
Sesión maxistral A1 A11 A12 A22 B8 C7 20 50 70
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Supón o emprego de documentos bibliográficos e audiovisuais relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para a súa análise. Pódese empregar como introducción a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non poder ser observados directamente e para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contados teóricos ou prácticos.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por unha persoa que modera.
Estudo de casos Situación específica que plantexa un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, través dun proceso de discusión. O estudantado debe sitúase diante dun problema concreto (o caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, relativos a un campo particular, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión (dirixida ou non) en grupos.
Presentación oral Intervención propia dos procesos de ensino-aprendizaxe basada na exposición verbal, a través da que o estudantado e a persoa encargada da docencia interactúan dun modo ordenado, plantexando cuestións, realizando aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba obxectiva Empregada para a avaliación do aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as despostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite a través dun cuestionario de preguntas avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendimento e aptitudes.
Sesión maxistral A sesión maxistral (tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral) supón unha exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Discusión dirixida
Estudo de casos
Presentación oral
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
A actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en pequeno grupo, ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo dos contidos desta materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.

Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nas titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).

Non se debe confundir atención personalizada con titoría académica, xa que esta fai referencia á necesidade de asignar a cada alumno un titor desde primeiro curso ata que finaliza os estudos universitarios de grao, co obxectivo de ofrecer un soporte permanente e formal naqueles momentos nos que debe tomar decisións.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A31 B1 B5 B12 B13 B17 C6 Situación específica que plantexa un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, través dun proceso de discusión. O estudantado debe sitúase diante dun problema concreto (o caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, relativos a un campo particular, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión (dirixida ou non) en grupos. 10
Presentación oral C1 C4 Intervención propia dos procesos de ensino-aprendizaxe basada na exposición verbal, a través da que o estudantado e a persoa encargada da docencia interactúan dun modo ordenado, plantexando cuestións, realizando aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
Proba obxectiva A3 A27 Empregada para a avaliación do aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite a través dun cuestionario de preguntas avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendimento e aptitudes 70
Sesión maxistral A1 A11 A12 A22 B8 C7 Asistencia e participación ás sesións maxistrais, en que se realizarán exposicións orais complementadas co uso de medios audiovisuais e a introducción de preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. 10
 
Observacións avaliación

I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN

1. Do volume total do traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia.

2. A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na propia aprendizaxe.

3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da realización dunha proba final.

4. A avaliación continua implica valorar o esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado.

5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe.

II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN

1. Asistencia sesión maxistral: 20 por 100 da cualificación total.

2. Estudo de casos: 10 por cento da cualificación total.

3. Presentación oral: 10 por cento da cualificación total.

4. Proba escrita obxectiva: 60 por cento da cualificación total.

III. PROBA DE CONXUNTO

1. Contémplase a opción de presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non permitisen a realización dos traballos relacionados no programa.

2. Esta proba estará composta dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha cualificación de 10.

3. A proba realizarase na data aprobada para tales efectos polo centro. Será requisito imprescindible comunicar o profesor con antelación suficiente a opción por este sistema e xustificar as razóns alegadas. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Sen prexuízo da relacionada en cada un dos temas que se entregará por escrito nas sesións maxistrais e dos recursos web (principalmente, bases de datos gratuitamente accesibles desde o propio centro), como bibliografía básica recoméndase:

A. ARUFE VARELA, Estudio comparado de la carrera administrativa de los funcionarios del sistema de Inspección de Trabajo y Seguridad Social en Europa, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales (Madrid, 2007).

J. MARTÍNEZ GIRÓN y A. ARUFE VARELA, Leyes laborales alemanas. Estudio comparado y traducción castellana, Netbiblo (A Coruña, 2007).

JESÚS MARTÍNEZ GIRÓN y ALBERTO ARUFE VARELA, Fundamentos de Derecho comunitario y comparado, europeo y norteamericano, del Trabajo y de la Seguridad Social, Netbiblo (A Coruña, 2007).

JESUS MARTINEZ GIRON, ALBERTO ARUFE VARELA y XOSE MANUEL CARRIL VAZQUEZ, Derecho del Trabajo, 2ª ed., Netbiblo (A Coruña, 2006).

JESUS MARTINEZ GIRON, ALBERTO ARUFE VARELA y XOSE MANUEL CARRIL VAZQUEZ, Derecho de la Seguridad Social, 2ª ed., Netbiblo (A Coruña, 2007).

JESÚS MARTÍNEZ GIRÓN y ALBERTO ARUFE VARELA, Derecho crítico del Trabajo. Critical Labor Law, Netbiblo (A Coruña, 2011).

ADORACIÓN GUAMÁN y HÉCTOR ILLUECA, El huracán neoliberal. Una reforma laboral contra el Trabajo, Sequitur (Madrid, 2012).

Bibliografía complementaria

Sen prexuízo da relacionada en cada un dos temas que se entregará por escrito nas sesións maxistrais e dos recursos web (principalmente, bases de datos gratuitamente accesibles desde o propio centro), como bibliografía complementaria recoméndase:

― J.M. BLANCH RIBAS (Coordinador), M.J. ESPUNY TOMAS, C. GALA DURAN y A. MARTIN ARTILES, Teoria de las relaciones laborales. Fundamentos, Universitat Oberta de Catalunya (2003).

― J.M. BLANCH RIBAS (Coordinador), M.J. ESPUNY TOMAS, C. GALA DURAN y A. MARTIN ARTILES, Teoria de las relaciones laborales. Desafíos, Universitat Oberta de Catalunya (2003).

― J.D KÖLER y A. MARTÍN, Manual de Sociología del Trabajo y delas RelacionesLaborales, Delta (Madrid, 2005).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. Ningún requisito previo.

 2. Orientacións para o estudo. Asistencia ás sesións presenciais, entre outras varias razóns, porque nelas indícanse sempre que concretas preguntas poderían ser obxecto da proba obxectiva en relación co temario teórico da materia. Cinguirse estritamente ás instrucións dadas nos correspondentes cuestionarios, para os efectos da preparación do temario práctico da materia.
 3. Pautas para a mellora e a recuperación. Utilización dos horarios de titorías sinalados polo profesorado responsabel da impartición da materia. Fóra do horario de tutorías, formulación de dúbidas ou consultas ao propio profesorado responsabel por medio do correo electrónico
4. Advírtese expresamente ós alumnos de que nesta materia se fai uso como medio preferente para o desenrolo da asignatura da plataforma Moodle polo que é responsabilidade do alumno o uso desta ferramenta e a sua periódica consulta. 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías