Identifying Data 2022/23
Subject (*) Resistencia de Materiais Code 770G02019
Study programme
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinador
Sanjurjo Maroño, Emilio
E-mail
emilio.sanjurjo@udc.es
Lecturers
Amado Paz, José Manuel
Sanjurjo Maroño, Emilio
E-mail
jose.amado.paz@udc.es
emilio.sanjurjo@udc.es
Web
General description A resistencia de materiais é a materia base do cálculo e análise de estruturas e elementos mecánicos. Proporciona ao alumno, os conceptos básicos de tensión e deformación. Estúdase o comportamento de elementos baixo esforzo axial, cortante, torsor e flector, actuando tanto por separado, como de maneira conxunta.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A19 Coñecer e empregar os principios da resistencia de materiais.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender os fundamentos da elasticidade lineal: tensión, deformación e relacións constitutivas. A4
A19
C1
Saber calcular as leis de esforzos: esforzos normais, momentos flectores, esforzos cortantes e momentos torsores, que se derivan dunha solicitación externa actuando sobre a peza elástica. A4
A19
B1
B4
B5
C1
Saber calcular as tensións e deformacións producidas por cada un dos esforzos: esforzo normal, momento flector, esforzo cortante e momento torsor, actuando separadamente, e cando a solicitación que actúa sobre a peza elástica é arbitraria. A4
A19
B1
B4
B5
C1

Contents
Topic Sub-topic
Estes temas desenvolven os contidos detallados na memoria de verificación. Conceptos básicos de tensión e deformación; a peza elástica (tema 1).
Modelo de barras y leis de esforzos (temas 2, 3, y 4).
Esforzo axil: tensións e deformacións (tema 2).
Tensións producidas polo momento flector (temas 4 y 5).
Tensións producidas polo esforzo cortante (tema 5).
Tensións producidas pola torsión (tema 3).
Tensións producidas pola combinación de esforzos (tema 7).
Tema 1: Introdución á resistencia de materiais. Tensión normal e deformación lineal. Propiedades mecánicas dos materiais. Elasticidade e plasticidade. Lei de Hooke e coeficiente de Poisson. Tensión tanxencial e deformación angular. Tensións e cargas admisibles. Deseño para cargas axiales e cortante directo.
Tema 2. Carga axial. Cambios de lonxitude en barras uniformes y non uniformes. Efectos térmicos y deformacións previas. Enerxía de deformación. Sistemas hiperestáticos (en elementos sometidos a esforzos axiales).
Tema 3. Torsión. Introdución. Deformacións a torsión en barras circulares. Relación entre os módulos de elasticidade E e G. Transmisión de potencia por medio de eixos circulares. Sistemas hiperestáticos (en elementos sometidos a torsión).
Tema 4. Esforzos cortantes e momentos flectores.
Introdución. Tipos de vigas, cargas e reaccións. Esforzos cortantes e momentos flectores. Relacións entre cargas, esforzos cortantes e momentos flectores. Diagramas de tensión cortante e de momento flector.
Tema 5. Tensións en vigas I. Introdución. Flexión pura e flexión non uniforme. Curvatura dunha viga. Deformacións lineais lonxitudinais en vigas. Tensións normais en vigas con material elástico lineal. Deseño de vigas a flexión.
Tema 6. Tensións en vigas II. Vigas non prismáticas. Tensións tanxenciais en vigas de sección transversal rectangular e circular. Tensións tanxenciais nas almas de vigas con ás.
Tema 7. Análise de tensións e deformacións. Introdución. Tensión plana. Tensións principais e tensións tanxenciais máximas. Círculo de Mohr. Lei de Hooke para tensión plana. Tensións máximas en vigas. Tensións producidas pola combinación de esforzos. Deformación plana.
Tema 8. Deflexiones en vigas. Introdución. Ecuacións diferenciais da curva de deflexión. Deflexións por integración da ecuación do momento flector. Método área-momento. Enerxía de deformación por flexión. Métodos enerxéticos.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A4 A19 C1 30 15 45
Seminar A4 A19 B1 B4 B5 C1 9 9 18
Problem solving A4 A19 B1 B4 B5 C1 21 36.5 57.5
Supervised projects A4 A19 B1 B4 B5 C1 1 15.5 16.5
Objective test A4 A19 B1 B4 B5 C1 3.5 7 10.5
 
Personalized attention 2.5 0 2.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, que ten como finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe na o ámbito da análise estrutural.
Seminar Técnica de traballo en grupo para resolver problemas, mediante exposición, discusión, participación e cálculo. Emprégase calculadora.
Problem solving Metodoloxía consistente na formulación e resolución de casos prácticos, mediante exposición, discusión e participación, que axuda á comprensión das bases teóricas da materia e permite a explicación dos métodos máis frecuentes de aplicación da mesma. Proporanse tamén problemas para que os alumnos os resolvan de forma non presencial.
Supervised projects Traballos resoltos en grupo, cuxo avance é guiado polo profesor ao largo do curso.
Objective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.

Personalized attention
Methodologies
Objective test
Seminar
Problem solving
Supervised projects
Description
a) Seminario: seguemento e resolución das dudas concretas surxidas na solución de los problemas planteados.
b) Proba obxectiva: resolución de dudas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia
c) Traballos tutelados: seguemento do traballo e resolución de dudas baixo demanda.



Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A4 A19 B1 B4 B5 C1 Realizarase un exame final cunha duración de ata 4 horas ao finalizar a materia.
Esíxese una nota mínima de 3.5 puntos sobre 10 nesta proba para poder superar a materia.
50
Problem solving A4 A19 B1 B4 B5 C1 Valoraranse de forma individual os casos prácticos resoltos polo alumno. 30
Supervised projects A4 A19 B1 B4 B5 C1 Valorarase o traballo realizado por cada grupo de estudiantes. A nota dos alumnos dun mismo grupo puede ser diferente se o profesor ten constancia de que houbo un nivel de participación desigual dentro do grupo. 20
 
Assessment comments

A nota que non se obtivo coa solución de problemas ou cos traballos
tutelados, poderase recuperar no exame final. Por tanto a nota final
calcularase da seguinte maneira: Nf = Np+ Nt+(10- Np- Nt)* Ne/10, onde
Nf é a nota final sobre 10, Np é a nota da resolución de problemas de
forma individual sobre 3, Nt é a nota dos traballos tutelados (sobre
2), e Ne
é a nota do exame final (sobre 10). Non se contempla ningunha
modificación para os alumnos con dispensa académica.



A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria
extraordinaria.


Sources of information
Basic Ortiz Berrocal, Luis (2007). Resistencia de materiales. McGraw-Hill, Madrid.
Gere James M. (2002). Timoshenko. Resistencia de Materiales. Editorial Paraninfo, Madrid.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Calculus/770G01001
Physics I/770G01003
Linear Algebra/770G01006

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.