Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Organización de empresas Código 770G01038
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é achegar ao futuro enxeñeiro os coñecementos básicos da organización de empresas.
Desta maneira, trátase de capacitar ao alumno para desenvolver as competencias básicas para a toma de decisións referentes á planificación, programación e control da produción, así como desenvolver a apreciación da interacción entre a función de produción e as demais funcións da organización.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A20 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
A22 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
A35 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
B7 Capacidade para traballar de forma colaborativa e de motivar un grupo de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os distintos sistemas de xestión da produción e estratexias que se poden adoptar na dirección de operacións. A2
A20
A22
B4
B6
C8
Manexo dalgunhas técnicas para a planificación e control da producción A2
A20
A22
B1
B5
B7
C3
Manexo de ferramentas para a xestión de proxectos A2
A22
B1
B4
B5
C3
Comprender a importancia da xestión dos recursos humanos dentro da empresa A2
A22
B2
B4
B6
C1
Coñecemento do marco dos sistemas de xestión de calidade A35
B1
B4

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques o temas seguintes desarrollan os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: - O sistema productivo da empresa.
- Organización da producción.
- Planificación, xestión e control da producción.
- Técnicas de investigación operativas aplicadas.
- Sistemas de xestión de calidade.
BLOQUE I:INTRODUCCIÓN
Tema 1: A empresa e a súa actividade produtiva.
Tema 2: A producción e os sistemas productivos.
BLOQUE II: DECISIÓNS TÁCTICAS E OPERATIVAS NA PRODUCCIÓN Tema 3: Xestión da cadea de subministracións.
Tema 4: Xestión de inventarios.
Tema 5: Planificación agregada.
Tema 6: Planificación de necesidades de material (MRP)
Tema 7: Produción "Just in Time" e produción axustada.
Tema 8: Dirección de proxectos.
BLOQUE III: DECISIÓNS ESTRATÉXICAS NA PRODUCCIÓN Tema 9: Deseño de produtos e servizos.
Tema 10: Estratexia de procesos e planificación da capacidade.
Tema 11: Estratexia de localización.
Tema 12: Estratexias de distribución en planta.
Tema 13: Estratexia e xestión da calidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A2 A20 A22 A35 B1 B2 B5 3.5 0 3.5
Solución de problemas B1 B4 B6 C8 14 21 35
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 C8 4 4 8
Prácticas a través de TIC B1 B4 B5 C1 C3 13 27 40
Sesión maxistral A2 A20 A22 A35 B7 21 42 63
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba obxectiva composta por preguntas de teoría e exercicios prácticos que valorarán a adquisición dos coñecementos da materia.
Solución de problemas Resolución de problemas que permitirán afianzar os coñecementos teóricos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a xornadas ou conferencias que considere a profesora que sexan de interese para o alumno, así como visitas a algunha empresa.
Prácticas a través de TIC Prácticas no ordenador, para afianzar os coñecementos teóricos e aprender o manexo de diferentes software na planificación da producción e de proxectos.
Sesión maxistral Exposición do contido teórico dos distintos temas do programa da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os problemas ou traballos expostos no despacho da profesora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B1 B4 B5 C1 C3 Prácticas no ordenador que se realizarán na aula o fora de ela e que requiran a súa entrega dentro dun prazo 15
Proba mixta A2 A20 A22 A35 B1 B2 B5 Realizarase un exame parcial que liberará materia para o exame final 70
Solución de problemas B1 B4 B6 C8 Resolución de problemas prácticos, que poderán entregarse e clase ou se requirirá a súa realización polo alumno fóra das aulas. 10
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 C8 Asistencia a eventos expostos pola profesora que requirirán a realización dun traballo a posteriori que integrásese no portafolio 5
 
Observacións avaliación

Os alumnos poderán acollerse a dúas formas de avaliación:

- Avaliación continua: aqueles alumnos que decidan realizar todos os traballos expostos ao longo do curso. Neste caso a proba mixta ten un valor do 70% e os traballos un 30% (como se establece nas metodoloxías).

- Avaliación NON continua: aqueles alumnos que non realicen os traballos expostos. Neste caso, o exame final terá un valor do 70%.

A mediados do curso realizarase un exame parcial que liberará materia para o exame final.

As notas dos traballos e do exame parcial gardarase ata a 2º convocatoria (xullo).

Durante o curso confirmarase se leva a cabo a visita á empresa ou no seu caso asistirase a algún evento científico, en calquera dos dous, requirirase a realización dun traballo. O seu cualificación final será dun 5% da nota final, ao só realizarse unha destas dúas metodoloxías.


Fontes de información
Bibliografía básica Heizer, J; Render, B. (2009). Dirección de la producción. Prentice Hall
Domínguez Machuca, J.A. et al. (1995). Dirección de operaciones. McGraw-Hill
Casanovas, A.; Cuatrecasas, LI (2001). Logística empresarial. Gestión 2000

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión Empresarial/770G01010
Tecnoloxías de Fabricación/770G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías