Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Teoría das Relacións Laborais Código 760G01010
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Vizcaíno Ramos, Iván
Correo electrónico
i.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Ramos, Iván
Correo electrónico
i.vizcaino@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral 1. Cúrsase no primeiro curso do grao, como materia obrigatoria.

2. Trátase dunha materia a través da que se pretende capacitar ao estudantado no emprego dos conceptos, das perspectivas e dos modelos de produción en que poden operan as relacións laborais.

3. Os contidos da materia, estreitamente relacionados coas demais materias que conforman o plano de estudos, responden á necesidade de incorporar á formación do estudantado as habilidades e ferramentas esenciais para coñecer as dinámicas que teñen lugar nas relacións laborais, tanto individuais como colectivas.

4. Concretamente, perséguese que o estudantado poida realizar unha análise da realidade xurídico-laboral, tendo en conta a súa capacidade para comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais, para percibir as diferencias existentes entre os diferentes modelos de relacións laborais, para valorar as decisións emanadas dos suxeitos que interveñen nas relacións laborais, para analizar o comportamento dos axentes sociais nos diferentes modelos de relacións laborais, e por último, para apreciar as diferencias existentes entre os diferentes modelos de benestar

5. Todo isto explica que se establezan como obxectivos: 1) capacitar para comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais; 2) capacitar para comprender as diferencias existentes entre os diferentes modelos de relacións laborais; 3) capacitar para valorar as decisións emanadas dos suxeitos que interveñen nas relacións laborais; 4) capacitar para valorar o comportamento dos axentes sociais nos diferentes modelos de relacións laborais; e 5) capacitar para comprender as diferencias existentes entre os diferentes modelos de estados de benestar.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
A3 Saúde laboral e prevención de riscos laborais.
A11 Teoría e sistemas de relacións laborais.
A12 Historia das relacións laborais.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A15 Dirixir grupos de persoas.
A22 Planificación e deseño, asesoramento e xestión dos sistemas de prevención de riscos laborais.
A27 Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A32 Comprender a relación entre procesos sociais e a dinámica das relacións laborais.
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B17 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A1Marco normativo regulador das relacións laborais. A3 Saúde laboral e prevención de riscos laborais. A11 Teoría e sistemas de relacións laborais. A12 Historia das relacións laborais. A1
A3
A11
A12
transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. Seleccionar e xestionar información e documentación laboral. Dirixir grupos de persoas. Planificación e deseño, asesoramento e xestión dos sistemas de prevención de riscos laborais. Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados. Aplicar os coñecementos á práctica. Traballo en equipos. Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. A13
A14
A15
A22
A27
A31
B1
B5
B9
C1
C4
C6
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Motivación para a calidade. Adaptación a novas situacións. Sensibilidade cara a temas medioambientais. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. A32
A33
B2
B6
B12
B13
B17
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
PARTE PRIMEIRA
INTRODUCCIÓN.

TEMA 1. A TEORÍA DAS RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 2. TEORÍAS E MODELOS ANALÍTICOS DOS SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 3. A CONSIDERACIÓN XURÍDICA-LABORAL DO TRABALLO COMO OBXECTO DE ESTUDO DA MATERIA TEORÍA DAS RELACIÓNS LABORAIS.


PARTE SEGUNDA

HISTORIA DA REGULACIÓN DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS.


TEMA 4. A ETAPA DE DISPERSIÓN NORMATIVA.
TEMA 5. A ETAPA DE SISTEMATIZACIÓN NORMATIVA.
TEMA 6. A ACTUAL ETAPA DE IMPREGNACIÓN CONSTITUCIONAL E DE EUROPEIZACIÓN.
PARTE TERCEIRA
A REGULACIÓN ACTUAL DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS.


TEMA 7. AS FONTES DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS. FONTES INTERNAS.

TEMA 8. AS FONTES DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS. FONTES INTERNACIONAIS.
PARTE CUARTA
A RELACIÓN LABORAL INDIVIDUAL.




TEMA 9. O TRABALLADOR.
TEMA 10. O EMPRESARIO E A EMPRESA.
TEMA 11. O CONTRATO DE TRABALLO.
TEMA 12. A RELACIÓN LABORAL DERIVADA DO CONTRATO DE TRABALLO.
PARTE QUINTA
AS RELACIÓNS LABORAIS COLECTIVAS.


TEMA 13. AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS.
TEMA 14. AS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS.
TEMA 15. A NEGOCIACIÓN COLECTIVA.
TEMA 16. OS CONFLITOS COLECTIVOS. MEDIDAS DE PRESIÓN E MEDIOS DE SOLUCIÓN.






PARTE SEXTA
A INTERVENCIÓN DO ESTADO NAS RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 17. A ADMINISTRACIÓN LABORAL.
TEMA 18. A ACTUACIÓN ADMINISTRATIVA DA AUTORIDADE LABORAL NAS RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 19. A INSPECCIÓN DE TRABALLO E DE SEGURIDADE SOCIAL.
TEMA 20 A XURISDICCIÓN SOCIAL.

PARTE SEPTIMA
AS RELACIÓNS LABORAIS DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA.
TEMA 21. OS MODELOS COMUNITARIO E COMPARADO, EUROPEO E NORTEAMERICANO, DE RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 22. O IMPACTO DA GLOBALIZACIÓN OU MUNDIALIZACIÓN DA ECONOMÍA NAS RELACIÓNS LABORAIS.




Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A11 A12 A14 A27 A32 A33 B2 C7 C8 5 10 15
Discusión dirixida A15 B1 B5 B8 B12 C1 C4 C6 3 10 13
Estudo de casos A1 A3 A11 A12 A13 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 B12 C1 C6 C7 C8 9 20 29
Presentación oral A13 A14 A31 B2 B13 2 7 9
Proba obxectiva A1 A11 A12 A13 A14 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B5 3 0 3
Portafolios do alumno A1 A3 A11 A12 A13 A15 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B17 C1 C4 C6 C7 C8 0 10 10
Sesión maxistral A1 A3 A11 A12 A13 A27 A32 A33 B6 B12 C6 C7 C8 20 50 70
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Supón o emprego de documentos bibliográficos e audiovisuais relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para a súa análise. Pódese empregar como introducción a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non poder ser observados directamente e para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contados teóricos ou prácticos.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por unha persoa que modera.
Estudo de casos Situación específica que plantexa un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, través dun proceso de discusión. O estudantado debe sitúase diante dun problema concreto (o caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, relativos a un campo particular, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión (dirixida ou non) en grupos.
Presentación oral Intervención propia dos procesos de ensino-aprendizaxe basada na exposición verbal, a través da que o estudantado e a persoa encargada da docencia interactúan dun modo ordenado, plantexando cuestións, realizando aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba obxectiva Empregada para a avaliación do aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as despostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite a través dun cuestionario de preguntas avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendimento e aptitudes.
Portafolios do alumno A os efectos de esta materia o portafolios do alumno designa o conxunto de traballos, prácticas e tarefas de calquera índole realizadas e entregadas polo alumno durante o cuatrimestre conforme a os criterios sinalados polo profesor.
Sesión maxistral A sesión maxistral (tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral) supón unha exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Presentación oral
Estudo de casos
Portafolios do alumno
Análise de fontes documentais
Discusión dirixida
Descrición
A actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en pequeno grupo, ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo dos contidos desta materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.

Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nas titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual) e ten especial utilidade para o alumnado con dispensa de asistencia ou matrícula parcial.

Non se debe confundir atención personalizada con titoría académica, xa que esta fai referencia á necesidade de asignar a cada alumno un titor desde primeiro curso ata que finaliza os estudos universitarios de grao, co obxectivo de ofrecer un soporte permanente e formal naqueles momentos nos que debe tomar decisións.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A11 A12 A13 A14 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B5 Empregada para a avaliación do aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite a través dun cuestionario de preguntas avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendimento e aptitudes 60
Portafolios do alumno A1 A3 A11 A12 A13 A15 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B17 C1 C4 C6 C7 C8 A valoración do conxunto de prácticas e traballos realizados polo alumno permite evaluar o progreso dos coñecementos obtidos e o traballo que o alumno realiza sen presenza da persoa encargada da docencia, especialmente en orden á sua aplicación na práctica. 40
 
Observacións avaliación

I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN

1. Do volume total do traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia.

2. A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na propia aprendizaxe.

3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da realización dunha proba final.

4. A avaliación continua implica valorar o esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado.

5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe. 

II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN 

1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva que representa o 60% da nota , e o conxunto de prácticas
realizadas durante o curso ,que comprenderá o 40% restante. A entrega das
prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na plataforma
Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor. Asimesmo lémbrase
ós alumnos que a asistencia ás clases é obrigatoria de modo que só podrán
valorarse ás prácticas dos alumnos que asistan ás clases o, en su caso, conten
coa correspondente dispensa do profesor . Para ello é preciso comunicalo con
antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que impida a
asistencia ás clases. ( A dispensa no eximirá da entrega das prácticas dentro
do prazo asignado).

 III. PROBA DE CONXUNTO

1. Contémplase a opción de presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non permitisen a realización dos traballos relacionados no programa.

2. Esta proba estará composta dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha cualificación de 10.

3. A proba realizarase na data aprobada para tales efectos polo centro. Será requisito imprescindible comunicar o profesor con antelación suficiente a opción por este sistema e xustificar as razóns alegadas. 

I.V. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo o 100% da nota obterase mediante a
realización dunha proba obxectiva que podrá valorar tanto os  coñecementos
 teóricos como prácticos dos alumnos. Sendo a mesma con independencia do tipo de matrícula do alumnado (parcial ou non ). 


Fontes de información
Bibliografía básica MONEREO PÉREZ, J.L. Y VVAA (). Manual de Teoría de las Relaciones Laborales. Madrid. Ed. Tecnos.
RIBON SEISDEDOS, M.A. (). Teoría de las Relaciones laborales. Aproximación desde la sociología..
J.M.BLANCH RIBAS (Coord.) (). Teoría de las Relaciones laborales. Fundamentos.. Universitat oberta de Catalunya
J.M.BLANCH RIBAS (Coord.) (). Teoría de las Relaciones laborales.Desafíos.. Universitat oberta de Catalunya

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
<p> 1. Ningún requisito previo.</p><div> 2. Orientacións para o estudo. Asistencia ás sesións presenciais, e realización das tarefas prácticas que se asignen durante o curso pois facilitan a superación de materia.</div><div> 3. Pautas para a mellora e a recuperación. Utilización dos horarios de titorías sinalados polo profesorado responsabel da impartición da materia. Fóra do horario de tutorías, formulación de dúbidas ou consultas ao propio profesorado responsabel por medio do correo electrónico</div><div>4. <b>Advírtese expresamente ós alumnos de que nesta materia se fai uso como medio preferente para o desenrolo da asignatura da plataforma Moodle polo que é responsabilidade do alumno o uso desta ferramenta e a sua periódica consulta. </b></div>


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías