Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Traballo Fin de Grao Código 770G01045
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Enxeñaría Industrial
Enxeñaría Naval e Industrial
Física e Ciencias da Terra
Matemáticas
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Bouza Padin, Rebeca
Calvo Rolle, Jose Luis
Casteleiro Roca, José Luis
Couce Casanova, Antonio
Graña Lopez, Manuel angel
Masdias y Bonome, Antonio
Meizoso López, Maria del Carmen
Montero Rodríguez, María Belén
Prieto Guerreiro, Francisco
Rivas Rodriguez, Juan Manuel
Rodríguez García, Juan de Dios
Correo electrónico
rebeca.bouza@udc.es
jose.rolle@udc.es
jose.luis.casteleiro@udc.es
antonio.coucec@udc.es
manuel.grana@udc.es
antonio.masdias@udc.es
carmen.meizoso@udc.es
belen.montero@udc.es
francisco.prieto@udc.es
m.rivas@udc.es
de.dios.rodriguez@udc.es
Web http://http://lucas.cdf.udc.es/nodos/vercont.php?tipo=3&pos=79&ent=bccratibinum000
Descrición xeral O Traballo Fin de Grao é un traballo realizado polo alumno, preceptivo para a obtención do título universitario. Este traballo realízase baixo a dirección dun titor. Na súa realización o alumno aplica os coñecementos adquiridos ao longo da sua formación para dar unha solución técnica propia da titulación. O traballo deberá versar fundamentalmente sobre os temas ou os aspectos profesionais propios da especialidade de Electrónica Industrial.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a redacción, firma, desenvolvemento e dirección de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, e en concreto da especialidade de electrónica industrial.
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A3 Capacidade para realizar medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos e informes.
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A5 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas actuando con ética, responsabilidade profesional e compromiso social, e buscando sempre a calidade e mellora continua.
A36 TFG:Capacidade para a elaboración, presentación e defensa, ante un tribunal universitario, dun exercicio orixinal consistente nun proxecto no ámbito da Enxeñaría Industrial de natureza profesional en que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
É capaz de elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da Enxeñaría Electrónica como demostración e síntese das competencias adquiridas nos ensinos. A1
A2
A3
A4
A5
A36
B1
B4
B5
C1
C3
C6
C7
C8
Aplica as competencias adquiridas á realización dunha tarefa de forma autónoma. Identifica a necesidade da aprendizaxe continua e desenvolve unha estratexia propia para levalo a cabo B1
B4
B5
C3
C6
C7
C8
Planifica e utiliza a información necesaria para un proxecto ou traballo académico a partir dunha reflexión crítica sobre os recursos de información utilizados A2
A4
B4
C3
C6
É capaz de empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da Enxeñaría Electrónica necesarias para a práctica da mesma A36
B5
Comunícase de maneira clara e eficiente en presentacións orais e escritas sobre temas complexos, adaptándose á situación, ao tipo de público e aos obxectivos da comunicación. A2
A3
A36
B2
C1

Contidos
Temas Subtemas
Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal , consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas na titulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A36 B2 C1 C3 2 20 22
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A36 B1 B4 B5 C3 C6 C7 C8 70 193 263
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral A defensa do TFG será realizada polo alumno oralmente e diante dun tribunal constituido para o efecto, durante un tempo máximo de 20 minutos. O obxectivo é que o alumno describa de forma ordenada, clara e empregando vocabulario técnico propio da titulación, o traballo realizado.
A exposición será un acto público e o alumno contestará a cantas preguntas e aclaracións estimaren convenientes o membros presentes do tribunal.

Traballos tutelados Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal , consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas na titulación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
É misión do titor orientar e dirixir o traballo do alumno en cuestións relacionadas coa estrutura do tema, coa filosofía ou co enfoque. As cuestión de cálculo e de detalle son responsabilidade e competencia do alumno.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A36 B2 C1 C3 A defensa do TFG será realizada polo alumno oralmente e perante un tribunal constituido para o efecto, durante un tempo máximo de 20 minutos.

A exposición será un acto público e o alumno contestará a cantas preguntas e aclaracións estimaren convenientes o membros presentes do tribunal.

O tribunal estará constituido da seguinte forma:

Presidente, secretario e un vogal elixidos entre o profesorado da titulación afin ao tema que for obxecto do TFG.
20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A36 B1 B4 B5 C3 C6 C7 C8 Ao mesmo tempo que o alumno entrega o TFG, o titor ha de entregar o informe, no que se valora a dedicación do alumno, o contido técnico, a realización e orixinalidade do proxecto, así como a edición e presentación da documentación.

O tribunal cualificará a edición e presentación da memoria, o traballo realizado, a orixinalidade, o contido técnico e/ou tecnolóxico, a realización e/ou materialización do TFG, a aplicación tecnolóxica etc.
80
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO

2.4. Os estudantes poderán matricularse no TFG unha vez superados 180 créditos incluídos todos os da primeira metade do plan de estudos. O TFG poderá ser defendido e avaliado cando o estudante supere o resto dos créditos do título segundo se establece no apartado 2.9, do artigo 3, capítulo II, título I da Normativa pola que se regulan as ensinanzas oficiais de grao e máster universitario na UDC.

REGLAMENTOS TFG: http://lucas.cdf.udc.es/nodos/vercont.php?tipo=3&pos=79&ent=bccratibinum000



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías