Identifying Data 2015/16
Subject (*) Fundamentos de Electricidade Code 770G01013
Study programme
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatoria 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Enxeñaría Industrial
Coordinador
Castilla Pascual, Consuelo de los L.
E-mail
consuelo.castilla.pascual@udc.es
Lecturers
Castilla Pascual, Consuelo de los L.
E-mail
consuelo.castilla.pascual@udc.es
Web http://www.eupvirtual.udc.es
General description O obxectivo fundamental desta materia é a formación do alumno para que adquira o coñecemento e poida utilizar os principios da teoría de circuítos e o coñecemento de conceptos básicos das máquinas electricas. Polo seu carácter obrigatorio, esta materia é fundamental na formación do Enxeñeiro Técnico Industrial. Está relacionada con todas aquelas de o Grao Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática que traballan con circuítos eléctricos e electrónicos, en particular coa materia Fundanentos de Electrónica que se imparte no seguinte cuadrimestre, dando tamén continuidade a Sistemas Eléctricos do terceiro curso.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A15 Coñecer e utilizar os principios da teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
NOTA: Realmente non son competencias, senón coñecementos e destrezas. Que o alumno coñeza os fundamentos da teoría de circuítos e das máquinas eléctricas: o comportamento real e ideal dos elementos, comportamento ideal das máquinas e o comportamento dos equipos de medida básicos do circuíto ante diversos tipos de excitacións, así como os métodos de análises, métodos de cálculo empregados na análise de circuítos e réximes de funcionamento. A15
B1
B4
B5
C6
C7
C8
Que o alumno comprenda os principios da teoría de circuítos e das máquinas eléctricas e teña habilidade para aplicalos á análise de problemas sinxelos de circuítos eléctricos e de máquinas eléctricas. Saiba seleccionar o método máis adecuado que modelice matematicamente o circuíto lineal, ante os distintos tipos de excitación, para o cálculo de tensións e correntes. Realice o balance enerxético no circuíto con modelizacion da máquina eléctrica, calcule consumos e determine rendementos. Analice os resultados e obteña conclusións. Saiba indicar magnitudes eléctricas, elementos e equipos de medida no esquema do circuíto. No caso de traballar en alterna, acompañar a solución con diagramas fasoriales. Empregar a nomenclatura adecuada no circuíto. Saiba e analice o principio de funcionamento das máquinas electricas, coñeza os esquemas que as representan no circuíto, calcule tensións, correntes, consumos e determine rendementos. A15
B1
B4
B5
C6
C7
C8
Reforzar, simular e convalidar os coñecementos teóricos nas aplicacións prácticas de lousa e de laboratorio. Manexar adecuadamente aparellos de medida, realizar montaxes de circuítos e medicións. Documentar cada práctica con: esquemas, características de elementos e equipos de medida, condicións de ensaio, rangos e táboas de medidas. Fomentar o traballo en grupo. A15
B1
B4
B5
C6
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
Circuítos, leis e elementos.

Teoria de circuítos. Introdución.
Elementos de circuítos.
Introdución á análise topolóxica.
Análise de circuítos. Exemplos en DC.
Generalización da sociación de elementos pasivos.
Métodos de análises.
Teoremas fundamentais.
Análise de circuítos en AC. Circuíto simple en réxime permanente sinusoidal.
Validez dos métodos de análises e dos teoremas fundamentais. Exemplos.
Potencia e enerxía en AC.
Sistemas trifásicos.
Análise do circuíto trifásico.
Potencia nos sistemas trifásicos.
Introdución ás máquinas eléctricas.
Máquinas estáticas y rotativas.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A15 B4 C6 C7 C8 21 31 52
Workbook A15 B5 B1 C6 C7 C8 0 3 3
Objective test A15 B1 B4 B5 C6 2 13 15
Laboratory practice A15 B1 B5 C6 C7 9 6 15
Student portfolio A15 B1 B4 B5 C6 C7 C8 0 10 10
Problem solving A15 B1 B4 B5 C6 21 31 52
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral teórica-practica dos capítulos do programa que se realiza para transmitir coñecementos, complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia. No caso de temas compendio de definicións teóricas solicitásese a lectura como traballo persoal do alumno e darase un día e tempo para resolver as dúbidas. A fin de facilitar a aprendizaxe exporanse cuestións e recomendásense lecturas das cales se deducirán as respostas para que figuren no portafolio do alumno.

Workbook Traballo persoal do alumno sobre distintos contidos da signatura. Durante o curso solicitásese a lectura de temas compendio de definicións teóricas e formulásense preguntas recomendando lecturas para atopar a súa resposta.
Objective test A proba de avaliación final escrita de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia. Consistirá na solución de dez exercicios.
Laboratory practice Realización de diversas montaxes de circuítos eléctricos nun software de simulación que ilustren os resultados obtidos nas clases teóricas e de problemas. O alumno disporá na plataforma Moodle das follas de tomas de datos. O alumno realizará a lectura comprensiva da práctica, tomase datos e resolverá os cálculos asociados e as cuestións que se expoñan. Na súa memoria final valorará o resultado obtido.



Student portfolio Consiste nun caderno do traballo de carácter fundamentalmente práctico, que recolla tanto os exercicios realizados en clase como o traballo persoal realizado polo alumno nos exercicios que expón o profesor para que estean no portafolio. A xustificación da solución dun exercicio acompañarase con anotacións teóricas que o profesor resalte na clase. Tamén se incluirán as cuestións teóricas que se indique, coas respostas que o alumno deduza das lecturas recomendadas polo profesor para ese efecto.
Problem solving Seminarios en grupos de tamaño intermedio destinados a resolver exercicios e problemas. Expostos con antelación ou no mesmo día. Entregarase con antelación os enunciados de problemas que deban formar parte do caderno de traballo cuxa solución corresponda desenvolver por parte do alumno. Durante a sesión resolveranse as dúbidas ou dificultades que xurdisen.





Personalized attention
Methodologies
Laboratory practice
Student portfolio
Objective test
Workbook
Problem solving
Guest lecture / keynote speech
Description
Durante a proba obxectiva, o profesor atenderá ao alumno que o chame no posto de exame do alumno.

Nas prácticas, a atención personalizada realizarase no transcurso das sesións, ben a iniciativa do alumno para aclarar e responder as súas dúbidas, ou ben a iniciativa do profesor co fin de mellorar o interese e actitude do alumno.

O caderno, portafolios do alumno, pediraa o profesor durante as clases, para ir vendo o avance na mesma e indicará ao alumno os apartados que debe mellorar para guialo e animalo. En cada entrega deberán estar como mínimo os exercicios do día anterior. Polo menos faranse dúas entregas. O alumno poderá consultar en tutorías as dúbidas que se lle expoñan ante as indicacións do profesor.

Atenderanse as dúbidas no transcurso da clase en grupo mediano para a solucíón de problemas, se fose necesario emprazarase ao alumno a tutorías.

No horario establecido polo profesor para as tutorías, o alumno que acuda a título individual poderá expor as dúbidas que lle xurdan no estudo da materia, ou no desenvolvemento da solución dun exercicio. O alumno que acuda á tutoría, deberá presentar o texto consultado obxecto de dúbida ou o desenvolvemento realizado na procura da solución do exercicio que "no sae". Tamén o profesor poderá convocar persoalmente ao alumnado se así o estimase.





Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A15 B1 B5 C6 C7 As sesións prácticas en laboratorio son de obrigada asistencia, imprescindibles para poder aprobar a materia. Tomásese nota da asistencia. A docencia de laboratorio é un complemento ás clases teóricas, nelas proporanse exercicios de aplicación da teoría. Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio e a participación activa mediante preguntas ao alumno no transcurso das prácticas. Entregarase unha memoria final das prácticas realizadas.
A puntuación será de Mal (M) ou Non realizada (NR) (asignando 0 puntos sobre 10), Regular (R) (3,33 puntos) ou Ben (B) (6,66) ou Ben (MB) (10 puntos). Puntuación só aplicable no curso académico en que se realicen ditas prácticas (convocatorias ordinaria-Xaneiro e extraordinaria-Xullo).
As prácticas superadas (puntuación de R, B ou MB) en cursos previos só son válidas, "convalidables", (CV durante os catro anos seguintes á súa realización)), pero só valerán 3,33 puntos (R).
15
Student portfolio A15 B1 B4 B5 C6 C7 C8 Cada exercicio deberá estar claramente separado do seguinte, ter o seu enunciado cos seus datos, esquemas e cuestións. No desenvolvemento da solución, as magnitudes empregadas, deben indicarse de forma clara no circuíto eléctrico e teranse en conta todas as anotacións teóricas de interese que o alumno recolla do indicado en clase. Valorarase a lectura por medio das respostas ás cuestións teóricas. A falta dalgún exercicio, o seu desenvolvemento ou a non entrega fará que o caderno non puntúe na entrega final. O profesor en calquera momento poderá pedir a entrega do caderno. A puntuación será de Mal (M) ou Non realizada (NR) (0 puntos sobre 10), Regular (R) (3,33 puntos) ou Ben (B)(6,66) ou Moi ben (MB) (10 puntos) e contribuirá á cualificación nun 15%.

15
Objective test A15 B1 B4 B5 C6 O exame final (xa sexa o da convocatoria ordinaria en xaneiro ou a convocatoria extraordinaria de Xullo) será de dez Items: preguntas en forma de problemas curtos de varios conceptos. Para cada Item proporanse varias respostas, onde só unha é posible. O alumno deberá xustificar a resposta elixida e porque descarta as restantes. Un ítem só pode valer un punto ou cero. O ítem ben xustificado conta un punto. Os mal xustificados ou sen xustificar non contan.
A duración do exame será de 1,5h.
A puntuación obtida contribuirá á cualificación final nun 70%, a condición de que se superen tres items dos dez.
En caso de non superar na proba o tres puntos, a cualificación final será "Suspenso" coa puntuación alcanzada nesta proba independentemente da alcanzada nas outras dúas probas.
En caso de non presentarse a esta proba obxectiva a cualificación final será de "No presentado".
70
 
Assessment comments

A cualificación final darase con dous decimais e será:

· Se na proba obxectiva tres ou máis puntos, a condición de que esten superadas as prácticas:

Puntuación do portafolio *0,15   puntuación das prácticas superadas (R, B ou MB)*0,15  puntuación proba obxectiva*0,70(se máis de tres puntos)

Para superar a materia nas convocatorias oficiais é necesario ter unha cualificación final de 5 sobre dez ou superior.

· Se na proba obxectiva menos de tres puntos:

Puntuación da proba obxectiva.

· Se non se presenta á proba obxectiva:

"No presentado"

· Se non se superan as prácticas:

Puntuación en prácticas.


Sources of information
Basic 7. Usaola García, J. (2002). Circuitos eléctricos: problemas y ejercicios resueltos.. Madrid: Prentice Hall
5. Fraile Mora, L.I. (2004). Electromagnetismo y circuitos eléctricos.. Madrid: MacGraw-Hill
1. Boylestad, R. L. ( 2009). Electrónica: teoría de circuitos y dispositivos electrónicos . Naucalpán de Juárez : Prentice Hall
8. Gerrero Fernandez, Alberto (1995). Electrotecnia. Madrid: MacGraw-Hill
4. Fraile Ardanuy, J. (2004). Problemas resueltos de electromagnetismo y circuitos eléctricos.. Madrid : Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Servicio de Publicaciones
3. Eguiluz Morán, Luis I.. (2001). Pruebas objetivas de circuitos eléctricos. Madrid: EUNSA
2. Eguiluz Moran, Luis I. (1997). Pruebas objetivas de ingeniería eléctrica.. Santander, T.G.D.S.L.
6. Ras i Oliva, Enric. (1987). Teoría de circuitos fundamentos. Barcelona [etc.] : Marcombo, D.L.

BÁSICA:

1. Boylestad, R. L.
Electónica: teoría de circuitos y dispositivos electrónicos / Robert L. Boylestad, Louis Nashelsky.
10ª ed. Naucalpán de Juárez : Prentice Hall, 2009.
SIGNATURA: BR ET 30

2. Eguiluz Moran, Luis I.
Pruebas objetivas de ingeniería eléctrica. [Santander] : T.G.D.S.L., [1997]
SIGNATURA: BR EL 34

3. Eguiluz Morán, Luis I..
Pruebas objetivas de circuitos eléctricos. Madrid: EUNSA, 2001
SIGNATURA: BR EL 14

4. Fraile Ardanuy, J.
Problemas resueltos de electromagnetismo y circuitos eléctricos.
Madrid : Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Servicio de Publicaciones, 2004
SIGNATURA: BR EL 46

5. Fraile Mora, L.I.
Electromagnetismo y circuitos eléctricos.4ª ed. Madrid: MacGraw-Hill, 2005
SIGANTURA: BR EL 15

6. Ras i Oliva, Enric.
Teoría de circuitos fundamentos. 4ª ed. renovada. Barcelona [etc.] : Marcombo, D.L. 1987
SIGNATURA: BR EL 47

6. Usaola García, J.
Circuitos eléctricos: problemas y ejercicios resueltos.Madrid: Prentice Hall, 2002
SIGNATURA: BR EL 41

 

Otros libros de interés:

* Hayt, Kemmerly, Dubrin (2002). Análisis de Circuitos en Ingeniería. Madrid. McGraw-Hill

* W. Nilson, Ana Riedel (2001). Circuitos Eléctricos. Prentice Hall

* Bruce Carlson (2002). Teoría de Circuitos. Madrid. Thomson

* Parra V., Ortega J., Pastor A., Pérez A. (1992). Teoría de Circuitos.Tomos I y II. Madrid. U.N.E.D

* Boix, Oriol(2009). Tecnología Eléctrica. Cano Pina S.L. Ediciones Ceysa

Complementary

Otros libros de interés:

* Hayt, Kemmerly, Dubrin (2002). Análisis de Circuitos en Ingeniería. Madrid. McGraw-Hill

* W. Nilson, Ana Riedel (2001). Circuitos Eléctricos. Prentice Hall

* Bruce Carlson (2002). Teoría de Circuitos. Madrid. Thomson

* Parra V., Ortega J., Pastor A., Pérez A. (1992). Teoría de Circuitos.Tomos I y II. Madrid. U.N.E.D

* Boix, Oriol(2009). Tecnología Eléctrica. Cano Pina S.L. Ediciones Ceysa


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Cálculo/770G01001
Alxebra/770G01006
Fisíca II/770G01007

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Son necesarios coñecementos previos de: electromagnetismo, sistemas lineais, ecuacións diferenciais, cálculo complexo e representación vectorial. Como se indicou na descrición xeral, a materia está relacionada con todas aquelas de o Grao Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática que traballan con circuítos eléctricos e electrónicos, en particular coa materia Fundamentos de Electrónica que se imparte no seguinte cuadrimestre, dando tamén continuidade a Sistemas Eléctricos do terceiro curso e as optativas Enerxías Renovables e Instalacións Eléctricas e Industriais.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.