Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Química Código 770G01004
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química Analítica
Coordinación
Gonzalez Rodriguez, Maria Victoria
Correo electrónico
victoria.gonzalez.rodriguez@udc.es
Profesorado
Alonso Rodriguez, Elia
Gonzalez Rodriguez, Maria Victoria
Correo electrónico
elia.alonso@udc.es
victoria.gonzalez.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución aos fundamentos científicos da química en relación coas súas aplicacións tecnolóxicas

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Capacidade para comprender e aplicar os principios e coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexar os principios básicos da química xeral, a química orgánica e a química inorgánica. Manexar as leis básicas que regulan as reaccións: termodinámica, cinética e equilibrio. Usar a linguaxe rigorosa da química A8
Resolver exercicios e problemas de forma completa e razoada B1
Traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa. B2
B4
B6
Usar os recursos da información, aplicar as Tics e transmitir coñecementos no exercicio da profesión. B2
B6
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Conceptos Químicos Fundamentais. - Estequiometría. Rendemento reacción. Reactivo limitante.
- Átomo. Modelo mecanocuántico.
- Táboa periódica e propiedades periódicas.
- Enlace Químico. Tipos de enlace: iónico, covalente, metálico. Forzas intermoleculares.

Tema 2. Termoquímica. - Cambios de enerxía nas reaccións químicas
- Entalpía
- Calorimetría
- Introdución á termodinámica.

Tema 3. Cinética Química - Velocidade de reacción
- Ecuación de velocidade
- Relación entre a concentración de reactivos e o tempo
- Enerxía de activación
- Catálise
- Mecanismos de reacción

Tema 4. Equilibrio Químico - Concepto de equilibrio. Constante de equilibrio.
- Equilibrio de gases. Principio de Le Chatelier
- Equilibrio ácido base

Tema 5. Electroquímica I - Reaccións redox. Axustes
- Potenciais estándar de electrodo
- Espontaneidade das reaccións redox
- Ecuación de Nernst

Tema 6. Electroquímica II - Celas voltaicas. Baterías
- Electrolisis. Aspectos cuantitativos da electrolísis
Tema 7. Corrosión - Concepto de corrosión
- Procesos de corrosión e factores que inflúen
- Métodos de protección fronte á corrosión
- Corrosión atmosférica
- Corrosión mariña

Tema 8. Química Orgánica - Introdución á Química Orgánica
- Grupos funcionais
- Nomenclarura
- Isomería
- Tipos xerais de reaccións orgánicas
Tema 9. Química Orgánica aplicada á Enxeñaría - A combustión:
. Carbón
. Petróleo
. Gas natural
. Biomasa
- Polímeros

Tema 10. Bases de Química Industrial: Balances de Materia - Procesos en Enxeñaría
- Balances de Materia

Tema 11. Química Inorgánica aplicada á Enxeñaría - Metalurxia
- Síntese industrial de compostos inorgánicos
- Materiais inorgánicos de interese tecnolóxico: Semicondutores, Fibras ópticas, Cerámicos,
Supercondutores

Tema 12. Introdución ás técnicas instrumentais na análise industrial. - Clasificación das técnicas instrumentais
- Parámetros de calidade dun método de análise química.
- Calibración
- Cifras significativas


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 21 29.4 50.4
Solución de problemas A8 B1 20 38 58
Proba de resposta múltiple A8 B4 B6 C3 1 4 5
Prácticas de laboratorio A8 B6 5 5 10
Traballos tutelados B2 B6 B2 B4 B6 C3 3 6 9
Proba obxectiva A8 B1 4 12 16
 
Atención personalizada 1.6 0 1.6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O alumno: asimila e toma apuntamentos. Formula dúbidas e cuestións
Solución de problemas Presentación e resolución do boletín. O alumno traballa individualmente ou en grupo, formula dúbidas e cuestións
Proba de resposta múltiple Exercicios de autoavaliación a través de moodle
Prácticas de laboratorio Lectura comprensiva da práctica. Leva a cabo o traballo experimental. Formula e resolve os cálculos numéricos asociados así como as cuestións que se lle formulen. Examina e valora o resultado final.
Traballos tutelados Realización de estudos dirixidos. Presentación e corrección.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe do alumno

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Revisión do desenvolvemento das etapas intermedias e final do estudo dirixido

Resolución de cuestións puntuais que lle impiden ao alumno o seguimento xeral da materia

O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B6 B2 B4 B6 C3 Realización e exposición na aula de actividades dirixidas.
Realización dunha actividade e avaliación mediante unha proba obxectiva.

10
Proba obxectiva A8 B1 Aproximadamente na metade do cuadrimestre realizarase un 1er exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un 2º exame parcial (teoría e problemas) para os alumnos que superasen o 1er parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os alumnos que non se tivesen presentado ou non tivesen aprobado o 1er exame parcial.
Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 punto.
70
Solución de problemas A8 B1 Resolución dos boletíns de exercicios e capacidade para explicalos na aula. 10
Prácticas de laboratorio A8 B6 Realización de cada unha das prácticas, entrega do informe e capacidade para traballar de forma colaborativa. 5
Proba de resposta múltiple A8 B4 B6 C3 Resolución dos exercicios de autoavaliación propostos en moodle antes do exame parcial correspondente. 5
 
Observacións avaliación

Os
alumnos para ser avaliados terán que ter realizado como mínino
o 75% das clases prácticas de laboratorio.

Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame
haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos

O alumno
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado mediante a
cualificacion obtida no exame final (80%) e a realización de traballos
tutelados (20%).


Fontes de información
Bibliografía básica http://eup.cdf.udc.es (). .
VINAGRE F., VAZQUEZ DE MIGUEL L.M. (1996 ). "Fundamentos y problemas de química" . Alianza, 4ª Ed.
McMurry, Fay (2009 ). "Química General" . Prentice Hall
Petrucci, Ralph H. (2011). "Química general: principios y aplicaciones modernas". Prentice Hall
CHANG (2002 ). "Química" . Interamericana. Mc Graw - Hill. 7ª Edición
PÉREZ IGLESIAS, J. y SECO LAGO, H.M. (2006 ). “Experimentos de química. Aplicaciones a la vida cotidiana" . Badajoz. Editorial Filarias

Bibliografía complementaria PETERSON (2012 ). "Fundamentos de nomenclatura química" . Reverte
Skoog, Douglas A ( 2007 ). "Principios de análisis instrumental" . Santa Fe : Cengage Learning
José Vale Parapar y col. (2004 ). "Problemas resueltos: de Química para Ingeniería" . Thomson
KOTZ, TREICHEL, HARMAN (2003 ). "Química y reactividad química" . Thomson Ed. 5º Ed.
PAZ, M.; CASTRO, F. y MIRO, J. (1995 ). "Química" . Madrid.Ed.UNED
WILLIS (1995 ). "Resolución de Problemas de Química General" . Reverté


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Enxeñaría Medioambiental/770G01014

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías