Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Alxebra Código 770G02006
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Suarez Peñaranda, Vicente
Correo electrónico
vicente.suarez.penaranda@udc.es
Profesorado
Suarez Peñaranda, Vicente
Suarez Taboada, Maria
Correo electrónico
vicente.suarez.penaranda@udc.es
maria.suarez3@udc.es
Web
Descrición xeral Descríbense nesta materia algúns conceptos básicos da álxebra lineal e a xeometría diferencial, cuxa exposición desenvolvida pode verse no paso 3: Contidos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poidan suscitar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B3 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Resolve problemas matemáticos que poden plantearse na Enxeñería. A6
B1
B2
B3
B4
B6
C1
Ten aptitude para aplicar os coñecementos adquiridos de Álxebra Liñal; Xeometría e Xeometría Diferencial. A6
Sabe utilizar métodos numéricos en la resolución de algunos problemas matemáticos que se le plantean A6
B1
Coñecer o uso reflexivo de ferramentas de cálculo simbólico e numérico. A6
B1
B2
B3
B6
Posúe habilidades propias do pensamento científico matemático, que lle permiten preguntar e respostar a determinadas cuestións matemáticas. A6
B1
B2
B3
B6
C1
Ten destreza para manexar a linguaxe matemática; en particular, a linguaxe simbólica e formal. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. A6
B4
B6
Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos. A6
B1
B2
B3
B4

Contidos
Temas Subtemas
Xeometría Tema 1: Camiños en Rn. Reparametrizacións. Integrais de funcións escalares. Aplicacións das integrais de funciones escalares. Integrais de funcións vectoriais. Funcións de tipo gradiente. Teorema de Green.
Tema 2: Integrais de superficie: Produto vectorial. Superficies en R3. Área duhna superficie. Integrais de funcións escalares. Superficies orientables. Integrais de funcións vectoriais. Diverxencia. Teorema de Gauss.
Álxebra Lineal Tema 3: Tipos de matrices e exemplos. Operacións con matrices. Matriz trasposta. Matrices simétricas e antisimétricas. Determinante dunha matriz cadrada. Rango dunha matriz. Matriz inversa.
Tema 4: O espazo vectorial Rn. Operacións: suma, produto por números reais. Subespazos vectoriais. Suma directa. Combinación lineal, peche lineal. Conxuntos libres e ligados. Sistemas de xeradores. Base e dimensión. Teorema da base. Coordenadas, cambio de coordenadas.
Tema 5: Aplicacións lineales. Propiedades das aplicaciones lineales. Núcleo e Imagen dunha aplicación lineal. Operacións con aplicaciones lineais. Matriz asociada a unha aplicación lineal

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B2 B3 B4 C1 21 31.5 52.5
Solución de problemas A6 A6 21 31.5 52.5
Proba mixta A6 B4 B1 C1 8 8 16
Prácticas de laboratorio A6 B4 B5 B6 9 9 18
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Expoñense os contidos da materia. Amósanse exemplos de aplicación dos coñecementos desenvolvidos e propóñense actividades relacionadas.
Solución de problemas Con eles pásase de teoría á práctica. Resólvense problemas concretos da materia desenvolvida nas clases maxistrais.
Proba mixta Son útiles para coñecer o grao de aproveitamento que os alumnos fan das clases e o estudo persoal. Pode consistir nunha explicación de parte do contido da asignatura, a contestación a preguntas test, a resolución de cuestións teóricas ou prácticas e o desenvolvemento de solucións a cuestións que implican o dominio profundo da materia.
Prácticas de laboratorio O seu obxectivo é que o alumno amose a súa capacidade para resolver problemas dos contidos da asignatura mediante o uso de programas informáticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada permite adecuar o estudio ao nivel de coñecementos e competencias de cada estudante. Dirixir persoalmente cada estudante optimiza o tempo adedicado ao estudio e permite rectificar erros conceptuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 B4 B5 B6 Os estudantes deben coñecer o funcionamento dalgún programa informático que axude a resolver mecánicamente problemas previamente plantexados. 10
Proba mixta A6 B4 B1 C1 Son probas coas que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte dos estudantes. Non terán un perfil definido, xa que poden abranguer dende cuestións test, nas que o estudante unicamente debe elixir unha resposta entre as opcións que se propoñen, ata a resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas que reflictan o grao de coñecemento da materia. 70
Solución de problemas A6 A6 Formularanse cuestións prácticas nas que o alumno buscará a solución a un determinado problema. 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Grossman, S. (1995). Álgebra lineal con aplicaciones. McGraw-Hill
Nakos, G. e outros (1999). Álgebra lineal con aplicaciones. Thomson
Granero Rodríguez, F. (1991). Álgebra y geometría analítica. McGraw-Hill
Besada Morais, M. y outros (2008). Calculo vectorial e ecuacións diferenciais. Servizo publicacións da Universidade de Vigo
Roberto Benavent (2010). Cuestiones sobre Álgebra Lineal. Paraninfo
Guillem Borrell i Nogueras (2008). Introducción a Matlab y Octave. http://iimyo.forja.rediris.es/matlab/

Bibliografía complementaria Ladra González y otros (2003). Preguntas test de álbegra lineal y cálculo vectorial. J.B.Castro Ambroa y Copybelén
Prieto Sáez, E y otros (1995). Matemáticas I: economía y empresa. Centro de estudios Ramón Areces


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fisíca II/770G01007

Materias que continúan o temario
Ecuacións Diferenciais/770G01011
Mecánica de Fluídos/770G02016

Observacións

O estudante debe dominar os contidos das materias de Matemáticas impartidas na E.S.O. e bacharelato. Aqueles alumnos procedentes de Ciclos Formativos deben estudar os conceptos básicos relativos a aplicacións, funcións e integración de funcións reais de variable real, que están contidos nos currículos de Bacharelato, e non están nos dos Ciclos Formativos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías