Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Química Código 770G01004
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Alonso Rodriguez, Elia
Correo electrónico
elia.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso Rodriguez, Elia
Gonzalez Rodriguez, Maria Victoria
Correo electrónico
elia.alonso@udc.es
victoria.gonzalez.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución aos fundamentos científicos da química en relación coas súas aplicacións tecnolóxicas

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexar os principios básicos da química xeral, a química orgánica e a química inorgánica. A8
C3
Manexar as leis básicas que regulan as reaccións: termodinámica, cinética e equilibrio. A8
C3
Resolver exercicios e problemas de forma completa e razoada B1
Aplicar de forma adecuada os conceptos teóricos no laboratorio mediante o uso correcto e seguro do material básico e dos equipos B1
B4
Usar unha linguaxe rigorosa na química B2
Presentar e interpretar datos e resultados B6

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1. Conceptos básicos de química Inclúe o tema 1
Tema 1. Conceptos Químicos Fundamentais. - Estequiometría. Rendemento reacción. Reactivo limitante.
- Átomo. Modelo mecanocuántico.
- Táboa periódica e propiedades periódicas.
- Enlace Químico. Tipos de enlace: iónico, covalente, metálico. Forzas intermoleculares.

Unidade 2. Termoquímica Inclúe o tema 2
Tema 2. Termoquímica. - Cambios de enerxía nas reaccións químicas
- Entalpía
- Calorimetría
- Introdución á termodinámica.

Unidade 3. Cinética Química Inclúe o tema 3
Tema 3. Cinética Química - Velocidade de reacción
- Ecuación de velocidade
- Relación entre a concentración de reactivos e o tempo
- Enerxía de activación
- Catálise
- Mecanismos de reacción

Unidade 4. Equilibrio Químico Inclúe o tema 4
Tema 4. Equilibrio Químico - Concepto de equilibrio. Constante de equilibrio.
- Equilibrio de gases. Principio de Le Chatelier
- Equilibrio ácido base

Unidade 5. Electroquímica Inclúe os temas 5, 6 e 7
Tema 5. Electroquímica I - Reaccións redox. Axustes
- Potenciais estándar de electrodo
- Espontaneidade das reaccións redox
- Ecuación de Nernst

Tema 6. Electroquímica II - Celas voltaicas. Baterías
- Electrolisis. Aspectos cuantitativos da electrolísis
Tema 7. Corrosión - Concepto de corrosión
- Procesos de corrosión e factores que inflúen
- Métodos de protección fronte á corrosión
- Corrosión atmosférica
- Corrosión mariña

Unidade 6. Principios de Química Orgánica Inclúe o tema 8
Tema 8. Química Orgánica - Introdución á Química Orgánica
- Grupos funcionais
- Nomenclarura
- Isomería
- Tipos xerais de reaccións orgánicas
Unidade 7. Química Orgánica e Inorgánica aplicadas á Enxeñaría Inclúe os temas 9 e 10
Tema 9. Química Orgánica aplicada á Enxeñaría - A combustión:
. Carbón
. Petróleo
. Gas natural
. Biomasa
- Polímeros

Tema 10. Química Inorgánica aplicada á Enxeñaría - Metalurxia
- Síntese industrial de compostos inorgánicos
- Materiais inorgánicos de interese tecnolóxico: Semicondutores, Fibras ópticas, Cerámicos,
Supercondutores

Unidade 8. Bases da Química Industrial: Balances de Materia Inclúe o tema 11
Tema 11. Bases de Química Industrial: Balances de Materia - Procesos en Enxeñaría
- Balances de Materia

Unidade 9. Principios de Análisis Instrumental Inclúe o tema 12
Tema 12. Introdución ás técnicas instrumentais na análise industrial. - Clasificación das técnicas instrumentais
- Parámetros de calidade dun método de análise química.
- Calibración
- Cifras significativas


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 21 29.4 50.4
Solución de problemas A8 B1 20 38 58
Prácticas de laboratorio A8 B4 B6 C3 5 10 15
Traballos tutelados B6 B2 C3 3 6 9
Proba obxectiva A8 B1 4 12 16
 
Atención personalizada 1.6 0 1.6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O estudante: asimila e toma apuntamentos. Formula dúbidas e cuestións
Solución de problemas Presentación e resolución do boletín. O estudante traballa individualmente ou en grupo, formula dúbidas e cuestións
Prácticas de laboratorio Lectura comprensiva da práctica. Leva a cabo o traballo experimental. Formula e resolve os cálculos numéricos asociados así como as cuestións que se lle formulen. Examina e valora o resultado final.
Resolución de cuestions a través de moodle
Traballos tutelados Realización de estudos dirixidos. Presentación e corrección.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe do estudante

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Revisión do desenvolvemento das etapas intermedias e final do estudo dirixido

Resolución de cuestións puntuais que lle impiden ao alumno o seguimento xeral da materia

O estudante con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 B2 C3 Realización e exposición na aula de actividades dirixidas.
Realización dunha actividade e avaliación mediante unha proba obxectiva.

10
Proba obxectiva A8 B1 Aproximadamente na metade do cuadrimestre realizarase un 1er exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un 2º exame parcial (teoría e problemas) para os estudantes que superasen o 1er parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os estudantes que non se tivesen presentado ou non tivesen aprobado o 1er exame parcial.
Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 punto.
70
Solución de problemas A8 B1 Resolución dos boletíns de exercicios e capacidade para explicalos na aula. 10
Prácticas de laboratorio A8 B4 B6 C3 Realización de cada unha das prácticas, entrega do informe.
Capacidade para traballar de forma colaborativa.
Resolución dos exercicios propostos en moodle antes do examen parcial correspondente
10
 
Observacións avaliación

Os
estudantes para ser avaliados terán que ter realizado como mínino
o 75% das clases prácticas de laboratorio.

Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame
haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos

O estudante
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado mediante a
cualificacion obtida no exame final (80%) e a realización de traballos
tutelados (20%).


Fontes de información
Bibliografía básica http://eup.cdf.udc.es (). .
VINAGRE F., VAZQUEZ DE MIGUEL L.M. (1996 ). "Fundamentos y problemas de química" . Alianza, 4ª Ed.
McMurry, Fay (2009 ). "Química General" . Prentice Hall
Petrucci, Ralph H. (2011). "Química general: principios y aplicaciones modernas". Prentice Hall
CHANG (2002 ). "Química" . Interamericana. Mc Graw - Hill. 7ª Edición
PÉREZ IGLESIAS, J. y SECO LAGO, H.M. (2006 ). “Experimentos de química. Aplicaciones a la vida cotidiana" . Badajoz. Editorial Filarias

Bibliografía complementaria PETERSON (2012 ). "Fundamentos de nomenclatura química" . Reverte
Skoog, Douglas A ( 2007 ). "Principios de análisis instrumental" . Santa Fe : Cengage Learning
José Vale Parapar y col. (2004 ). "Problemas resueltos: de Química para Ingeniería" . Thomson
KOTZ, TREICHEL, HARMAN (2003 ). "Química y reactividad química" . Thomson Ed. 5º Ed.
PAZ, M.; CASTRO, F. y MIRO, J. (1995 ). "Química" . Madrid.Ed.UNED
WILLIS (1995 ). "Resolución de Problemas de Química General" . Reverté


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Enxeñaría Medioambiental/770G01014

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero:
1. A entrega dos traballos documentais (traballo tutelado) que se realicen nesta materia farase da seguinte maneira:
1.1.Entregarase en formato virtual e / ou soporte informático
1.2.No caso de ter que imprimir algo en papel farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final.

2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habititados na rúa para tal fin.

3. Intentarase transmitir aos estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.

4. Debe incorporarse a perspectiva de xénero nesta materia polo que os traballos entregados polos estudantes e o material preparado polo profesor deben usar linguaxe non sexista.

5. Facilitarase a plena integración dos estudantes que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías