Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Prácticas en Empresa Código 770G01061
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Profesorado
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento dunha empresa real e capacidade para integrarse na estructura da mesma para desenrolar nela unha tarefa profesional do ámbito da titulación. Ser capaz de realizar unha estadía nunha empresa realizando tarefas relacionadas coa súa titulación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A5 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas actuando con ética, responsabilidade profesional e compromiso social, e buscando sempre a calidade e mellora continua.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B3 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
B7 Capacidade para traballar de forma colaborativa e de motivar un grupo de traballo.
B9 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as habilidades que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa dos argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B10 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para facer xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións sociais, científicas ou éticas relevantes.
B11 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C5 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C6 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C7 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Adquire experiencia profesional para abordar con seguridade a integración no mercado laboral. -Resolve problemas con iniciativa, transmite os resultados de forma eficiente, toma decisións e razoa de forma crítica nunha contorna real de traballo. -Comunícase con claridade no contexto de reunións de traballo e na realización de presentacións orais. -Identifica e valora as saídas e alternativas profesionais existentes. A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B11
C1
C2
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Realización de prácticas en empresas, organizacións administrativas, económicas ou profesionais tanto dos sectores publicos coma privados, ou de calquer outra forma que se estableza, colaborando ou formándose en tarefas técnicas no ámbito da titulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C5 C6 C7 90 0 90
 
Atención personalizada 22.5 0 22.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O estudante realizará as prácticas nunha empresa ou institución na cal realizará un traballo relacionado coas competencias da titulación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As prácticas estarán titorizadas por un titor profesional e por un titor académico, que serán os encargados de que se realicen correctamente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C5 C6 C7 Unha vez rematadas as prácticas o/a estudante e o/a titor/a profesional deberán presentar os seus informes ó titor/a académico, sendo esta última persona a que porá a nota do/a estudante. 100
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA Ou RÉXIME DE DEDICACIÓNAO ESTUDO DÚAS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3. b; 4.3 e 7.5)(04/05/2017)" terá os mesmos criterios de avaliación que o resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Oficina Técnica/770G01035
Organización de empresas/770G01038

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/770G01045

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

  1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

  1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías