Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Resistencia de Materiais Código 770G01019
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
emilio.sanjurjo@udc.es
Profesorado
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
emilio.sanjurjo@udc.es
Web
Descrición xeral A resistencia de materiais é a materia basee do cálculo e análise de estruturas e elementos mecánicos. Proporciona ao alumno, os conceptos básicos de tensión e deformación. Estúdase o comportamento de elementos baixo esforzo axial, cortante, torsor e flector, actuando tanto por separado, como de maneira conxunta.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A19 Coñecer e empregar os principios da resistencia de materiais.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os fundamentos da elasticidade lineal: tensión, deformación e relacións constitutivas. A4
A19
C1
Saber calcular as leis de esforzos: esforzos normais, momentos flectores, esforzos cortantes e momentos torsores, que se derivan dunha solicitación externa actuando sobre a peza elástica. A4
A19
B1
B4
B5
C1
Saber calcular as tensións e deformacións producidas por cada un dos esforzos: esforzo normal, momento flector, esforzo cortante e momento torsor, actuando separadamente, e cando a solicitación que actúa sobre a peza elástica é arbitraria. A4
A19
B1
B4
B5
C1

Contidos
Temas Subtemas
Estes temas desenvolven os contidos detallados na memoria de verificación. Conceptos básicos de tensión e deformación; a peza elástica (tema 1).
Modelo de barras y leis de esforzos (temas 2, 3, y 4).
Esforzo axil: tensións e deformacións (tema 2).
Tensións producidas polo momento flector (temas 4 y 5).
Tensións producidas polo esforzo cortante (tema 5).
Tensións producidas pola torsión (tema 3).
Tensións producidas pola combinación de esforzos (tema 7).
Tema 1: Introdución á resistencia de materiais. Tensión normal e deformación lineal. Propiedades mecánicas dos materiais. Elasticidade e plasticidade. Lei de Hooke e coeficiente de Poisson. Tensión tanxencial e deformación angular. Tensións e cargas admisibles. Deseño para cargas axiales e cortante directo.
Tema 2. Carga axial. Cambios de lonxitude en barras uniformes y non uniformes. Efectos térmicos y deformacións previas. Tensións sobre seccións inclinadas. Enerxía de deformación. Sistemas hiperestáticos (en elementos sometidos a esforzos axiales).
Tema 3. Torsión. Introdución. Deformacións a torsión en barras circulares. Relación entre os módulos de elasticidade E e G. Transmisión de potencia por medio de eixos circulares. Sistemas hiperestáticos (en elementos sometidos a torsión).
Tema 4. Esforzos cortantes e momentos flectores.
Introdución. Tipos de vigas, cargas e reaccións. Esforzos cortantes e momentos flectores. Relacións entre cargas, esforzos cortantes e momentos flectores. Diagramas de tensión cortante e de momento flector.
Tema 5. Tensións en vigas I. Introdución. Flexión pura e flexión non uniforme. Curvatura dunha viga. Deformacións lineais lonxitudinais en vigas. Tensións normais en vigas con material elástico lineal. Deseño de vigas a flexión.
Tema 6. Tensións en vigas II. Vigas non prismáticas. Tensións tanxenciais en vigas de sección transversal rectangular e circular. Tensións tanxenciais nas almas de vigas con ás.
Tema 7. Análise de tensións e deformacións. Introdución. Tensión plana. Tensións principais e tensións tanxenciais máximas. Círculo de Mohr. Lei de Hooke para tensión plana. Tensións máximas en vigas. Deformación plana. Medida da deformación con galgas extensiométricas.
Tema 8. Deflexiones en vigas. Introdución. Ecuacións diferenciais da curva de deflexión. Deflexións por integración da ecuación do momento flector. Método área-momento. Enerxía de deformación por flexión. Métodos enerxéticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A19 A4 C1 21 36.75 57.75
Seminario A4 A19 B1 B4 B5 C1 9 9 18
Solución de problemas A4 A19 B1 B4 B5 C1 21 36.75 57.75
Proba obxectiva A19 A4 B1 B4 B5 C1 3.5 10.5 14
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, que ten como finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe na o ámbito da análise estrutural.
Seminario Técnica de traballo en grupo para resolver problemas, mediante exposición, discusión, participación e cálculo. Emprégase calculadora.
Solución de problemas Metodoloxía consistente na formulación e resolución de casos prácticos, mediante exposición, discusión e participación, que axuda á comprensión das bases teóricas da materia e permite a explicación dos métodos máis frecuentes de aplicación da mesma. Proporanse tamén problemas para que os alumnos os resolvan de forma non presencial.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Solución de problemas
Proba obxectiva
Descrición
Alumnado con dedicación completa:
a) Seminario: seguimento e resolución das dúbidas concretas xurdidas na solución dos problemas expostos.
b) Proba obxectiva: resolución de dúbidas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia

Alumnado a tempo parcial:
a) Seminario: seguimento e resolución das dúbidas concretas xurdidas na solución dos problemas expostos.
b) Proba obxectiva: resolución de dúbidas en tutorías individuais sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. Seguimento do traballo global do alumno.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A19 B1 B4 B5 C1 Valoraranse de forma individual os casos prácticos resoltos polo alumno 30
Proba obxectiva A19 A4 B1 B4 B5 C1 Realizaranse dúas probas obxectivas: un exame parcial voluntario, co que se poderá obter ata un 20 % da nota, e un exame final cunha duración estimada de 4 horas ao finalizar a materia co que se poderá obter entre o 50% e o 70% da nota, de forma que a nota do exame final pondérase sobre a puntuación que o alumno non obtivera anteriormente co exame parcial. De esta maneira, a un alumno que non obteña puntuación no exame parcial, ponderaráselle ao 70% o exame final, mentras que a un alumno que obtivera a nota máxima no exame parcial, ponderaráselle ao 50% a nota do exame final. En cualquer caso, o exame parcial non elimina materia.
Esíxese una nota mínima de 4 puntos sobre 10 no exame final para poder superar la materia.
70
 
Observacións avaliación
A nota final da materia calcularase segundo a siguiente expresión:
NF = 0,3*PR+0,2*EP+(0,7-0,2/10*EP)*EF

Onde
NF é a nota final da materia, PR é a nota dos problemas
resoltos polo alumno, EP é la nota do exame parcial, e EF é a
nota obtida no exame final. Todas estas puntuacións están
expresadas sobre una nota máxima de 10.


Fontes de información
Bibliografía básica Ortiz Berrocal, Luis (2007). Resistencia de materiales. McGraw-Hill, Madrid.
Gere James M. (2002). Timoshenko. Resistencia de Materiales. Editorial Paraninfo, Madrid.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001
Física I/770G01003
Alxebra/770G01006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías