Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Enxeñaría Medioambiental Código 770G01014
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Castro Romero, Jesus Manuel
Correo electrónico
jesus.castro.romero@udc.es
Profesorado
Castro Romero, Jesus Manuel
Gonzalez Rodriguez, Maria Victoria
Gonzalez Soto, Elena
Correo electrónico
jesus.castro.romero@udc.es
victoria.gonzalez.rodriguez@udc.es
elena.gsoto@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución ao estudo das dimensións científica e tecnolóxica dos problemas ambientais para promover un desenvolvemento sostible

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A5 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas actuando con ética, responsabilidade profesional e compromiso social, e buscando sempre a calidade e mellora continua.
A21 Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e sostenibilidade.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Sabe analizar unha actividade industrial e identificar os problemas ambientais que esta poida xerar. A4
A5
B2
C6
Recoñece e valora o efecto que producen os contaminantes sobre o medio receptor: atmosfera, augas e chans. A4
B2
C8
Sabe planificar unha estratexia de prevención e control da contaminación en casos específicos. A4
A5
B1
C8
Sabe seleccionar a técnica máis axeitada de depuración e/ou control da contaminación en casos concretos. A4
A5
B1
C7
Analiza o impacto que exercen sobre o medio as distintas actividades industriais. A4
A5
B4
C6
Coñece os fundamentos dun Sistema de Xestión Ambiental nunha actividade industrial. A4
A5
A21
C7
C8
Coñece a normativa básica relacionada en materia medioambiental (verteduras, atmosfera, residuos, impacto ambiental, e control integrado da contaminación) e as obrigas que dela derivan. A4
A5
A21
B6
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1 Problemática da contaminación do aire, auga e chan. Aspectos legaies, fontes e parámetros indicadores.
Tema 1.- Introdución ao medio ambiente e á problemática ambiental 1.1- Introdución: Problemas ambientais a escala planetaria, rexional e local
1.2- A atmosfera
- O quecemento global. Efecto invernadoiro
- O buraco da capa de ozono. Smog fotoquímico.
- A choiva aceda.
- A radioactividade, radiacións ionizantes. Radiacións non ionizantes
- O transporte. O ruído.
1.3- A auga
- Depuración da auga. Descrición dunha ETAP e unha EDAR.
1.4- Chans. Os residuos sólidos urbanos
Unidade 2 Control da contaminación atmosférica e sistemas de eliminación e recuperación dos contaminantes.
Tema 4.- Contaminación atmosférica 4.1- Orixe e efecto dos principais contaminantes atmosféricos.
4.2- As emisións
4.3- Contaminantes atmosféricos. Orixe, efectos e control. Os seus efectos
4.4- Factores que inflúen sobre a contaminación atmosférica de orixe industrial
4.5- Ruídos e vibracións nas zonas industriais
4.6- Os cheiros no medio ambiente industrial
4.7- Caracterización da contaminación
4.7-1. Mostraxe e captación
4.7-2. Medida de partículas
4.8- Niveis (emisión, inmisión) e parámetros de calidade do aire

Tema 5.- Control da contaminación atmosférica, sistemas de eliminación e recuperación de contaminantes do aire 5.1- Control da contaminación atmosférica e tratamento de depuración
-Introdución: gradiente adiabático de temperaturas. Estabilidade atmosférica. Investimento térmico
5.2- Solucións:
-Minimización
-Dispersión dos contaminantes no aire (cheminea)
-Separación dos contaminantes da corrente gasosa
5.3- Procesos de eliminación de partículas: cámaras de sedimentación, ciclóns, filtros de mangas, separadores electrostáticos, colectores húmidos.
5.4- Procesos de eliminación de contaminantes gaseosos: procesos de condensación, procesos de absorción, procesos de absorción, procesos de combustión térmica e catalítica.
5.5- Elección do sistema máis idóneo
5.6- Depuración dos gases de cheminea

Unidade 3 Tratamento dos vertidos líquidos: augas residuais urbanas e industriais.
Tema 2.- Contaminación de augas 2.1- Orixe e efecto dos principais contaminantes. Parámetros de caracterización:
- A vertidos
- Clasificación dos residuos industriais líquidos
- Parámetros de calidade das augas
- Contaminantes da auga
- Parámetros xerais indicadores de contaminación
- Tipos de alteración da auga
- Compoñentes contaminantes das verteduras industriais
- Lexislación e normativas de augas para diferentes usos
- Mostraxes e métodos analíticos de control.
Tema 3.- Depuración da auga. Tratamento de augas residuais 3.1- Plantas de tratamento de augas residuais
- Esquema xeral dunha EDAR (liñas: auga, lodos e gas
3.2- Depuración de augas residuais urbanas
3.3- Depuración de augas residuais industriais
3.4- Tratamentos físicos.
-Correntes: pozo de grosos, cribado, dilaceración, desarenado, desengrasado, decantación, flotación.
-Específicos: absorción, micro-filtración, ultra-filtración, ósmosis inversa, electrodiálisis,
3.5- Tratamentos químicos: coagulación-floculación, neutralización, oxidación- redución, precipitación, desinfección, intercambio iónico,
3.6- Tratamentos biolóxicos.
-Aerobios / Anaerobios
-Cultivos en suspensión (Lodos activos)
-Cultivos inmobilizados (Leito bacteriano)
-Técnicas brandas:
lagunaje,
sistemas de aplicación sobre o terreo: filtro verde - humidais,
sistemas de filtración artificial: leito turba,
contactores biologicos rotativos: biodisco.
3.7- Tratamentos de lodos: concentración, dixestión, acondicionamento, deshidratación, evacuación.
Unidade 4 Parámetros e sistemas de tratamento de residuos sólidos urbanos e industriais.
Tema 6.- Contaminación de chans
6.1- Introdución: lexislación, conceptos básicos.
6.2- Constituíntes e estrutura. Material sólido. Propiedades características. Tipos de chans.
6.3- Contaminantes dos chans.
-Clasificación da contaminación.
-Transporte e dispersión
-Efectos
6.4- Control da contaminación dos chans.
-Non recuperación
-Contención ou illamento da contaminación:
Tecnoloxías de pantalla
-Recuperación:
Técnicas de tratamento in situ
Técnicas de tratamento ex situ



Tema 7.- Residuos sólidos urbanos. Tratamentos. 7.1- Residuos sólidos urbanos (RSU):
-Lexislación
-Composición e caracterización
7.2- Xestión (pre-recollida, recollida e transporte, tratamento e deposito)
Principais tratamentos de valorización e eliminación de residuos
7.3- Tratamentos: eliminación (vertedura controlada, incineración) e valorización
(valorización enerxética, reciclado, compostaxe)
7.4- Vertedura de residuos: depósito controlado
7.5- Incineración
7.6- Reciclaxe: Plantas de reciclaxe e transformación. Plan SOGAMA
7.7- Compost: Plantas de compostaxe
7.8- Exemplo do rendemento económico dunha planta de reciclaxe e transformación



Tema 8.- Tratamento de residuos sólidos industriais 8.1- Residuos industriais:
-Aspectos xerais.
-Orixe e clasificación.
-Lexislación
8.2- Residuos perigosos (RP):
-Identificación e clasificación: caracterización
-Codificación
-Produción.
-Xestión: tratamentos físicos-químicos, inertización, depósito de seguridade, e incineración




Unidade 5 Xestión ambiental de la industria y sostenibilidaed. Avaliación de impacto ambiental.
Tema 9.- Aspectos básicos da avaliación de impacto ambiental e os sistemas de xestión ambiental 9.1- Avaliación de impacto ambiental, definicións, marco legal, procedemento administrativo, esixencias metodolóxicas
9.2- Contido dun estudo de impacto ambiental. Metodoloxía
9.3- Sistemas de xestión ambiental


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A5 A21 B1 B2 B4 B6 C6 C7 C8 9 9 18
Solución de problemas A21 B1 B4 B6 C6 C7 C8 21 42 63
Sesión maxistral A4 A5 A21 B1 B2 B4 B6 C3 C4 C6 C7 C8 21 42 63
Traballos tutelados A4 A5 A21 B1 B2 B4 B6 C3 C4 C6 C7 C8 1 0 1
Proba obxectiva A4 A5 A21 B1 B2 B4 B6 C4 C6 C7 C8 2 0 2
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Os alumnos realizan traballos individualmente en Enxeñaría Medioambiental (calquera asunto que ten que ver co programa) . Este debe ser presentado por escrito e oralmente ao resto dos alumnos .
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Orientar ao alumnado que ten que resolver unha situación problemática ambientai concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron e que pode ter máis dunha posible solución.

Orientar ao alumnado a aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.

Orientar os estudantes que aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A21 B1 B4 B6 C6 C7 C8 Se valorará que os estudantes teñan que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. 10
Prácticas de laboratorio A5 A21 B1 B2 B4 B6 C6 C7 C8 Se valorará que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. 10
Proba obxectiva A4 A5 A21 B1 B2 B4 B6 C4 C6 C7 C8 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. 70
Traballos tutelados A4 A5 A21 B1 B2 B4 B6 C3 C4 C6 C7 C8 Se valorarán os traballos que os alumnos realizan individualmente en Enxeñaría Medioambiental (calquera asunto que ten que ver co programa) . Este debe ser presentado por escrito e oralmente ao resto dos alumnos . 10
 
Observacións avaliación

Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame
haberá que alcanzar neste un mínimo  de 3 puntos

O alumno
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado mediante a
cualificacion obtida no exame final (80%) e a realización de traballos
tutelados (20%). Na segunda oportunidade manterase a cualificación
obtida nos traballos tutelados realizados durante o curso para calcular a
cualificación global.


Fontes de información
Bibliografía básica Mariano Seoane Calvo ( 1994). Ecología Industrial. Ingeniería Medioambiental Aplicada . Madrid: Mundi – Prensa
a Grega, Buckingham, Evans (1995). Gestión de Residuos Tóxicos. Tratamiento.. México: Mc Graw – Hill
Ramón Ortega, Ignacio Rodríguez (1996). Manual de Gestión Medioambiental . Madrid: Mapfre
C.Orozco, A.Pérez, Mª. N. González, E.J. Rodríguez, J.M. Alfayate (2003). Contaminación Ambiental. Una visión desde la Química . Madrid: Thomson
Fundación Mapfre (1996). Manual de Contaminación Ambiental . Madrid: Mapfre

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Física I/770G01003
Química/770G01004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías