Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Instalacións Eléctricas e Industriais Código 770G01032
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Vazquez Rodriguez, Santiago
Correo electrónico
santiago.vazquez@udc.es
Profesorado
Vazquez Rodriguez, Santiago
Correo electrónico
santiago.vazquez@udc.es
Web http://culombio.udc.es
Descrición xeral Nesta asignatura descríbense aspectos xerais de instalacións, fundamentalmente no ámbito industrial e, en particular, das instalacións eléctricas de baixa tensión. A asignatura pretende mostrar ao alumno, a partir duns coñecementos teóricos xa adquiridos, cales son os pasos a seguir e as ferramentas tanto técnicas e prácticas como legislativas que é preciso utilizar para a consecución e posta en marcha dunha instalación.

Calquera cambio ou evento relacionado coa docencia e avaliación da asignatura será anunciado polo profesor da mesma nas clases presenciales. No entanto, o sitio web http://culombio.udc.es constitúe a canle alternativa para os alumnos que non asisten ás clases presenciales co obxecto de manterse ao corrente de calquera anuncio ou incidencia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a redacción, firma, desenvolvemento e dirección de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, e en concreto da especialidade de electrónica industrial.
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A3 Capacidade para realizar medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos e informes.
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A5 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas actuando con ética, responsabilidade profesional e compromiso social, e buscando sempre a calidade e mellora continua.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B3 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno debe coñecer, saber seleccionar, dimensionar e executar todas as instalacións necesarias para o correcto desenvolvemento dunha actividade industrial ou comercial, así como o desenvolvemento de proxectos e direccións de obra para a autorización administrativa das instalacións e/ou actividades. A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C3
O alumno debe coñecer os principios de normativa, regulamentación e lexislación en materia de instalacións e autorizacións administrativas a nivel nacional, autonómico e municipal; coñecer e saber optimizar o rendemento e eficiencia das instalacións, co obxecto de obter e certificar a mellor Cualificación Enerxética dos edificios; ser capaz de asumir o compromiso ambiental e de sustentabilidade, mediante a aplicación de novas fontes de enerxía, optimización enerxética e a xestión adecuada dos residuos de calquera construción; ser capaz de interpretar a información técnica e outras fontes de información, en español e inglés. A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C3

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: A materia forma ao alumno nos coñecementos necesarios para a deseño, cálculo e redacción de proxectos de todo tipo de instalacións, tanto no ámbito da edificación como no industrial. A lexislación contempla ao profesional da Enxeñería Técnica Industrial como o único competente nesta materia, e esta materia vén dar ao enxeñeiro os conceptos, e a lexislación necesarias para o correcto exercicio da súa profesión. Ademais dentro do compromiso da profesión co medio ambiente, o enxeñeiro adquire coñecementos, destrezas e habilidades para a optimización, e a consecución da máxima eficiencia e cualificación enerxética baixo o amparo da lexislación vixente e a Directiva Europea 2002/91/CE. Ao mesmo tempo coñece e aplica a lexislación vixente no ámbito da xestión dos residuos da construción.
Canalizaciones Eléctricas Tipos de condutores eléctricos
Aspectos constructivos
Dimensionamiento de canalizaciones eléctricas
Proteccións Protección contra sobreintensidades
Instalacións de posta a terra
Protección contra cotactos indirectos
Coordinación das proteccións
Centros de Transformación Descrición dos elementos que compoñen un CT
Proteccións dos CT
Corrección do Factor de Potencia O factor de potencia
Tipos de proteccións e configuracións
Proteccións
Instalacións de Alumbrado Principios de Luminotecnia
Tipos de Lámpadas
Tipos de Luminarias
Cálculo de instalacións de alumado
Atmósferas Explosivas Zonas de atmosferas explosivas
Grupos de aparellos/categorías
Clases de temperatura
Sistemas de protección secundarios
Instalacións contra Incendios Elementos constructivos e materiais
Sistemas de protección contra incendios
Instalacións de Climatización Normativa
Sistemas de ventilación
Sistemas de calefacción, refrigeración e climatización

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A5 B5 C3 30 0 30
Solución de problemas A2 A3 B1 B5 C3 15 15 30
Prácticas de laboratorio A3 A4 8 0 8
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B5 C3 2 30 32
Proba obxectiva A3 A4 2 46 48
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explica os aspectos teóricos e descriptivos da asignatura e apóiase, para iso, en casos de uso e exemplos prácticos.
Solución de problemas O alumno deberá ser capaz de aplicar os coñecementos teóricos adquiridos para o dimensionamiento dos distintos elementos da instalación, de acordo coa lexislación vigente.
Prácticas de laboratorio O alumno poderá entrar en contacto con dispositivos existentes nas instalacións obxecto de estudo e comprobar o seu funcionamento.
Presentación oral O alumno deberá expoñer públicamente un tema. Poderá utilizar calquera medio audio-visual que necesite para a exposición.
Proba obxectiva O alumno deberá responder satisfactoriamente a un conxunto de preguntas sobre aspectos teóricos da materia sen a axuda de ningunha fonte bibliográfica.
Nunha segunda parte, o alumno deberá resolver un conxunto de problemas de deseño e dimensionamiento das instalacións. Para esta parte, o alumno poderá recorrer a fontes bibliográficas tales como apuntes e libros.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Presentación oral
Proba obxectiva
Solución de problemas
Descrición
Para a realización da presentación oral, o alumno deberá consensuar co profesor os contidos que serán obxecto da exposición.

Durante todo periodo de clases, o profesor conta cunhas horas de tutoría nas que se resolven cuestións dos alumnos de forma personalizada, tanto para unha mellor comprensión dos contidos da asignatura, como para a resolución de problemas e a preparación da proba obxectiva.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B5 C3 A puntuación máxima por este concepto (PO) será determinada polo profesor da asignatura a principio de curso. En ningún caso superará o 30% da nota final. 30
Proba obxectiva A3 A4 Constará dunha parte de problemas (PR) e outra de teoría (CHE). a superación desta proba esixe a superación de cada unha das partes por separado. A valoración por este concepto (EX) obterase da forma seguinte:

EX% = PR% + CHE%

e a valoración máxima por este concepto será a resultante de restar

máximo{EX}% = 100% - máximo{PO}%
70
 
Observacións avaliación

O aprobado da asignatura alcanzouse a condición de que se cumpran simultáneamente as tres condiciones seguintes:

PO% + EX% >= 50%

PR% >= máximo{EX}% / 2

CHE% >= máximo{EX}% / 2


Fontes de información
Bibliografía básica A.J. Conejo Navarro, J.M. Arroyo Sánchez (2007). Instalaciones Eléctricas. McGraw-Hill
José García Trasancos (2004). Instalaciones eléctricas en media y baja tensión. Thomson Paraninfo
(). Sitio web da asignatura. http://culombio.udc.es

Outra bibliografía recomendada para a asignatura poderá consultarse no sitio web  http://culombio.udc.es

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Electricidade/770G01013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías