Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Socioloxía do Traballo Código 760G01017
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Gomis Rodriguez, Alfonso
Correo electrónico
alfonso.gomis@udc.es
Profesorado
Gomis Rodriguez, Alfonso
Correo electrónico
alfonso.gomis@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento da perspectiva sociolóxica sobre o traballo e as organizacións

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Políticas sociolaborais.
A11 Teoría e sistemas de relacións laborais.
A18 Interpretar datos e indicadores socioeconómicos.
A27 Asesoramento a organizacións sindicais e empresariais, e aos seus afiliados.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A32 Comprender a relación entre procesos sociais e a dinámica das relacións laborais.
A33 Comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais no ámbito nacional e internacional.
A34 Interrelacionar as distintas disciplinas que configuran as relacións laborais.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A5
A11
A18
A27
A31
A32
A33
A34
A35
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B9
B13
B14
C1
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. As organizacións e as formas de organización do traballo 1.1. A división do traballo e as formas de organización do traballo: taylorismo e fordismo
1.2. O postfordismo: sistema just-in-time e a especialización flexible
1.3. O debate sobre a desburocratización da sociedade: a empresa-rede, a McDonalización
2. O traballo nas sociedades actuais 2.1. A automatización e seus efectos: a teoría do fin do traballo e súa crítica
2.2. A flexibilidade laboral
2.3. A segmentación do mercado de traballo
3. O papel das organizacións sindicais e patronais 3.1. As organizacións sindicais e patronais. O caso español
3.2. Limitacións da acción sindical
4. As condicións de traballo 4.1. Características das condicións laborais nas sociedades actuais
4.2. Siniestralidade e saúde laboral
4.3. Análise do clima laboral
5. Traballo non remunerado e economía sumerxida 5.1. O traballo doméstico
5.2. O traballo voluntario
5.3. A economía sumerxida e o traballo oculto
6. Negociación colectiva e intervención das institucións públicas 6.1. A negociación xeral e a concertación social
6.2. As reformas laborais
6.3. A negociación colectiva en España nos últimos anos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A35 B9 C1 C4 12 0 12
Lecturas B2 B14 C1 C4 0 24 24
Proba obxectiva A5 A11 A32 A33 B1 B2 B8 C1 2 60 62
Sesión maxistral A18 A27 A31 A34 B3 B5 B6 B13 28 0 28
Traballos tutelados B1 B3 B6 B8 B14 0 20 20
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Comentario en clase por parte do alumnado dos textos recomendados como lecturas ou dos datos analizados
Lecturas Cunha periodicidade aproximadamente semanal os alumnos deberán ler unha serie de textos, artigos ou capítulos de libros, ou buscar e analizar datos, que logo se comentarán en clase na discusión dirixida
Proba obxectiva Examen oral ou escrito da materia vista en clase
Sesión maxistral Explicación da materia da asignatura por parte do profesor, que pode ir acompañada de imaxes, gráficos, documentais,etc.
Traballos tutelados Traballo de profundización nun tema relacionado coa asignatura

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Se fará pra os traballos tutelados, orientando a cada alumno sobre o traballo que pode facer, cómo facelo e fontes de información a utilizar.
De haber alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia contactará co profesor a principio de curso para aclarar a metodoloxía a seguir, que de forma xeral se indica no apartado de "avaliación".

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A5 A11 A32 A33 B1 B2 B8 C1 O examen oral ou escrito supondrá un 70% da nota final para os alumnos que realicen os traballos que se propoñan durante o curso. En todo caso para superar a asignatura é preciso ter aprobado o exame. A presentación de algún dos traballos plaxiado será motivo de suspenso da asignatura.

Os alumnos que non realicen os traballos durante o curso deberán facer un examen na data sinalada (tanto na oportunidade de xaneiro como na de xulio), consistente en preguntas de resposta media/longa sobre a materia vista en clase, así como sobre as lecturas recomendadas ó longo do curso.
70
Traballos tutelados B1 B3 B6 B8 B14 Os traballos basados nas lecturas e comentarios, e na búsqueda e análisis de datos, supondrán un 30% da nota final. Estos traballos se farán dentro ou fora da aula, haberá que facelos ou entregalos cunha periodicidade semanal.

30
 
Observacións avaliación

 Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, existen dúas opcións:
- a realización do exame final, tal como se indicou anteriormente para o alumnado que no asista a clase habitualmente,
-
ou facer os traballos de clase semanalmente (o que nos apartados de
metodoloxías aparece nomeado como "traballos tutelados" e "discusión
dirixida") traballos que se irán indicando na plataforma Moodle, e
deberán ser entregados (persoalmente ou por correo electrónico) nas
mesmas datas que o alumnado asistente a clase. Pero en todo caso no
exame final deberá responderse a algunhas preguntas relacionadas con
estes traballos semanales.

Para a segunda oportunidade o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial terá a primeira das opcións.

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías