Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Resistencia de Materiais Código 770G01019
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Moreno Madariaga, Alicia
Correo electrónico
alicia.moreno@udc.es
Profesorado
Fraga Lopez, Pedro
Moreno Madariaga, Alicia
Correo electrónico
p.fraga@cdf.udc.es
alicia.moreno@udc.es
Web
Descrición xeral A resistencia de materiais é a materia basee do cálculo e análise de estruturas e elementos mecánicos. Proporciona ao alumno, os conceptos básicos de tensión e deformación. Estúdase o comportamento de elementos baixo esforzo axil, cortante, torsor e flector.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender o comportamento resistente de estruturas e compoñentes mecánicos. A19
Comprender o comportamento resistente das estruturas e elementos mecánicos, facendo propios os conceptos de tensión e deformación. A19
Análise e deseño de elementos estruturais suxeitos a tensión, compresión, torsión e flexión. A19
Análise e deseño de membros estruturais suxeitos a tracción, compresión, torsión e flexión. A19
Adquirir os conceptos de elasticidade e inelasticidade. A4
Adquirir os conceptos de elasticidade e inelasticidad. B1
B4
B5
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introdución á resistencia de materiais. Tensión normal e deformación lineal. Propiedades mecánicas dos materiais. Elasticidade e plasticidad. Lei de Hooke e coeficiente de Poisson. Tensión tangencial e deformación angular. Tensións e cargas admisibles. Deseño para cargas axiales e cortante directo.
Tema 2: Carga axial. Cambios de lonxitude en barras uniformes e non uniformes. Efectos térmicos e deformacións previas. Tensións sobre seccións inclinadas. Enerxía de deformación.
Tema 3. Torsión. Introdución. Deformacións a torsión en barras circulares. Relación entre os módulos de elasticidade E e G. Transmisión de potencia por medio de eixos circulares.
Tema 4. Esforzos cortantes e momentos flectores.
Introdución. Tipos de vigas, cargas e reaccións. Esforzos cortantes e momentos flectores. Relacións entre cargas, esforzos cortantes e momentos flectores. Diagramas de tensión cortante e de momento flector.
Tema 5. Tensións en vigas I. Introdución. Flexión pura e flexión non uniforme. Curvatura dunha viga. Deformacións lineais longitudinales en vigas. Tensións normais en vigas con material elástico lineal. Deseño de vigas a flexión.
Tema 6. Tensións en vigas II. Vigas non prismáticas. Tensións tangenciales en vigas de sección transversal rectangular e circular. Tensións tangenciales nas almas de vigas con ás. Centro de esforzos cortantes.
Tema 7. Análise de tensións e deformacións. Introdución. Tensión plana. Tensións principais e tensións tangenciales máximas. Círculo de Mohr. Lei de Hooke para tensión plana. Tensións máximas en vigas. Deformación plana.
Tema 8. Deflexiones en vigas. Introdución. Ecuacións diferenciais da curva de deflexión. Deflexiones por integración da ecuación do momento flector. Método área-momento. Enerxía de deformación por flexión. Métodos enerxéticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A19 21 36.75 57.75
Seminario A4 9 9 18
Solución de problemas B1 B4 B5 18 31.5 49.5
Proba obxectiva C1 3.5 12.25 15.75

Atención personalizada 9 0 9

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, que ten como finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe na o ámbito da análise estrutural.
Seminario Técnica de traballo en grupo para resolver problemas, mediante exposición, discusión, participación e cálculo. Emprégase calculadora.
Solución de problemas Metodoloxía consistente na formulación e resolución de casos prácticos, mediante exposición, discusión e participación, que axuda á comprensión das bases teóricas da materia e permite a explicación dos métodos máis frecuentes de aplicación da mesma.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Proba obxectiva
Descrición
Alumnado con dedicación completa:
a) Seminario: seguimento e resolución das dúbidas concretas xurdidas na solución dos problemas expostos.
b) Proba obxectiva: resolución de dúbidas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia

Alumnado a tempo parcial:
a) Seminario: seguimento e resolución das dúbidas concretas xurdidas na solución dos problemas expostos.
b) Proba obxectiva: resolución de dúbidas en tutorías individuais sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. Seguimento do traballo global do alumno.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A4 Se valorarará a competencia de traballo en equipo e a resolución conxunta de problemas. 10
Solución de problemas B1 B4 B5 Valoraranse de forma individual os casos prácticos resoltos polo alumno 20
Proba obxectiva C1 Realízase individualmente, de forma presencial, ao finalizar a materia, cunha duración estimada de 4 horas. Esíxese unha nota mínima de 4 sobre 10. 70

Observacións avaliación

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

asistencia/ participación nas actividades de clase mínima do 75%:

a) Seminario: resolución conxunta de problemas (10%)

b) Solución de problemas: resolución de casos prácticos (20%)

c) Proba obxectiva: exame escrito sobre os contidos da materia (70%)

Segunda oportunidade:

a) Solución de problemas: resolución de casos prácticos (30%)

b) Proba obxectiva: exame escrito sobre os contidos da materia (70%)

Fontes de información
Bibliografía básica Ortiz Berrocal, Luis (2007). Resistencia de materiales. McGraw-Hill, Madrid.
Gere James M. (2002). Timoshenko. Resistencia de Materiales. Editorial Paraninfo, Madrid.

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001
Física I/770G01003
Fisíca II/770G01007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías