Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Organización de Empresas Código 770G02132
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é achegar ao futuro enxeñeiro os coñecementos básicos da organización de empresas.
Desta maneira, trátase de capacitar ao alumno para desenvolver as competencias básicas para a toma de decisións referentes á planificación, programación e control da produción, así como desenvolver a apreciación da interacción entre a función de produción e as demais funcións da organización.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A22 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B11 CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar ferramentas cualitativas e cuantitativas de planificación e control da producción. A2
A22
B4
B11
C3
Coñecer e aplicar técnicas de xestión de stocks A2
A22
B11
C3
Identificar e aplicar conceptos clave na xestión da cadea de suministro A2
A22
Coñecer e aplicar técnicas de xestión de proxectos. A2
A22
B4
B11
C3
Coñecer ferramentas para a xestión e optimización dos sistemas de producción. A2
A22
C3

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I:A XESTIÓN DA PRODUCCIÓN
Tema 1: A empresa e a súa actividade produtiva.
Tema 2: A producción e os sistemas productivos.
BLOQUE II: A XESTIÓN DE STOKS E A CADEA DE SUMINISTRO Tema 3: Xestión da cadea de subministracións.
Tema 4: Xestión de inventarios.
BLOQUE III: PLANIFICACIÓN E CONTROL DA PRODUCCIÓN Tema 5: Planificación agregada.
Tema 6: Planificación de necesidades de material (MRP)
Tema 7: Produción "Just in Time" e produción axustada.
Tema 8: Estratexia e xestión da calidade.
BLOQUE IV: XESTIÓN DE PROXECTOS Tema 9: Dirección de proxectos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A2 A22 C3 6 0 6
Solución de problemas A2 A22 B4 B11 6 10 16
Prácticas a través de TIC A2 A22 B11 C3 18 35 53
Saídas de campo A22 B11 6 4 10
Sesión maxistral A2 A22 21 42 63
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba obxectiva composta por preguntas de teoría e exercicios prácticos que valorarán a adquisición dos coñecementos da materia.
Solución de problemas Resolución de problemas que permitirán afianzar os coñecementos teóricos.
Prácticas a través de TIC Prácticas no ordenador, para afianzar os coñecementos teóricos e aprender o manexo de diferentes software na planificación da producción e de proxectos.
Saídas de campo Visitas a empresas para ver a aplicación práctica dos conceptos expostos nas sesións maxistrais.
Sesión maxistral Exposición do contido teórico dos distintos temas do programa da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os problemas ou traballos expostos no despacho da profesora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A22 C3 Realizarase un exame parcial que aprobado liberará materia para o exame final e que valorará por separado a parte práctica da teórica. 70
Solución de problemas A2 A22 B4 B11 Resolución de problemas prácticos ou simulaciones de procesos, que poderán entregarse en clase ou se requirirá a súa realización polo alumno fóra das aulas. 10
Prácticas a través de TIC A2 A22 B11 C3 Prácticas no ordenador que se realizarán na aula o fora de ela e que requiran a súa entrega dentro dun prazo 15
Saídas de campo A22 B11 Visita a unha ou varias empresas, das cales plantearase un traballo. 5
 
Observacións avaliación

Para liberar a materia do examen parcial, requerirase cumprir os requisitos mínimos fixados no exame e obter unha calificación total (teoría+práctica) mínima de 4.

A nota final das probas mixtas obterase mediante a media das mesmas, sempre e cando se cumplan os requisitos mínimos fixados no exame e se obteña unha calificación total mínima de 4 en cada un deles. No caso de non cumprir os requisitos, pero a nota media sexa igual ou superior a 4, a calificación final da materia será de SUSPENSO (4).

Para superar a materia é CONDICIÓN NECESARIA:

  • Superar todas as partes das recollidas na táboa, sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar)
  • Cumprir os requisitos mínimos fixados nos exames.

As notas dos traballos e do exame parcial gardarase ata a 2º oportunidade (xullo). En segunda
oportunidade sólo poderase recuperar a proba mixta, no pudiéndose recuperar o resto de metodoloxías da táboa anterior.

Na evaluación da oportunidades adiantada de decembro, só se terá en conta o exame que terá unha ponderación do 100%. Para superar a materia nesta oportunidades deberanse cumplir os requisitos mínimos fixados no exame.

Durante o curso confirmarase se leva a cabo a visita á empresa ou no seu caso asistirase a algún evento científico, en calquera dos dous, requirirase a realización dun traballo.

O "alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicará o inicio do curso a súa situación á profesora da materia, según establece a normativa da UDC. No caso de que este
alumnado non poida asistir á visita á empresa plantexada, a profesora
planteará un traballo alternativo.


Fontes de información
Bibliografía básica Heizer, J; Render, B. (2009). Dirección de la producción. Prentice Hall
Domínguez Machuca, J.A. et al. (1995). Dirección de operaciones. McGraw-Hill
Casanovas, A.; Cuatrecasas, LI (2001). Logística empresarial. Gestión 2000

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión Empresarial/770G01010
Tecnoloxías de Fabricación/770G01015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unnha contorna inmediata sustentable e cumplir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do Plan de Acción Green Campus Ferrol:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
  1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
  2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sin necesidade de imprimilos.
  3. De ser necesario realizalos en papel:
  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a doble cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.
  • - Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 



    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías