Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Alxebra Código 770G01006
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Ruiz Veiga, Manuel
Correo electrónico
manuel.ruiz@udc.es
Profesorado
Ruiz Veiga, Manuel
Varela Rodríguez, Hiram
Correo electrónico
manuel.ruiz@udc.es
hiram.varela@udc.es
Web
Descrición xeral Descríbense nesta materia algúns conceptos básicos da álxebra lineal e a xeometría diferencial, cuxa exposición desenvolvida pode verse no paso 3: Contidos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poidan suscitar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B3 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Resolve problemas matemáticos que poden plantearse na Enxeñería. A6
B1
B2
B3
B4
B6
C1
Ten aptitude para aplicar os coñecementos adquiridos de Álxebra Liñal; Xeometría e Xeometría Diferencial. A6
Sabe utilizar métodos numéricos na resolución de algúns problemas matemáticos que se propoñen. A6
B1
Coñece o uso reflexivo de ferramentas de cálculo simbólico e numérico. A6
B1
B2
B3
B6
C1
Posúe habilidades propias do pensamento científico matemático, que lle permiten preguntar e respostar a determinadas cuestións matemáticas. A6
B1
B2
B3
B6
C1
Ten destreza para manexar a linguaxe matemática; en particular, a linguaxe simbólica e formal. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. A6
B4
B6
Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos. A6
B1
B2
B3
B4

Contidos
Temas Subtemas
I. Xeometría I.1 Camiños en Rn. Reparametrizacións. Integrais de funcións escalares. Aplicacións das integrais de funcións escalares. Integrais de funcións vectoriais. Funcións de tipo gradiente. Teorema de Green.
I.2 Integrais de superficie: Produto vectorial. Superficies en R3. Área duhna superficie. Integrais de funcións escalares. Superficies orientables. Integrais de funcións vectoriais. Diverxencia. Teorema de Gauss.
II. Álxebra Lineal II.3 Espazos vectoriais. Operacións: suma, produto por números reais. Subespazos vectoriais. Combinación lineal, peche lineal. Conxuntos libres e ligados. Sistemas de xeradores. Base e dimensión. Teorema da base. Coordenadas, cambio de coordenadas.
II.4 Aplicacións lineais. Propiedades das aplicaciones lineais. Matriz asociada a unha aplicación lineal. Núcleo e Imaxe dunha aplicación lineal. Operacións con aplicaciones lineais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B2 B3 B4 C1 30 20 50
Proba práctica A6 B1 6 6 12
Proba mixta A6 B1 B4 C1 8 12 20
Solución de problemas A6 B1 B2 B4 B6 16 42 58
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Expoñense os contidos da materia. Amósanse exemplos de aplicación dos coñecementos desenvolvidos e propóñense actividades relacionadas.
Proba práctica Con eles pásase de teoría á práctica. Resólvense problemas concretos da materia desenvolvida nas clases maxistrais.
Proba mixta Son útiles para coñecer o grao de aproveitamento que o alumnado fai das clases e o estudo persoal. Pode consistir nunha explicación de parte do contido da materia, a contestación a preguntas test, a resolución de cuestións teóricas ou prácticas ou o desenvolvemento de solucións a cuestións que implican o dominio profundo da materia.
Solución de problemas Utilízanse os coñecementos adquiridos para resolver distintas cuestións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada permite adecuar o estudio ao nivel de coñecementos e competencias de cada estudante. Dirixir persoalmente cada estudante optimiza o tempo adicado ao estudo e permite rectificar erros conceptuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A6 B1 Formularanse cuestións prácticas nas que o estudante buscará a solución a un determinado problema. 30
Proba mixta A6 B1 B4 C1 Correspóndese co exame oficial. É unha proba coa que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte de cada estudante. Pode abranguer cuestións test, resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas. 70
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases non forma parte da avaliación.

Realizaranse tres probas de avaliación continua. A primeira dos contidos
do tema I.1, a segunda dos contidos do tema I.2, e a terceira dos
contidos dos temas II.3 e II.4. Cada una delas avalíase cunha nota comprendida entre
0 e 10 puntos. A estas notas as denominamos NEC1, NEC2 e NEC3.

O exame oficial de cada oportunidade abarca todos os temas da materia.
Avaliarase cunha nota NPO (primeira oportunidade) ou NSO (segunda oportunidade) comprendida entre 0 e 10 puntos.

En cada oportunidade o alumnado pode elixir entre conservar ou renunciar ás
notas NEC1, NEC2 e NEC3 de avaliación continua. A nota da acta calcularase do
seguinte xeito:

• Consérvanse as notas de avaliación continua. A nota da acta será:

0.1×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.7×NPO na primeira oportunidade

0.1×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.7×NSO na segunda oportunidade.

• Renuncia ás notas de avaliación continua. A nota da acta será:

NPO na primera oportunidade,

NSO na segunda oportunidade.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Dado que a asistencia ás clases non se considera obrigatoria, e a avaliación realízase a través de varias probas, esta será a mesma que para o resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica Nakos, G. e outros (1999). Álgebra lineal con aplicaciones. Thomson
Grossman, S. (1995). Álgebra lineal con aplicaciones. McGraw-Hill
Granero Rodríguez, F. (1991). Álgebra y geometría analítica. McGraw-Hill
Besada Morais, M. y outros (2008). Calculo vectorial e ecuacións diferenciais. Servizo publicacións da Universidade de Vigo
Roberto Benavent (2010). Cuestiones sobre Álgebra Lineal. Paraninfo

Bibliografía complementaria Ladra González y otros (2003). Preguntas test de álbegra lineal y cálculo vectorial. J.B.Castro Ambroa y Copybelén
Prieto Sáez, E y otros (1995). Matemáticas I: economía y empresa. Centro de estudios Ramón Areces


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fisíca II/770G01007

Materias que continúan o temario
Ecuacións Diferenciais/770G01011
Mecánica de Fluídos/770G02016

Observacións

Cada estudante debe dominar os contidos das materias de Matemáticas impartidas na E.S.O. e bacharelato. O alumnado procedente de Ciclos Formativos debe estudar os conceptos básicos relativos a aplicacións, funcións e integración de funcións reais de variable real, que están contidos nos currículos de Bacharelato, e non están nos dos Ciclos Formativos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías