Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Instalacións de Enerxías Renovables Código 770G02033
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Santome Couto, Emilio
Correo electrónico
emilio.santome@udc.es
Profesorado
Santome Couto, Emilio
Correo electrónico
emilio.santome@udc.es
Web
Descrición xeral Cuantificación dos diferentes recursos enerxéticos de natureza renovable, análise dos principios de conversión enerxética, estudo dos dispositivos e instalacións de transformación da enerxía renovable.

Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas menos as prácticas e saídas de campo
*Metodoloxías docentes que se modifican
Porán eliminarse as saídas de campo e prácticas de laboratorio
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Farase de xeito telémático
4. Modificacións na avaliación
Farase de xeito telemático
*Observacións de avaliación:
Ningunha
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a redacción, firma, desenvolvemento e dirección de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, e en concreto da especialidade de electricidade.
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A5 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas actuando con ética, responsabilidade profesional e compromiso social, e buscando sempre a calidade e mellora continua.
A32 Capacidade para o deseño de centrais eléctricas.
A33 Coñecemento aplicado sobre enerxías renovables.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B9 CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñece os diversos sistemas de enerxía que poden ser empregados para obter enerxía eléctrica Comprende os procesos de xeración eléctrica a partires de fontes de enerxía renovables. Coñece, sabe seleccionar e dimensionalr o conxunto de elementos que conforman o sistema de xeración eléctrica das instalacións de enerxía renovable. Coñece, sabe seleccionar y dimensionar os diversos sistemas auxiliares que forman parte das instalacións de enerxía renovable. Sabe avaliar o recurso eólico e solar. Coñece os principios de transformación da enerxía eólica e solar a enerxía eléctrica. Es quen de comprender os principios de transformación de outras fontes de enerxía de orixe renovable. Coñece, sabe seleccionar y dimensionar os sistemas Eléctricos que conforman os parques de xeración renovable. Coñece os principios de funcionamento dos sistemas de almacenaxe asociados a xeración renovable. Distingue entre las diversas tecnoloxías correspondentes a sistemas illados o conectados a rede. Ten capacidade para distinguir as restricións de deseño e conexión a rede das fontes de orixe renovable. Ten coñecemento da existencia de regulamentación específica asociada as enerxías renovables. Todo isto redactado na memoria do título concretase nos seguintes puntos. A1
A4
A5
A33
B1
B2
B4
B5
B9
C3
.-É quen de avaliar o potencial renovable (fase previa no análise de viabilidade para futuras implantacións de plantas transformadoras de enerxías renovables) B1
B9
C3
.- Proxecta instalacións fotovoltaicas para entornar a produción de enerxía eléctrica na rede, ase como para ser a fonte de enerxía eléctrica en sistemas illados. A1
A4
A5
A33
B2
B4
.- Proxectar instalacións para obtención de auga quente sanitaria mediante colectores de placa plana. A4
A33
B2
B4
B5
.- Proxectar a nivel de estudo previo unha central minihidráulica. A32
A33
.- Saber e entender o comportamento aerodinámico das pas do aeroxerador, coñecer e familiarizarse coas partes constitutivas dun parque eólico. A33

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na Memoria da Titulación Aproveitamento da enerxía de orixe solar. Instalacións solares térmicas. Instalacións de produción. Compoñentes
Aproveitamento da enerxía de orixe solar. Instalacións fotovoltaicas. Instalacións de produción
Aproveitamento da enerxía de orixe eólico. Instalacións eólicas de produción de enerxía eléctrica.
Instalacións de produción eléctrica con outras fontes renovables. Almacenamento de electricidade.
Capítulo – I A RADIACIÓN SOLAR 1.1 Comezo.
1.2 Natureza da radiación solar.
1.3 Movementos Sol-Terra.
.- Posición do sol relativa as superficies terrestres
1.4 Estimación das compoñentes da radiación solar.
.-Irradiación extraterrestre sobre unha superficie horizontal
.-Estimación da irradiación global a partir doutras variables
.-Estimación das compoñentes B(0) e D(0) a partir de G(0)
.-Estimación da irradiación horaria a partir da diaria
1.5 Radiación sobre superficies orientadas de calquera xeito.
.-Irradiancia directa.
.-Irradiancia difusa.
.-Irradiancia do albedo.
.-Irradiación diaria sobre superficies inclinadas, método simplificado
1.6 Efectos do ángulo de incidencia. Sucidade
1.7 Evolución da temperatura ambiente o longo do día.
1.8 Ano metereolóxico típico.
1.9 Sombras e mapas de traxectorias
Enerxía solar Fotovoltaica :

Capítulo – II A CÉLULA SOLAR
2.1 Comezo.
2.2 A célula solar.
.-Estrutura das células solares.
.-Principios de funcionamento.
2.3 Fotoxeración de corrente.
.-Absorción de luz e xeración de portadores
.-Colección de corrente.
.-Rendemento cuántico.
2.4 Corrente de escuridade.
2.5 Característica I-V de iluminación
.-Corrente de curtocircuíto e tensión circuíto aberto.
.-Punto de máxima potencia.
.-Factor de forma e rendemento de conversión enerxética
2.6 Circuíto equivalente dunha célula solar.
.-Circuíto equivalente do dispositivo intrínseco, resistencias serie paralelo
2.7 Modificación do comportamento básico.
.-Influencia da temperatura.
.-Influencia da intensidade de iluminación.
Capítulo – III O XERADOR FOTOVOLTAICO 3.1 Comezo.
3.2 A característica I-V dun xerador fotovoltaico.
3.3 O módulo fotovoltaico.
.-Condicións estándares e TONC
.-Comportamento en condicións calquera de operación
3.4 Interconexión de módulos fotovoltaicos.
.-Perdas por dispersión.
.-Problema do punto quente.
3.5 Miscelánea.
.-Estrutura soporte, cableaxe, sombras entre filas.

Capítulo – IV ACUMULADORES DA INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA 4.1 Comezo.
4.2 A batería chumbo-ácido.
.-Principios de funcionamento.
.-Constitución.
.-Proceso de carga.
.-Proceso de descarga.
.-Proceso de ciclado.
.-Efecto da temperatura.
.-Aleacións nas rexas.
.-A batería fotovoltaica.
4.3 Acondicionamento de potencia
.-Díodos de bloqueo
.-Reguladores de carga
.-Convertedores DC-DC e DC-AC
Capítulo – V DIMENSIONADO DA INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA 5.1 Comezo.
5.2 O mapa de fiabilidade
5.3 Método das isofiables
5.4 Método de CENSOLAR.
5.5 Dimensionado para alta fiabilidade
Enerxía solar Térmica :

Capítulo - VI TRANSFERENCIA DE CALOR
6.1 Comezo.
6.2 Análise de circuítos de calor e terminoloxía.
6.3 Condución
6.4 Convección.
6.5 Transferencia de calor radiactivo.
6.6 Propiedades dos materiais transparentes.
6.7 Transferencia de calor por transporte de masa.
6.8 Transferencia multimodo e análise do circuíto.
Capítulo - VII COLECTOR DE PLACA PLANA 7.1 Cálculo do balance de calor. Observacións xerais.
7.2 Quentadores solares de auga descubertos. Análise progresivo
7.3 Quentadores de auga mellorados.
7.4 Sistemas con almacenamento separado.
7.5 Estudo dos elementos constitutivos dun colector.
.-Cubertas transparentes
.-Absorbedor
.-Illamento posterior
.-Carcasa
Capítulo - VIII SISTEMA SOLAR TÉRMICO :DIMENSIONADO DUNHA INSTALACIÓN SOLAR TÉRMICA CON C.P.P. 8.2 Sistemas e circuítos das instalacións
8.3 Datos necesarios para o dimensionado dun equipo solar destinado o quecemento de auga.
8.4 Determinación do consumo de A.Q.S.
8.5 Determinación das necesidades de calor.
8.6 Superficie de captadores.
8.7 Zonas climáticas definidas no CTE.
8.8 Posicionamento de captadores.
8.9 Dimensionados de instalacións solares térmicas para piscinas
.-Procedemento simplificadopara o cálculo de perdas calóricas en piscinas cubertas e descubertas
8.10 Cálculo dos elementos da instalación.
.-Acumulador.
.-Intercambiador.
.-Tubaxe.
.-Fluido caloportador.
.-Bombas de circulación.
.-Vasos de expansión. Purgadores e desaireadores.
.-Subconxunto regulación e control. Illamento. Potencia de apoio
8.11 Potencia de apio
Enerxía Eólica :

Capítulo – IX O VENTO, CUANTIFICACIÓN DOS RECURSOS EÓLICOS
9.1 Comezo.
9.2 Circulación xeral atmosférica.
.-Circulación a gran escala
.-Circulación a pequena escala
9.3 Recursos eólicos dispoñibles.
9.4 Réximes de ventos ,variacións cíclicas.
9.5 Variación do vento coa alltura
.-Capa superficial
.-Capa de Ekman
9.6 Turbulencia atmosférica
.- Intensidade da turbulencia
9.7 Curvas de persistencia de velocidade do vento.
.-Curva de distribución de velocidades.
9.8 A enerxía do vento.

Capítulo – X ENERXÍA DO VENTO, TURBINAS ATMOSFÉRICAS, FUNDAMENTOS E DESEÑO. 10.1 Comezo.
10.2 Momento lineal e teoría básica.
.-Extracción da enerxía.
.-Empuxe sobre as turbinas.
.-Par
.-Máquinas de arrastre.
10.3 Nocións sobre a teoría dos perfiles das pas.
10.4 Teoría aerodinámica do elemento de pala, (método de Glauert).


Capítulo – XI AEROXERADORES: COMPOSICIÓN Y ANÁLISE. 11.1 Comezo.
11.2 Composición do sistema eólico.
11.3 A turbina.
Sistemas aerodinamicos de control de potencia.
.-Sistemas pasivos
.-Sistemas activos
11.4 A torre.
11.5 Sistemas de transmisión.
11.6 O xerador eléctrico.
Enerxía Minihidraúlica :

Capítulo – XII INTRODUCIÓN
12.1 Comezo.
12.2 Definición de pequenos aproveitamentos.
12.3 Opcións técnicas.
12.4 Planificación e análise dun aproveitamento.
Capítulo – XIII FUNDAMENTOS DE ENXEÑARÍA HIDRÁULICA 13.1 Comezo.
13.2 Circulación da auga en condutos pechados.
13.3 Circulación da auga en condutos abertos
Capítulo - XIV O RECURSO HÍDRICO E SEU POTENCIAL. 14.1 Comezo.
14.2 Rexistros de datos hidrolóxicos.
14.3 Medidas directas do caudal.
14.4 Réxime de caudal.
14.5 Presión de auga o salto.
14.6 Potencia instalada enerxía xerada.
Capítulo – XV ESTRUTURAS HIDRÁULICAS.OBRA CIVIL. 15.1 Estruturas de embalse e derivación.
15.2 Conducións hidráulicas.
15.3 Caneiros de descarga.
Capítulo – XVI EQUIPOS ELECTRO-MECÁNICOS. 16.1 Comezo.
16.2 Turbinas hidráulicas.
16.3 Multiplicador de velocidade.
16.4 Xeradores.
16.5 Control.
16.6 Equipos de sincronización e protección eléctrica.
Capítulo – XVII OUTRAS RENOVABLES. En función do tempo dispoñible daranse os temas que figurando na memoria da titulación non aparecen nomeados expresamente nos capítulos anteriores.
SAIDAS DE CAMPO SAIDAS DE CAMPO
Visita a un parque eólico: (Proxección na escola dos diferentes planos do parque, esquemas unifilares, etc..)

- Percorrido pola subestación: seguimento dos embarrados de alta tensión,T.T,disxuntores, seccionadores, T.I., Transformador
- Percorrido polas celas de media tensión.
- Visita o centro de control do parque, Análise dos sistemas de monitorización
Visita a unha central minihidráulica: (Proxección na escola dos diferentes planos da central, esquemas unifilares, etc..)

- Percorrido pola casa de máquinas
- Percorrido polo tubaxe forzado.
- Percorrido polo caneiro de derivación.
- Percorrido polo azud de regulación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Sesión maxistral A5 A32 A33 B1 B2 B4 B5 21 35 56
Solución de problemas A33 16 6 22
Traballos tutelados A4 B9 C3 0 8 8
Presentación oral A1 1 0 1
Proba obxectiva A33 3 20 23
Proba obxectiva A33 3 20 23
Prácticas de laboratorio B5 C3 4 0 4
Saídas de campo A33 8 2 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Na clase de presentación se proxectará, coas explicacións pertinentes, a Guía Docente da asignatura; establecendo o remate unha quenda aclaratoria de dubidas que poidan xurdir os alumnos no referente a Guía Docente.
Sesión maxistral Os alumnos poderán dispor con antelación da colección de capítulos que inclúa a lección que o profesor explicará no xeito sesión maxistral. Para unha mellor comprensión das explicacións se engadirán recursos audiovisuais, transparencias u outros medios que a escola habilite
Solución de problemas Conforme se avance en teoría entregarase a os alumnos problemas que deberán resolver e entregar en prazos fixados polo profesor. Algúns destes problemas faranse na clase. O redor de 14 horas será o tempo destinado para a feitura de problemas.
Traballos tutelados A cada alumno que acade unha puntuación superior a 4 na convocatoria ordinaria o profesor podrá ofertar a feitura dun traballo que deberá presentar en soporte papel nun prazo determinado, e defender mediante unha presentación oral, traballo que normalmente consistirá nun mini proxecto de execución individual, podendo ser este dunha instalación de aproveitamento fotovoltaico, térmico o minihidráulico, temática e características do traballo que fixará persoalmente o profesor.
Presentación oral o alumno que tendo unha nota superior a 4 e opte por realizar o traballo, deberá facer a defensa do mesmo cunha presentación oral, na que a escola facilitaralle o soporte informático e audiovisual que requirise a presentación. O tempo máximo que dispón na presentación é dunha media hora de duración. O seu remate o alumno responderá as preguntas sobre o traballo que o profesor estime facerlle.
Data de presentación: O alumno recibirá un correo no que se indica a entrega do traballo e a data de presentación, a calificación intentarasé dar con unha semana de antelación do esame 2ª oportunidade (Xullo)
Proba obxectiva Queda a decisión do alumnado particionar o exame final, se optan por facelo acordarase consensuadamente a data e posteriormente publicitarase en moodle, nesa partición do exame FINAL entrarán os capítulos do tema I a tema VIII, no exame haberá preguntas de teoría e problemas cunha duración máxima de 4 horas.
Proba obxectiva Farase a segunda parte do exame final nas datas aprobadas na xunta de escola para a convocatoria de xaneiro no que entrarán os restantes temas da asignatura que se chegaran a dar nas sesións de clase, a estrutura do exame será semellante a proba mencionada con anterioridade. Os contidos ollados nas saídas de campo avaliaranse nesta proba obxectiva
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio terán unha duración por práctica de dúas horas. teñen carácter obrigatorio. A opción de facer prácticas a traves de TIC xerara un aprendizaxe efectivo familiarizandose cos programas de cálculo aplicados en instalacións Renovables dependerá das dotacións de soft da escola.
Saídas de campo No caso de facerse saídas de campo, con anterioridade da realización da saída de campo, na aula explicarase a información subministrada referente a visita para que no percorrido das instalacións o alumno teña os mínimos coñecementos que lle permitan un óptimo aproveitamento. O alumnado deberá ter ollada a documentación da visita, información que poderá dispor o habilitárselle unha páxina na web da UDC dende onde poderá descargar a documentación pertinente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Para resolución de problemas:

Durante todo período de clases, o profesor conta cunhas horas de titoría nas que se resuelven cuestións dos alumnos de forma personalizada.

Para os traballos tutelados:

Os alumnos que cumpren os requisitos e optan pola realización do traballo realizarano de xeito autónomo. No obstante, o profesor está a disposición do alumno para resolver as dubidas que podan xurdir durante a realización do traballo e orientar o alumno na realización do mesmo.

O alumno tamén poderá propor un determinado miniproxecto ó profesor, quedando no criterio do profesor a aceptación da súa proposta. Para a realización do miniproxecto, recibe do profesor as indicacións e, no seu caso, os medios necesarios.

Unha vez rematado o prazo de entrega do traballo o profesor asignara unhas determinadas horas para a defensa mediante unha presentación oral e seu remate o alumno respondera a unha quenda de preguntas que o profesor estime facerlle sobre o traballo realizado para poder puntualo.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A33 Exame final 1ª parte (proba pactada co alumnado o principiar as clases)

Realizarase un exame dividido en dúas partes, nunha primeira se desenrolarán preguntas de teoría e nunha segunda parte faranse un ou dous problemas, segundo criterio do profesor. Os temas que abrangue esta primeira proba obxectiva van dende o primeiro (radiación solar) continuando cos temas de solar fotovoltaica (temas II.III,IV,V) ase como a parte de solar térmica (temas VI,VII,VIII). A distribución na cualificación dos diferentes pesos correspondentes a cada unha das partes da proba, está suxeito o criterio do profesor, que os distribuirá tendo en conta os grados de dificultade. Dito criterio notificarase no momento de principiar a proba obxectiva.
25
Proba obxectiva A33 Exame final 2ª parte
Realizarase un segundo exame nas datas aprobadas pola escola, dita proba estará dividida en dúas partes: unha na que se desenrolarán preguntas de teoría que inclúen os restantes capítulos do temario (temas do IX o XVII), e outra parte despois dun descanso na que o alumno deberá vir con calculadora, unha regra e bolígrafo, faráselle entrega dos enunciados de problemas.
O alumno que renuncie a partición do exame final realizará unha unica proba obxetiva, dita proba estará dividida en duas partes: unha con preguntas de teoría de todo o temario e unha segunda parte de problemas.
A distribución dos pesos das diferentes partes das probas obxetivas faráse en función do grado de dificultade das partes. O mestre notificará dito criterio no intre de comezar a proba obxetiva.
25
Presentación oral A1 E imprescindible a defensa oral para recibir a cualificación do traballo tutelado
Na presentación oral o alumno disporá de media hora como máximo. A defensa Poderá facerse modo audiencia pública para o resto de compañeiros.
20
Saídas de campo A33 A asistencia as saidas de campo e obrigatoria e aporta un 5% do computo da avaliación.

As saídas de campo avaliaranse cun cuestionario que se entregara cos exames das convocatorias ordinaria e 2ª oportunidade, normalmente farase coa parte de teoría de ditas probas obxetivas, aportando un 5%
5
Sesión maxistral A5 A32 A33 B1 B2 B4 B5 A presenza e participación nas clases aportará un máximo de 5 sobre 100 co 100 % da asistencia. A relación asistencia puntuación non será lineal, asistencia inferior o 50% non puntuará. Esta puntuación engadirase a nota se o alumno supera o 40% dos pesos das probas obxectivas. 5
Traballos tutelados A4 B9 C3 O alumno que acadando nota superior a 4 na convocatoria ordinaria ten a opción de realizar , defender e aprobar un miniproxecto consegindo deste xeito unha calificación apta na convocatoria de 2ª oportunidade (xullo)
Traballo que entregará nun prazo fixado polo profesor. Caracteristicas do traballo que fixará o profesor e que defenderá o alumno cunha presentación oral.
5
Solución de problemas A33 O alumno entregará nos prazos estipulados polo profesor cada un dos problemas da colección que se lle requira. A escolma de problemas que se lle facilitará colgará da paxina web da UDC Quedando a liberdade do profesor a petición individual de defensa das resolución dos problemas, ase como a entrega dos mesmos o alumno xa corrixidos. Podendo acadar como máximo 5 puntos sobre os 100 de cualificación final máxima da asignatura . 10
Prácticas de laboratorio B5 C3 As prácticas de laboratorio faranse en función dos recursos existentes na escola estas poden ser empregando elementos reais o empregando software habilitado no laboratorio. 5
 
Observacións avaliación

O alumno que decide presentarse a proba obxetiva
(exame final 1ª parte) renuncia a realización dun único exame final.

As probas obxectivas son liberatorias o acadar unha cualificación igual o superior o 50% da cualificación máxima do exame.
As probas obxectivas son compensatorias o acadar unha cualificación maior o igual o 35 % da cualificación máxima do exame. As partes liberadas terán validez únicamente para as convocatorias dese ano académico.

 Se o alumno optase por un único exame, a estructura da proba obxectiva sería a mesma: parte teoría e parte problemas sendo o seu peso do 50%. 

 No caso de organizarse e obrigatorio a asistencia as visitas.  A parte porcentual na cualificación das saídas de campo e prácticas de laboratorio valen  10%. se
xurdise algún impedimento para facer total o parcialmente a porcentaxe da cualificación engadiríase equitativamente as dúas
probas obxectivas, o a única proba no caso de acordar un único exame. 

Queda a criterio do mestre a posibilidade de puntuar ata un máximo dun
20% a realización de actividades extracurriculares, propostas na area de
enxeñaría eléctrica de tematica vinculante ou afin a materia, ditas actividades
consistirían na, asistencia a conferencias, simposios ou xornadas, realización
de prácticas de empresa,etc. 


Fontes de información
Bibliografía básica CENSOLAR (1994). Instalaciones de energía solar. Sevilla. Progensa
Salvador Cucó Pardillos (2017). Manual de energía eólica desarrollo de proyectos e instalaciones. Universitat politécnica de Valéncia
Celso Penche (1998). Manual de pequeña hidráulica. Celso Penche U.P.M. (DG XVII)
Pilar Pereda Suquet (2006). Proyecto y Calculo de Instalaciones Solares Térmicas. ea! edicionesde arquitectura
Eduardo Lorenzo (2006). Radiación solar y dispositivos fotovoltaicos (vol-II). Progensa
John Twidell, Tony Weir (1996). Renewable Energy Resources . Cambridge. University Press
J. L. Rodríguez, J. C. Burgos, S Arnalte (2003). Sistemas eólicos de producción de energía eléctrica . Madrid. Rueda

Bibliografía complementaria Colmenar Santos / Calero Pérez / Carta González / Castro Gil (2009). Centrales de energía renovables. Pearson educación
Mario A. Rosato (1991 ). Diseño de máquinas eólicas de pequeña potencia. PROGENSA
ASIT (2010). Guía ASIT de la energía solar Térmica. Asociación de la industría solar térmica
Eduardo Lorenzo (2014). Ingeniería fotovoltaica (vol-III) . Progensa
Burton Sharpen Jenkins Bossanyi (2001). Wind energy Handbook . Wiley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Máquinas Eléctricas I/770G02021
Máquinas Eléctricas II/770G02026
Instalacións Eléctricas en Media e Alta Tensión/770G02027
Transporte de Enerxía Eléctrica/770G02036
Mantemento Industrial/770G02041
Fundamentos de Electricidade/770G02013
Mecánica de Fluídos/770G02016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

<p> Deberá ter asimilado os coñecementos impartidos nas seguintes materias:Cálculo Infinitesimal /730G04001, FísicaI/730G04003, Física II/730G04009, Alxebra Lineal/730G04006, Ecuacións Diferenciais/730G04011, Fundamentos de Electricidade /770G02013 </p>



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías