Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Contabilidade Código 760G01026
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Anido Martinez, Cristina
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
Profesorado
Anido Martinez, Cristina
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir ao alumnado nos conceptos básicos relativos ao proceso de elaboración, comunicación e interpretación da información financeira.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Economía e mercado de traballo.
A10 Organización e dirección de empresas.
A13 Transmitir e comunicarse por escrito e oralmente usando a terminoloxía e as técnicas adecuadas.
A14 Seleccionar e xestionar información e documentación laboral.
A18 Interpretar datos e indicadores socioeconómicos.
A19 Identificar as fontes de información económica e o seu contido.
A25 Aplicar as distintas técnicas de avaliación e auditoría sociolaboral.
A31 Aplicar os coñecementos á práctica.
A34 Interrelacionar as distintas disciplinas que configuran as relacións laborais.
A35 Análise crítico das decisións emanadas dos axentes que participan nas relacións laborais.
B1 Resolución de problemas.
B2 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade de organización e planificación.
B4 Capacidade de xestión da información.
B5 Toma de decisións.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Razoamento crítico.
B9 Traballo en equipos.
B12 Motivación para a calidade.
B13 Adaptación a novas situacións.
B14 Aprendizaxe autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento do traballo por conta allea e autónomo B2
B4
B8
Coñecer os distintos ámbitos da empresa e aplicar os coñecementos contables a devanditos ámbitos A10
C3
C6
Utilizar a transmisión oral e escrita ao tratamento dos datos contables C1
Interpretar e xestionar a información desde o punto de vista contable B2
B4
B8
C3
C6
Interpretar indicadores para a valoración das magnitudes contables B2
B4
B8
Coñecer as técnicas de auditoría A6
A25
Saber aplicar os coñecementos á práctica contable B1
B2
Saber interrelacionar as distintas disciplinas do campo laboral e o seu efecto sobre o sistema de información contable na empresa A34
Sentido crítico fronte ás decisións adoptadas na contorna das relacións laborais A31
B2
B5
C7
Capacidade de análise e síntese B2
Capacidade de organización e planificación B3
Capacidade de xestión da información A19
A31
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional B6
C4
Razoamento crítico A31
A34
A35
B8
Traballo en equipos B9
Motivación para a calidade A13
B12
Adaptación a novas situacións B1
B13
Aprendizaxe autónoma A14
A18
A19
B14
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais do estado C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
PRIMEIRA PARTE
FUNDAMENTOS BÁSICOS DA CONTABILIDADE
Tema 1: Actividade económica e necesidade de información 1.1. Información financeira e non financeira
1.2. Usos e usuarios da información financeira
1.3. Normativa para a elaboración da información financeira
Tema 2: O balance de situación 2.1. Propósito do balance de situación
2.2. Compoñentes do balance de situación
2.3. Transaccións e balance de situación
Tema 3: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo 3.1. Propósito da conta de resultados
3.2. Compoñentes da conta de resultados
3.3. Transaccións, conta de resultado e balance de situación
3.4. Fluxos de efectivo: cobros e pagos
Tema 4: Rexistros contables 4.1. Análise das transaccións. Principio de dualidade
4.2. O esquema de cargos e abonos
4.3. Do libro diario ao libro maior
4.4. Balance de comprobación e estados financeiros
Tema 5:O ciclo contable 5.1. O exercicio contable
5.2. Rexistro de transaccións
5.3. Axustes previos ao peche de exercicio
5.4. Preparación de estados financeiros
5.5. Peche de contas temporais
Tema 6: Operacións de explotación 6.1. Compras de existencias
6.2. Vendas de existencias
6.3. Custo de produtos vendidos e existencias finais
6.4. Outros ingresos e gastos de explotación
Tema 7: Operacións de investimento e financiamento 7.1. Compras de inmobilizado
7.2. Vendas de inmobilizado
7.3. Achegas dos accionistas
7.4. Préstamos e outras débedas
SEGUNDA PARTE ANÁLISE E INTERPRETACIÓN DE ESTADOS FINANCEIROS
Tema 8: O contido dos estados financeiros 8.1. Contido e limitacións dos estados financeiros
8.2. Análise da estrutura: porcentaxes verticais
8.3. Análise da evolución temporal
8.4. Comparación inter e intraempresa
Tema 9: Análise da situación financeira 9.1. A situación financeira a curto prazo estática e dinámica
9.2. A situación financeira a longo prazo e a capacidade de xerar fluxos de efectivo
Tema 10: Análise da rendibilidade 10.1. Rendibilidade económica
10.2. Rendibilidade financeira
10.3. Débeda e rendibilidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 8 12 20
Discusión dirixida A13 A18 A31 A34 B2 B3 B4 B5 B8 7 12 19
Obradoiro A6 A10 A13 A14 A19 A25 A35 B1 B6 B9 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C7 12 24 36
Prácticas a través de TIC A19 A31 B1 B4 B9 C3 11 22 33
Presentación oral A13 B2 B8 B9 C1 3 12 15
Foro virtual A13 B1 B2 B8 C3 0 2 2
Proba de resposta múltiple A13 A18 B1 1 4 5
Proba práctica A31 B1 B4 B8 C3 4 12 16
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas contables tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polo docente e participación na discusión dos mesmos.
Obradoiro Traballo individual e en grupo, guiado polo docente, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos.
Prácticas a través de TIC Utilización de software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, uso da folla de cálculo para o rexistro de transacción e a análise de estados financeiros e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo.
Presentación oral Presentación dun traballo realizado en equipo e seguindo as orientación do docente da materia.
Foro virtual Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado ca materia, fundamentalmente, para a resolución dos casos prácticos.
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizaranse dúas probas tipo test sen previo aviso.
Proba práctica Probas asociadas ao obradoiro e ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo do alumnado previo ás sesións e a comprensión dos problemas contables abordados durante as sesións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Presentación oral
Prácticas a través de TIC
Discusión dirixida
Proba de resposta múltiple
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada (titorías individuais e grupais) desenvolverase mediante videoconferencias en Teams.

Os equipos formados no marco do caso práctico de análise de estados financeiros terán asignados sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.

Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia

Alumnos que se atopen en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial. Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá pórse en contacto co docente da materia antes do 30 de setembro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A31 B1 B4 B8 C3 Durante as sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente presentará ao alumnado un pequeno exercicio ou pregunta, baseado nas tarefas propostas para realizar fora da aula ou nas discusións mantidas durante a sesión, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Ao remate do curso, seleccionaranse aleatoriamente seis desas probas para seren avaliadas. 60
Presentación oral A13 B2 B8 B9 C1 Pedirase aos estudantes que presenten un caso práctico que deberán resolver previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta a defensa nas sesións de seguimento, o rigor na súa entrega e resolución, a presentación oral e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e alumnado. 20
Proba de resposta múltiple A13 A18 B1 Durante o curso realizaranse dúas probas tipo test sen previo aviso. 20
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que:

a) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo docente. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posibles solucións. 

b) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do docente da materia, un caso práctico de análise de estados financeiros para ser presentado na data marcada polo docente da materia. 

c) Participe activamente nas discusións promovidas nas sesións e no foro virtual. Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía (participación activa na aula/foro) o estudante pode compensar con ata 1 punto a cualificación total obtida nas probas escritas realizadas durante o curso, sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (8 puntos). Deste xeito, o estudante que, por calquera razón, non realice algunha das probas escritas de avaliación continua (probas de resposta múltiple ou probas prácticas) será cualificado cun cero nesa proba, pero esa cualificación poderá ser substituída pola nota obtida coa súa participación na clase. Isto é, dos nove elementos a ter en conta (dúas probas de resposta múltiple, seis probas prácticas e participación) elixiranse os oito que presenten as maiores cualificacións. 

Alumnos que se atopen en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial. 

Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente antes do 30 de setembro. Seguirá o mesmo sistema de avaliación coas seguintes particularidades:

  • Probas escritas de avaliación continua (80% da cualificación final: probas de resposta múltiple e probas prácticas). Agréganse nunha única proba, que deberá ser defendida oralmente. A proba e a súa defensa oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas.
  • Caso práctico de análise de estados financeiros (20% da cualificación final). O seu desenvolvemento será individual. Na valoración terase en conta a defensa nas sesións de seguimento, o rigor na súa entrega e resolución, a presentación oral e a resposta ás preguntas formuladas.
  • Acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. 

Avaliación da segunda oportunidade.

Seguirá o mesmo sistema de avaliación que a primeira oportunidade coas seguintes particularidades:

  • Probas escritas de avaliación continua (80% da cualificación final: probas de resposta múltiple e probas prácticas). Agréganse nunha única proba, que deberá ser defendida oralmente. A proba e a súa defensa oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas.
  • Caso práctico de análise de estados financeiros (20% da cualificación final). O seu desenvolvemento será individual. Na valoración terase en conta o rigor na súa entrega e resolución, a presentación e a resposta ás preguntas formuladas.
  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do caso práctico de análise de estados financeiros terá lugar na data aprobada en Xunta de Facultade para a realización da avaliación da segunda oportunidade.

O alumnado que desexe concorrer á segunda oportunidade, deberá contactar co docente antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, para que se lle asigne as empresas para resolver o caso práctico de análise de estados financeiros.

Adianto de oportunidade de avaliación ("avaliación adiantada")

As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as establecidas para a avaliación da segunda oportunidade, coas seguintes adaptacións:

  • A proba e a súa defensa oral, así como a presentación do caso práctico de análise de estados financeiros terá lugar na data aprobada polo centro para a realización da oportunidade de
    avaliación adiantada.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.

Quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual

O docente pode requirir a posterior defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 


Fontes de información
Bibliografía básica Corona Romero, E., Bejarano Vázquez, V. y González García, J. R. (2014). Análisis de Estados Financieros Individuales y Consolidados. UNED
Bonsón, E., Cortijo, V. y Flores, F. (2009). Análisis de Estados Financieros: Fundamentos Teóricos y Prácticos. Pearson Education
Larrán Jorge, M. (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Muñoz Merchante, A. (2014). Introducción a la Contabilidad Financiera. Ediciones Académicas
Arquero Montaño, J. L., Jiménez Cardoso, S.M. y Ruiz Albert, I. (2015). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pirámide

Bibliografía complementaria Muñoz Jiménez, J. (2008). Cotntabilidad financiera. Pearson Prentice Hall
Solà Tey, M. y Vilardell Riera, I. (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill
Omeñaca García, J. (2009). Plan general de Contabilidad y PGC de PYMES comentados. Deusto


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Nesta materia, a entrega do traballo (caso práctico de análise de estados financeiros) realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilo.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías