Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Fisíca II Código 770G01007
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
maite.rico@udc.es
Profesorado
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
maite.rico@udc.es
Web
Descrición xeral Na asignatura estudiaranse os conceptos básicos sobre as leis xerais da termodinámica e electromagnetismo e a súa aplicación para resolver problemas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Comprender e dominar os conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C3 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñece os conceptos e leis fundamentais da mecanica, termodinámica,campos, ondas e electromagnetismo e a súa aplicación a problemas básicos en enxeñaría. A7
B1
B4
C1
C5
C7
Analiza problemas que integran distintos aspectos da física, recoñecendo os variados fundamentos físicos que subxacen nunha aplicación técnica, dispositivo ou sistema real. B1
B4
C5
C7
Coñece as unidades, ordes de magnitude das magnitudes físicas definidas e resolve problemas básicos de enxeñaría, expresando o resultado numérico nas unidades físicas adecuadas. A7
B1
B2
B4
C1
C5
C7
Utiliza correctamente métodos básicos de medida experimental ou simulación e trata, presenta e interpreta os datos obtidos, relacionándoos coas magnitudes e leis físicas adecuadas. A7
B1
B4
C1
Aplica correctamente as ecuacións fundamentais da mecánica a diversos campos da física e da enxeñaría:dinamica do solido rixido,oscilacions,elasticidade,fluidos, electromagnetismo e ondas. A7
B1
B4
B6
C1
Comprende o significado, utilidade e as relacións entre magnitudes, módulos e coeficientes elásticos fundamentais empregados en sólidos e fluídos. A7
B2
B6
C5
C7
Realiza balances de masa e enerxía correctamente en movementos de fluídos en presenza de dispositivos básicos. Utiliza correctamente os conceptos de temperatura e calor. Aplícaos a problemas calorimétricos, de dilatación e de transmisión de calor. A7
B1
B4
C1
Aplica o primeiro e segundo principio de termodinámica a procesos, ciclos básicos e máquinas térmicas. A7
B1
B4
C1
C2
Coñece as propiedades principais dos campos eléctrico e magnético, as leis clásicas do electromagnetismo que os describen e relacionan, o significado das mesmas e a súa base experimental. A7
B1
B4
C1
C3
Coñece e utiliza os conceptos relacionados coa capacidade, a corrente eléctrica e a autoinducción e indución mutua, así como as propiedades eléctricas e magnéticas básicas dos materiais. A7
B1
B4
C1
C5
Coñece a ecuación de ondas, os parámetros característicos das súas solucións básicas e os aspectos enerxéticos das mesmas. Analiza a propagación de ondas mecánicas en fluídos e sólidos e coñece os fundamentos da acústica. A7
B1
B6
C2

Contidos
Temas Subtemas
Principios da Termodinámica
1. TEMPERATURA E GASES
1.1. Equilibrio térmico e temperatura . Escalas termométricas. Ley cero da termodinámica
1.2. Dilatación térmica
1.3. Gases ideas. Ecuación de estado
1.4. Gases reais. Cambios de estado.
Fundamentos de procesos e máquinas térmicas 2. PRIMEIRO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA
2.1. Calor e traballo nos procesos termodinámicos.
2.2. Enerxía interna. Primeiro principio da termodinámica
2.3. Enerxía interna dun gas ideal.
2.4. Transformacions isotérmicas e adiabáticas dun gas ideal

3. SEGUNDO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA
3.1. Reversibilidad dos procesos termodinámicos.
3.2. Máquinas térmicas e frigoríficas. Segundo principio da termodinámica
3.3. Ciclo de Carnot.
3.4. Entropía. Principio de aumento de entropía.
Campos eléctrico e magnético 4. CAMPO E POTENCIAL ELÉCTRICO
4.1. Carga eléctrica. Principio de conservación.
4.2. Lei de Coulomb
4.3. Campo eléctrico. Lei de Gauss
4.4. Potencial eléctrico e deferencia de potencial.

5. DIELÉCTRIOS E POLARIZACIÓN. CONDENSADORES
5.1. Materiais dieléctricos. Polarización
5.2. Capacidade e asociacions dun condensador.
5.3. Enerxía dun condensador cargado

6. CIRCUITOS DE CORRENTE CONTINUA
6.1. Intensidade eléctrica e densidade de corrente. Lei de Ohm
6.2. Resistencia, potencia eléctrica e lei de joule
6.3. Forza electromotriz. Lei de Ohm xeneralizada
6.4. Análises de circuitos de corrente continua. Régulas de Kirchhoff.

7. CAMPOS MAGNÉTICOS
7.1. Forzas magnéticas
7.2. Fontes do campo magnético.
7.3. Fluxo magnético e teorema de Gauss
7.4. Lei de Biot e Savart. Lei de Ampère
7.5. Magnetismo na materia
Electromagnetismo 8. INDUCCIÓN ELECTROMAGNÉTICA
8.1. Fenómenos de indución. Lei de indución de Faraday-Henry.
8.2. Lei de Lenz. Forza electromotriz de movemento
8.3. Campos eléctricos inducidos
8.4. Correntes parásitas. Indución mutua e autoinducción.
Ecuaciones de Maxwell 9. ONDAS ELECTROMAGNÉTICAS
9.1. Ecuacions de Maxwell
9.2. O espectro electromagnético

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 C1 C3 C5 C7 30 30 60
Solución de problemas A7 B1 B4 B6 C2 C5 20 40 60
Prácticas de laboratorio B2 B4 B6 C2 C5 10 10 20
Proba obxectiva A7 B1 C1 C3 C7 3 0 3
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos/as estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os/as estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, que ten a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
Durante as clases de problemas resolveranse individual ou en grupos pequenos os problemas recollidos nos boletíns previamente entregados, sendo supervisados polo/o profesor/a. Ademais, deixaranse problemas como traballo autónomo fora da aula. A atención personalizada será tanto presencial (na aula ou en titorías), como non presencial (por Teams ou mail).

Os/as alumnos/as, por grupos pequenos ou individualmente, desenvolverán as prácticas de laboratorio propostas. En todo instante terán a supervisión e a atención do/o profesor/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B2 B4 B6 C2 C5 Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio 15
Solución de problemas A7 B1 B4 B6 C2 C5 Como parte da avaliación continua, realizaranse ao longo do curso tres probas de solución de problemas. Cada unha estará relacionada con diferentes contidos da materia e puntuará un 10%. Estes problemas serán resoltos individualmente polos/as alumnos/as e avaliados polo/a profesor/a 30
Proba obxectiva A7 B1 C1 C3 C7 Coincidindo coas oportunidades oficiais realizarase unha proba obxectiva escrita sobre os contidos da materia 55
 
Observacións avaliación

A realización das
prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con todo, os/as alumnos/as que xa
estiveran matriculados anteriormente na materia e que superasen as prácticas
nos dous cursos anteriores ao actual, poderán optar entre realizalas novamente
e ser avaliadas, ou non realizalas e conservar a puntuación obtida.

A cualificación
de "non presentado" figuraralles a aqueles alumnos/as que non se
presentasen á proba obxectiva.

Os criterios de
avaliación da segunda oportunidade e a convocatoria adiantada, se o houbese,
son os seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio,
supondo igualmente o 15% da cualificación, e manterase tamén a puntuación
obtida na solución de problemas, pero esta última supondo soamente o 15% da
cualificación (é dicir, metade da cualificación que supuña na primeira
oportunidade). O 70% restante corresponderá á proba obxectiva.

Para os/as
alumnos/as con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención
de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis idóneas para as necesidades
específicas que requira cada alumno/a.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Tipler, Mosca (). Física para la ciencia y la tecnología. Reverte
Sears, Zemansky, Young, Freeman (). Fisica Universitaria. Addison-Wesley Iberoamericana
Bibliografía complementaria

M. Alonso y E.J. Finn "Física" (3 Volúmenes). Ed. Addison - Wesley Iberoamericano

F.J. Blatt "Fundamento de Física". Ed. Prentice Hall. Hispanoamericana S.A.

R.M. Eisberg y L.S. Lerner "Física: Fundamentos y Aplicaciones".Ed. Mc. Graw - Hill

W.E. Gettys, F.J. Keller y M.K. Skove "Física Clásica y Moderna". Ed. Mc. Graw - Hill

R.A. Serway "Física". Ed. Mc. Graw - Hill

P.A. Tippler "Física". Ed. Reverté

S.M. Lea y J.R. Burke. “Física”. Ed. Paraninfo.

PROBLEMAS

-S.Burbano, E. Burbano y C. Gracia. “Problemas de Física”. Ed. Tebar

J. García Roger "Problemas de Física". Ed. Universitaria de Barcelona

- F. Belmar, F. Cervera, H. Estellés "Problemas de Física (Mecánica, Electromagnetismo, Ondas)". Ed. Tebar Flores.

- F.A. González "La Física en Problemas". Ed. Tebar Flores

- J.L. Torrent Franz "272 Exámenes de Física" Ed. Tebar Flores

- Varios Autores de ULPGC "Problemas de Física". Ed. Univ. de Las Palmas

- F.J. Gálvez, R. López, A. Llopis y C. Rubio "Física. Curso Teórico-Práctico de Fundamentos de Física de la Ingeniería". Ed. Tebar Flores


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001
Física I/770G01003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Alxebra/770G01006

Materias que continúan o temario
Termodinámica/770G01012
Fundamentos de Electricidade/770G01013

Observacións

-Sempre que se teña que utilizar papel empregarase papel reciclado e realizaranse impresións a dobre cara.

-Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Se se detectasen situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.

-Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías