Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Resistencia de Materiais Código 770G01019
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Gonzalez Varela, Francisco Javier
Correo electrónico
f.gonzalez@udc.es
Profesorado
Amado Paz, José Manuel
Gonzalez Varela, Francisco Javier
Correo electrónico
jose.amado.paz@udc.es
f.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral A resistencia de materiais é a materia base do cálculo e análise de estruturas e elementos mecánicos. Proporciona ao alumno, os conceptos básicos de tensión e deformación. Estúdase o comportamento de elementos baixo esforzo axial, cortante, torsor e flector, actuando tanto por separado, como de maneira conxunta.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os fundamentos da elasticidade lineal: tensión, deformación e relacións constitutivas. A4
A19
C1
Saber calcular as leis de esforzos: esforzos normais, momentos flectores, esforzos cortantes e momentos torsores, que se derivan dunha solicitación externa actuando sobre a peza elástica. A4
A19
B1
B4
B5
C1
Saber calcular as tensións e deformacións producidas por cada un dos esforzos: esforzo normal, momento flector, esforzo cortante e momento torsor, actuando separadamente, e cando a solicitación que actúa sobre a peza elástica é arbitraria. A4
A19
B1
B4
B5
C1

Contidos
Temas Subtemas
Estes temas desenvolven os contidos detallados na memoria de verificación. Conceptos básicos de tensión e deformación; a peza elástica (tema 1).
Modelo de barras y leis de esforzos (temas 2, 3, y 4).
Esforzo axil: tensións e deformacións (tema 2).
Tensións producidas polo momento flector (temas 4 y 5).
Tensións producidas polo esforzo cortante (tema 5).
Tensións producidas pola torsión (tema 3).
Tensións producidas pola combinación de esforzos (tema 7).
Tema 1: Introdución á resistencia de materiais. Tensión normal e deformación lineal. Propiedades mecánicas dos materiais. Elasticidade e plasticidade. Lei de Hooke e coeficiente de Poisson. Tensión tanxencial e deformación angular. Tensións e cargas admisibles. Deseño para cargas axiales e cortante directo.
Tema 2. Carga axial. Cambios de lonxitude en barras uniformes y non uniformes. Efectos térmicos y deformacións previas. Enerxía de deformación. Sistemas hiperestáticos (en elementos sometidos a esforzos axiales).
Tema 3. Torsión. Introdución. Deformacións a torsión en barras circulares. Relación entre os módulos de elasticidade E e G. Transmisión de potencia por medio de eixos circulares. Sistemas hiperestáticos (en elementos sometidos a torsión).
Tema 4. Esforzos cortantes e momentos flectores.
Introdución. Tipos de vigas, cargas e reaccións. Esforzos cortantes e momentos flectores. Relacións entre cargas, esforzos cortantes e momentos flectores. Diagramas de tensión cortante e de momento flector.
Tema 5. Tensións en vigas I. Introdución. Flexión pura e flexión non uniforme. Curvatura dunha viga. Deformacións lineais lonxitudinais en vigas. Tensións normais en vigas con material elástico lineal. Deseño de vigas a flexión.
Tema 6. Tensións en vigas II. Vigas non prismáticas. Tensións tanxenciais en vigas de sección transversal rectangular e circular. Tensións tanxenciais nas almas de vigas con ás.
Tema 7. Análise de tensións e deformacións. Introdución. Tensión plana. Tensións principais e tensións tanxenciais máximas. Círculo de Mohr. Lei de Hooke para tensión plana. Tensións máximas en vigas. Tensións producidas pola combinación de esforzos. Deformación plana.
Tema 8. Deflexiones en vigas. Introdución. Ecuacións diferenciais da curva de deflexión. Deflexións por integración da ecuación do momento flector. Método área-momento. Enerxía de deformación por flexión. Métodos enerxéticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A19 C1 30 15 45
Seminario A4 A19 B1 B4 B5 C1 9 9 18
Solución de problemas A4 A19 B1 B4 B5 C1 21 36.5 57.5
Traballos tutelados A4 A19 B1 B4 B5 C1 1 15.5 16.5
Proba obxectiva A4 A19 B1 B4 B5 C1 3.5 7 10.5
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, que ten como finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe na o ámbito da análise estrutural.
Seminario Técnica de traballo en grupo para resolver problemas, mediante exposición, discusión, participación e cálculo. Emprégase calculadora.
Solución de problemas Metodoloxía consistente na formulación e resolución de casos prácticos, mediante exposición, discusión e participación, que axuda á comprensión das bases teóricas da materia e permite a explicación dos métodos máis frecuentes de aplicación da mesma. Proporanse tamén problemas para que os alumnos os resolvan de forma non presencial.
Traballos tutelados Traballos resoltos en grupo, cuxo avance é guiado polo profesor ao largo do curso.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Solución de problemas
Proba obxectiva
Descrición
a) Seminario: seguemento e resolución das dudas concretas surxidas na solución de los problemas planteados.
b) Proba obxectiva: resolución de dudas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia
c) Traballos tutelados: seguemento do traballo e resolución de dudas baixo demanda.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A19 B1 B4 B5 C1 Valorarase o traballo realizado por cada grupo de estudiantes. A nota dos alumnos dun mismo grupo puede ser diferente se o profesor ten constancia de que houbo un nivel de participación desigual dentro do grupo. 20
Solución de problemas A4 A19 B1 B4 B5 C1 Valoraranse de forma individual os casos prácticos resoltos polo alumno. 30
Proba obxectiva A4 A19 B1 B4 B5 C1 Realizarase un exame final cunha duración de ata 4 horas ao finalizar a materia.
Esíxese una nota mínima de 3.5 puntos sobre 10 nesta proba para poder superar a materia.
50
 
Observacións avaliación

A nota que non se obtivo coa solución de problemas ou cos traballos
tutelados, poderase recuperar no exame final. Por tanto a nota final
calcularase da seguinte maneira: Nf = Np+ Nt+(10- Np- Nt)* Ne/10, onde Nf é a nota final sobre 10, Np é a nota da resolución de problemas de forma individual sobre 3, Nt é a nota dos traballos tutelados (sobre 2), e Ne
é a nota do exame final (sobre 10). Non se contempla ningunha
modificación para os alumnos con dispensa académica. A avaliación da segunda oportunidade seguirá
o mesmo esquema de puntuación, onde a nota Ne será a do exame realizado
na segunda oportunidade. Na convocatoria adiantada, a nota total será a do exame realizado.



A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria
extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica Ortiz Berrocal, Luis (2007). Resistencia de materiales. McGraw-Hill, Madrid.
Gere James M. (2002). Timoshenko. Resistencia de Materiales. Editorial Paraninfo, Madrid.

Bibliografía complementaria Mott, R. L. (1996). Resistencia de Materiales Aplicada. Prentice Hall


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001
Física I/770G01003
Alxebra/770G01006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías