Identifying Data 2019/20
Subject (*) Accounting Code 760G01026
Study programme
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Empresa
Coordinador
Anido Martinez, Cristina
E-mail
cristina.anido@udc.es
Lecturers
Anido Martinez, Cristina
E-mail
cristina.anido@udc.es
Web
General description Introducir ao alumnado nos conceptos básicos relativos ao proceso de elaboración, comunicación e interpretación da información financeira.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A6 Economía e mercado de traballo.
A10 Organización e dirección de empresas.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A18 Interpretar datos e indicadores socioeconómicos.
A19 Identificar as fontes de información económica e o seu contido.
A25 Aplicar as distintas técnicas de avaliación e auditoría sociolaboral.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A34 Interrelacionar as distintas disciplinas que configuran as relacións laborais.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Conocimiento del trabajo por cuenta ajena y autónomo B2
B4
B8
Conocer los distintos ámbitos de la empresa y aplicar los conocimientos contables a dichos ámbitos A10
C3
C6
Utilizar la transmisión oral y escrita al tratamiento de los datos contables C1
C2
Interpretar y gestionar la información desde el punto de vista contable B2
B4
B8
C3
C6
Interpretar indicadores para la valoración de las magnitudes contables B2
B4
B8
Identificar y aplicar los diferentes métodos de valoración B2
B5
Conocer las técnicas de auditoría A6
A25
Saber aplicar los conocimientos a la práctica contable B1
B2
Saber interrelacionar las distintas disciplinas del campo laboral y su efecto sobre el sistema de información contable en la empresa A34
Sentido crítico frente a las decisiones adoptadas en el entorno de las relaciones laborales A31
B2
B5
C7
Capacidad de análisis y síntesis B2
Capacidad de organización y planificación B3
Capacidad de gestión de la información A19
A31
Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional. B6
C4
Razonamiento crítico A31
A34
A35
B8
Trabajo en equipos. B9
Motivación para la calidad. A13
B12
Adaptación a nuevas situaciones. B1
B13
Aprendizaje autónomo. A14
A18
A19
B14
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales del estado. C1
Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida. C3
C6

Contents
Topic Sub-topic
PRIMERA PARTE
FUNDAMENTOS BÁSICOS DA CONTABILIDADE
Tema 1: Introdución á contabilidade. 1.1. Actividade económica e necesidade de información.
1.2. Concepto de contabilidade.
1.3. Divisións da contabilidade.
Tema 2: A información financeira. 2.1. Usos e usuarios da información financeira.
2.2. Características básicas da información financeira.
2.3. Normativa para á elaboración da información financeira.
Tema 3: O balance de situación. 3.1. O patrimonio da empresa.
3.2. Principio de dualidade.
3.3. Elementos patrimoniais: activos, pasivos e neto.
Tema 4: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo. 4.1. Criterio do devengo.
4.2. Resultado do período: ingresos e gastos.
4.3. Fluxo de efectivo: cobros e pagos.
Tema 5: O método contable. 5.1. Transacións económicas e feitos contables.
5.2. A conta.
5.3. Tecnicismos das contas.
Tema 6: Rexistros contables. 6.1. Anotacións no libro diario.
6.2. Traspaso do libro diario ao libro maior.
6.3. Balance de comprobación e estados financeiros.
Tema 7:O ciclo contable 7.1. Rexistro das operacións realizadas no período.
7.2. Axustes por aplicación do devengo.
7.3. Preparación de estados financeiros.
7.4. Peche de contas temporais.
SEGUNDA PARTE INTRODUCIÓN AO REXISTRO, PRESENTACIÓN E INTERPRETACIÓN DE ESTADOS FINANCEIROS
Tema 8: Operacións de explotación. 8.1. Compras de existencias.
8.2. Vendas de existencias.
8.3. Custo de produtos vendidos e existencias finais.
8.4. Outros ingresos e gastos de explotación
Tema 9: Operacións de investimento e financiamento. 9.1. Compras de inmobilizado.
9.2. Vendas de inmobilizado.
9.3. Achegas dos accionistas.
9.4. Préstamos e outras débedas.
Tema 10: O contido dos estados financeiros. 10.1. O balance de situación.
10.2. A conta de resultados.
10.3. O estado de fluxos de efectivo.
10.4. A memoria e outra información financeira.
Tema 11: Análise da situación financeira. 11.1. A situación financeira a curto prazo.
11.2. Capacidade de xerar recursos e situación financeira a longo prazo.
Tema 12: Estudo da rendibilidade. 12.1. Rendibilidade económica.
12.2. Rendibilidade financeira.
12.3. Débeda e rendibilidade.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A10 8 12 20
Directed discussion A13 A18 A31 A34 B2 B3 B4 B5 B8 7 12 19
Workshop A6 A10 A13 A14 A19 A25 A35 B1 B6 B9 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C7 12 24 36
ICT practicals A19 A31 B1 B4 B9 C3 11 22 33
Oral presentation A13 B2 B8 B9 C1 3 12 15
Online forum A13 B1 B2 B8 C3 0 2 2
Multiple-choice questions A13 A18 B1 1 4 5
Practical test: A31 B1 B4 B8 C3 2 4 6
Objective test A10 A18 A31 B1 B2 B3 B4 2 8 10
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa.
Directed discussion Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula.
Workshop Traballo individual e en grupo, guiado polo profesorado da materia, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos.
ICT practicals Utilización de software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, uso da folla de cálculo para desenvolver a análise de estados financeiros e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula.
Oral presentation Presentación na aula dun traballo realizado en equipo e segundo as orientación do docente da materia.
Online forum Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado ca materia, fundamentalmente, para a resolución dos casos prácticos.
Multiple-choice questions Durante o curso realizarase unha proba tipo test sen previo aviso.
Practical test: Probas asociadas ao obradoiro e ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo realizado polos estudantes fóra da aula para resolver os exercícios e casos prácticos.
Objective test Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.

Personalized attention
Methodologies
Practical test:
Oral presentation
ICT practicals
Directed discussion
Multiple-choice questions
Objective test
Workshop
Description
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o estudante será guiado polo docente de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesorado da materia guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula.

Alumnos que se atopen en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial. Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto co docente da materia antes do 30 de setembro.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Practical test: A31 B1 B4 B8 C3 Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente presentará aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fora da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Estes exercicios recolleranse e de todos eles valoraranse catro, elixidos aleatoriamente ao rematar o cuadrimestre. 40
Oral presentation A13 B2 B8 B9 C1 Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. 10
Multiple-choice questions A13 A18 B1 Durante o curso realizarase unha proba tipo test sen previo aviso. 10
Objective test A10 A18 A31 B1 B2 B3 B4 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 40
 
Assessment comments

A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe
de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante
no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que:

a) Semanalmente realice
os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da
materia. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posibles solucións. 

b) Prepare, en grupo e
seguindo as indicacións do docente da materia, un caso práctico para ser
presentado na aula na data marcada polo profesorado da materia. 

c) Prepare,
individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios propostos polo equipo
docente da materia para ser debatidos na aula e que participe activamente nas
discusións promovidos na clase así coma naquelas que xurdan no foro virtual.
Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa
preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de
vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía (participación activa na
aula/foro) o estudante pode compensar con ata 1 punto a cualificación total
obtida ca avaliación continua, sen superar o máximo que corresponde a esta
avaliación (6 puntos). Deste xeito, o estudante que, por calquera razón, non
realice algunha das probas de avaliación continua (proba de resposta múltiple,
presentación oral ou probas prácticas) será cualificado con un cero nesa proba,
pero esa cualificación poderá ser substituida pola nota obtida ca súa
participación na clase. Isto é, dos sete elementos que se teñen en conta na
avaliación continua (proba intermedia, catro probas prácticas, caso práctico
presentado na aula e participación) elixiranse os seis que presenten as maiores
calificacións. 

A cualificación de non presentado aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. 

Alumnos que se atopen en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial. Seguirán o mesmo sistema de avaliación coa salvidade das probas prácticas (40%), que serán substituídas pola entrega e presentación oral de dous traballos encamiñados a avaliar as competencias e contidos propios da materia (valorarase o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas). Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto coa profesora da materia antes do 30 de setembro. 

Avaliación da oportunidade
de xullo.
Esta debe realizarse cos
mesmos criterios que os utilizados na avaliación do primeiro cuadrimestre.

Por último, no caso de que
ao estudante se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas
as competencias e contidos propios da materia. Esta proba será en parte ou na
súa totalidade oral. A valoración desta proba mixta representará o 100% da
cualificación na acta.


Sources of information
Basic Larrán Jorge, M. (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Muñoz Merchante, A. (2014). Introducción a la Contabilidad Financiera. Ediciones Académicas
Solà Tey, M. y Vilardell Riera, I. (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill

Complementary Pascual Martínez, A. y Labatut Serer, G. (2008). Casos prácticos del PGC y PGC-PYMES y sus implicaciones fiscales . CISS
Pallerola, J. (2008). Contabilidad para PYMES. RAMA
Muñoz Jiménez, J. (2008). Cotntabilidad financiera. Pearson Prentice Hall
Omeñaca García, J. (2009). Plan general de Contabilidad y PGC de PYMES comentados. Deusto
Alonso Pérez, A. y Pousa Soto, R. (2008). Soluciones contables PGCPYMES. CISS
Omeñaca García, J. (2008). Supuestos prácticos de Contabilidad financiera y de sociedades. Deusto


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Nesta materia, a entrega do traballo (caso práctico de análisis económico-financeiro) realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilo.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.