Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Informática Código 770G01002
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Fontenla Romero, Oscar
Correo electrónico
oscar.fontenla@udc.es
Profesorado
Becerra Permuy, Jose Antonio
Bellas Bouza, Francisco Javier
Fontenla Romero, Oscar
Sanchez Maroño, Noelia
Correo electrónico
jose.antonio.becerra.permuy@udc.es
francisco.bellas@udc.es
oscar.fontenla@udc.es
noelia.sanchez@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es
Descrición xeral A materia obxecto desta guía constitúe a única disciplina de formación básica de ámbito puramente informático na titulación. Polos seus contidos, e dado o marcado carácter instrumental da materia e que a maior parte das materias de Enxeñería necesitan métodos de cálculo susceptibles de ser realizados con axuda de computador, observamos que poderían ser practicamente todas as materias ás que a Informática apoiase desde os seus contidos como ferramenta indispensable para o enxeñeiro.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Habilidade para o manexo de sistemas informáticos de recuperación de información (navegadores, motores de procura, etc.) B6
C3
Coñecemento sobre o funcionamento básico de computadores e sistemas operativos A10
Coñecemento dos métodos básicos de representación e almacenamento de datos en sistemas informáticos A10
B5
Capacidade para realizar programas sinxelos no computador empregando unha linguaxe de alto nivel A10
B1
Capacidade de operar con equipamento informático de forma efectiva, tendo en conta as súas propiedades lóxicas e físicas B5
Expor correctamente o problema a partir do enunciado proposto e identificar as opcións para a súa resolución. Aplicar o método de resolución adecuado a identificar a corrección da solución B1

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos desta materia, incluidos na memoria de verificación da titulación, se desenvolven en os nove temas que se amosan a continuación. Neste primer apartado vincúlanse os contidos con os temas que os desenvolven.
----------------------------------------------
Contidos e temas nos que se desenvolven:
- Representación e almacenamento de datos: Tema 1.
- Estrutura dos computadores: Tema 2.
- Sistemas operativos: Tema 3.
- Introducción ás redes de comunicacións: Tema 4.
- Algoritmos e Programación: Temas 5 a 9.
-------------------------------------------------------------
Tema 1: Representación e almacenamento da información 1.1.- Medida da información
1.2.- Sistemas de numeración usuais en Informática
1.2.1 Sistema de numeración binario
1.2.2 Códigos intermedios
1.3.- Representación de números enteiros
1.3.1.- Representación binaria sen signo
1.3.2.- Representación binaria signo-magnitude
1.3.3.- Representación binaria en complemento a 1
1.3.4.- Representación binaria en complemento a 2
1.3.5.- Representación decimal BCD
1.4.- Representación de caracteres
1.4.1.- Código ASCII
1.5.- Representación de información analóxica
1.5.1.- Representación de son
1.5.2.- Representación de imaxes
Tema 2: Estrutura dos ordenadores 2.1.- Arquitectura Von Neumann e extensións
2.2.- Memoria Principal
2.2.1.- Tipos de Memoria Principal
2.2.2.- Rendemento CPU-Memoria
2.2.3.- Xerarquía de memorias: memoria caché
2.3.- CPU (Unidade Central de Proceso)
2.3.1.- Rexistros da CPU
2.3.2.- A Unidade Aritmético-Lóxica
2.3.3.- A Unidade de Control
2.4.- Sistemas de almacenamento masivo
2.4.1.- Discos magnéticos
2.4.2.- Discos ópticos
2.4.3.- Memorias de estado sólido e USB
2.5.- Conexións e portos
Tema 3: Sistemas operativos 3.1.- Definición e funcións dun sistema operativo
3.2.- Xestión do procesador
3.2.1.- Sistemas operativos monoprogramación
3.2.2.- Sistemas operativos multiprogramación
3.3.- Xestión da memoria principal
3.4.- Xestión de entrada/saída
3.5.- Xestión de arquivos e directorios
3.6.- Xestión da seguridade
Tema 4: Redes de comunicacións e Internet 4.1.- Sistemas e medios de transmisión
4.2.- Redes de comunicación e topoloxías de rede
4.3.- Tipos de redes
4.4.- Protocolos de rede
4.5.- Internet e a web
Tema 5: Introdución a unha linguaxe de programación: linguaxe C 5.1.- Descrición xeral
5.2.- Estrutura dun programa en C
5.3.- Tipos de datos, operadores e expresións
5.4.- Declaración de variables e constantes
5.5.- Entrada e saída estándar
Tema 6: Estruturas de control 6.1.- Expresións lóxicas
6.2.- Instrucións selectivas
6.3.- Instrucións iterativas
6.4.- Instrucións de salto
Tema 7: Funcións 7.1.- Definición, declaración e chamada de funcións
7.2.- O ámbito das variables
7.3.- Paso de argumentos
7.3.1.- Concepto de apuntador ou punteiro
7.3.2.- Operadores de dirección e indirección
7.3.3.- Paso de argumentos por valor e por referencia
Tema 8: Tipos de datos estruturados 8.1.- Vectores ou arrays
8.1.1.- Definición e uso dun vector
8.1.2.- Inicialización
8.2.- Cadeas de caracteres
8.3.- Matrices multidimensionales
8.1.1.- Definición e uso dunha matriz
8.1.2.- Inicialización
8.4.- Reserva dinámica de vectores e matrices
8.5.- Estruturas
Tema 9: Ficheiros 9.1.- Declaración de ficheiros
9.2.- Apertura e peche de ficheiros
9.3.- Lectura e escritura de datos
9.4.- Acceso directo aos datos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A10 B1 3.5 3.5 7
Sesión maxistral A10 21 21 42
Traballos tutelados B6 C3 0 10 10
Prácticas de laboratorio B5 B6 30 30 60
Portafolios do alumno A10 0 5 5
Solución de problemas B1 B5 2.5 22.5 25
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba de avaliación que se realizará ao final de curso nas correspondentes convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba escrita na que haberá que responder a diferentes tipos de preguntas e resolver problemas de programación.
Sesión maxistral Actividade presencial no aula que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Realización dun traballo relacionado con algún dos temas do programa. O traballo será realizado en grupo e os alumnos entregarán en soporte informático a memoria do traballo e unha presentación que terán que expor a algún dos profesores. Este traballo requirirá da asistencia de, polo menos, unha tutoría personalizada de grupo.
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de prácticas no laboratorio de informática. Esta actividade consistirá no estudo de casos e exemplos ademais da realización, por parte do alumnos, de exercicios de programación.
Portafolios do alumno O portafolio de traballo do alumno consiste nun documento (en papel ou electrónico) que contén traballo realizado polo alumno: guías de traballo, comentarios de notas e exercicios.

Solución de problemas Consistirá na realización por parte do alumno de diversos exercicios de programación en linguaxe C. Estes exercicios realizaranse ao longo do cuadrimestre tanto de manera presencial na aula como de forma autónoma. O traballo realizado na clase haberá que entregalo o finalizar a mesma e será availado mediante a correción do exercicio por parte do profesor. A práctica a resolver de maneira autonóma deberá ser entregada antes da data límite indicada no seu enunciado; esta actividade será avaliada mediante a corrección do exercicio por parte do profesor e mediante unha revisión presencial da mesma na cal realizaranse preguntas ao alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Solución de problemas
Descrición
Traballos Tutelados: serán necesarios mostrar os avances que se van realizando para ofrecer a orientación necesaria e asegurar a calidade do traballo. Tamén permitirá a resolución de dúbidas conceptuais e o seguimento de execución de Traballos. Estas tutorías realizaranse en grupo e de forma presencial no despacho do profesor.

Portafolios do alumno: requirirá de atención personalizada para o seguimento do portafolio e para a realización de comentarios e revisión de exercicios.

Solución de problemas: é recomendable o uso de atención personalizada nestas actividades para resolver dúbidas conceptuais ou procedimentales que poidan xurdir durante a resolución dos problemas. Ademais, no caso da práctica a resolver de forma autónoma, a atención personalizada tamén centrarase na explicación, por parte do alumno, da solución proposta ao problemas exposto.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 B1 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación nas cales o alumno terá que contestar preguntas e resolver diversos exercicios de programación.

Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e soluciones axeitadas ás preguntas e exercicios da proba.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T3: nota obtida na parte de teoria desta proba (28% da nota final).
P5: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final).
58
Traballos tutelados B6 C3 Traballo autónomo en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma seguindo as indicacións do seu enunciado. Ademais, requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo do traballo empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obligatoria. A non realización da presentación suporá unha nota de cero nesta actividade.

Criterios de avaliación xerais:
* Claridade, extensión e calidade da memoria do traballo.
* Claridade e calidade da exposición oral do traballo.
* Dominio do tema e adecuación das contestacións do alumno ás preguntas do profesor na sesión de exposición.
* Asistencia e aproveitamento das tutorías de seguimento.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T2: nota obtida no traballo tutelado (8% da nota final).
8
Prácticas de laboratorio B5 B6 Consistirá na recompilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estos exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregarse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Xa que logo, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas.

Criterios de avaliación xerais:
* Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases.
* Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
P1: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio (6% da nota final).
6
Portafolios do alumno A10 Avaliación do documento realizado e dos avances e solucións expostas a pequenas probas de avaliación. Tamén se terán en conta as contestacións ás preguntas expostas polo profesor na revisión do portafolio.

Criterios de avaliación xerais:
* Organización e claridade dos documentos.
* Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio.
* Respostas correctas do alumno ás preguntas expostas na sesión de revisión do portafolio.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T1: nota obtida na actividade do portafolio (4% da nota final).
4
Solución de problemas B1 B5 Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso. As dúas primeiras serán probas que se farán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación, mentres que a terceira consistirá na implementación dun programa de forma autónoma polo alumno (práctica de programación). Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para a práctica realizada de forma autónoma polo alumno, que consistirá na revisión do exercicio entregado na cal realizaranse preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase.

Criterios de avaliación xerais:

* Adecuación dos exercicios entregado ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas axeitadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
P2: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P3: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P4: nota obtida na práctica autónoma de programación (8% da nota final).
24
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):

1) Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de teoría, isto é, que a suma 0,04×T1 + 0,08×T2 + 0,28×T3 sexa maior o igual a 2.

2) Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de programación, isto é, que a suma 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 +0,08×P4 + 0,3×P5 sexa maior ou igual que 3.

3) Que a nota da parte de teoría no exame final (T3) sexa maior ou igual a 4.

4) Que a nota da parte de programación no exame final (P5) sexa maior ou igual a 3,5.

Si non se cumpren cos todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota númerica máxima que se obterá, na oportunidade
correspondente, será de 4,5 puntos. Si cúmprense os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma:

NOTA FINAL = 0,04×T1 + 0,08×T2 + 0,28×T3 + 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 + 0,08×P4 + 0,3×P5 .

A asistencia a todas as clases presenciais de prácticas é obrigatoria (excepto os alumnos con matrícula parcial). A non asistencia a algunha clase, sen unha causa debidamente xustificada (médica, xudicial, laboral, etc.), suporá a non superación da materia.

Notas sobre as actividades:

- Se durante a revisión de algunha actividade detéctase que o alumno copiou o exercicio ou, por mor das preguntas expostas, hai dúbidas sobre a autoría do mesmo suspenderase a actividade obtendo a nota mínima posible.

- Todas
as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante
o curso académico, salvo a proba final (formada por as actividades T3 y P5) que terá as dúas oportunidades
oficiais de exame.


Fontes de información
Bibliografía básica García, F., Carretero, J., Fernández, J., Calderón, A. (2002). El lenguaje de programación C. Diseño e implementación de programas. Prentice Hall
de Miguel Anasagasti, P. (2004). Fundamentos de los Computadores. International Thomson Learning Paraninfo
Prieto, A., Lloris, A., Torres, J. C. (2006). Introducción a la Informática. McGraw-Hill
Gottfried, B. (2005). Programación en C. McGraw-Hill
Joyanes, L., Zahonero, I. (2005). Programación en C. Metodología, algoritmos y estructuras de datos. McGraw-Hill

Bibliografía complementaria Joyanes Aguilar, L., Castillo Sanz, A., Sánchez García, L., Zahonero Martínez, I. (2005). C. Algoritmos, programación y estructuras de datos. McGraw-Hill
Tanenbaum, A. S. (2000). Organización de computadoras: Un enfoque estructurado. Pearson Educación
Stallings, W. (2000). Organización y Arquitectura de Computadores. Prentice Hall
Joyanes Aguilar, L., Castillo Sanz, A., Sánchez García, L., Zahonero Martínez, I. (2002). Programación en C. Libro de problemas. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Informática Industrial/770G01025

Observacións

É moi recomendable o aproveitamento das clases prácticas de programación que se realizarán ao longo do curso. Así mesmo, a través da páxina web da materia iranse expondo diversos exercicios para fomentar a capacidade de resolución problemas que será esixida ao alumno. É moi recomendable a realización destes exercicios para un bo aproveitamento da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías