Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Calidade do Servizo Eléctrico Código 770523014
Titulación
Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Menacho Garcia, Carlos Miguel
Correo electrónico
miguel.menacho@udc.es
Profesorado
Menacho Garcia, Carlos Miguel
Correo electrónico
miguel.menacho@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral Nesta materia estúdase a calidade do servizo eléctrico desde o punto de vista da lexislación e normativa actualmente vixente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Análise e aplicación de metodoloxías e normativa para unha xestión eficiente da enerxía.
B9 Extraer, interpretar y procesar información, procedente de diferentes fuentes, para su empleo en el estudio y análisis.
B13 Aplicar los conocimientos teóricos a la práctica
B15 Conocer la legislación vigente y reglamentación aplicable al sector de las energías renovables y de la eficiencia energética.
C1 Adquirir la terminología y nomenclatura científico-técnica para exponer argumentos y fundamentar conclusiones.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a lexislación e a normativa actualmente vixente sobre calidade do servizo eléctrico. AP1
BM9
BM15
Coñecer os principais tipos de perturbacións e eventos que afectan á calidade do servizo eléctrico, así como as súas causas, efectos e medidas de corrección. BM13
CM1
Coñecer as principais características dun analizador de potencia para seleccionar o máis adecuado. BM9

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Presentación á materia
Coñecementos previos
Continuidade da subministración Definición
Tipos de interrupcións
TIEPI
NIEPI
Calidade do produto Frecuencia
Variación da tensión de alimentación
Variacións rápidas de tensión
Desequilibrio da tensión de alimentación
Harmónicos de tensión
Tensións interarmónicas
Transmisión de sinais de información pola rede
Interrupcións da tensión de alimentación
Ocos/sobretensiones da tensión de alimentación
Sobretensiones transitorias
Calidadde da atención ao consumidor Definición
Índices individuais
ANEXOS Normativa básica.
Compatibilidade electromagnética.
Medida da calidade de subministración.
O mercado eléctrico español.
Contratación da subministración eléctrica.
Medida e facturación da enerxía eléctrica.
Reclamacións.
Sistemas de conexión do neutro e das masas a terra.
Regulamentos electrotécnicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 1 1 2
Sesión maxistral A1 B15 C1 9 9 18
Solución de problemas B13 8 8 16
Prácticas de laboratorio B13 3 3 6
Traballos tutelados B9 C1 3 15 18
Proba obxectiva A1 B13 B15 C1 2 12 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia, en grupo grande (GG).
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas motivadoras dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Corresponde á clase de teoría, en grupo grande (GG).
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos e procedementos que se estudaron e traballado.

Corresponde á clase de problemas, en grupo mediano (GM).
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes apliquen os coñecementos adquiridos, a través da realización de actividades de carácter práctico.

Corresponde ás prácticas de taller, en grupo pequeno (GP).
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e nun escenario profesional. Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.

Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor.

Con esta metodoloxía preténdese que o alumno poida coñecer as características dos analizadores de potencia para poder seleccionar o máis adecuado de entre a oferta comercial que ofrece o mercado.

É unha actividade complementaria das prácticas de taller, en grupo pequeno (GP).
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.

Co fin de valorar con maior rigor a consecución dos obxectivos, a proba consta de dúas partes diferenciadas: preguntas de resposta múltiple (ítems) e resolución de problemas.

Preguntas de resposta múltiple (ítems): constitúe un instrumento de medida, cuxo trazo distintivo é que permite cualificar as respostas dadas como correctas ou non; ademais de valorar os coñecementos adquiridos.

Resolución de problemas: parte na que se pretende avaliar contidos conceptuais, procedimentales e actitudinais.

Corresponde ao exame de teoría e problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
Tutorías de revisión de exame.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B13 A cualificación será a suma da nota correspondente á asistencia e avaliación das prácticas de taller, que se valorará entre 0 e 5 puntos, e a nota dun exame final (proba de resposta múltiple), que se valorará tamén entre 0 e 5 puntos. 25
Traballos tutelados B9 C1 A cualificación corresponderá á avaliación da extensión e calidade dos traballos presentados (2), que se valorarán entre 0 e 10 puntos. 50
Proba obxectiva A1 B13 B15 C1 Esta proba consiste na resolución de problemas e/ou ítems, e computarase entre 0 e 10 puntos. 25
 
Observacións avaliación
Nota da materia = [Proba obxectiva (teoría e problemas) * 0'25] +  [Prácticas de laboratorio * 0'25] + [Traballo tutelado nº 1 * 0'25]+ [Traballo tutelado nº 2 * 0'25].


Para superar a materia é necesario obter, polo menos, cinco puntos na nota da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .

Real Decreto 1955/2000, de 1 de diciembre, por el que se regulan las actividades de transporte, distribución, comercialización, suministro y procedimientos de autorización de instalaciones de energía eléctrica. (BOE nº 310, de 27 de diciembre de 2000).

Orden ECO/797/2002, de 22 de marzo, por la que se aprueba el procedimiento de medida y control de la continuidad del suministro eléctrico. (BOE nº 89, de 13 de abril de 2002).

Norma UNE-EN 50160: 2011, Características de la tensión suministrada por las redes generales de distribución.

Norma UNE-EN 61000-4-30: 2015, Compatibilidad Electromagnética (CEM). Parte 4-30: Técnicas de ensayo y de medida. Métodos de medida de la calidad del suministro. 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Eficiencia nos Sistemas Eléctricos/770523013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Requírense coñecementos previos de análise de circuítos en corrente contínua, alterna e trifásica, así como de compoñentes simétricas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías