Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Estatística Descritiva Código 760G01018
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Perez Lopez, Jose Benito
Correo electrónico
benito.perez@udc.es
Profesorado
Perez Lopez, Jose Benito
Correo electrónico
benito.perez@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo da asignatura é que o alumno/a comprenda e practique os conceptos e técnicas fundamentais da Estatística Descritiva para a preparación e análise de datos, incluíndo o apoyo de ferramentas TIC, e que os sepa aplicar no seu ámbito profesional e persoal.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A15 Dirixir grupos de persoas.
A18 Interpretar datos e indicadores socioeconómicos.
A19 Identificar as fontes de información económica e o seu contido.
A26 Aplicar técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación social ao ámbito laboral.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Habilidades nas relacións interpersoais.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
B15 Creatividade.
B17 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O principal obxectivo da asignatura é que o alumno/a comprenda e practique os conceptos e técnicas fundamentais da Estatística Descritiva para a preparación e análise de datos, incluíndo o apoyo de ferramentas TIC, e que os sepa aplicar no seu ámbito profesional e persoal. A13
A14
A15
A18
A19
A26
A31
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B12
B13
B14
B15
B17
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á Estatística Descritiva. Introdución á metodoloxía da Estatística Descritiva.
Elementos e técnicas fundamentais para a preparación de datos.
Ferramentas TIC de apoio.
Tema 2. Análise descritiva unidimensional. Tipos de variables.
Análise exploratoria de medidas univariantes: parámetros e a súas distribucións.
Representación gráfica.
Transferencia de resultados e predición.
Tema 3. Análise descritiva bidimensional. Parámetros de correlación entre dúas variables.
Análise exploratoria de distribucións bidimensionais e series bivariantes.
Regresión simple.
Representación gráfica.
Transferencia de resultados e predición.
Tema 4. Análise descritiva específica de series temporais bidimensionais. Análise do crecemento: tasas e índices. Inflación e deflactación.
Esquemas de descomposición de series periódicas: Análise da tendencia e desestacionalización.
Representación gráfica.
Transferencia de resultados e predición.
Tema 5. Introdución á análise descritiva multidimensional Análise exploratoria de series multivariantes.
Introdución a regresión múltiple.
Representación gráfica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A13 A14 A15 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B13 B14 B15 B17 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 15 30 45
Obradoiro A13 A14 A15 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B13 B14 B15 B17 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 14 28 42
Aprendizaxe colaborativa A14 A15 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B13 B15 C1 C3 C6 C7 C8 3 9 12
Prácticas a través de TIC A26 A31 B1 B4 C3 C6 C7 C8 3 12 15
Proba mixta A13 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B5 B12 B13 B14 C1 C7 C8 4 8 12
Proba de ensaio A13 A14 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C6 C7 C8 3 9 12
Proba oral A13 A14 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C6 C7 C8 5 6 11
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Lección impartida polo profesor que pode ter diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Ademais pode introducir algunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
O obxectivo é introducir ao alumno nos conceptos da materia, transmitíndose así a base do coñecemento que o alumnado necesita para comezar o seu traballo e iniciar a súa aprendizaxe.
Obradoiro Nestas clases o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesor: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposicións e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentacións, exposicións, debates e comentarios de traballos, aclaracións de dúbidas sobre a teoría, etc.
Con todo, tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación, ou en todo caso como simple comentario da sesión maxistral.
Aprendizaxe colaborativa Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, da resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como o dos restantes membros do grupo.
Antes da entrega do traballo en grupo, dedicaranse varias clases a que os alumnos expoñan as súas dúbidas e/ou as dificultades coas que se atoparon na realización dos mesmos. Desta forma créase un debate entre os alumnos, os seus compañeiros e o profesor que fomenta a interrelación no traballo e o espírito crítico.
Prácticas a través de TIC Nestas clases o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e a supervisión do profesor. Trabállase co apoio do computador e resérvanse para temas ou conceptos nos que a intensidade dos cálculos necesita da ferramenta informática. Ademais introducirase aos alumnos no traballo da estatística con medios informáticos.
Proba mixta Proba escrita utilizada para avaliar a aprendizaxe. Nesta proba pódense combinar diferentes formatos de preguntas como exercicios, cuestións, test, etc. O obxectivo final reside en que o alumno desenvolva a súa capacidade de razoamento e o profesor conte cun instrumento de avaliación dos coñecementos, destrezas, rendemento e habilidades do estudante.
Realizaranse dúas probas mixtas eliminatorias ó longo do curso además das probas previstas no calendario de exames finais.
Proba de ensaio Proba na que se responde por escrito a preguntas de certa amplitude. Nesta proba pódese combinar a realización de exercicios dos distintos temas, con preguntas breves e/ou cuestiones tipo test.
Permite medir os coñecementos que vai adquirindo o alumno e, desta maneira, analizar a súa evolución na materia.
Proba oral Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas, valorando especialmente a capacidade de razoamento. Permite medir diferentes habilidades do estudante. Nesta proba pódese incluír tamén a realización e exposición de exercicios prácticos (tipo I e tipo II). A exposición será individual, pero a súa realización e evolución poderán combinar casos individuais e/ou casos en grupo.
Exercicios tipo I: exercicios individuais que os alumnos realizarán durante as diferentes clases a proposta do profesor.
Exercicios tipo II: exercicios en grupo baseados en boletíns proporcionados polos profesores; aínda que non teñen porqué ser idénticos, serán do mesmo estilo.
Neste apartado avaliarase a participación do alumno na clase. Será criterio do profesor a elección do tipo de proba ou probas a realizar.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Aprendizaxe colaborativa
Prácticas a través de TIC
Descrición
-Tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas do estudantado, individualmente ou en pequenos grupos.
-A atención personalizada proporciónase nas horas de clase e no horario semanal de titorías do profesor.
-En caso de estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia, proporcionarase no horario semanal de titorías de profesores.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B5 B12 B13 B14 C1 C7 C8 As probas mixtas avaliarán todos os contidos da asignatura. Será necesario obter unha nota mínima, definida polo profesor/a, como requisito para superar a asignatura, así como para que computen as restantes actividades que se avalían. 70
Proba oral A13 A14 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C6 C7 C8 Probas para avaliar a participación en clase do/a alumno/a.
As modalidades de proba oral establécense segundo os criterios do/a profesor/a: pode evaluarse a asistencia, a resposta a determinadas preguntas formuladas polo profesor, a realización e exposición na clase de exercicios prácticos (individual ou/e en grupo) ) ou outro tipo de proba desenvolvida para este fin.
5
Aprendizaxe colaborativa A14 A15 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B13 B15 C1 C3 C6 C7 C8 Realización de traballos en grupo cos que poñer en práctica os contidos da materia, especialmente a través das TIC. Cada traballo pode ser obxecto dun sistema de avaliación. 10
Proba de ensaio A13 A14 A18 A19 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B12 B13 B14 B15 C1 C3 C6 C7 C8 Probas para responder por escrito a preguntas de certo alcance. Pode incluír preguntas curtas e/ou tipo test.
Haberá varias probas ao longo do curso, e corresponderán aos temas que se desenvolven na aula.
Permite medir o coñecemento que o alumno/a adquire e comprobar a súa evolución na materia.
15
 
Observacións avaliación

As probas de avaliación da materia realizaranse únicamente nas datas
previstas, salvo causa excepcional sometida ó criterio do/a profesor/a.

A
asignatura considerarase aprobada cando a nota total da asignatura sexa
de a lo menos 5 puntos sobre 10, e se superase a nota mínima das probas
mixtas.

Os/as alumnos/as que aproben a asignatura na primeira oportunidade, non poderán presentarse á segunda oportunidade.

Se
impartirán tutorías en grupo fora do horario habitual de clase. Dito
horario se comunicará a cada grupo con suficiente antelación.

As
condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán específicas
para esta oportunidade, que será avaliada por medio dunha única proba
mixta que suporá un 100% da cualificación final.

Os/as alumnos/as a tempo parcial serán avaliados cos mesmos criterios que os/as de tempo completo.

Serán
cualificados con "Non presentado/a" únicamente os/as alumnos/as que se
presentaran a probas de avaliación que supoñan en conxunto menos do 20%
da nota total.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro,
está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas
de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou almacenamento de información.


Fontes de información
Bibliografía básica Martín-Guzmán, M.P. y Martín Pliego, F.J. (1989). Curso Básico de Estadística Económica. Madrid, AC
Montiel Torres, A.M., Rius Díaz, F. y Barón López, F.J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Madrid, Prentice Hall
Pérez López, César (2011). Estadística Aplicada: Conceptos y ejercicios a través de Excel. España, Garceta
Sarrión Gavilán, Mª Dolores (2013). Estadística Descriptiva. España, Mc Graw Hill
Carrascal Arranz, Ursicino (2011). Estadística Descriptiva con Microsoft Excel 2010. España, RA-MA
Peña, D. y Romo, J. (1997). Introducción a la estadística para las Ciencias Sociales. Madrid, McGraw-Hill

Bibliografía complementaria Cabrero Ortega, Yolanda y García Pérez, Alfonso (2015). Análisis estadístico de datos espaciales con QGIS y R. España, UNED
Sierra Bravo, R. (1981). Ciencias Sociales análisis estadístico y modelos matemáticos: teoría y ejercicios . Madrid, Paraninfo
Tomeo Perucha, V. (1997). Doce lecciones de Estadística Descriptiva (curso teórico-práctico). Madrid, AC
García Pérez, Alfonso (2008). Estadística aplicada con R. España, UNED
Mateo Rivas, M.J. (1991). Estadística en Investigación Social: ejercicios resueltos. Madrid, Paraninfo
Elosúa Oliden, Paula y Etxeberría Murgiondo, Juan (2012). R Commander. Gestión y análisis de datos. España, Muralla
Pérez López, César (2001). Técnicas estadísticas con SPSS. España, Prentice Hall


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías