Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistemas Eléctricos Código 770G01021
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Santome Couto, Emilio
Correo electrónico
emilio.santome@udc.es
Profesorado
Santome Couto, Emilio
Correo electrónico
emilio.santome@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é que o alumnado coñeza os fundamentos das máquinas eléctricas e mediante a modelización das mesmas cos seus circuítos equivalentes correspondentes analizar o comportamento en réxime permanente.
A materia esta organizada en catro bloques:

1.- Partindo das leis que rexen o comportamento electromagnético, construír circuítos que emulen comportamentos sinxelos dos dispositivos electro-mecánicos.

2.- Estudo dos fundamentos das máquinas eléctricas estáticas: modelización e análise dos transformadores trifásicos.

3.- Introdución ó estudo de máquinas eléctricas rotativas: modelización e análise da máquinas de corrente continua e máquina asíncrona.

4.- Introdución a seguridade na instalación de máquinas eléctricas (cableaxe e proteccións): regulamentación e lexislación vixente aplicada nas instalacións eléctricas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Poderanse suprimir contidos que se den nas prácticas de laboratorio.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas menos as prácticas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Porán eliminarse as prácticas de laboratorio
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Farase de xeito telémático
4. Modificacións na avaliación
Farase de xeito telémático
*Observacións de avaliación:
Ningunha
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A24 Coñecemento aplicado de electrotecnia.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B9 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as habilidades que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa dos argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B10 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para facer xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións sociais, científicas ou éticas relevantes.
B12 CB5 - Que os estudantes desenvolvan esas habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C5 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C6 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C7 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Comprende os principios de funcionamento das máquinas eléctricas e ten habilidade para aplicalos o análise do funcionamento en réxime permanente das máquinas eléctricas. -Ten habilidade para identificar, clasificar e describir o comportamento de sistemas con máquinas eléctricas a través do uso de métodos analíticos e técnicas de modelado propios do análise de máquinas eléctricas. -Comprende as necesidades de usuario na escolma de máquinas eléctricas. -Ten habilidades de traballo nun laboratorio de electrotecnia. -Comprende os códigos prácticos e estándares da industria referentes a máquinas eléctricas. -Identifica, clasifica e describe as instalacións eléctricas en baixa tensión e as proteccións eléctricas. A4
A24
B1
B4
B5
B9
B10
B12
C1
C2
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na Memoria da Titulación Aspectos constructivos, principio de funcionamiento, circuito equivalente y comportamiento en régimen permanente de transformadores, máquinas
asíncronas, máquinas síncronas, máquinas de corriente continua.
Selección y aplicaciones de transformadores y máquinas eléctricas rotativas. Normativa.
Introducción a las instalaciones eléctricas en baja tensión. Protecciones eléctricas. Normativa
TEMA I. CIRCUITOS MAGNETICOS E CONVERTEDORES DE ENERXÍA

1.1.- Comezo.
1.2.- Material magnético.
1.3.- Leises dos circuítos magnéticos.
1.4.- Enerxía e coenexía.
1.5.- Perdas de enerxía nos núcleos ferromagnéticos
1.6.- Circuitos magnéticos escitados con corrente alterna
1.7.- Conversión de enerxía en sistemas magnéticos
TEMA II. PRINCIPIOS XERAIS DAS MÁQUINAS ELÉCTRICAS
2.1.- Comezo
2.2.- Elementos básicos das máquinas eléctricas
2.3.- Colectores de delgas e colector de anels
2.4.- Devanados.
2.5.- Perdas e quencementos
2.6.- Potencia nomina. Tipos de servizo
2.7.- Rendemento
2.8.- F.m.m. e campo magnéticono entreferro dunha máquina eléctrica
2.9.- F.e.m. inducida nun devanado dunha máquina eléctrica
2.10.- Clasificación xeral das máquinas eléctricas
2.11.- Análise cualitativo das principais máquinas eléctricas
TEMA III. TRANSFORMADORES.
3.1.- Comezo
3.2.- Principais aspectos constructivos
3.3.- Principio de funcionamento dun transformador ideal
3.4.- Funcionamento dun transformador real.
3.5.- Circuito equivalente dun transformador
3.6.- Ensaios do transforrmador
3.7.- Caída de tensión nun transformador
3.8.- Perdas e rendemento dun transformador
3.9.- Correntes de baleirodun transformador
3.10.- Corrente de conexión dun transformador
3.11.- Transformadores trifásicos
3.12.- Autotransformadores
3.13.- Transformadores con tomas
3.14.- Transformadores de medidas
3.9.- Transformadores de intensidade de corrente.
3.10.- Conexión dun transformador de corrente.
3.11.- Conexión en paralelo.
3.12.-Introdución ao transformador trifásico
TEMA IV. MÁQUINAS DE CORRENTE CONTINUA 4.1.- Comezo
4.2.- Aspectos constitutivos
4.3.- Principio de funcionamento
4.4.- Reacción do inducido
4.5.- Conmutación
4.6.- Xeradores de c.c.: Aspectos xerais
4.7.- Xeradores de c.c.: Características de servizo
4.6.- Motores de c.c.: Aspectos xerais
4.7.- Motores de c.c.: Características de funcionamento
TEMA V. MAQUINAS DE C.A. DE INDUCCION
5.1.- Introducción
5.2.- Aspectos constitutivos
5.3.- Principio de funcionamiento
5.4.- Circuito equivalente de la máquina asíncrona
5.5.- Arranque, Regulación de La Velocidad y Frenado de Motores de Inducción.
TEMA VI. INSTALACIONS ELÉCTRICAS
6.1.- Lexislación e estructura das instalaciones.
6.2.- Dispositivos de mando e protección.
6.3.- Diseño de esquemas de mando e protección e automatismos eléctricos.
6.4.- Proxectos de instalacións eléctricas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A24 B4 B5 C5 21 20 41
Solución de problemas A4 21 20 41
Traballos tutelados B10 B12 0 10 10
Prácticas de laboratorio A24 A25 9 0 9
Presentación oral B9 C1 1 0 1
Proba obxectiva B1 B9 C1 C2 C4 C6 C7 3 42 45
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O contido do programa será explicado na clase coa axuda da pizarra e diferentes medios dos que se dispoña na aula de xeito sesión maxistral.
Solución de problemas Conforme se avance en teoría especificaranse a os alumnos problemas que deberán resolver e entregar en prazos fixados polo profesor. Algúns destes problemas faranse nas clases de problemas.
Traballos tutelados A cada alumno que acade unha puntuación superior a 4 na convocatoria ordinaria o profesor podrá ofertar a feitura dun traballo que deberá presentar en soporte papel nun prazo determinado, e defender mediante unha presentación oral, as temáticas e características do traballo que definira persoalmente o profesor.
Prácticas de laboratorio
Finalidade das prácticas de laboratorio

.-Coñecer aparellos de medida familiarizandonos co seu uso.
.-Reforzar o coñecemento adquirido en teoría, e experimentar aplicacións reais dos mesmos.
.-Para analizar os resultados e sacar conclusións.
.-Familiarizarse cun entorno de conexións eléctricas respectando a normativas de seguridade.

PRÁCTICA 1. Descrición do laboratorio análise dos seus embarrados.
PRÁCTICA 2. Curva de baleiro dun xerador de continua con excitación independente.
PRÁCTICA 3. Terminais equivalentes análise do grupo de conexión dun transformador
PRÁCTICA 4. Ensaios de baleiro e curtocircuíto dun transformador.
PRÁCTICA 5. Arranque e parada dun motor asíncrono.
PRÁCTICA 6. Conexión Ward Leonard
Presentación oral
Proba obxectiva O exame final consiste nunha proba na que o alumno enfrontarase a resolución de problemas e resolución de cuestións teóricas e prácticas que poden ser tipo test

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Para os traballos tutelados:

Os alumnos que cumpren os requisitos e optan pola realización do traballo realizarano de xeito autónomo. No obstante, o profesor está a disposición do alumno para resolver as dubidas que podan xurdir durante a realización do traballo e orientar o alumno na realización do mesmo.

O alumno tamén poderá propor un determinado traballo ó profesor, quedando no criterio do profesor a aceptación da súa proposta. Para a realización do traballo, recibe do profesor as indicacións e, no seu caso, os medios necesarios.

Unha vez rematado o prazo de entrega do traballo o profesor asignara unhas determinadas horas para a defensa (podería esixirselle unha presentación oral) o remataren o alumno responderá a unha quenda de preguntas que o profesor estime facerlle sobre o traballo realizado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B9 C1 É imprescindible a defensa oral para recibir a cualificación do traballo tutelado
Na presentación oral o alumno disporá de media hora como máximo. A defensa poderase facer modo audiencia pública para o resto de compañeiros.
10
Traballos tutelados B10 B12 O alumno que acadando nota superior a 4 na convocatoria ordinaria ten a opción de realizar, defender un traballo consegindo deste xeito unha calificación apta na convocatoria de 2ª oportunidade (xullo)
Traballo que entregará nun prazo fixado polo profesor. Caracteristicas do traballo que fixará o profesor e que defenderá o alumno cunha presentación oral.
10
Solución de problemas A4 O alumno entregará nos prazos estipulados polo profesor cada un dos problemas da colección que se lle requira. A escolma de problemas que se lle facilitará colgará da paxina web da UDC Quedando a liberdade do profesor a petición individual de defensa das resolución dos problemas, ase como a entrega dos mesmos o alumno xa corrixidos. Podendo acadar como máximo 10 puntos sobre os 100 de cualificación final máxima da asignatura . 15
Prácticas de laboratorio A24 A25 A feitura das prácticas ten caracter obrigatorio, os informes cos resultados das prácticas e co as respostas a cuestións plantexadas aporta un peso del 10% del total de la nota. 5
Proba obxectiva B1 B9 C1 C2 C4 C6 C7 Será o referente mais importante do profesor para avaliar o alumno, exixíndose a obtención mínima dunha cualificación de 3 sobre 10 para poder engadírselle os restantes puntos que obtivese o alumno por, presentación de problemas, feitura de prácticas, asistencia a relatorios, etc







60
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica CORTES CHERTA, M. (1990). CURSO MODERNO DE MAQUINAS ELECTRICAS ROTATIVAS (TOMO I) . E.T.A.. BARCELONA, 1990.
FRAILE MORA, J (1992). MAQUINAS ELÉCTRICAS. MADRID, ETS INGENIEROS DE CAMINOS CANALES Y PUERTOS
SANJURJO NAVARRO, R. (2002). MAQUINAS ELÉCTRICAS . McGRAW-HILL. MADRID
Ministerio de Industria (2002). Reglamento electrotécnico de Baja Tensión. Madrid

Las siguientes direcciones Web son de gran importancia en la asignatura:

http://www.codigotecnico.org
http://www.f2i2.net/LegislacionSeguridadIndustrial/LegislacionNacional.aspx
http://www.f2i2.net/legislacionseguridadindustrial/rebt_guia.aspx

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Electricidade/770G01013
Debuxo Industrial e CAD/770G01029
Mantemento Industrial/770G01030

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías