Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Debuxo Industrial e CAD Código 770G01029
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Rodríguez García, Juan de Dios
Correo electrónico
de.dios.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez García, Juan de Dios
Correo electrónico
de.dios.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Normalización aplicada ao debuxo industrial.
Elaboración e interpretación de planos de instalacións e equipos industriais.
Deseño mecánico 3D asistido por ordenador.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
A34 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquire coñecementos sobre normalización e convencionalismos utilizados no Debuxo Técnico. A9
B2
Valora a normalización como convencionalismo idóneo para simplificar, non só a produción senón tamén a comunicación, dándolle a esta un carácter universal. B2
B5
C6
Croquiza e debuxa con CAD correctamente calquera peza ou elemento de carácter industrial. A34
B2
B4
B5
B6
C3
C7
Representa e interpreta planos e esquemas de instalacións industriais A34
B1
B2
B4
B6
C3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE 1: NORMALIZACIÓN APLICADA AO DEBUXO INDUSTRIAL 1.1 INTRODUCIÓN
1.2 LÍÑAS, LETRAS, ESCALAS E FORMATOS NORMALIZADOS
1.3 REPRESENTACIÓN DE CORPOS. VISTAS NORMALIZADAS. CROQUIZACIÓN
1.4 CORTES E SECCIÓNS
1.5 ACOTACIÓN
1.6 REPRESENTACIÓN DE ROSCAS
1.7 ESTADOS SUPERFICIAIS
1.8 TOLERANCIAS DIMENSIONAIS
1.9 TOLERANCIAS XEOMÉTRICAS
1.10 DEBUXO DE CONXUNTO E DESPIECE
1.11 DESIGNACIÓN NORMALIZADA DE MATERIAIS
1.12 UNIÓNS DESMONTABLES
1.13 UNIÓNS FIXAS
1.14 RESORTES
1.15 ENGRANAJES
1.16 RODAMIENTOS
UNIDAD 2: DEBUXO DE INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS. 2.1 INSTALACIÓNS CON TUBERÍAS
2.2 INSTALACIÓNS NEUMÁTICAS
2.3 INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS EN EDIFICACIÓN
2.4 CIRCUITOS DE GOBERNO DE MOTORES
2.5 CIRCUITOS ELECTRÓNICOS
2.6 DEBUXO NA CONSTRUCIÓN

UNIDAD 3: INTERPRETACIÓN DE PLANOS Y ESQUEMAS DE INSTALACIONES Y EQUIPOS INDUSTRIALES
3.1 INSTALACIÓNS CON TUBERÍAS
3.2 INSTALACIÓNS NEUMÁTICAS
3.3 INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS EN EDIFICACIÓN
3.4 CIRCUITOS DE GOBERNO DE MOTORES
3.5 CIRCUITOS ELECTRÓNICOS
3.6 DEBUXO NA CONSTRUCIÓN
UNIDAD 4: APLICACIÓNS DE DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR 4.1 DESEÑO MECÁNICO 3D
_ Esbozos e layouts: Introdución. Comandos de Esbozos. Ferramienta de selección. Comandos de elementais de debuxo. Ferramenta de debuxo Intellisketch. Cotas. Comandos de anotación. Relacións xeométricas. Manipulación de elementos 2D
_ Operacións 3D: Introdución. Pasos básicos para crear unha operación base. Comandos de operación base. Operacións de eliminado de material. Buracos e Roscados
_ Deseño de conxuntos: Introdución. Agregar pezas a un conxunto. Relacións para situar unha peza nun conxunto. Distancias de desprazamento. Colocar piezas iguais nun conxunto. Mover pezas do conxunto. Vistas exprotadas. Corte no conxunto. Asociatividade. Crear pezas no contexto conxunto.
- Produción de planos: Introdución. Tipos de folla. Vistas de debuxo principais. Crear vistas auxiliares. Crear vistas de corte. Vista en corte parcial. Crear vistas de detalle. Crear vistas rotas. Dibuxar en vista. Vistas de debuxo explotadas. Generación de vistas de debuxo PMI
4.2 MODELADO 3D DE EDIFICACIÓN MEDIANTE TECNOLOXÍA BIM
_ Modelado 3D de Arquitectura
_ Modelado 3D de instalacións (MEP)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A34 B2 B6 C6 14 14 28
Aprendizaxe colaborativa B1 B2 B4 B5 C6 C7 18 36 54
Seminario A9 B1 B5 C3 C6 C7 C8 7 14 21
Prácticas de laboratorio A9 B1 B2 B4 B5 B6 C3 C6 C7 C8 12 6 18
Proba obxectiva A9 A34 B1 B2 B4 B5 20 2 22
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1.5 horas.
Con anterioridade ao día en que se imparta a materia, indicaranse a relación dos coñecementos previos necesarios e o resumo dos conceptos sobre os que se traballará, proporcionando a información bibliográfica correspondente.
Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará ao estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que deberán prevalecer.
Aprendizaxe colaborativa Co fin de preparar aos alumnos nunha aprendizaxe autónoma, exponse a realización de traballos guiado sempre polo profesor, Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o alumno:
- Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite.
- Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría.
- Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais
- Desenvolver e potenciar nos estudantes habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas.
Seminario Nestas clases os alumnos formaranse no uso da ferramenta de deseño 3D
Prácticas de laboratorio O alumno traballará con programas de CAD desde o primeiro día co obxectivo de afianzar a súa habilidade no debuxo mediante programas de debuxo asistido por computador, familiarizarse co traballo en 3D, así como na elaboración e interpretación de planos.
Proba obxectiva A proba terá carácter fundamentalmente práctico e consistirá na resolución dun número determinado de problemas

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
O profesor atenderá de maneira individual ou por grupos deprácticas, as diversas necesidades dos alumnos que poidan xurdir tanto derivadas das sesións maxistrais en materia de representación de esquemas de instalacións, como das sesións de aprendizaxe colaborativa asociadas ou derivadas dos seminarios de uso da ferramenta de deseño 3D como das suas prácticas asociadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 B1 B2 B4 B5 B6 C3 C6 C7 C8 Evaluarase o conxunto de prácticas entregado. Puntuarase a asistencia. 30
Proba obxectiva A9 A34 B1 B2 B4 B5 Constará de un número de exercicios de igual peso 70
 
Observacións avaliación

A cualificación obtida nos traballos conservarase para a segunda oportunidade.

Para superar a materia será imprescindible aprobar ambas as partes: os traballos tutelados e a proba obxectiva

A asistencia a clase puntuará un 15% da nota


Fontes de información
Bibliografía básica Crespo Ganuza, José J. (2003). Dibujo Eléctrico. Navarra: Idazluma
Félez Mindán, Jesús (1996). Dibujo industrial / Jesús Félez, Mª Luisa Martínez. Madrid : Síntesis
Martínez, María Luisa. (1996). Fundamentos de ingeniería gráfica / Jesús Félez [coordinador]; Mª Luisa Martínez, José María Cabanellas, Antonio Carretero. Madrid : Síntesis
Félez Mindán, Jesús (2008). Ingeniería gráfica y diseño / Jesús Félez, Mª Luisa Martínez. Madrid : Síntesis
Gutierrez de Ravé Agüera (2002). Manual para la representación e interpretación de planos de instalaciones industriales . Córdoba : [Universidad de Córdoba, Escuela Politécnica Superior

Bibliografía complementaria Arranz, Alberto (2012). Autocad práctico. Vol I, II, III (nivel básico, medio y avanzado). San Sebastian : Donostiarra
Gonzalo Gonzalo, Joaquín (2003(2010 imp)). Croquización. San Sebastian : Donostiarra
Auria Apilluelo, José M. (2000). Dibujo Industrial. Conjuntos y despieces. Madrid: Paraninfo
Ramos Barbero, Basilio (2006). Dibujo técnico / Basilio Ramos Barbero, Esteban García Maté. Madrid : AENOR
Pérez Manzano, Aitor; Rodríguez Gandía, Enara (2014). Manual Practico NX9 CAD. Vizcaya
Oñartechevarria, Jorge Alonso (2011). Manual practico Solid Edge ST4. Vizcaya


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Expresión Gráfica/770G02005
Tecnoloxías de Fabricación/770G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enerxías Renovables/770G01031
Instalacións Eléctricas e Industriais/770G01032
Instalacioós Eléctricas en Baixa Tensión/770G02022

Materias que continúan o temario
Oficina Técnica/770G02034
Traballo Fin de Grao/770G02045

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías