Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Automatización I Código 770G01024
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Meizoso López, Maria del Carmen
Correo electrónico
carmen.meizoso@udc.es
Profesorado
Meizoso López, Maria del Carmen
Correo electrónico
carmen.meizoso@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura preséntanse os fundamentos nos que se basa a automatización de sistemas industriais. Preténdese que o alumno acade a capacidade de abordar proxectos sinxelos de automatización de sistemas industriais de eventos discretos e coñeza o equipamento habitualmente empregado na industria para a automatización.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A31 Coñecementos de regulación automática e técnicas de control e a súa aplicación á automatización industrial.
A34 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B3 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
B7 Capacidade para traballar de forma colaborativa e de motivar un grupo de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Sabe deseñar automatismos lóxicos baseados en autómatas de estados finitos A34
B4
B5
B6
Coñece a arquitectura dos autómatas programables e controladores industriais Coñece os distintos tipos de accionamientos. Coñece os principios de funcionamiento e sabe seleccionar os distintos sensores e captadores de aplicación industrial. A4
A31
A34
B1
B4
B6
C1
Coñece e sabe aplicar as técnicas básicas de programación de automatismos en controladores industriais A2
A31
A34
B1
B2
B5
Sabe buscar información en catálogos de fabricantes e interpretar as especificacións B3
B7
C2
C3
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introducción a automatización Introducción. Definición. Elementos dun proceso a automatizar. Tipos de sistemas de control. Obxetivos da automatización.
Tema 2. Automatismos lóxicos cableados Introducción. Automatismos lóxicos, variables e funcións binarias. Relés e contactos. Pulsadores, interruptores. Funcións realizadas pola aparamenta eléctrica: seguridade, control e protección.
Dispositivos de control de potencia. Guardamotor. Símboloxía de elementos eléctricos. Interpretación de esquemas eléctricos de control sinxelos.
Tema 3. Sistemas lóxicos secuenciais. Diagramas de estado. Diagramas de estados. Exemplos. Problemas para representar sistemas concurrentes. Diagrama funcional (Grafcet). Elementos do Grafcet e Estructuras básicas.
Tema 4. Autómata programable. Hardware e ciclo de funcionamento. Arquitectura do PLC. CPU. Memoria. Interfaces de E/S: Entradas e saídas dixitais.Modos de operación do autómata. Ciclo de funcionamento. Ciclo de tratamento de E/S.
Tema 5. Introducción a programación. Sistema normalizado IEC 61131. Presentación da Norma IEC-61131-Parte 3. Software Unity Pro. Variables elementais. Direccionamiento. Tipos de datos elementais. Variables derivadas. Bloques función elementais. Librerías. Bloques función derivados (DFB).
Tema 6. Programación en linguaxe de contactos Elementos básicos. Secuencia de procesamento. Descripción de obxetos en LD. Temporizadores. Contadores.
Tema 7. Programación en Grafcet Reglas do SFC. Etapas. Transicions. Saltos. Secuencias alternativas. Secuencias paralelas. Enlaces. Macroetapas. Tempos e variables asociadas as etapas. Accions das etapas. Seccions de transición. Execución single-token e multiple-token. Posibilidade de sincronización de Grafcets. Tablas de obxetos para manexar o SFC.
Tema 8. Modos de Marcha e Parada. GEMMA. Modos fundamentais de GEMMA. Guía para aplicar GEMMA a unha automatización. Deseño estructurado: Grafcets coordinados. Exemplo de aplicación.
Tema 9. Sensores Clasificación. Características xerais. Tipos de sensores segundo a magnitude a medir. Compatibilidade con entrada do PLC. Sensores de presencia inductivos, capacitivos, ópticos e acústicos: Principio de funcionamento. Rango de operación. Tipos de saida (2, 3, 4 fíos). Símbolos. Aplicacions. Interruptores Reed. Finais de carreira. Criterios de selección de detectores de proximidade.
Tema 10. Actuadores Actuadores neumáticos. Aire comprimido: Magnitudes e unidades. Propiedades dos gases. Elementos dun sistema neumático: Compresor, acondicionamento e almacenaxe, distribución. Unidade de mantemento nas estacions MPS. Válvulas. Representación e nomenclatura. Válvulas distribuidoras. Accionamentos das válvulas. Cilindros. Mando de cilindros. Válvulas reguladoras de control e de bloqueo. Aplicacions de control de cilindros. Aplicacions de vacío. Esquemas neumáticos. Identificación de compoñentes.
Resumo dos contidos segundo a memoria do título:
.Técnicas de deseño e realización de automatismos lóxicos (Temas 1, 2 e 3)
· Controladores industriais. (Tema 4)
· Programación de controladores Industriais (Temas 5, 6 e 7)
· Estudo de marchas-paradas (Tema 8)
· Instrumentación de campo. Sensores e actuadores e a sua interacción cos equipos de control (Temas 9 e 10)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A4 A31 C6 C8 21 21 42
Solución de problemas B1 B2 B4 B5 10 21 31
Prácticas de laboratorio B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C5 C7 20 34 54
Simulación A34 B5 2 7 9
Proba obxectiva A31 B1 3 10 13
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor guía aos alumnos aclarando os principais conceptos do temario. Fomentarase a participación dos alumnos co plantexamento de cuestions ou supostos prácticos.
Solución de problemas O alumno traballa individualmente e/ou en grupo na resolución dos problemas propostos.
Prácticas de laboratorio Son obrigatorias para todos os alumnos. Consisten na resolución dun suposto mediante a programación do autómata. Na maioría dos casos os alumnos fanas de forma individual.
As prácticas precisan dunha preparación previa antes de ir ao Laboratorio, que consiste na lectura do guión, elaboración dunha taboa de entradas e saidas, e plantexamento do diagrama de contactos, ó do Grafcet correspondente. O profesor comprobará en cada sesión de prácticas o traballo previo realizado así como o feito no Laboratorio.
Simulación Cada alumno resolverá individualmente un problema de automatización co autómata e o software do laboratorio.
Proba obxectiva Consistirá en exercicios prácticos de programación e cuestions teórico-prácticas sobre o temario do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
Os profesores atenderán persoalmente as dúbidas sobre calquera das actividades desenvolvidas ao longo do curso. O horario de tutorías será publicado ao comezo do cuadrimestre na páxina web do centro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A34 B5 Exercicios de automatización similares aos realizados durante o curso, a resolver individualmente co autómata e o software do laboratorio. Será ao finalizaren as clases. Supón un 40% da nota final. 40
Proba obxectiva A31 B1 Haberá 3 probas obxectivas a realizar individualmente por cada alumno.

A primeira farase unha vez explicados os 3 primeiros temas. Suporá un 20% da nota final.

A segunda farase unha vez explicados os temas 4, 5 e 6. Suporá un 25% da nota final.

A terceira proba será o examen final, realizado nas datas da convocatoria oficial. Esta proba suporá un 15% da nota final.
60
 
Observacións avaliación

As calificacións das tareas evaluables serán válidas só para o curso académico no que se realicen. As probas obxectivas poden constar de cuestións teórico-prácticas,  exercicios escritos e exercicios de programación.

Nota final

A nota final calcularase, en xeral, como:

Nota Final =0,20 x Nota proba obxectiva 1 + 0,25 x Nota proba obxectiva 2 + 0,15 x Nota proba obxectiva 3 + 0,4 x Nota Simulación

Aqueles estudantes que non tivesen calificación nalgunha das 2 primeiras probas obxectivas, ou ben, acadasen calificacións moi baixas poden optar a realizar a 3ª proba obxectiva cun peso do 40% (a proba será distinta neste caso). Neste suposto a nota final será:

Nota Final=0,4 x Nota proba obxectiva 3 +0,4 x Nota Simulación

Na segunda oportunidade, realizaráse unha proba obxectiva que pode constar de cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario, exercicios escritos, así mesmo terá tamén unha parte de programación. 


Fontes de información
Bibliografía básica Piedrafita Moreno, Ramón (2003). Ingeniería de la automatización industrial. Madrid : RA-MA
Balcells Sendra, Josep (1997). Autómatas programables. Barcelona : Marcombo

Bibliografía complementaria Pedro Romera, J. (2001). Automatización. Problemas resueltos con autómatas programables. Madrid:Paraninfo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías