Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Domótica e xestión técnica das instalacións Código 770G02038
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Profesorado
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Web
Descrición xeral A presente materia ten como principal obxectivo dar ó alumno os coñecementos teóricos dos diversos tipos e funcionamentos dos Sistemas Domóticos, co fin de alcanzar os coñecementos necesarios para a súa operación, análise e deseño.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a redacción, firma, desenvolvemento e dirección de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, e en concreto da especialidade de electricidade.
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A3 Capacidade para realizar medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos e informes.
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A5 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas actuando con ética, responsabilidade profesional e compromiso social, e buscando sempre a calidade e mellora continua.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A2
A4
C1
A3
A5
C3
C7
A1
A4
C1
A1
A3
C7
A2
A5
C3
A3
C3
C7
A3
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introducción á Domótica 1.1. Características xenerais

1.2. Funcións e aplicacións da Domótica na vivenda

1.3. Compoñentes dun sistema Domótico
Tema 2: Aplicacións e tipos de sistemas Domóticos

2.1. Servicios e aplicacións das vivendas Domóticas

2.2. Clasificación dos sistemas Domóticos

2.3. Sistemas inalámbricos
Tema 3: Sistemas por corrientes portadoras 3.1. O estandar X-10

3.2. Compoñentes principais

3.3. Instalación e configuración

3.4. Outras posibilidades
Tema 4: Sistemas con controlador programable 4.1. Características dos sistemas con controlador programable

4.2. O sistema SIMON

4.3. Compoñentes básicos do sistema

4.4. Instalación e configuración

4.5. Outros sistemas con controlador programable


Tema 5: Sistemas de bus de datos 5.1. Características do estandar KNX

5.2. Compoñentes básicos do sistema

5.3. Instalación e configuración

5.4. Programación con ETS
Tema 6: Instalacións 6.1. Instalacións Eléctricas

6.2. Instalacións de Telecomunicación

6.3. Instalacións de Fontanería e Saneamento

6.4. Instalacións Climatización

6.5. Instalacións GLP
Tema 7: Lexislación básica sobre instalacións 7.1. A Ley de Ordenación na Edificación

7.2. I Código Técnico da Edificación

7.3. Reglamento Electrotécnico de Baixa Tensión

7.4. Reglamento de Instalacións Térmicas

7.5. Reglamento de Infraestructuras Comúns de Telecomunicación
Tema 8: Xestión e certificación enerxética 8.1. Lexislación

8.2. Implicación da Domótica na calificación enerxética

8.3. Certificación de edificios de vivendas

8.4. Certificación de edificios do sector terciario

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 C7 17 31 48
Solución de problemas A3 A4 C1 C3 15 22 37
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 C1 8 24 32
Obradoiro A1 A4 C3 C1 8 10 18
Proba mixta A3 A4 C7 2 10 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A orde dos temas impartidos non terá que ser o descrito na guía docente. Ademais, haberá temas que se poidan ver conjuntamente no desenvolvemento doutros, xa que a división entre eles pode non ser estrita.
Solución de problemas Resolución de exercicios e problemas concretos no aula, a partir dos coñecementos que se explicaron.
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible; ou, no seu defecto, a resolución de exercicios e problemas concretos na aula, a partir dos coñecemientos explicados. Ademáis, dentro das prácticas de laboratorio se pode incluir un pequeno traballo de temas concretos da asignatura para asegurar a correcta comprensión da materia.
Obradoiro Realización dun traballo individual dun tema concreto da asignatura e posta en común en grupo para compartir coñecemento. Posteriormente os traballos uniranse nun común e presentarase en clase por grupos.
Proba mixta Consiste na realización dunha proba obxectiva de aproximadamente 1 hora de duración, na que se evaluarán os coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
O alumno dispón das correspondentes sesións de tutorías personalizadas, para a resolución das dúbidas que xurdan da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A4 C7 Exame tipo proba obxectiva 60
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 C1 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía 15
Obradoiro A1 A4 C3 C1 Realización dun traballo individual dun tema concreto da asignatura e posta en común en grupo para compartir coñecemento. Posteriormente os traballos uniranse nun común e presentarase en clase por grupos. 25
 
Observacións avaliación

No marco das "Prácticas de laboratorio" poderanse incluír aspectos tales como asistencia a clase, traballo persoal, traballos persoais propostos, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado.

A "Proba mixta" poderase dividir nunha parte teórica e outra práctica.

Sería necesario, no seu caso, superar o 50% da puntuación na parte teórica da "Proba mixta" para aprobar, así como ter realizados e aprobados os traballos propostos nas "Prácticas de laboratorio".


Fontes de información
Bibliografía básica Huidobro, José Manuel (2008). Domótica : edificios inteligentes. Segovia: Copyright
Junestrand, Stefan (2004). Domótica y hogar digital. Madrid : International Thomson Editores
Moreno Gil, José (2000). Instalaciones automatizadas en viviendas y edificios. Madrid: Paraninfo

Bibliografía complementaria Romero Morales, Cristóbal (2010). Domótica e inmótica: viviendas y edificios inteligentes. Madrid: Ra-Ma
Tobajas García, Carlos (2011). Instalaciones domóticas. Barcelona: Cano Pina: CEYSA
Huidobro, José Manuel (2010). Manual de domótica. Madrid: Creaciones Copyright


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Instalacioós Eléctricas en Baixa Tensión/770G02022
Automatización/770G02028
Electrónica de Potencia/770G02029
Oficina Técnica/770G02034
Instalacións Industriais e Comerciais/770G02031

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xestión Eficiente da Enerxía Eléctrica/770G02040
Instrumentación Industrial/770G02042

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
  1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
  1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías