Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Oficina Técnica Código 770G01035
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Rodríguez García, Juan de Dios
Correo electrónico
de.dios.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez García, Juan de Dios
Correo electrónico
de.dios.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Na materia de Oficina Técnica, trátase de ensinar ao estudante como, cos coñecementos de Debuxo Técnico adquiridos nas materias de Expresión Gráfica e Debuxo Industrial, e os coñecementos da tecnoloxía da súa especialidade adquiridos nas materias específicas, pode desenvolver as funcións propias dunha Oficina Técnica e elaborar un Proxecto de Enxeñaría. É unha materia onde se contemplan os métodos, técnicas, regulamentacións, etc., utilizados na Oficina Técnica da empresa industrial e na Oficina Técnica de proxectos para levar a cabo as súas múltiples tarefas, entre as que recibe especial atención a elaboración do Proxecto de Enxeñaría.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a redacción, firma, desenvolvemento e dirección de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, e en concreto da especialidade de electrónica industrial.
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A3 Capacidade para realizar medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos e informes.
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A5 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas actuando con ética, responsabilidade profesional e compromiso social, e buscando sempre a calidade e mellora continua.
A9 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
A23 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñece as atribucións e facultades que lle confiren as leis de atribucións. A1
A4
Adquire coñecementos para a redacción e interpretación de documentos técnicos propios da enxeñaría A3
A9
A23
B1
B2
C6
C7
Interpreta os conceptos e normas fundamentais relacionados con proxectos industriais. A4
A5
A23
B1
Interpreta e prepara a documentación técnica específica dun proxecto do ámbito da enxeñaría industrial. A3
A4
B4
B5
B6
C6
C7
Comprende e aplica coñecementos de Lexislación A4
A5
B4
Entende as interrelacións entre todos os axentes relacionados co proxecto. A2
A5
A23
B2
B6
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. ATRIBUCIÓNS PROFESIONAIS
1 Evolución histórica da titulación
2 Atribucións e facultades profesionais
3 Exercicio libre da profesión
4 Colexios e asociacións profesionais
5 A retribución dos traballos

TEMA 2. A ENXEÑERÍA COMO PROFESIÓN

1 A profesión de Enxeñaría.
2 O enxeñeiro na empresa industrial.
3 O enxeñeiro na empresa de servizos.
4 Acceso dos enxeñeiros ás empresas.
5 O enxeñeiro na Administración Pública.
6 Acceso dos enxeñeiros á Administración Pública.
TEMA 3. OFICINAS TÉCNICAS
1 Definición e denominacións
2 Empresas de Enxeñaría
3 A Oficina Técnica como departamento
TEMA 4. DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS E TÉCNICOS.

1 Introdución
2 Documentos administrativos
3 Documentos técnicos: informes, ditames e peritacións.
TEMA 5. O PROXECTO DE ENXEÑARÍA
1 Definición
2 Tipos de proxectos
3 Documentos do proxecto
4 Normas de presentación
TEMA 6. METODOLOXÍA E FASES DO PROXECTO 1 Desenvolvemento metodolóxico do proxecto.
2 Fontes de información.
3 Técnicas creativas
4 Fases do proxecto
TEMA 7. MEMORIA E ANEXOS DO PROXECTO 1 A memoria como documento do proxecto.
2 Metodoloxía para a realización da memoria.
3 Contido da memoria
4 Anexos

TEMA 8. OS PLANOS DO PROXECTO
1 Os planos como documento do proxecto
2 Contido
3 Relación de planos dun proxecto e a súa información.

TEMA 9. O PREGO DE CONDICIÓNS 1 O Prego de Condicións como documento do proxecto.
2 Contido.
3 Estrutura


TEMA 10. MEDICIÓNS E ORZAMENTO 1 Definición de orzamento.
2 Unidades de obra.
3 Estrutura do orzamento.
4 Revisión de prezos.
5 Prezos contraditorios.
TEMA 11. ESTUDO DE SEGURIDADE E SAUDE
1 O Estudo de Seguridade e Saúde como documento do proxecto.
2 Ámbito de aplicación.
3 Contido do estudo de seguridade e saúde.
4 Coordinador de seguridade e saúde.
5 Plan de seguridade.
6 Libro de incidencias.


TEMA 12. DIRECCIÓN DE PROXECTOS
1 Introdución.
2 Marco lexislativo que regula a dirección de obra.
3 Funcións e actividades do director de obra segundo a L.O.E.
4 Funcións do director de obra en materia de seguridade e saúde.
5 Responsabilidades do director de obra.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A23 C4 C6 C7 18 18 36
Seminario A4 A9 B4 B5 3 6 9
Traballos tutelados A2 A3 A4 A9 B1 B2 B4 B5 B6 C4 30 60 90
Eventos científicos e/ou divulgativos A4 B5 2 2 4
Proba obxectiva A4 A5 A23 B1 C6 2 8 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición do profesor complementada co uso de medios audivisuales e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario Técnica de traballo en grupo para o estudo intensivo das partes mais importantes do caso práctico. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario
Traballos tutelados Os alumnos enfróntanse a un caso práctico real no ámbito da enxeñería. Os alumnos deberán:
Identificar cales son os requisitos de deseño tanto os impostos polo "promotor" como os que impoñen as distintas normativas que afectan.
Escoller procedementos axeitados de cálculo ou deseño e aplicalos convenientemente
Plasmar a solución nun documento cun formato e según normas establecidas
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a xornadas técnicas e elaboración dun informe.
Proba obxectiva Exame de teoría, sobre do temario exposto nas horas presenciais.


Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os alumnos terán que facer a exposición e defensa do seu traballo de prácticas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 A5 A23 B1 C6 Realízase un exame de teoría, sobre o temario exposto nas horas presenciais.
40
Traballos tutelados A2 A3 A4 A9 B1 B2 B4 B5 B6 C4 Os alumnos deberán entregar un documento que recolla a solución ao caso práctico proposto polo profesor, segundo formato e normativa especificada polo profesor. O traballo poderán facelo engrupos de dous máximo
Os alumnos deberán facer unha exposición do seu traballo e defendelo fronte as preguntas que xurdan
60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, os estudantes han de obter a cualificación mínima de aprobado (5), para cada un dos exercicios prácticos realizados en clase, e para cada un dos traballos relacionados cos seminarios e propostos polo profesor, a realizar en horas non lectivas. A iso habemos de unir as cualificacións obtidas polo estudante no exame de Teoría no que, igualmente, é necesario obter unha cualificación mínima de aprobado (5).Soamente obterán a cualificación de Non presentado, os estudantes que non participen en ningún dos procedementos de avaliación contemplados na materia.

A asistencia a clase terá un peso de un 15% na calificación da asignatura


Fontes de información
Bibliografía básica GÓMEZ-SENENT MARTÍNEZ, E. (2000). CUADERNOS DE INGENIERÍA DE PROYECTOS.. VALENCIA. UNIVERSIDAD
LOZANO APOLO, G. (1994). CURSO DE PREPARACIÓN Y PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS, GRÁFICOS, MEMORIAS, REPRESENTACIONES TÉCNICA Y PATENTES. GIJÓN. CONSULTORÍAS TÉCNICAS DE LA CONSTRUCCIÓN
MORILLA ABAD, I. (2001). GUÍA METODOLÓGICA Y PRÁCTICA PARA LA REALIZACIÓN DE PROYECTOS. MADRI. C.O.I. de CAMINOS, CANALES Y PUERTOS
DE FUENTES RUIZ, A. (2012). MANUAL IMPRESCINDIBLE DE ARQUIMEDES. MADRID. ED ANAYA MULTIMEDIA
MERCHÁN GABALDÓN, F. (2000). MANUAL PARA LA DIRECCIÓN DE OBRAS. MADRID. DOSSAT
SEVILLA LÓPEZ, J. M. (2001). MANUAL PARA LA REDACCIÓN DE PROYECTOS DE CONSTRUCCIÓN EN LA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA. MADRID. DOSSAT
(2013). Microsoft PROJECT 2013. BARCELONA. EDICIONES ENI
BRUSOLA SIMÓN, F. (1999). OFICINA TÉCNICA Y PROYECTOS. VALENCIA. S. P. de la U.P. de VALENCIA
COS CASTILLO, M (1997). TEORÍA GENERAL DEL PROYECTO. DIRECCIÓN DE PROYECTOS. MADRID. SÍNTESIS
COS CASTILLO, M (1997). TEORÍA GENERAL DEL PROYECTO. INGENIERÍA DE PROYECTOS. MADRID. SÍNTESIS

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Debuxo Industrial e CAD/770G01029
Instalacións Eléctricas e Industriais/770G01032
Instalacioós Eléctricas en Baixa Tensión/770G02022
Instalacións Industriais e Comerciais/770G02031
Expresión Gráfica/770G02005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/770G02045

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías