Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Física I Código 770G01003
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física
Coordinación
Ramirez Gomez, Maria del Carmen
Correo electrónico
carmen.ramirez@udc.es
Profesorado
Cano Malagon, Jesus
Ramirez Gomez, Maria del Carmen
Correo electrónico
j.cano@udc.es
carmen.ramirez@udc.es
Web
Descrición xeral A relación desta materia coas diferentes materias da titulación é básica, posto que proporciona os conceptos elemetales para poder desenvolver a aprendizaxe da maioría das materias.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Comprender e dominar os conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría.
A13 Coñecer os principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría, así como o cálculo de tubaxes, canais e sistemas de fluídos.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñece os conceptos e leis fundamentais da mecánica e ondas e a súa aplicación a problemas básicos en enxeñaría A7
A13
C1
Analiza problemas que integran distintos aspectos da física, recoñecendo os variados fundamentos físicos que subxacen nunha aplicación técnica, dispositivo ou sistema real B1
B2
B6
C4
C6
Coñece as unidades, ordes de magnitude das magnitudes físicas definidas e resolve problemas básicos de enxeñaría, expresando o resultado numérico nas unidades físicas adecuadas B1
B6
Utiliza correctamente métodos básicos de medida experimental ou simulación e trata, presenta e interpreta os datos obtidos, relacionándoos coas magnitudes e leis físicas adecuadas B2
B4
B5
B6
C3
C6
C8
Aplica correctamente as ecuacións fundamentais da mecánica a diversos campos da física e da enxeñaría: dinámica do sólido ríxido, oscilacións, elasticidade, fluídos, electromagnetismo e ondas. A7
B1
B4
B6
C3
C8
Comprende o significado, utilidade e as relacións entre magnitudes, módulos e coeficientes elásticos fundamentais empregados en sólidos e fluídos. B1
B5
B6
Realiza balances de masa e enerxía correctamente en movementos de fluídos en presenza de dispositivos básicos. B1
B4
C8
Coñece a ecuación de ondas, os parámetros característicos das súas solucións básicas e os aspectos enerxéticos das mesmas. Analiza a propagación de ondas mecánicas en fluídos e sólidos e coñece os fundamentos da acústica. B1
B6
C3

Contidos
Temas Subtemas
1.- MAGNITUDES. UNIDADES E DIMENSIÓNS
1.1.- Magnitudes físicas. Medidas e unidades. O Sistema Internacional de Unidades (SI)
1.2.- Análise dimensional
1.3.- Análise vectorial
2.- CINEMÁTICA DA PARTÍCULA
2.1.- Representación do movemento
2.2.- O movemento nunha dimensión
2.3.- O movemento en dúas dimensións
3.- DINÁMICA DA PARTÍCULA
3.1.- Leis do movemento de Newton
3.2.- Aplicacións das leis de Newton
3.3.- Traballo e enerxía
3.4.- Conservación da enerxía
4.- DINÁMICA DUN SISTEMA DE PARTÍCULAS
4.1.- Centro de masas
4.2.- Movimento lineal e impulso
4.3.- Conservación do momento lineal
4.4.- Colisións
5.- DINÁMICA DO SÓLIDO RÍXIDO
5.1.- Rotación de sólidos rígidos. Momento de inercia
5.2.- Dinámica do movemento rotacional
5.3.- Conservación do momento angular
6.- EQUILIBRIO ESTÁTICO E ELASTICIDAD
6.1.- Condicións de equilibrio
6.2.- Centro de gravedade
6.3.- Elasticidade
7.- ONDAS MECÁNICAS
7.1.- Movemento periódico
7.2.- Ondas mecánicas
7.3.- O son
8.- MECÁNICA DE FLUIDOS
8.1.- Estática de fluidos
8.2.- Dinámica de fluidos
8.3.- Fluidos viscosos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A7 B1 C4 0 7 7
Lecturas A7 A13 B2 C1 0 42 42
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B5 B6 C3 C8 9 15 24
Proba de resposta múltiple A7 A13 B2 2 0 2
Proba obxectiva B1 B2 B5 B6 C1 C6 3 0 3
Sesión maxistral A7 A13 C3 21 0 21
Solución de problemas A7 A13 B1 B5 C3 C6 21 28 49
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Consulta de bibliografía básica ou complementaria e documentos relacionados coa materia obtidos cos TICs.
Lecturas Traballo persoal do/a alumno/a sobre os distintos contidos da materia.
Prácticas de laboratorio Realización de ensaios no laboratorio.
Proba de resposta múltiple Exercicios cortos, de resposta múltiple, sobre os contidos vistos ata ese momento.
Proba obxectiva Prueba obxectiva escrita sobre os contidos da materia.Realizarase ao finalizar o semestre.
Sesión maxistral Exposición oral de conceptos básicos para a comprensión da materia. Síguese o temario que aparece no Paso 3: Contidos, de esta Guía.
Solución de problemas Lectura dos enunciados propostos. Interpretación, formulación e resolución utilizando as ferramentas matemáticas dispoñibles. Análise do resultado obtido.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
Os/as alumnos/as por parellas desenvolverán practícalas propostas, sendo ambos os responsables dos resultados obtidos. En todo instante terán o siguimiento do profesor/a.

Durante as clases de problemas resolveranse na lousa algúns problemas tipo, seleccionados entre os recolleitos nos boletíns previamente entregados. Outros exercicios déixanse como traballo individual do alumno/a, tanto dentro como fose da aula, sendo supervisados polo profesor/a.

Para os alumnos/as con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia, teranse en conta as metodoloxias mas axeitadas as necesidades específica que requira cada alumno/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B5 B6 C3 C8 Son obrigatorias. Valorarase o traballo realizado no laboratorio. 10
Proba de resposta múltiple A7 A13 B2 Realizarase unha poba de resposta múltiple sobre os contidos vistos ata o momento da realización da proba. 10
Proba obxectiva B1 B2 B5 B6 C1 C6 Ao finalizar o semestre realizarase unha proba obxectiva escrita de tres horas de duración sobre a totalidade os contidos da materia. 70
Solución de problemas A7 A13 B1 B5 C3 C6 Avaliación continua mediante o seguimento do alumno/a nas clases e tutorías, valorando a comprensión que o alumno adquire da materia. 10
 
Observacións avaliación
Para que un alumno/a sexa avaliado, ha de ter en conta que a asistencia a clase é obrigatoria. Contemplaranse casos excepcionais que poidan ser documentados.
Os alumnos/as repetidores que realizasen as prácticas no curso 2015/16 poderán optar entre realizar novamente as prácticas de laboratorio e ser avaliados, ou non realizalas, e conservar a puntuación do laboratorio do curso anterior. As prácticas de laboratorio son obrigatorias, co que un alumno que non as realizou, non ten opción de superar a materia.
Na segunda oportunidade (Xullo), o sistema de avaliación é o mesmo que para a primeira oportunidade.
Os estudantes, que por razóns xustificadas (emprego, enfermidade,...) non realicen a avaliación continua, a proba obxectiva presencial escrita supón o 90% da puntuación. O 10% restante corresponde á puntuación das prácticas de laboratorio.Os alumnos con cualificacións de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva.
Alumnos con dedicación a tempo parcial. Os criterios e actividades de avaliación para a primeira oportunidade dependerán da cuantía de dedicación a dito tempo parcial. Na segunda oportunidade rexerase polo mesmo criterio que na primeira avaliación. >

Fontes de información
Bibliografía básica M. Alonso y F.J. Finn (). Física. Ed. Addison - Wesley Iberoamericano
P.A. Tippler y G. Mosca (). Física para la Ciencia y la Tecnología . Ed. Reverté
F.W. Sears, M.W. Zemansky, H.D. Young y R.A. Freeman (). Física Universitaria . Addison-Wesley Iberoamericana Libro

Bibliografía complementaria O. Alcaraz, J. López, V. López (). Física. Problemas y ejercicios resueltos . Ed. Pearson-Prentice Hall
F.A. González (). La Física en Problemas. Ed. Tebar Flores
R.A. Serway (). Física . Ed. Mc. Graw – Hill / Ed. Thomson
S. Burbano, E. Burbano, C. Gracia (). Problemas de Física. Ed. Tébar S.L


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Cálculo/770G01001

Materias que continúan o temario
Fisíca II/770G01007
Mecánica de Fluídos/770G01016

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías