Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisíca II Código 770G02007
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
maite.rico@udc.es
Profesorado
Barral Losada, Luis Fernando
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
luis.barral@udc.es
maite.rico@udc.es
Web
Descrición xeral Na asignatura estudiaranse os conceptos básicos sobre as leis xerais da termodinámica e electromagnetismo e a súa aplicación para resolver problemas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral (adaptándoa á modalidade on-line)
-Solución de problemas (adaptándoa á modalidade on-line)
-Proba obxectiva (on-line)

*Metodoloxías docentes que se modifican
-Prácticas de laboratorio (as prácticas no laboratorio serán substituídas por uns cuestionarios relacionados coas prácticas de laboratorio para a súa resolución)
-A docencia de teoría (Docencia expositiva) prevista como Presencial, pasarase a Non Presencial no caso de que o número de alumnos matriculados na materia non permita garantir as medidas recollidas no Plan de Prevención do Centro.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. De uso para facer consultas, resolver dubidas e solicitar titorías virtuais.
-Moodle: Semanalmente. Dáselles aos alumnos unha guía da materia a estudar na devandita semana. Dita guía consta de diapositivas detalladas da materia e un boletín de problemas. A solución dos problemas darase á semana seguinte.
-Teams: Está previsto, en función do desenvolvemento do curso, a utilización de Teams nalgunha franxa horaria para algunhas sesións de discusión de contidos e resolución de dúbidas.

4. Modificacións na avaliación
-Solución de problemas (30%): están previstas tres probas de solución de problemas. Aquelas que non se realizaron presencialmente, realizaranse virtualmente a través de Moodle.
-Prácticas de laboratorio (30%): as practicas que non se realizaron no laboratorio serán substituídas pola resolución de cuestionarios baseados nas prácticas.
-Proba obxectiva (40%): a proba obxectiva será realizada on-line a través do Moodle

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas observacións que figuran na guía docente, tendo en conta o seguinte:
-Nos criterios de avaliación para a segunda oportunidade manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supondo igualmente o 30 % da cualificación, mentres que o 70 % restante corresponderá á proba obxectiva, que será on-line a través de Moodle.
-Para os alumnos con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis idóneas para as necesidades específicas que requira cada alumno, sendo dirixidas e entregadas a través de Moodle.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios respecto da bibliografía recomendada. Os materiais de traballo que se necesitan para preparar a materia estarán dispoñibles no Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Comprender e dominar os conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñece os conceptos e leis fundamentais da termodinámica e electromagnetismo e a súa aplicación a problemas básicos en enxeñaría. A7
B1
B4
C1
C6
C8
Coñece e utiliza os conceptos relacionados coa capacidade, a corrente eléctrica e a autoinducción e indución mutua, así como as propiedades eléctricas e magnéticas básicas dos materiais A7
B1
B4
B6
C3
C4
Coñece as unidades, ordes de magnitude das magnitudes físicas definidas e resolve problemas básicos de enxeñaría, expresando o resultado numérico nas unidades físicas adecuadas. A7
B1
B2
B4
C1
C6
Analiza problemas que integran distintos aspectos da física, recoñecendo os variados fundamentos físicos que subxacen nunha aplicación técnica, dispositivo ou sistema real. A7
B1
B4
B6
C4
C8
Aplica correctamente as ecuacións fundamentais da mecánica a diversos campos da física e da enxeñaría: Termodinámica e electromagnetismo. A7
B1
B4
B6
C1
C6
Aplica o primeiro e segundo principio de termodinámica a procesos, ciclos básicos e máquinas térmicas A7
B1
B2
C1
C6
C8
Utiliza correctamente os conceptos de temperatura e calor. Aplícaos a problemas calorimétricos, de dilatación e de transmisión de calor. A7
B1
B4
C1
C4
C6
Utiliza correctamente métodos básicos de medida experimental ou simulación e trata, presenta e interpreta os datos obtidos, relacionándoos coas magnitudes e leis físicas adecuadas. A7
B1
B4
C1
C6
C8
Coñece as propiedades principais dos campos eléctrico e magnético, as leis clásicas do electromagnetismo que os describen e relacionan, o significado das mesmas e a súa base experimental. A7
B1
B4
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Principios da termodinámica 1. TEMPERATURA E GASES
1.1. Equilibrio térmico e temperatura . Escalas termométricas. Ley cero da termodinámica
1.2. Dilatación térmica
1.3. Gases ideas. Ecuación de estado
1.4. Gases reais. Cambios de estado.
Fundamentos de procesos e máquinas térmicas 2. PRIMEIRO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA
2.1. Calor e traballo nos procesos termodinámicos.
2.2. Enerxía interna. Primeiro principio da termodinámica
2.3. Enerxía interna dun gas ideal.
2.4. Transformacions isotérmicas e adiabáticas dun gas ideal

3. SEGUNDO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA
3.1. Reversibilidad dos procesos termodinámicos.
3.2. Máquinas térmicas e frigoríficas. Segundo principio da termodinámica
3.3. Ciclo de Carnot
3.4. Entropía. Principio de aumento de entropía
Campos eléctrico e magnético 4. CAMPO E POTENCIAL ELÉCTRICO
4.1. Carga eléctrica. Principio de conservación.
4.2. Lei de Coulomb
4.3. Campo eléctrico. Lei de Gauss
4.4. Potencial eléctrico e deferencia de potencial.

5. DIELÉCTRICOS E POLARIZACIÓN. CONDENSADORES
5.1. Materiais dieléctricos. Polarización
5.2. Capacidade e asociacions dun condensador.
5.3. Enerxía dun condensador cargado

6. CIRCUITOS DE CORRENTE CONTINUA
6.1. Intensidade eléctrica e densidade de corrente. Lei de Ohm
6.2. Resistencia, potencia eléctrica e lei de joule
6.3. Forza electromotriz. Lei de Ohm xeneralizada
6.4. Análises de circuitos de corrente continua. Régulas de Kirchhoff.

7. CAMPOS MAGNÉTICOS
7.1. Forzas magnéticas
7.2. Fontes do campo magnético.
7.3. Fluxo magnético e teorema de Gauss
7.4. Lei de Biot e Savart. Lei de Ampère
7.5. Magnetismo na materia

Electromagnetismo 8. INDUCCIÓN ELECTROMAGNÉTICA
8.1. Fenómenos de indución. Lei de indución de Faraday-Henry.
8.2. Lei de Lenz. Forza electromotriz de movemento
8.3. Campos eléctricos inducidos
8.4. Correntes parásitas. Indución mutua e autoinducción.
Ecuaciones de Maxwell 9. ONDAS ELECTROMAGNÉTICAS
9.1. Ecuacions de Maxwell
9.2. O espectro electromagnético

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 C1 C4 C6 C8 21 42 63
Solución de problemas A7 B1 B4 B6 C3 C6 21 42 63
Prácticas de laboratorio B2 B4 B6 C3 C6 9 9 18
Proba obxectiva A7 B1 C1 C4 C8 3 0 3
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, que ten a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
Exposición dos contidos da materia onde se podan resolver dúbidas por parte do estudante.

Para a resolución de problemas, elixirán libremente resolvelos sós ou en grupo. A corrección será individualizada

Os alumnos desenvolverán as prácticas propostas no laboratorio. En todo instante terán o seguimento do profesor


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 B1 C1 C4 C8 Coincidindo coas oportunidades oficiais realizarase unha proba obxectiva escrita sobre os contidos da materia 40
Solución de problemas A7 B1 B4 B6 C3 C6 Como parte da avaliación continua, realizaranse ao longo do curso tres probas de solución de problemas. Cada unha estará relacionada con diferentes contidos da materia e puntuará un 10%. Estes problemas serán resoltos individualmente polos alumnos e avaliados polo profesor 30
Prácticas de laboratorio B2 B4 B6 C3 C6 Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio 30
 
Observacións avaliación

A realización das prácticas de
laboratorio é obrigatoria. Con todo, os alumnos que xa estiveran matriculados anteriormente na
asignatura e que superasen as prácticas nos dous cursos anteriores ao actual, poderán optar entre realizalas
novamente e ser avaliadas, ou non realizalas e conservar a puntuación obtida.

A cualificación de "non presentado" figuraralles a
aqueles alumnos que non se presentasen á proba obxectiva e ademais non
alcanzasen a puntuación mínima de 5 puntos no resto de metodoloxías avaliadas.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade son os
seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supondo
igualmente o 30 % da cualificación, mentres que o 70 % restante corresponderá á
proba obxectiva.

Para os alumnos con recoñecemento a tempo parcial e dispensa
académica con exención de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis
idóneas para as necesidades específicas que requira cada alumno.

Sempre que se teña que utilizar papel empregarase papel reciclado e realizaranse impresións a dobre cara.

F.W. Sears, M.W. Zemansky, H.D. Young y R.A. Freeman “Física Universitaria”. Ed. Addison-Wesley Iberoamericana

M. Alonso y E.J. Finn “Física”. Ed. Addison - Wesley Iberoamericano

Bibliografía complementaria

M. Alonso y E.J. Finn "Física" (3 Volúmenes). Ed. Addison - Wesley Iberoamericano

F.J. Blatt "Fundamento de Física". Ed. Prentice Hall. Hispanoamericana S.A.

R.M. Eisberg y L.S. Lerner "Física: Fundamentos y Aplicaciones".Ed. Mc. Graw - Hill

W.E. Gettys, F.J. Keller y M.K. Skove "Física Clásica y Moderna". Ed. Mc. Graw - Hill

R.A. Serway "Física". Ed. Mc. Graw - Hill

P.A. Tippler "Física". Ed. Reverté

S.M. Lea y J.R. Burke. “Física”. Ed. Paraninfo.

PROBLEMAS

-S.Burbano, E. Burbano y C. Gracia. “Problemas de Física”. Ed. Tebar

J. García Roger "Problemas de Física". Ed. Universitaria de Barcelona

- F. Belmar, F. Cervera, H. Estellés "Problemas de Física (Mecánica, Electromagnetismo, Ondas)". Ed. Tebar Flores.

- F.A. González "La Física en Problemas". Ed. Tebar Flores

- J.L. Torrent Franz "272 Exámenes de Física" Ed. Tebar Flores

- Varios Autores de ULPGC "Problemas de Física". Ed. Univ. de Las Palmas

- F.J. Gálvez, R. López, A. Llopis y C. Rubio "Física. Curso Teórico-Práctico de Fundamentos de Física de la Ingeniería". Ed. Tebar Flores


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001
Física I/770G01003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Alxebra/770G01006

Materias que continúan o temario
Termodinámica/770G01012
Fundamentos de Electricidade/770G01013

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías