Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Organización de Empresas Código 770G02037
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é achegar ao futuro enxeñeiro os coñecementos básicos da organización de empresas.
Desta maneira, trátase de capacitar ao alumno para desenvolver as competencias básicas para a toma de decisións referentes á planificación, programación e control da produción, así como desenvolver a apreciación da interacción entre a función de produción e as demais funcións da organización.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A20 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
A22 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
A35 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B3 Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
B7 Capacidade para traballar de forma colaborativa e de motivar un grupo de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os distintos sistemas de xestión da produción e estratexias que se poden adoptar na dirección de operacións. A2
A20
A22
B3
B6
C4
C7
Manexo dalgunhas técnicas para a planificación e control da producción A2
A22
B1
B3
B7
Manexo de ferramentas para a xestión de proxectos A2
A22
B1
B4
B5
C4
Comprender a importancia da xestión dos recursos humanos dentro da empresa A2
B2
B4
B6
C1
Coñecemento do marco dos sistemas de xestión de calidade A35
B1
B4

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques o temas seguintes desarrollan os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: - O sistema productivo da empresa.
- Organización da producción.
- Planificación, xestión e control da producción.
- Técnicas de investigación operativas aplicadas.
- Sistemas de xestión de calidade.
BLOQUE I:INTRODUCCIÓN
Tema 1: A empresa e a súa actividade produtiva.
Tema 2: A producción e os sistemas productivos.
BLOQUE II: DECISIÓNS TÁCTICAS E OPERATIVAS NA PRODUCCIÓN Tema 3: Xestión da cadea de subministracións.
Tema 4: Xestión de inventarios.
Tema 5: Planificación agregada.
Tema 6: Planificación de necesidades de material (MRP)
Tema 7: Produción "Just in Time" e produción axustada.
Tema 8: Dirección de proxectos.
BLOQUE III: DECISIÓNS ESTRATÉXICAS NA PRODUCCIÓN Tema 9: Deseño de produtos e servizos.
Tema 10: Estratexia de procesos e planificación da capacidade.
Tema 11: Estratexia de localización.
Tema 12: Estratexias de distribución en planta.
Tema 13: Estratexia e xestión da calidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A2 A20 A22 A35 B1 B2 B5 3.5 0 3.5
Solución de problemas B1 B3 B4 B6 C1 C7 14 21 35
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 C4 C7 4 4 8
Prácticas a través de TIC B1 B4 B6 C7 13 27 40
Sesión maxistral A2 A20 A22 B7 21 42 63
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba obxectiva composta por preguntas de teoría e exercicios prácticos que valorarán a adquisición dos coñecementos da materia.
Solución de problemas Resolución de problemas que permitirán afianzar os coñecementos teóricos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a xornadas ou conferencias que considere a profesora que sexan de interese para o alumno,así mesmo a visita a algunha empresa.
Prácticas a través de TIC Prácticas no ordenador, para afianzar os coñecementos teóricos e aprender o manexo de diferentes software na planificación da producción e de proxectos.
Sesión maxistral Exposición do contido teórico dos distintos temas do programa da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os problemas ou traballos expostos no despacho da profesora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 C4 C7 Asistencia a eventos expostos pola profesora que requirirán a realización dun traballo a posteriori que integrase no portafolio 5
Solución de problemas B1 B3 B4 B6 C1 C7 Resolución de problemas prácticos, que poderán entregarse e clase ou se requirirá a súa realización polo alumno fóra das aulas. 10
Proba mixta A2 A20 A22 A35 B1 B2 B5 Realizarase un exame parcial que liberará materia para o exame final 70
Prácticas a través de TIC B1 B4 B6 C7 Prácticas no ordenador que se realizarán na aula o fora de ela e que requiran a súa entrega dentro dun prazo 15
 
Observacións avaliación

Os alumnos poderán escoller entre dúas formas de avaliación, sendo necesario que se comunique , o comezo do curso, a selección escollida:

- Avaliación continua: aqueles alumnos que decidan realizar todos os traballos expostos ao longo do curso. Neste caso a proba mixta ten un valor do 70% e os traballos un 30% (como se establece nas metodoloxías).
- Avaliación NON continua: aqueles alumnos que non realicen os traballos expostos. Neste caso, o exame final terá un valor do 70%.
A mediados do curso realizarase un exame parcial que liberará materia para o exame final.
As notas dos traballos e do exame parcial gardarase ata a 2º convocatoria (xullo).
Durante o curso confirmarase se leva a cabo a visita á empresa ou no seu caso asistirase a algún evento científico, en calquera dos dous, requirirase a realización dun traballo. O seu cualificación final será dun 5% da nota final, ao só realizarse unha destas dúas metodoloxías.

Aceptase a dispensa académica nesta asignatura. No caso de que este
alumnado non poda asistir o evento científico plantexado, a profesora
plantexará un traballo alternativo.


Fontes de información
Bibliografía básica Heizer, J; Render, B. (2009). Dirección de la producción. Prentice Hall
Domínguez Machuca, J.A. et al. (1995). Dirección de operaciones. McGraw-Hill
Casanovas, A.; Cuatrecasas, LI (2001). Logística empresarial. Gestión 2000

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión Empresarial/770G01010
Tecnoloxías de Fabricación/770G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unnha contorna inmediata sustentable e cumplir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do Plan de Acción Green Campus Ferrol:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
  1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
  2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sin necesidade de imprimilos.
  3. De ser necesario realizalos en papel:
  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a doble cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías