Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Oficina Técnica Código 770G02131
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
López Vázquez, José Antonio
Correo electrónico
jose.lopez@udc.es
Profesorado
López Vázquez, José Antonio
Correo electrónico
jose.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Na materia de Oficina Técnica, trátase de ensinar ao estudante como, cos coñecementos de Debuxo Técnico adquiridos nas materias de Expresión Gráfica e os coñecementos da tecnoloxía da súa especialidade adquiridos nas materias específicas, pode desenvolver as funcións propias dunha Oficina Técnica e elaborar un Proxecto de Enxeñaría. É unha materia onde se contemplan os métodos, técnicas, regulamentacións, etc., utilizados na Oficina Técnica da empresa industrial e na Oficina Técnica de proxectos para levar a cabo as súas múltiples tarefas, entre as que recibe especial atención a elaboración do Proxecto de Enxeñaría.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Eventos científicos e/ou divulgativos
Proba obxetiva

*Metodoloxías docentes que se modifican:
A sesión maxistral presencial substitúese por sesións virtuais a través de Teams.

Traballos tutelados. Elaboraranse os enunciados das prácticas detallando paso a paso o desenvolvemento de cada exercicio con explicacións guiadas para favorecer o traballo autónomo do estudante. (Moodle)

A asistencia a eventos científicos e/ou divulgativos farase de forma non presencial.

A presentación oral realizarase a través de Teams.

A proba obxectiva realizarase a través de Moodle/Teams.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías realizaranse a través de TEAMS, Moodle e correo electrónico segundo a necesidade dos estudantes.

4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións na avaliación da materia

*Observacións de avaliación:
Os traballos tutelados presentaranse utilizando TEAMS.
A proba mixta realizarase a través de Moodle/Teams.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para a redacción, firma, desenvolvemento e dirección de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, e en concreto da especialidade de electricidade.
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A3 Capacidade para realizar medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos e informes.
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A23 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
A37 Realización e interpretación de planos normalizados mediante o manexo e utilización da simboloxía, normas e regulamentos máis adecuados
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B11 CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñece as atribucións e facultades que lle confiren as leis de atribucións. A1
B4
C7
Adquire coñecementos para a redacción e interpretación de documentos técnicos propios da enxeñaría A3
A23
B2
B11
C1
C7
Interpreta os conceptos e normas fundamentais relacionados con proxectos industriais. A4
A23
Interpreta e prepara a documentación técnica específica dun proxecto do ámbito da enxeñaría industrial. A2
A3
A4
A37
B2
B4
B5
B11
C1
Comprende e aplica coñecementos de Lexislación A4
B4
B5
Entende as funcións dos axentes relacionados co proxecto de enxeñaría. A2
A23
B2
B5
B11
C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. ATRIBUCIÓNS PROFESIONAIS
1 Evolución histórica da titulación
2 Atribucións e facultades profesionais
3 Exercicio libre da profesión
4 Colexios e asociacións profesionais
5 A retribución dos traballos

TEMA 2. A ENXEÑARÍA COMO PROFESIÓN

1 A profesión de Enxeñaría
2 O enxeñeiro na empresa industrial
3 O enxeñeiro na empresa de servizos
4 Acceso dos enxeñeiros ás empresas
5 O enxeñeiro na Administración Pública
6 Acceso dos enxeñeiros á Administración Pública
TEMA 3. OFICINAS TÉCNICAS
1 Definición e denominacións
2 Empresas de Enxeñaría
3 A Oficina Técnica como departamento
TEMA 4. DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS E TÉCNICOS.

1 Introducción
2 Documentos administrativos
3 Documentos técnicos: informes, dictámenes e peritacións
4 Patentes
TEMA 5. O PROXECTO DE ENXEÑARÍA
1 Definición
2 Tipos de proxectos
3 Documentos do proxecto
4 Normas de presentación
TEMA 6. METODOLOXÍA E FASES DO PROXECTO 1 Desenvolvemento metodolóxico do proxecto
2 Fontes de información
3 Técnicas creativas
4 Fases do proxecto
TEMA 7. MEMORIA E ANEXOS DO PROXECTO 1 A memoria como documento do proxecto
2 Metodoloxía para a realización da memoria
3 Contido da memoria
4 Anexos

TEMA 8. OS PLANOS DO PROXECTO
1 Os planos como documento do proxecto
2 Contido
3 Relación de planos dun proxecto e a súa información

TEMA 9. O PREGO DE CONDICIÓNS 1 O Prego de Condicións como documento do proxecto
2 Contido
3 Estrutura


TEMA 10. MEDICIÓNS E ORZAMENTO 1 Definición de orzamento
2 Unidades de obra
3 Estrutura do orzamento
4 Revisión de prezos
5 Prezos contraditorios
TEMA 11. ESTUDO DE SEGURIDADE E SAÚDE
1 O Estudo de Seguridade e Saúde como documento do proxecto
2 Ámbito de aplicación
3 Contido do estudo de seguridade e saúde
4 Coordinador de seguridade e saúde
5 Plan de seguridade
6 Libro de incidencias

TEMA 12. DIRECCIÓN DE PROXECTOS
1 Introdución
2 Marco lexislativo que regula a dirección de obra
3 Funcións e actividades do director de obra segundo a L.O.E.
4 Funcións do director de obra en materia de seguridade e saúde
5 Responsabilidades do director de obra

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A23 18 18 36
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A23 A37 B2 B4 B5 B11 C1 C7 28 60 88
Presentación oral B2 B4 B5 2 4 6
Eventos científicos e/ou divulgativos B2 B4 B5 3 1 4
Proba obxectiva A1 A3 A23 B2 B5 B11 2 12 14
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición do profesor complementada co uso de medios audivisuales e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Traballos tutelados - REALIZACIÓN DUN PROXECTO TÉCNICO
Unha parte do traballo (O documento Planos) desenvolverase durante as horas presenciais de prácticas.
A elaboración do resto de documentos formará parte do traballo persoal do alumno, a desenvolver en horas non presenciais.

- REALIZACIÓN DA DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA UNHA PATENTE
O traballo consistirá na realización e exposición, dunha MEMORIA DESCRITIVA que ha de constar de:
Unha descrición da invención para a que se solicita a patente
Unha ou varias reivindicacións.
Os debuxos aos que se refiren a descrición ou as reivindicacións

Ambos os traballos realizásense en grupo.
Presentación oral O alumnado realizará a exposición do traballo de patentes
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a xornadas técnicas e elaboración dun informe
Proba obxectiva Realízase un exame de teoría, sobre o temario exposto nas horas presenciais

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
Realízanse controis periódicos, con obxecto de evitar posibles desvíos á hora de realizar o traballo de patentes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A3 A23 B2 B5 B11 Realízase un exame de teoría, sobre o temario exposto nas horas presenciais.
40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A23 A37 B2 B4 B5 B11 C1 C7 Valóranse os traballos prácticos realizados polos estudantes en horas presenciais e non presenciais 60
 
Observacións avaliación
Para superar a asignatura, os estudantes han de obter a cualificación
mínima de aprobado (5), en cada un dos exercicios prácticos realizados en clase,
en cada un dos traballos propostos polo profesor, a realizar
en horas non lectivas, e no exame de teoría.

Soamente obterán a cualificación de Non Presentado, os estudantes que non
participen en ningún dos procedementos de avaliación contemplados na
materia.


Fontes de información
Bibliografía básica GÓMEZ-SENENT MARTÍNEZ, E. (). CUADERNOS DE INGENIERÍA DE PROYECTOS.. VALENCIA. UNIVERSIDAD
LOZANO APOLO, G. (). CURSO DE PREPARACIÓN Y PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS, GRÁFICOS, MEMORIAS, REPRESENTACIONES TÉCNICA Y PATENTES. GIJÓN. CONSULTORÍAS TÉCNICAS DE LA CONSTRUCCIÓN
MORILLA ABAD, I. (). GUÍA METODOLÓGICA Y PRÁCTICA PARA LA REALIZACIÓN DE PROYECTOS. MADRI. C.O.I. de CAMINOS, CANALES Y PUERTOS
MERCHÁN GABALDÓN, F. (). MANUAL PARA LA DIRECCIÓN DE OBRAS. MADRID. DOSSAT
SEVILLA LÓPEZ, J. M. (). MANUAL PARA LA REDACCIÓN DE PROYECTOS DE CONSTRUCCIÓN EN LA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA. MADRID. DOSSAT
BRUSOLA SIMÓN, F. (). OFICINA TÉCNICA Y PROYECTOS. VALENCIA. S. P. de la U.P. de VALENCIA
COS CASTILLO, M (). TEORÍA GENERAL DEL PROYECTO. DIRECCIÓN DE PROYECTOS. MADRID. SÍNTESIS
COS CASTILLO, M (). TEORÍA GENERAL DEL PROYECTO. INGENIERÍA DE PROYECTOS. MADRID. SÍNTESIS

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Expresión Gráfica/770G02005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enxeñaría Gráfica/770G02133

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/770G02045

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero

Para a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías