Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Debuxo Industrial e CAD Código 770G02025
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Fernández Ibáñez, María Isabel
Correo electrónico
isabel.fibanez@udc.es
Profesorado
Fernández Ibáñez, María Isabel
Correo electrónico
isabel.fibanez@udc.es
Web
Descrición xeral Normalización aplicada ao debuxo industrial.
Debuxo de instalacións industriáis.
Interpretación de planos e esquemas de instalacións e equipos industriáis.
Aplicacións de deseño asistido por computador.

Competencias do título
Código Competencias do título
A36 Coñecementos e capacidades para aplicar as técnicas da enxeñaría gráfica
A37 Realización e interpretación de planos normalizados mediante o manexo e utilización da simboloxía, normas e regulamentos máis adecuados
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquire coñecementos sobre normalización e convencionalismos utilizados no Debuxo Técnico A36
A37
B2
C6
Valora a normalización como convencionalismo idóneo para simplificar, non só a produción senón tamén a comunicación, dándolle a esta un carácter universal. A37
B2
B5
C5
C6
C7
É capaz de croquizar e realizar vistas e perspectivas a man alzada. A36
B1
B2
B5
É capaz de representar e interpretar planos e esquemas de instalacións industriais. A36
A37
B1
B2
B4
B6
C5
C6
C7
Coñecemento e utilización de programas de Deseño Asistido por Computador A36
B2
B4
B5
B6
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE 1:NORMALIZACIÓN E CONVENCIONALISMOS UTILIZADOS NO DEBUXO TÉCNICO 1.1- CROQUIZADO: Debuxo a man alzada de vistas e perspectivas
1.2- REPRESENTACIÓN NORMALIZADA: anotación, vistas auxiliares, conxuntos e despezamentos, etc.
1.3- CONVENCIONALISMOS: sistemas de unión

- UNIDADE 2: XEOMETRÍA DESCRITIVA, SISTEMA DE PLANOS ACOUTADOS 2.1- CONCEPTOS BÁSICOS.
2.2- APLICACIÓN Á REPRESENTACIÓN DO TERREO. Debuxo Topográfico.
2.3- TRAZADO DE LIÑAS DE MEDIA E ALTA TENSIÓN.
- UNIDADE 3: REPRESENTACIÓN E INTERPRETACIÓN DE PLANOS. DEBUXO DE INSTALACIÓNS. 3.1- INTERPRETACIÓN DE PLANOS e REPRESENTACIÓN DE ELEMENTOS CONSTRUTIVOS: plantas, alzados e seccións.
3.2 - INSTALACIÓNS INTERIORES: fontanaría, saneamento, electricidade e posta a terra. Simboloxía. Interpretación e trazado de planos e esquemas.
UNIDADE 4: CAD Introdución a sistemas BIM (Building Information Modeling) con REVIT

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A36 B1 B5 B6 C5 C6 7 14 21
Traballos tutelados A36 A37 B1 B2 B4 B5 B6 C5 C6 C7 18 36 54
Sesión maxistral A36 A37 B5 C5 14 14 28
Proba práctica A36 A37 B1 B2 B6 2 20 22
Prácticas de laboratorio A36 A37 B2 B4 B5 B6 C5 C6 C7 12 6 18
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas - Exercicios sobre o tema, que os estudantes resolverán en clase, axudados polo profesor.
- Realización doutros exercicios fora da aula, propostos para o auto-avaliación dos alumnos, e a asimilación de contidos.
Traballos tutelados Co fin de preparar aos alumnos nunha aprendizaxe autónoma, proponse a realización de traballos, guiados sempre polo profesor.
Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o alumno:
Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite.
Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría.
Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais
Desenvolver e potenciar nos estudantes habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas.
Sesión maxistral A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1.5 horas.
Con anterioridade ao día en que se imparta a materia, indicaranse a relación dos coñecementos previos necesarios e o resumo dos conceptos sobre os que se traballará, proporcionando a información bibliográfica correspondente.
Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará ao estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que prevalecerán.
Proba práctica A proba consistirá na resolución dun número determinado de problemas que reflictan as competencias adquiridas.
Prácticas de laboratorio O alumno traballará con programas de CAD desde o primeiro día, co obxectivo de afianzar a súa habilidade no debuxo mediante programas de debuxo asistido por computador en 2D, familiarizarse co traballo en 3D, así como na elaboración e interpretación de planos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada na docencia en grupos reducidos permítenos individualizar o proceso de ensino-aprendizaxe, adaptándoo a as posibilidades reais de cada estudante ou grupo de estudantes, favorecer a motivación e valorar a progresión e o rendemento académico.

O profesor fará de guía para o traballo, eminentemente persoal do estudante, que terá tamén a posibilidade de acudir a tutoríashttps://guiadocente.udc.es/docencia/images/save.gif para aclarar as súas dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A36 A37 B2 B4 B5 B6 C5 C6 C7 Exercicios da metodoloxía BIM realizados en aula informática co programa REVIT 30
Proba práctica A36 A37 B1 B2 B6 Resolución dos exercicios necesarios para reflectir en que grao se obtiveron as competencias 40
Traballos tutelados A36 A37 B1 B2 B4 B5 B6 C5 C6 C7 Consistirá o o deseño e representación das instalacións de fontanaría, saneamento e electricidade dun edificio sinxelo.
Realizarase en horas de clase, podéndose completar fóra dela en caso necesario, utilizando CAD
30
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade o estudante deberá avaliarse da parte non superada con anterioridade.

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán avaliados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.


Fontes de información
Bibliografía básica Auñón López, Juan, Ferri Aranda, Jose A. (2002). Geometría Métrica y Descriptiva. Ejercicios Resueltos y Comentados en el Sistema de Planos Acotados. Editorial UPV
Cobos Gutierrez, Carlos, Ortíz Marín, Rafael (2009). Geometría para Ingenieros. Tomo II: Sistema de Planos Acotados. Editorial Tebar, S.L.
Félez Mindán, Jesús (2008). Ingeniería gráfica y diseño / Jesús Félez, Mª Luisa Martínez. Madrid : Síntesis
Carrasco Sánchez, Emilio (2008). Instalaciones Eléctricas de Baja Tensión en Edificios de Viviendas. Editorial Tebar, S.L.
Domínguez, Manuel y Espinosa, Mª del Mar (2005). Interpretación y Trazado de Planos Electrónicos y Electrotécnicos. Asociación de Ingeniería y Diseño Asistido Publicaciones
Gutierrez de Ravé Agüera (2002). Manual para la representación e interpretación de planos de instalaciones industriales . Córdoba : [Universidad de Córdoba, Escuela Politécnica Superior
Leon Blasco, Asunción, Belenguer Balaguer, enrique y Sanmartín Sáez, Vicente (2013). Proyectos de Instalaciones Eléctricas de Baja tensión. Marcombo Ediciones técnicas

Bibliografía complementaria Gonzalo Gonzalo, Joaquín (2003(2010 imp)). Croquización. San Sebastian : Donostiarra
Ramos Barbero, Basilio (2006). Dibujo técnico / Basilio Ramos Barbero, Esteban García Maté. Madrid : AENOR


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Expresión Gráfica/770G02005
Tecnoloxías de Fabricación/770G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Instalacioós Eléctricas en Baixa Tensión/770G02022

Materias que continúan o temario
Oficina Técnica/770G02034
Traballo Fin de Grao/770G02045

Observacións
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
 Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
 Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías