Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Cálculo Código 770G01001
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Ruiz Veiga, Manuel
Correo electrónico
manuel.ruiz@udc.es
Profesorado
García Rábade, Héctor
Ruiz Veiga, Manuel
Correo electrónico
hector.grabade@udc.es
manuel.ruiz@udc.es
Web
Descrición xeral Introdúcense os conceptos básicos do conxunto Rn para posteriormente definir as funcións sobre dito conxunto, e estudar os conceptos de límite, continuidade e diferenciación. Se estuda a integración para funcións dunha variable e posteriormente en funcións de varias variables

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Resolve problemas matemáticos que poden plantexarse na enxeñaría. A6
B4
Ten aptitude para aplicar os coñecementos adquiridos de Cálculo Diferencial e Integral. A3
A6
B1
C5
Sabe utilizar métodos numéricos na resolución dalgúns problemas matemáticos que se plantexan. A6
B1
B2
B4
Coñece o uso reflexivo de ferramentas de cálculo simbólico e numérico. B6
C2
Posúe habilidades propias do pensamento científico matemático, que lle permiten preguntar e responder a determinadas cuestións matemáticas. A6
Ten destreza para manexar a linguaxe matemática; en particular, a linguaxe simbólica e formal. A6
B1
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. A6
Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos. A6
B3

Contidos
Temas Subtemas
Topoloxía Tema 1: Produto escalar, módulo e distancia. Clasificación de puntos e conxuntos. Coordenadas polares, cilíndricas e esféricas.
Funcións Tema 2: Funcións escalares e vectoriais. Conxuntos de nivel. Continuidade. Continuidade en compactos.
Cálculo Diferencial
Tema 3: Derivada direccional. Derivadas parciais: propiedades e cálculo práctico. Diferencial dunha función. Relación entre diferencial e derivadas parciais. Vector gradiente, relación coas derivadas direccionais. Derivadas parciais de orde superior. Matriz Xacobiana.
Tema 4: Teorema de Taylor para funcións reais e escalares. Puntos críticos, clasificación. Matriz Hessiana. Extremos condicionados: reducción da dimensión.
Cálculo Integral Tema 5: Sumas de Riemann. Funcións integrables. Teoremas do cálculo integral: teorema do valor medio, primeiro e segundo teoremas fundamentais. Áreas de superficies planas. Cálculo de volumes.
Tema 6: Integrais dobres. Integrais triplas. Cambio de variables nas integrais múltiples. Aplicacións das integrais: cálculo de áreas e volumes.
Números complexos. Tema 7: O corpo dos números complexos. Operacións: suma, produto. Módulo e argumento. Forma exponencial. Operacións en forma exponencial.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B3 B4 30 20 50
Proba práctica A6 B1 6 6 12
Proba mixta A6 B1 B4 C5 8 12 20
Solución de problemas A3 A6 B2 C2 C5 20 20 40
Prácticas de laboratorio A6 B1 B6 10 8 18
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba práctica Con eles pásase de teoría á práctica. Resólvense problemas concretos da materia desenvolvida nas clases maxistrais.
Proba mixta Son útiles para coñecer o grao de aproveitamento que o alumnado fai das clases e o estudo persoal. Pode consistir nunha explicación de parte do contido da asignatura, a contestación a preguntas test, a resolución de cuestións teóricas ou prácticas e o desenvolvemento de solucións a cuestións que implican o dominio profundo da materia.
Solución de problemas Utilízanse os coñecementos adquiridos para resolver distintas cuestións.
Prácticas de laboratorio O seu obxectivo é que o alumno amose a súa capacidade para resolver problemas dos contidos da asignatura mediante o uso de programas informáticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
Desenvolverase na aula e nos despachos do profesorado.

En concreto, nas sesión dedicadas á resolución de problemas tratarase de atender ao alumnado de xeito individual.

No horario establecido polo profesorado para titorías, o alumnado poderá plantexar as dúbidas sobre a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 B1 B4 C5 Correspóndese co exame oficial. É unha proba coa que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte de cada estudante. Pode abranguer cuestións test, resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas. 65
Proba práctica A6 B1 Formularanse cuestións prácticas nas que o estudante buscará a solución a un determinado problema. 20
Prácticas de laboratorio A6 B1 B6 Cada estudiante debe resolver exercicios coa axuda dun programa informático. 15
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases non forma parte da avaliación.

Probas de avaliación continua. Realizaranse tres. A primeira dos contidos
dos temas 1 e 2, a segunda dos contidos dos temas 3 e 4, e a terceira dos
contidos dos temas 5 e 6. Cada una delas avalíase cunha nota comprendida entre
0 e 10 puntos. A estas notas as denominamos NEC1, NEC2 e NEC3.

Prácticas de laboratorio. Avaliaranse cunha proba na que os estudiantes
poden usar o material docente da materia publicado no Campus Virtual da UDC. A
nota desta proba, comprendida entre 0 e 10 puntos, a denominamos NL.

O exame oficial de cada oportunidade abarca todos os temas da materia.
Avaliarase cunha nota NPO ou NSO comprendida entre 0 e 10 puntos.

En cada oportunidade o alumnado pode elixir entre conservar ou renunciar ás
notas NEC1, NEC2 e NEC3 de avaliación continua. A nota da acta calcularase do
seguinte xeito:

• Consérvanse as notas de avaliación continua. A nota da acta será:

0.15×NL+0.2/3×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.65×NPO na primeira oportunidade

0.15×NL+0.2/3×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.65×NSO na segunda oportunidade.

• Renuncia ás notas de avaliación continua. A nota da acta será:

0.15×NL+0.85×NPO na primera oportunidade,

0.15×NL+0.85×NSO na segunda oportunidade.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia.

Dado que a asistencia ás clases non se considera obrigatoria, e a avaliación
realízase a través de varias probas, esta será a mesma que para o resto do
alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica De Burgos, J. (2008). Cálculo infinitesimal de varias variables. Madrid. Mcgraw-Hill.
Marsden, J.E. (2008). Cálculo vectorial. Madrid. Pearson Educación.
Thomas, George B. (2010). Cálculo. Varias variables. México. Pearson.
Salas, Hille, Etgen (2003). Calculus (una y varias variables). Barcelona. Reverté
Churchill, R. y Brown, J. (1987). Variable compleja y aplicaciones. Madrid: McGraw-Hill Interamericana

Bibliografía complementaria Purcell, E.J.; Varberg, D.; Rigdon, S.E. (2001). Cálculo. México. Prentice-Hall
García López, A. (2002 ). Cálculo II: Teoría y problemas de funciones de varias variables. Madrid. CLAGSA
Prieto Saéz, E.; Rodriguez e outros (1995). Matemáticas I. Economía y Empresa. 4000 pruebas de evaluación . Centro de Estudios Ramón Areces
Ladra, M, e outros (2003). Preguntas test de Álgebra Lineal y Cálculo Vectorial. Ferrol. E.U.Politécnica


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Alxebra/770G01006
Ecuacións Diferenciais/770G01011
Mecánica de Fluídos/770G01016
Fundamentos de Automática/770G01017
Fundamentos de Electrónica/770G01018

Observacións

Estudo diario dos contidos tratados nas sesións de sesión maxistral, complementados co curso virtual e a bibliografía recomendada.

Resolución tanto dos exercicios propostos nas sesións presenciais como doutros atopados na bibliografía recomendada.

É recomendable o traballo en grupos reducidos, xa que a discusión entre os membros do mesmo axuda a resolver as distintas cuestións que se podan plantexar no estudo da asignatura.

Uso das horas de titoría do profesorado para resolver todo tipo de dúbidas sobre os contidos da materia. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías