Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Centrais Eléctricas Código 770G02024
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Profesorado
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Web
Descrición xeral A presente materia pretende dar ó alumno os coñecementos teóricos dos diversos tipos de Centráis de Xeración Eléctrica, así como o seu funcionamento. Preténdese alcanzar os coñecementos necesarios para a súa operación, análise e deseño.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
- No se realizarán cambios.

2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Solución de problemas (computa na avaliación).
- Traballos tutelados (computa na avaliación).

*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Proba mixta (computa na avaliación). Cambiarase a un examen a través de Teams/Moodle.
- Saida de campo. No se poderá facer.

3. Mecanismos de atención persoalizada ó alumnado:
- Utilizaranse as ferramentas Outlook/Teams/Moodle para resolver as dudas dos alumnos.

4. Modificacións na avaliación:
- No se realizarán cambios na ponderación, só na realización da proba mixta de maneira on-line a través de Teams/Moodle.

5. Modificacións da bibliografía o webgrafía:
- No se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a redacción, firma, desenvolvemento e dirección de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, e en concreto da especialidade de electricidade.
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A5 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas actuando con ética, responsabilidade profesional e compromiso social, e buscando sempre a calidade e mellora continua.
A32 Capacidade para o deseño de centrais eléctricas.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B9 CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os diversos sistemas de xeración que poden ser utilizados pra obter enerxía eléctrica A4
B1
Comprender os procesos de xeneración eléctrica a partir de fontes de enerxía tradicional A1
A5
B4
C6
Coñecer, saber seleccionar e dimensionar o conxunto de elementos que conforman o sistema de xeneración das centrais eléctricas A4
B9
Coñecer, saber seleccionar e dimensionar os diversos sistemas auxiliares que forman parte das centrais eléctricas A5
A32
B1
B5
C6
Coñecer os principios de funcionamento do mercado eléctrico A4
B2
Coñecer os principio de operación dos mercados enerxéticos A4
B2

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos descritos na memoria de verificación desenrólanse a continuación segundo a distribución amosada Sistemas de xeneración eléctrica. (Tema 1)

Centrales eléctricas clásicas: Componentes. Alternadores. Mando, regulación, control e servizos auxiliares. Parques de transformación. (Temas 3, 4, 5 e 7)

Outras instalacións eléctricas de xeneración. (Temas 6 e 8)

Introducción á operación da xeneración e ós mercados eléctricos. (Tema 2)
Tema 1: Enerxía eléctrica e desenvolvemento sostible - Impacto medioambiental e as tecnoloxías máis eficientes de produción de enerxía eléctrica 1.1. Introdución ao desenvolvemento sostible

1.2. Custos de emisión de CO2

1.3. Procesos de combustión

1.4. Impacto ambiental das diferentes tecnoloxías

1.5. Técnicas de mellora da eficiencia

1.6. Novas tecnoloxías de uso de carbón

1.7. Tecnoloxía da gasificación do carbón

1.8. Captura e almacenamiento do CO2
Tema 2: Recursos enerxéticos e a produción de electricidade - Cobertura da demanda de enerxía eléctrica 2.1. Reservas e recursos enerxéticos

2.2. Clasificación e tipos de centrais eléctricas

2.3. Estudo dos diferentes tipos de fontes de enerxía primaria

2.4. Estudo da demanda de enerxía eléctrica

2.5. Configuración do SEP

2.6. Configuración e funcionamento do mercado de enerxía eléctrica español

2.7. Tarifas, prezos e custos da enerxía eléctrica

2.8. Programación da xeración

2.9. Parámetros relativos á produción
Tema 3: Centrais eléctricas de carbón 3.1. Circuíto auga-vapor. Turbinas de vapor

3.2. Circuíto aire-gases

3.3. Circuíto combustible-cinzas

3.4. Circuíto auga de refrigeración

3.5. Control e regulación da central
Tema 4: Centrais térmicas nucleares 4.1. A fisión nuclear

4.2. Elementos dun reactor nuclear

4.3. Control do reactor nuclear

4.4. Tipos de reactores nucleares
Tema 5: Esquemas eléctricos. Servizos auxiliares 5.1. Estudo dos diferentes esquemas eléctricos

5.2. Servizos auxiliares das centrais. Consumo enerxético

5.3. Fornezo de reserva
Tema 6: Centrais térmicas de gas. Ciclo combinado. Coxeración 6.1. Ciclo termodinámico de Brayton

6.2. Turbinas de gas. Compoñentes

6.3. Ciclo termodinámico Otto-Diesel

6.4. Motores de combustión interna

6.5. Ciclo combinados. Caldera de recuperación de calor

6.6. Regulación e control dunha central de ciclo combinado

6.7. Coxeración
Tema 7: Centrais hidroeléctricas convencionais e de bombeo 7.1. Descrición dos compoñentes dunha central hidroeléctrica

7.2. Turbinas hidráulicas. Control e regulación

7.3. Centrais hidroeléctricas reversibles. Tipos
Tema 8: Introdución ás centrais eléctricas con fontes renovables Centrais eólicas, térmicas, fotovoltaicas, de biomasa, mariñas, geotérmicas e minihidráulicas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A5 A32 B2 B4 21 40 61
Solución de problemas A4 A32 B1 B5 C6 21 35 56
Traballos tutelados A4 A32 B1 B2 B4 B9 C6 3 20 23
Saídas de campo A32 B2 4 0 4
Proba mixta A4 A5 A32 B1 B5 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A orde dos temas impartidos non terá que ser o descrito na guía docente. Ademais, haberá temas que se poidan ver conjuntamente no desenvolvemento doutros, xa que a división entre eles pode non ser estrita.
Solución de problemas Resolución de exercicios e problemas concretos no aula, a partir dos coñecementos que se explicaron.
Traballos tutelados Realización dun boletín de problemas de carácter individual, con exercicios similares aos resoltos no aula. Ademáis, dentro dos traballos tutelados podrase incluir algún pequeno traballo de temas concretos da asignatura pra asegurar a correcta comprensión da materia.
Saídas de campo Visita a unha instalación industrial relacionada co contenido da asignatura.
Proba mixta Consiste na realización dunha proba de aproximadamente 4 horas de duración, na que se evaluarán os coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumno dispón das correspondentes sesións de tutorías personalizadas, para a resolución das dúbidas que xurdan da materia.

A realización do boletín de problemas será individual, e cada alumno poderá asistir ás sesións de tutorías que considere oportunas para resolver as dúbidas que lle xurdan ao efecto.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A32 B1 B5 C6 Resolución dun caso práctico. 15
Proba mixta A4 A5 A32 B1 B5 Exame con parte tipo test, preguntas de desenvolvemento e exercicios. 70
Traballos tutelados A4 A32 B1 B2 B4 B9 C6 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía. 15
 
Observacións avaliación

No marco dos "Traballos tutelados" poderanse incluír aspectos tales como asistencia a clase, traballo persoal, traballos persoais propostos, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado.

A "Proba mixta" dividirase nunha parte teórica (tipo test), nunhas preguntas sinxelas, e nuns exercicios. A nota obtida polo alumno cos "Traballos tutelados" será ponderada coa nota obtida nos exercios da "Proba mixta".

É necesario superar o 50% da puntuación no test da "Proba mixta" para aprobar.

Os alumnos que non aprobaran os "Traballos tutelados" terán que superar uns exercicios máis amplos na "Proba mixta".

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.

Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación farase de maneira similar á da primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Sanz Feito, J. (1990). Centrales Eléctricas. UPM
Orille Fernández, Á. L. (1993). Centrales Eléctricas I, II y III. UPC
Rojas Rodríguez, S. (1997). Centrales hidroeléctricas teoría y problemas. UNEX
Sabugal García, S. (2006). Centrales térmicas de ciclo combinado: teoría y proyecto. Díaz de Santos
Barrero, F. (2004). Sistemas de energía eléctrica. Thomson

Bibliografía complementaria Gómez Expósito, A. (2003). Sistemas eléctricos de potencia problemas y ejercicios resueltos. Prentice Hall
Lapuerta Amigo, M. (1998). Tecnologías de la combustión. Universidad de Castilla-La Mancha
García Ybarra, P. L. (2001). Tecnologías energéticas e impacto ambiental. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Termodinámica/770G02012
Mecánica de Fluídos/770G02016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Instalacións de Enerxías Renovables/770G02033
Técnicas de adquisición de medidas eléctricas/770G02030
Xestión Eficiente da Enerxía Eléctrica/770G02040
Mantemento Industrial/770G02041
Instrumentación Industrial/770G02042
Comunicacións Industriais/770G02043

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
  1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
  1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías