Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Resistencia de Materiais Código 770G02019
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
emilio.sanjurjo@udc.es
Profesorado
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
emilio.sanjurjo@udc.es
Web
Descrición xeral A resistencia de materiais é a materia base do cálculo e análise de estruturas e elementos mecánicos. Proporciona ao alumno, os conceptos básicos de tensión e deformación. Estúdase o comportamento de elementos baixo esforzo axial, cortante, torsor e flector, actuando tanto por separado, como de maneira conxunta.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Os contidos non se modifican.

2. Metodoloxías
Mantéñense todas as metodoloxías docentes. No caso de non poder realizar a docencia de forma presencial, realizarase de forma telemática a través de Teams, e có apoio de outras ferramientas de comunicación, como Moodle e o correo electrónico.

Metodoloxías que se modifican:
A docencia de teoría (Docencia expositiva) prevista como Non Presencial, poderase pasar a Presencial no caso de que o número de alumnos matriculados na asignatura permita garantir as medidas recollidas no Plan de Prevención do Centro, ou ben haxa novas medidas sanitarias que o permitan.


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Mantéñense os mesmos mecanismos de atención personalizada, pero de forma non presencial.

4. Modificacións na avaliación

As distintas partes de la evaluación seguirán tendo o mesmo peso. No caso de construcción y proba de maquetas e/ou prototipos, se non é posible realizar estas actividades de forma presencial, substituiranse por un maior nivel de detalle esixido na documentación a presentar.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
No se prevén modificacións na bibliografía. Estará dispoñible en Moodle o material necesario para seguir a materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A19 Coñecer e empregar os principios da resistencia de materiais.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os fundamentos da elasticidade lineal: tensión, deformación e relacións constitutivas. A4
A19
C1
Saber calcular as leis de esforzos: esforzos normais, momentos flectores, esforzos cortantes e momentos torsores, que se derivan dunha solicitación externa actuando sobre a peza elástica. A4
A19
B1
B4
B5
C1
Saber calcular as tensións e deformacións producidas por cada un dos esforzos: esforzo normal, momento flector, esforzo cortante e momento torsor, actuando separadamente, e cando a solicitación que actúa sobre a peza elástica é arbitraria. A4
A19
B1
B4
B5
C1

Contidos
Temas Subtemas
Estes temas desenvolven os contidos detallados na memoria de verificación. Conceptos básicos de tensión e deformación; a peza elástica (tema 1).
Modelo de barras y leis de esforzos (temas 2, 3, y 4).
Esforzo axil: tensións e deformacións (tema 2).
Tensións producidas polo momento flector (temas 4 y 5).
Tensións producidas polo esforzo cortante (tema 5).
Tensións producidas pola torsión (tema 3).
Tensións producidas pola combinación de esforzos (tema 7).
Tema 1: Introdución á resistencia de materiais. Tensión normal e deformación lineal. Propiedades mecánicas dos materiais. Elasticidade e plasticidade. Lei de Hooke e coeficiente de Poisson. Tensión tanxencial e deformación angular. Tensións e cargas admisibles. Deseño para cargas axiales e cortante directo.
Tema 2. Carga axial. Cambios de lonxitude en barras uniformes y non uniformes. Efectos térmicos y deformacións previas. Enerxía de deformación. Sistemas hiperestáticos (en elementos sometidos a esforzos axiales).
Tema 3. Torsión. Introdución. Deformacións a torsión en barras circulares. Relación entre os módulos de elasticidade E e G. Transmisión de potencia por medio de eixos circulares. Sistemas hiperestáticos (en elementos sometidos a torsión).
Tema 4. Esforzos cortantes e momentos flectores.
Introdución. Tipos de vigas, cargas e reaccións. Esforzos cortantes e momentos flectores. Relacións entre cargas, esforzos cortantes e momentos flectores. Diagramas de tensión cortante e de momento flector.
Tema 5. Tensións en vigas I. Introdución. Flexión pura e flexión non uniforme. Curvatura dunha viga. Deformacións lineais lonxitudinais en vigas. Tensións normais en vigas con material elástico lineal. Deseño de vigas a flexión.
Tema 6. Tensións en vigas II. Vigas non prismáticas. Tensións tanxenciais en vigas de sección transversal rectangular e circular. Tensións tanxenciais nas almas de vigas con ás.
Tema 7. Análise de tensións e deformacións. Introdución. Tensión plana. Tensións principais e tensións tanxenciais máximas. Círculo de Mohr. Lei de Hooke para tensión plana. Tensións máximas en vigas. Tensións producidas pola combinación de esforzos. Deformación plana.
Tema 8. Deflexiones en vigas. Introdución. Ecuacións diferenciais da curva de deflexión. Deflexións por integración da ecuación do momento flector. Método área-momento. Enerxía de deformación por flexión. Métodos enerxéticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A19 A4 C1 20 21 41
Seminario A19 A4 B1 B4 B5 C1 9 9 18
Solución de problemas A4 A19 B1 B4 B5 C1 21 36.75 57.75
Traballos tutelados A4 A19 B1 B4 B5 C1 1 15.75 16.75
Proba obxectiva A19 A4 B1 B4 B5 C1 3.5 10.5 14
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, que ten como finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe na o ámbito da análise estrutural.
Seminario Técnica de traballo en grupo para resolver problemas, mediante exposición, discusión, participación e cálculo. Emprégase calculadora.
Solución de problemas Metodoloxía consistente na formulación e resolución de casos prácticos, mediante exposición, discusión e participación, que axuda á comprensión das bases teóricas da materia e permite a explicación dos métodos máis frecuentes de aplicación da mesma. Proporanse tamén problemas para que os alumnos os resolvan de forma non presencial.
Traballos tutelados Traballos resoltos en grupo, cuxo avance é guiado polo profesor ao largo do curso.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Seminario
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
a) Seminario: seguemento e resolución das dudas concretas surxidas na solución de los problemas planteados.
b) Proba obxectiva: resolución de dudas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia
c) Traballos tutelados: seguemento do traballo e resolución de dudas baixo demanda.



Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A19 A4 B1 B4 B5 C1 Realizarase un exame final cunha duración de ata 4 horas ao finalizar a materia.
Esíxese una nota mínima de 4 puntos sobre 10 nesta proba para poder superar a materia.
50
Solución de problemas A4 A19 B1 B4 B5 C1 Valoraranse de forma individual os casos prácticos resoltos polo alumno. 30
Traballos tutelados A4 A19 B1 B4 B5 C1 Valorarase o traballo realizado por cada grupo de estudiantes. A nota dos alumnos dun mismo grupo puede ser diferente se o profesor ten constancia de que houbo un nivel de participación desigual dentro do grupo. 20
 
Observacións avaliación
<p>Na segunda oportunidade, a evaluación constará dun 20% da nota correspondente aos traballos tutelados realizados durante o curso, e o 80% restante correspondente á nota obtida na proba obxectiva de segunda oportunidade. </p>

Fontes de información
Bibliografía básica Ortiz Berrocal, Luis (2007). Resistencia de materiales. McGraw-Hill, Madrid.
Gere James M. (2002). Timoshenko. Resistencia de Materiales. Editorial Paraninfo, Madrid.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001
Física I/770G01003
Alxebra/770G01006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías