Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dereito Sindical II Código 760G01014
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Vizcaíno Ramos, Iván
Correo electrónico
i.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Ramos, Iván
Correo electrónico
i.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de dereito sindical II se encontra no segundo ano do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
O contido desta materia capacita ao alumno para o coñecemento das relacións laborais colectivas, desde unha perspectiva histórica actual e comparada.
Os obxectivos teóricos da materia concrétanse no estudo da materia específica da negociación colectiva e dos conflitos laborais e a súa solución. A fin de alcanzar un suficiente coñecemento lexislativo, doctrinal e jurisprudencial en materia de negociación colectiva tanto na estrutura e dinámica do sistema como no contido da propia negociación e prevención dos conflitos laborais, incluídos os sistemas de solución extraxudicial dos mesmos.
A nivel práctico, os obxectivos que se pretenden conseguir, son o correcto manexo e interpretación dos textos legais, jurisprudenciales e doctrinaiss; a elaboración de argumentos xurídicos; a redacción de documentos e realización de tramitacións ante os Organismos correspondentes e a resolución daqueles supostos prácticos que se expoñan sobre contidos do programa.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A20 Realizar funcións de representación e negociación en diferentes ámbitos das relacións laborais.
A27 Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B1 Resolución de problemas.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A1 Marco normativo regulador das relacións laborais. A1
Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas. Seleccionar e xestionar información e documentación laboral. Realizar funcións de representación e negociación en diferentes ámbitos das relacións laborais. Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados. Aplicar os coñecementos á práctica. Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais. Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional. Resolución de problemas. Toma de decisións. Traballo en equipos. A13
A14
A20
A27
A31
A33
A35
B1
B5
B9
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Motivación para a calidade. Adaptación a novas situacións. B6
B12
B13
Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. A35
C1
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
A NEGOCIACIÓN COLECTIVA
1.Consideracións xerais. Os principios constitucionais en materia de negociación colectiva.

2.Os convenios colectivos estatutarios (I). Concepto, natureza e clases. Partes contratantes: capacidade, legitimación e control. Unidades de negociación.

3.Os convenios colectivos estatutarios (II). Contido dos convenios colectivos. Procedemento. Impugnación dos convenios colectivos.

4.Os convenios colectivos estatutarios (III). Control dos convenios colectivos. Eficacia xurídica e persoal. Duración. Aplicación. Adhesión e extensión .

5.Os convenios colectivos extraestatutarios.- Admisibilidad e fundamento. Modalidades. Contido. Normativa aplicable.Natureza e eficacia. Réxime xurídico.
OS ACORDOS O PACTOS DE EMPRESA 1.Os acordos de empresa sustitutivos de convenios colectivos estatutarios.
2. Os acordos colectivos que pon fin a unha folga.
3. Os acordos colectivos que pon fin a un conflito colectivo.
4.Os acordos colectivos de empresa de inaplicación dun convenio colectivo estatutario.
5. Os acordos colectivos de empresa de modificación substancial de condicións contractuais de carácter colectivo. 6. Os acordos colectivos de empresa de fusión e absorción de empresas.
A NEGOCIACIÓN COLECTIVA DO PERSOAL LABORAL E DOS FUNCIONARIOS NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.
1. A negociación colectiva do persoal laboral nas administracións públicas. normativa, ambito de aplicación, unidades de negociación , legitimación contido , procedemento e interpretación.

2. Ambito de aplicación partes contratantes, unidades de negociación, contido, procedemento negociador. impugnación xudicial, eficacia juridica, duración, interpretación e aplicación.

3. A negociación colectiva unitaria para o persoal laboral e funcionario nas administracións publicas.
OS CONFLICTOS . 1. Consideracións xerais: concepto e clases de conflictos.
2. Os medios de presión: A Folga. O peche patronal.
3. Os procedementos para a solución "pacífica"dos conflitos colectivos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A14 A33 A35 B1 B12 5 10 15
Discusión dirixida A13 A20 A27 A31 B6 C1 C4 3 6 9
Estudo de casos A1 A13 A14 A20 A27 A31 A33 A35 B1 B5 C7 9 18 27
Presentación oral A13 A14 A20 A27 A31 B9 B12 C1 2 6 8
Proba obxectiva A1 A14 A27 B1 C1 C4 2 14 16
Sesión maxistral A1 A33 A35 B6 B12 C1 C4 C7 20 40 60
Portafolios do alumno A13 A14 A20 A27 A31 A33 A35 B1 B5 B6 B9 B12 B13 C1 C4 C7 0 10 10
Eventos científicos e/ou divulgativos A13 A20 A33 B6 B12 C1 C4 C7 4 0 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Portafolios do alumno Aos efectos de esta materia o portafolios do alumno designa o conxunto de traballos, prácticas e tarefas de calquera índole realizadas e entregadas polo alumno durante o cuatrimestre conforme a os criterios sinalados polo profesor.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Presentación oral
Proba obxectiva
Análise de fontes documentais
Discusión dirixida
Descrición
Estudo e aprendizaxe do manexo das fontes do dereito. a traves da información e as directrices do profesor no manexo de de textos legais, xurisprudencia .
Participación do profesor nas discusiónes para desenvolver o aspecto critico do alumno. através de tutorías nas que o profesor orienta, supervisa e corrixe o trabaljo do alumno conxuntamente co.
Formar ao alumno na resolución practica dos temas teoricos e na súa exposición.
Axuda a elección de temas complementarios aos coñecementos adquiridos na clase para á súa exposición e presentación individual ou en mesa redonda.
Novas metodoloxias técnicas no desenvolvida na lección maxistral.
Os alumnos contan sempre con a atención que precisen, ben nas correspondentes tutorías o de forma non presencial a través de consultas realizadas vía mail o moodle. Éstas son de especial intererés para aquelles alumnos/as que teñan dificultades para a asistencia ou matrícula parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A13 A14 A20 A27 A31 A33 A35 B1 B5 B6 B9 B12 B13 C1 C4 C7 A efectos de avaliación o portafolios do alumno comprende todas as prácticas , traballos e tarefas realizados polo alumno durante o curso. 40
Proba obxectiva A1 A14 A27 B1 C1 C4 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
60
 
Observacións avaliación

I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN 1. Do volume total do
traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao
traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a
realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia. 2. A avaliación da
aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en
conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e
inflúe na propia aprendizaxe. 3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado
obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe.
Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a
través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación
final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da
realización dunha proba final. 4. A avaliación continua implica valorar o
esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado.
5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe. 

II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN 

1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva que representa o 60% da nota , e o conxunto de prácticas
realizadas durante o curso ,que comprenderá o 40% restante. A entrega das
prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na
plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor.
Así mesmo lémbrase aos alumnos que a asistencia ás clases é obrigatoria de modo
que só podrán valorarse ás prácticas dos alumnos que asistan ás clases o, en su
caso, conten coa correspondente dispensa do profesor . Para ello é preciso
comunicalo con antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que
impida a asistencia ás clases. ( A dispensa no eximirá da entrega das prácticas
dentro do prazo asignado).

 III. PROBA DE CONXUNTO 1. Contémplase a opción de
presentarse a unha proba de conxunto para aqueles casos excepcionais que non
permitisen a realización dos traballos relacionados no programa. 2. Esta proba
estará composta dunha parte práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha
cualificación de 10. 3. A proba realizarase na data aprobada para tales efectos
polo centro. Será requisito imprescindible comunicar ao profesor con antelación
suficiente a opción por este sistema e xustificar as razóns alegadas. 

I.V. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo o 100%
da nota obterase mediante a realización dunha proba obxectiva que podrá valorar
tanto os  coñecementos  teóricos como prácticos dos alumnos. 


Fontes de información
Bibliografía básica GARCÍA ABELLAN (). Cursode Derecho Sindical. Universidad de Murcia
- SALA FRANCO, T. Y ALBIOL MONTESINOS (). Derecho sindical. Tirant lo Blanch
RODRIGUEZ PILERO M. Y otros (). Comentarios a la Ley de Libertad Sindical. Tecnos
- MARTINEZ GIRON JESUS,ARUFE VARELA ALBERTO,CARRIL VAZQUEZ XOSE (). Derecho del trabajo, Editorial Netbiblo. Editorial Netbiblo
PALOMEQUE LÓPEZ M.C (). derecho Sindical Español. Tecnos
- OJEDA AVILÉS. A. (). Derecho Sindical.. Editorial Tecnos
JOSÉ LUIS MONEREO PÉREZ Y OTROS (). los derechos de libertad sindical y negociación colectiva en una perspectiva comparada. Comares
TOMÁS SALA FRANCO (). Negociación Colectiva. Tirat lO Blanch

Bibliografía complementaria tEXTOS LEGALES (). Legislación Social Basica. Tecnos, Civitas, Aranzadi otras


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
<p>Recoméndase a asistencia a clase, a realización de todas as actividades que se planifiquen na mesma e a participación nos actos académicos e non académicos organizados tanto polos profesores que imparten a materia como polo centro. </p><p><b>Advírtese expresamente aos alumnos de que nesta materia faise uso, como medio preferente para o desenvolvemento da materia, da plataforma Moodle polo que é responsabilidade do alumno o uso desta ferramenta e a súa periódica consulta. </b></p>


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías