Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enxeñaría de Control Código 770G01028
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Quintián Pardo, Héctor
Correo electrónico
hector.quintian@udc.es
Profesorado
Quintián Pardo, Héctor
Correo electrónico
hector.quintian@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral da asignatura é iniciar ao alumno no uso do computador nos sistemas de control automático. Preténdese describir a forma en que se pode empregar un computador para controlar calquera sistema físico controlable. É necesario xa que logo iniciar ao alumno nos sistemas de control dixital. Como obxectivos específicos relaciónanse os seguintes:
-Mostrar o uso do computador nos sistemas de control.
-Analizar e deseñar un sistema de control por computador.
-Implementar sistemas de control por computador.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán modificación nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, Solución de problemas, Traballos tutelados, Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Suprímense as prácticas de laboratorio. Ocuparase o tempo asignado as mesmas a metodoloxía de solución de problemas e simulación.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Tanto a sesión maxistral coma a solución de problemas levaráse a cabo a través da plataforma Microsoft Teams.
Mantéñense os horarios de titorías a través da plataforma Microsoft Teams e o correo electrónico.

4. Modificacións na avaliación
O peso correspondente as prácticas de laboratorio se asignará á metodoloxía de traballos tutelados.
A proba mixta realizarase a través de plataforma do plataforma Moodle.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mínimos necesarios para aprobar a asignatura naquelas metodoloxías que non se modifiquen.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán modificacións

Competencias do título
Código Competencias do título
A17 Coñecer os fundamentos dos automatismos e métodos de control.
A30 Coñecer e ser capaz de modelar e simular sistemas.
A31 Coñecementos de regulación automática e técnicas de control e a súa aplicación á automatización industrial.
A34 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B3 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
B7 Capacidade para traballar de forma colaborativa e de motivar un grupo de traballo.
B8 CB1 - Que os estudantes demostraron posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e normalmente atópase a un nivel que, aínda que está soportado por libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecemento procedente da vangarda do seu campo de estudo.
B9 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as habilidades que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa dos argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B10 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para facer xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións sociais, científicas ou éticas relevantes.
B11 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
B12 CB5 - Que os estudantes desenvolvan esas habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñece e sabe aplicar as técnicas básicas de deseño de control de sistemas muestreados. A17
A30
A31
A34
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C1
C3
Sabe aplicar as técnicas de deseño o control por computador. A17
A30
A31
A34
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
Coñece e sabe usar os controladores industriais comerciais. A30
A31
A34
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
Sabe deseñar unha arquitectura de control e elexir a tecnoloxía máis axeitada para cada componente. A30
A31
A34
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
-Sistemas discretos e muestreados.
-Análise estática e dinámico de sistemas discretos realimentados.
-Deseño de reguladores discretos.
_
-Identificación de sistemas
-Estudo de sistemas non lineais
-

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A4 A5 A34 B1 B3 B4 21 21 42
Solución de problemas A30 A31 B2 C1 C3 21 31.5 52.5
Prácticas de laboratorio A1 A30 A34 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C7 9 13.5 22.5
Traballos tutelados A17 A30 A34 B1 B8 B9 B10 B11 B12 0 10 10
Proba obxectiva A31 A34 B1 C1 6 14.5 20.5
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Non terá por que ser o orde de temas impartido na secuenciación descrita, nin unha división absoluta. Así pois haberá temas que se verán conxuntamente no desembolvemento dos outros.
Solución de problemas Resolución de exercicios e problemas concretos individualmente y/ou en grupo, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Traballos tutelados Traballo persoal do alumno proposto polo profesor.
Proba obxectiva Consiste na realización dunha proba obxectiva de aproximadamente 3 horas de duración, na que se avaliarán os coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
O alumno dispón das correspondentes sesións de tutoría personalizadas, para a resolución das dúbidas que xurdan da materia.
A realización das prácticas de laboratorio será guiada de forma persoal polo profesor.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderá realizar sesión periódicas co coordinador da materia a través de Microsoft Teams ou correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A31 A34 B1 C1 Examen tipo proba obxetiva 70
Prácticas de laboratorio A1 A30 A34 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C7 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía 10
Traballos tutelados A17 A30 A34 B1 B8 B9 B10 B11 B12 Realización dun traballo proposto polo profesor, que deberá ser tamén presentado. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é indispensable ter realizadas e aprobadas as Prácticas de Laboratorio.

No marco das "Prácticas de laboratorio" incluiranse aspectos tales como asistencia a clase, traballo persoal, traballos persoais proposto, ACTITUDE, etc., para axudar á obtención do aprobado.

É necesario superar o 50% da puntuación na proba obxectiva para aprobar e tamén o 50% da proba de prácticas de laboratorio

A cualificación correspondente a "Prácticas de laboratorio" poderá fluctuar entre o 30% indicado e un 40%, en consecuencia a "Proba obxectiva" pode variar entre un 60% e o 70% indicado.


Fontes de información
Bibliografía básica

K. Ogata (1998). Sistemas Discretos de Control en tiempo discreto. Prentice-Hall
B.M. Al-Hadithi (2006). Analisis y Diseño de Sistemas Discretos de Control. Vision Net
J. Billingsley (2010). Essentials of Control Techniques and Theory. CRC Press
J.M. Marcos Elgoibar (2008). Introducción a los Sitemas de Control Automático. BTU
G.F. Franklin (2010). Feedback Control of Dynamic Systems. Pearson
M.A. Simón Rodríguez (2011). Regulación Automática. Problemas Resueltos. Vision Libros
P. Bolzern (2009). Fundamentos de Control Automático. McGraw Hill
A. Nevado (2006). Conceptos Básicos de Filtrado, Estimación e Identificación. UNED
A. Aguado (2003). Identificación y Control Adaptativo. Prentice Hall

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001
Informática/770G01002
Alxebra/770G01006
Estatística/770G01008
Fundamentos de Automática/770G01017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Robótica Industrial/770G01041
Control Avanzado/770G01042
Sistemas de Control Intelixente/770G01043
Diagnóstico e Supervisión de Sistemas/770G01044

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías