Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Estatística Código 770G01008
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Correo electrónico
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
Profesorado
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
javier.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese proporcionar ao estudante os coñecementos estatísticos básicos necesarios para o futuro Enxeñeiro en Enxeñaría Electrónica. Empregarase un enfoque fundamentalmente aplicado. Neste sentido, darase prioridade á exposición intuitiva de conceptos e aos métodos aplicados sobre as demostracións matemáticas excesivamente formais.

Máis detalladamente, preténdese alcanzar os seguintes obxectivos:
1. Completar os coñecementos previos do estudante sobre Estatística Descritiva (medidas de centralización e dispersión, representación gráfica de datos, etc.).
2. Introducir os conceptos de correlación e regresión para dúas variables.
3. Coñecer os conceptos básicos da Teoría da Probabilidade (probabilidade, probabilidade condicionada, variables aleatorias e as súas distribucións, etc.).
4. Introducir os conceptos fundamentais da Estatística Inferencial (estimación puntual, intervalos de confianza e contraste de hipóteses).

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir estatísticamente unha mostra, resumila mediante táboas, gráficos e medidas descriptivas A6
B1
B2
B3
B4
Coñecer os conceptos, resultados fundamentais e aplicacións da probabilidade A6
B1
B2
B3
B4
Comprender o concepto de variable aleatoria e coñecer as principais distribucións de probabilidade A6
B1
B2
B3
B4
Coñecer os fundamentos da Inferencia Estatística. Utilizar métodos de estimación de parámetros e contraste de hipóteses e aplicalos á toma de decisións A6
B1
B2
B3
B4
Elaborar, comprender e valorar informes baseados en análises estatísticas A6
B1
B6
C3
Realizar cálculos e simulacións en situacións de incerteza A6
B1
B6
C3

Contidos
Temas Subtemas
Os seguintes temas desenrolan os contidos da ficha da Memoria de Verificación, que figuran no cadro á dereita. Estatística descritiva dunha e varias variables.
Cálculo de probabilidades.
Variables aleatorias e modelos de distribución discretos e continuos.
Introducción á Inferencia Estatística.
Estimación por intervalos de confianza.
Contrastes de hipóteses.
Introducción á optimización.
1. Estatística descritiva dunha e varias variables.



Descrición estatística dunha variable: distribucións de frecuencias, representacións gráficas e medidas características.
Descrición estatística de varias variables: distribucións de frecuencias, representacións gráficas e medidas características.
Regresión lineal e correlación.
2. Probabilidade e probabilidade condicionada.
Conceptos xerais: espacio muestral e álxebra de sucesos.
Definición axiomática de probabilidade.
A probabilidade como límite da frecuencia relativa.
Regla de Laplace.
Definición de probabilidade condicionada.
Independencia de sucesos.
Teoremas do producto, a probabilidade total e Bayes.
3. Variables aleatorias. Concepto de variable aleatoria.
Variables aleatorias discretas e continuas
Medidas características dunha variable aleatoria.
4. Distribucións notables.

Distribucións notables discretas: distribucións de Bernoulli, binomial, xeométrica, hiperxeométrica, Poisson e uniforme.
Distribucións notables continuas: distribucións exponencial, normal, uniforme, chi-cuadrado de Pearson e t de Student.
Aproximación entre distribucións: o teorema central do límite.

5. Introdución á inferencia estatística.
Conceptos xerais: mostraxe, estimación de parámetros e contrastes de hipóteses paramétricas.
6. Estimación de parámetros. Estimación puntual: estimación puntual da media, a varianza e unha proporción.
Estimación por intervalos de confianza: intervalos de confianza para a media, a varianza, unha proporción, e para a diferencia de dúas medias.
7. Contrastes de hipóteses paramétricas. Conceptos xerais: nivel de significación, p-valor e potencia dun contraste.
Procedemento xeral de contraste de hipóteses.
Contrastes de hipóteses para a media, a varianza, unha proporción, e para a igualdade de dúas medias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B2 21 36.75 57.75
Solución de problemas A6 B1 B3 B4 21 36.75 57.75
Proba de resposta múltiple A6 1.25 2.5 3.75
Proba obxectiva A6 2.5 5 7.5
Prácticas a través de TIC B6 C3 9 13.5 22.5
 
Atención personalizada 0.75 0 0.75
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir ó estudante os coñecementos teóricos
Solución de problemas Seminarios en grupos de tamaño intermedio destinados á resolución de exercicios e problemas
Proba de resposta múltiple Proba de tipo test realizada ó longo do curso co fin de facer un seguemento da evolución da adquisición de coñecementos polo estudante
Proba obxectiva Proba de tipo test realizada ó remate da asignatura co fin de avaliar globalmente a adquisición de coñecementos polo estudante
Prácticas a través de TIC Resolución de supostos prácticos e teóricos mediante a utilización de software estatístico (R/R Commander)

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorías presenciais no despacho dos profesores

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B6 C3 Exame de tipo test (5 preguntas) que avaliará o coñecemento do programa estatístico empregado nas prácticas (R/R Commander) 30
Proba de resposta múltiple A6 Exame parcial de tipo test (10 preguntas) 20
Proba obxectiva A6 Exame final de tipo test (20 preguntas) 50
 
Observacións avaliación
Evaluación na primeira oportunidade

A Proba de resposta múltiple (exame parcial) realizarase ao longo do curso (a título orientativo, unha vez impartido o tema 4). A Proba obxectiva (exame final) abarcará os contidos de tódolos temas (temas 1 a 7). Na avaliación das Prácticas a través de TIC, sen perxuizo da nota obtida no test, o profesor poderá ter tamén en conta a asistencia regular ás prácticas durante o curso. Para superar a asignatura é necesario acadar unha cualificación total mínima de 50 puntos, sendo en todo caso obligatoria a presentación á Proba obxectiva. Quen non se presente á Proba obxectiva será cualificado como 'non presentado'. Se a cualificación obtida sumando a Proba de resposta múltiple e a Proba obxectiva é menor que a da Proba obxectiva puntuada sobre un máximo de 70 puntos, reemplazarase aquela cualificación por esta última. Non se conservarán os puntos obtidos en cursos anteriores pola asistencia regular ás prácticas.

Evaluación na segunda oportunidade

Farase unha Proba obxectiva similar á da primeira oportunidade. A avaliación farase seguindo o mesmo procedemento que na primeira oportunidade, é dicir, se a suma da cualificación da Proba de resposta
múltiple (exame parcial) e a Proba obxectiva é menor que a da Proba obxectiva
soa puntuada sobre 70 puntos, considerarase a maior das dúas. A avaliación das Prácticas a través de TIC farase mediante un test semellante ao da primeira oportunidade, que contribuirá á cualificación cun máximo de 30 puntos. Se a asistencia regular ás prácticas durante o curso se tivo en conta na avaliación da primeira oportunidade, tamén será tida en conta (e co mesmo criterio) na da segunda oportunidade. Non se conservarán os puntos obtidos en cursos anteriores pola asistencia regular ás prácticas.

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que decida non presentarse á Proba de resposta múltiple (exame parcial) e/ou non asistir ás prácticas, será avaliado nas dúas oportunidades como o resto de alumnado que se atopa nunha situación similar.


Fontes de información
Bibliografía básica Cao, R et al. (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Pirámide

Bibliografía complementaria Cao, R. et al. (1998). Estadística básica aplicada. Tórculo
García, A. et al. (1995). Estadística II. UNED
Vélez, R. & García, A. (1993). Principios de Inferencia Estadística. UNED
Montgomery, D. C. & Runger, G. C. (2004). Probabilidad y Estadística aplicadas a la Ingeniería. Limusa-Wiley
Canavos, G. C. (1998). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y métodos. McGraw-Hill

Recursos web:

Portal do programa R: http://www.r-project.org/

Direccións desde donde se poden descargar manuais en castelán de R e/ou R Commander no formato 'pdf':

http://cran.r-project.org/doc/contrib/Saez-Castillo-RRCmdrv21.pdf

http://knuth.uca.es/repos/ebrcmdr/pdf/actual/ebrcmdr.pdf


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías