Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Técnicas de Investigación Social Código 760G01020
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
León Medina, Francisco J.
Correo electrónico
j.leon@udc.es
Profesorado
González Flores, María
León Medina, Francisco J.
Correo electrónico
maria.gflores@udc.es
j.leon@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é a capacitación dos e das estudiantes para a realización de investigacións sociais empíricas dentro da área de coñecemento das Relacións Laborais e os Recursos Humanos. Dado o carácter eminentemente práctico da materia, para a que innegablemente tamén se require unha formación teórica de base en torno á metodoloxía e ás técnicas de investigación empregadas nas Ciencias Sociais, esta materia pretende, asemade, orientar aos e ás estudiantes na realización da memoria fin de Grao da titulación en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A18 Interpretar datos e indicadores socioeconómicos.
A25 Aplicar as distintas técnicas de avaliación e auditoría sociolaboral.
A26 Aplicar técnicas cuantitativas e cualitativas de investigación social ao ámbito laboral.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B9 Traballo en equipos.
B14 Aprendizaxe autónomo.
B15 Creatividade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer o carácter científico da Socioloxía e saber os diferentes paradigmas e perspectivas na investigación social. A18
A25
A26
A31
A35
B1
B2
B3
B4
B9
B14
B15
C1
C3
C6
C8
- Coñecer os pasos para a elaboración dun proxecto de investigacon e se capaz de plantexar un proxecto de investigación nas áreas temáticas da titulación (relacións laborais, empresa, recursos humanos) A18
A25
A26
A31
A35
B1
B2
B3
B4
B9
B14
B15
C1
C3
C6
C8
- Coñecer e manexar as principais fontes de información estatística sobre mercado laboral. A18
A25
A26
A31
A35
B1
B2
B3
B4
B9
B14
B15
C1
C3
C6
C8
- Coñecer as principais técnicas de investigación social, tanto de carácter cualitativo como cuantitativo e saber empregalas nunha investigación. A18
A25
A26
A31
A35
B1
B2
B3
B4
B9
B14
B15
C1
C3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. PROCESO E DESEÑO DA INVESTIGACIÓN SOCIAL O proxecto de investigación. Antecedentes e marco teórico: condicións e orixe do problema de investigación. Definición de obxectivos e hipóteses. Proposta metodolóxica e selección das técnicas de investigación. Unidades de observación e variables. Planificación das actividades
TEMA 2. FONTES ESTATÍSTICAS PARA O ESTUDIO DAS RELACIÓNS LABORAIS Fontes estatísticas: definición e ámbitos de aplicación nas Ciencias Sociais. Elementos básicos da análise estatística da información. Presentación da información: táboas e gráficos. Introducción ás estatísticas laborais en España no marco da UE. As estatísticas de Afiliación á Seguridade Social e de Demandantes de Emprego. A Enquisa de Poboación Activa (EPA)
TEMA 3. TÉCNICAS CUANTITATIVAS DE INVESTIGACIÓN SOCIAL Introducción ás principais técnicas cuantitativas de investigación social. Fundamentos de estatística descritiva. A enquisa. Principais aspectos do deseño mostral. A elaboración dos cuestionarios
TEMA 4. TÉCNICAS CUALITATIVAS DE INVESTIGACIÓN SOCIAL A mirada cualitativa en Socioloxía. Introducción ás principais técnicas cualitativas de investigación social. A entrevista en profundidade. O grupo de discusión. A observación participante. A análise da información cualitativa: enfoques e procedementos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A18 A26 B2 B14 C6 5 5 10
Lecturas B3 B4 C3 2 16 18
Análise de fontes documentais A18 B3 B4 B9 C3 3 12 15
Aprendizaxe colaborativa B3 B9 B15 C6 C8 5 10 15
Obradoiro A18 A25 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C3 C6 C8 13 17 30
Traballos tutelados A18 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C1 C3 C6 5 15 20
Investigación (Proxecto de investigación) A25 A31 A35 B1 B15 C8 10 20 30
Presentación oral A18 A31 B2 B3 B4 B14 B15 C1 C3 2 8 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral consiste na explicación do temario da materia durante a aula. É preciso a asistencia ás clases para ter un seguimento continuo das tarefas encomendadas.
Lecturas Os temas abordados nas sesións expositivas serán complementados cuns textos de lectura obrigatoria para os e as estudiantes.
Análise de fontes documentais As fontes de información son básicamente documentais, tipo informes, estatísticas, artigos, bibliografía, etc. Resulta necesario o seu manexo para coñecer o ámbito de estudo, así como para construir o marco teórico do traballo a realizar
Aprendizaxe colaborativa A metodoloxía docente sobre a que se basa a materia pretende desenvolver a aprendizaxe colaborativa, xa que se evidencia -a través do que se coñece como intelixencia social-como mellor que o autónomo
Obradoiro A materia, os seus contidos e a súa aplicación práctica artéllase mediante un obradoiro, de maneira que a aula sexa un lugar de traballo, tratando así de experimentar e acostumbrar ao alumnado á mecánica e xeito de facer na vida laboral, tanto en canto a presencia, horarios, reparto de tarefas, cronogramas, responsabilidade, resultado final, etc.
Traballos tutelados Ben sexa indivual ou colectivamente, o traballo final exisido na materia debe ir cumprindo unha serie de etapas e contidos. Todo elo conleva a necesaria titorización de dito traballo, tanto para resolver calquer tipo de dúbida como para ter unha supervisión axeitada do mesmo.
Investigación (Proxecto de investigación) O traballo final da materia consiste na realización dun anteproxecto de investigación, enfocado nunha temática en concreto e desenvolvendo todos os seus apartadados.
Presentación oral Outra faceta a desenvolver dentro da planificación da materia é que o alumnado se acostume a falar en público e, máis concretamente, a presentar os informes técnicos resultantes do seu traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Investigación (Proxecto de investigación)
Presentación oral
Descrición
Requeriráse a asistencia a titorias, previa petición de cita por correo electrónico por parte dos e das estudiantes nas seguintes ocasións:
- Resolución de dúbidas e tratamento individualización dos problemas que xurdan a cada estudiante na redacción do anteproxecto de investigación que se realizará nas sesións interactivas da materia.
- Consulta de dúbidas sobre calquera aspecto da materia.
- Revisión das cualificacións do anteproxecto de investigación, o exame e a cualificación global da materia.
O profesor responsable tentará na medida do posible colgar a información pertinente da asignatura no Campus Virtual para facilitar así o seguimento da mesma. Tamén contestará a preguntas e dúbidas realizadas por correo electrónico.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. Na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A18 A25 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C3 C6 C8 A colaboración e o traballo en equipo son habilidades e méritos a ter en conta, de cara a unha mellor integración e contribución en futuros postos profesionais, que son principalmente en colectivos, tipo empresas, gabinetes, organismos, institucións, oficiñas, etc. De aí que se teña en conta o desenvolvemento, interese, participación e convivencia cos compañeiros por parte do alumnado. 30
Traballos tutelados A18 A26 A31 B1 B2 B3 B4 B9 B15 C1 C3 C6 De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
20
Investigación (Proxecto de investigación) A25 A31 A35 B1 B15 C8 Consiste na redacción dun anteproxecto de investigación nunha temática relacionada con algún aspecto abordado na titulación e cunha orientación dirixida a facilitar a posterior realización da memoria fin de Grao.
O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico, no que se prestará especial atención ás funcións e efectos do emprego e os recursos humanos.
Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor.
O alumnado deberá recoller no mesmo os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como outra de carácter primario que sirva para o propósito da investigación a realizar.
Este traballo é a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflictir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados.
40
Presentación oral A18 A31 B2 B3 B4 B14 B15 C1 C3 Aínda que se trate de levar a cabo traballos de carácter colectivo ou integrados dentro dun entorno social determinado, tamén é necesario que o alumnado tome conciencia da súa contribución ao mesmo e saiba reivindicalo e expoñelo. De aí que se avalíe a presentación ao resto da clase dos respectivos traballos e/ou aportacións por parte do alumnado, de xeito individual. 10
 
Observacións avaliación

Esta materia está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A non asistencia ao 80% de las clases supón automáticamente que non se pode avaliar mediante este proceso e metodoloxía de claro carácter continuo, pasando por tanto a opción da avaliación mediante a proba ou probas obxectivas contempladas no calendario académico correspondente. Nos casos de realización de prácticas ou outras causas debidamente xustificadas, a porcentaxe necesaria de asistencia para poder ser avaliado mediante o sistema exposto nesta guía docente poderá ser do 60%, sempre e cando se acorde co profesor un seguimiento ou calquer outra forma para suplir as ausencias.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico; sendo a asistencia, o interese, a participación, as valoracións propia e dos demáis compeñeiros e a exposición oral pública os outros pilares para a avaliación da asignatura.

O traballo poderá ser individual ou colectivo, ponderándose a avaliación en base ao número de autores. Se ben se postula como fórmula ou indicación preferente a realización do traballo de maneira colectiva, en formato obradoiro e nas horas lectivas.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que, ademáis dos contidos teóricos explicitados nesta guía e con base na bibliografía tamén exposta, se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.

Básicamente, e para dicilo dun xeito sinxelo, trátase de ensinar e aprender esta materia cun plantexamento parecido ou imitando aos lugares de traballo sociolóxico, de maneira que o alumnado desenvolva capacidades de autoxestión e se familiarice con estos procesos, de cara a súa mellor integración e desenvolvemento no mercado laboral. De aí tamén que a figura do profesor se centre máis na orientación, guía, supervisión, corrección e estímulo durante as xornadas de traballo en clase.


Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. 

Fontes de información
Bibliografía básica IBÁÑEZ, J. (2003). Cómo se realiza una investigación mediante grupo de discusión, páxs. 283-297 en GARCÍA FERRANDO, M. et alia, El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación.. Madrid. Alianza
AZOFRA, M.J. (1999). Cuestionarios. Madrid. CIS
TAYLOR, S.J. e BOGDAN, P. (1996). Introducción a los métodos cualitativos de investigación (PÁXS. 100-132). Barcelona. Paidós
BERICAT, E. (1998). La integración de los métodos cuantitativo y cualitativo en la investigación social (PÁXS. 103-146). Barcelona. Ariel
MIGUEL, A. DE (1997). Manual del perfecto sociólogo (PÁXS. 59-91). Madrid. Espasa
CEA D'ANCONA, M.A. (1996). Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social (PÁXS. 220-237). Madrid. Síntesis
CEA D'ANCONA, M.A. (1996). Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social (PÁXS. 239-291). Madrid. Síntesis
CEA D'ANCONA, M. (1996). Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social (PÁXS. 81-122). Madrid. Síntesis
DUVERGER, M. (1996). Métodos de las ciencias sociales (PÁXS. 17-56). Barcelona. Ariel
PONS, I. (1993). Programación de la investigación social (PÁXS. 27-54). Madrid. CIS
GARCÍA FERRANDO, M. (1997). Socioestadística. Introducción a la estadística en Sociología (PÁXS. 45-83). Madrid. Alianza
VALLÉS, M.S. (2003). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica (PÁXS. 339-401). Madrid. Síntesis
SIERRA BRAVO, R. (1994). Técnicas de investigación social. Teoría y ejercicios (PÁXS. 41-95). Madrid. Paraninfo

Bibliografía complementaria
ANDER-EGG, E. (1995), Técnicas de investigación social. Buenos Aires: Lumen. AZOFRA, M.J. (1999), Cuestionarios. Madrid: CIS. BERICAT, E. (1998), La integración de los métodos cuantitativo y cualitativo en la investigación social. Barcelona: Ariel. CEA D’ANCONA, M.A. (1996), Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social. Madrid: Síntesis. CORBETTA, P. (2007), Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill. DELGADO, J.M. e GUTIÉRREZ, J. (1994), Métodos y técnicas de investigación en Ciencias Sociales. Madrid: Síntesis. DUVERGER, M. (1996), Métodos de las ciencias sociales. Barcelona: Ariel. FESTINGER, L. e KATZ, D. (1992, comps.), Los métodos de investigación en las ciencias sociales. Barcelona: Paidós. GARCÍA FERRANDO, M. (1997), Socioestadística. Introducción a la estadística en Sociología. Madrid: Alianza. GARCÍA FERRANDO, M.; IBÁÑEZ, J. e ALVIRA, F. (2000), El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza. KÖNING, R. (1973), Tratado de Sociología empírica. Madrid: Tecnos. MAYNTZ, R. (1988), Introducción a los métodos de la Sociología. Madrid: Alianza. MIGUEL, A. DE (1997), Manual del perfecto sociólogo. Madrid: Espasa. MILLS, C.W. (1987), La imaginación sociológica. México: Fondo de Cultura Económica. PONS, I. (1993), Programación de la investigación social. Madrid: CIS SELLTIZ, C.; WRIGHTSMAN, L.S. e COOK, S.W. (1980), Métodos de investigación en las relaciones sociales. Madrid: Rialp. SIERRA BRAVO, R. (1976), Técnicas de investigación social. Ejercicios y problemas. Madrid: Paraninfo. TAYLOR, S.J. e BOGDAN, R. (1996), Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Barcelona: Paidós. VALLÉS, M.S. (2003), Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Socioloxía do Traballo/760G01017
Estatística Descritiva/760G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Informática Aplicada/760G01041

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/760G01034

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías