Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Teoría das Relacións Laborais Código 760G01010
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Lopez Mosteiro, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.lopez@udc.es
Profesorado
Cortizas Gónzalez-Criado, María Teresa
Lopez Mosteiro, Ricardo
Correo electrónico
teresa.cortizas@udc.es
ricardo.lopez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral 1. Cúrsase no primeiro curso do grao, como materia obrigatoria.

2. Trátase dunha materia a través da que se pretende capacitar ao estudantado no emprego dos conceptos, das perspectivas e dos modelos de produción en que poden operan as relacións laborais.

3. Os contidos da materia, estreitamente relacionados coas demais materias que conforman o plano de estudos, responden á necesidade de incorporar á formación do estudantado as habilidades e ferramentas esenciais para coñecer as dinámicas que teñen lugar nas relacións laborais, tanto individuais como colectivas.

4. Concretamente, perséguese que o estudantado poida realizar unha análise da realidade xurídico-laboral, tendo en conta a súa capacidade para comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais, para percibir as diferencias existentes entre os diferentes modelos de relacións laborais, para valorar as decisións emanadas dos suxeitos que interveñen nas relacións laborais, para analizar o comportamento dos axentes sociais nos diferentes modelos de relacións laborais, e por último, para apreciar as diferencias existentes entre os diferentes modelos de benestar

5. Todo isto explica que se establezan como obxectivos: 1) capacitar para comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais; 2) capacitar para comprender as diferencias existentes entre os diferentes modelos de relacións laborais; 3) capacitar para valorar as decisións emanadas dos suxeitos que interveñen nas relacións laborais; 4) capacitar para valorar o comportamento dos axentes sociais nos diferentes modelos de relacións laborais; e 5) capacitar para comprender as diferencias existentes entre os diferentes modelos de estados de benestar.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
A3 Saúde laboral e prevención de riscos laborais.
A11 Teoría e sistemas de relacións laborais.
A12 Historia das relacións laborais.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A15 Dirixir grupos de persoas.
A22 Planificación e deseño, asesoramento e xestión dos sistemas de prevención de riscos laborais.
A27 Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A32 Comprender a relación entre procesos sociais e a dinámica das relacións laborais.
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B17 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A1Marco normativo regulador das relacións laborais. A3 Saúde laboral e prevención de riscos laborais. A11 Teoría e sistemas de relacións laborais. A12 Historia das relacións laborais. A1
A3
A11
A12
transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. Seleccionar e xestionar información e documentación laboral. Dirixir grupos de persoas. Planificación e deseño, asesoramento e xestión dos sistemas de prevención de riscos laborais. Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados. Aplicar os coñecementos á práctica. Traballo en equipos. Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. A13
A14
A15
A22
A27
A31
B1
B5
B9
C1
C4
C6
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Motivación para a calidade. Adaptación a novas situacións. Sensibilidade cara a temas medioambientais. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. A32
A33
B2
B6
B12
B13
B17
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
PARTE PRIMEIRA

INTRODUCCIÓN.

TEMA 1. A TEORÍA DAS RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 2. TEORÍAS E MODELOS ANALÍTICOS DOS SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS.
PARTE SEGUNDA

HISTORIA DA REGULACIÓN DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS.


TEMA 3. A ETAPA DE DISPERSIÓN NORMATIVA.
TEMA 4. A ETAPA DE SISTEMATIZACIÓN NORMATIVA.
TEMA 5. A ACTUAL ETAPA DE IMPREGNACIÓN CONSTITUCIONAL E DE EUROPEIZACIÓN.
PARTE TERCEIRA

A REGULACIÓN ACTUAL DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS.

TEMA 6. AS FONTES DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS. FONTES INTERNAS.
TEMA 7. AS FONTES DO SISTEMA ESPAÑOL DE RELACIÓNS LABORAIS. FONTES INTERNACIONAIS.
PARTE CUARTA

A RELACIÓN LABORAL INDIVIDUAL.




TEMA 8. O TRABALLADOR.
TEMA 9. O EMPRESARIO E A EMPRESA.
TEMA 10. O CONTRATO DE TRABALLO.
PARTE QUINTA

AS RELACIÓNS LABORAIS COLECTIVAS.


TEMA 11. AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS E EMPRESARIAIS.
TEMA 12. A NEGOCIACIÓN COLECTIVA E OS CONFLITOS COLECTIVOS.






PARTE SEXTA

AS RELACIÓNS LABORAIS DESDE UNHA PERSPECTIVA COMPARADA.
TEMA 13. OS MODELOS COMUNITARIO E COMPARADO, EUROPEO E NORTEAMERICANO, DE RELACIÓNS LABORAIS.
TEMA 14. O IMPACTO DA GLOBALIZACIÓN OU MUNDIALIZACIÓN DA ECONOMÍA NAS RELACIÓNS LABORAIS.




Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A11 A12 A13 A14 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B5 2 6 8
Portafolios do alumno A1 A3 A11 A12 A13 A15 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B5 B6 B9 B12 B13 B17 C1 C4 C6 C7 C8 20 40 60
Sesión maxistral A1 A11 A12 A14 A27 A32 A33 B6 B12 C6 C7 C8 27 54 81
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Portafolios do alumno A os efectos de esta materia o portafolios do alumno designa o conxunto de traballos, prácticas e tarefas de calquera índole realizadas e entregadas polo alumno durante o cuatrimestre conforme a os criterios sinalados polo profesor.
Sesión maxistral Exposición oral en inglés e castelán, complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Portafolios do alumno
Descrición
A actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en pequeno grupo, ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo dos contidos desta materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.

Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nas titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual) e ten especial utilidade para o alumnado con dispensa de asistencia ou matrícula parcial.

Non se debe confundir atención personalizada con titoría académica, xa que esta fai referencia á necesidade de asignar a cada alumno un titor desde primeiro curso ata que finaliza os estudos universitarios de grao, co obxectivo de ofrecer un soporte permanente e formal naqueles momentos nos que debe tomar decisións.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A11 A12 A13 A14 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B5 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
50
Portafolios do alumno A1 A3 A11 A12 A13 A15 A22 A27 A31 A32 A33 B1 B2 B5 B6 B9 B12 B13 B17 C1 C4 C6 C7 C8 A valoración do conxunto de prácticas e traballos realizados polo alumno permite evaluar o progreso dos coñecementos obtidos e o traballo que o alumno realiza sen presenza da persoa encargada da docencia, especialmente en orden á sua aplicación na práctica. 50
 
Observacións avaliación

I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN 1. Do volume total do traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia. 2. A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na propia aprendizaxe. 3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da realización dunha proba final. 4. A avaliación continua implica valorar o esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado. 5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe. 

II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN 

1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes : a proba obxectiva que representa o 50% da nota, e o conxunto de prácticas realizadas durante o curso ,que comprenderá o 50% restante. A entrega das prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor.

2º) É imprescindible acadar o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a avaliar para que se sumen as diferentes metodoloxías de cara a obter unha nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das partes, o alumno non superará a matería.

3º) O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá cumplir cos mesmos requisitos que o resto do alumnado, ao non ter ponderación na súa avaliación a asistencia presencial a clase.

III. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo os alumnos deberán examinarse da parte da asignatura que non superasen na convocatoria ordinaria, gardándose a nota da parte superada. É dicir: de ter superada a proba obxectiva, deberían entregar o portafolios; de ter superado o portafolios, deberían realizar a proba obxectiva; de non ter superada ningunha, deberán superar ambalas dúas.


Fontes de información
Bibliografía básica MARTINEZ GIRON, J., y ARUFE VARELA, A. (2016). Derecho Crítico del Trabajo. Atelier
MARTINEZ GIRON, J., ARUFE VARELA, A., y CARRIL VAZQUEZ, X.M. (2006). Derecho del Trabajo. Netbiblo
MONEREO PÉREZ, J.L. Y VVAA (). Manual de Teoría de las Relaciones Laborales. Madrid. Ed. Tecnos.
RIBON SEISDEDOS, M.A. (). Teoría de las Relaciones laborales. Aproximación desde la sociología..
J.M.BLANCH RIBAS (Coord.) (). Teoría de las Relaciones laborales. Fundamentos.. Universitat oberta de Catalunya
J.M.BLANCH RIBAS (Coord.) (). Teoría de las Relaciones laborales.Desafíos.. Universitat oberta de Catalunya

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Dereito/760G01001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dereito Societario e Cooperativo/760G01006
Historia Social e Política contemporánea/760G01009

Materias que continúan o temario
Dereito do Traballo I/760G01011
Dereito Sindical II/760G01014
Dereito da Seguridade Social I/760G01021
Auditoría Laboral/760G01035
Dereito Laboral Comunitario e Institucións da Unión Europea/760G01036
Historia Social do Traballo/760G01040
Procedemento Administrativo Laboral e Sancionador/760G01042
Relacións Laborais no ámbito Naval e Marítimo-Pesqueiro/760G01043
Dereito Sindical I/760G01013
Dereito do Traballo II/760G01012
Dereito da Seguridade Social II/760G01022

Observacións

Recoméndase a asistencia a clase, a realización de todas as actividades que se planifiquen na mesma e a participación nos actos académicos e non académicos organizados tanto polos profesores que imparten a materia como polo centro. Advírtese expresamente aos alumnos de que nesta materia faise uso, como medio preferente para o desenvolvemento da materia, das plataformas Moodle e Teams, polo que é responsabilidade do alumno o uso desta ferramenta e a súa periódica consulta.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías