Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Organización de empresas (Formación dual) Código 770G02140
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Web
Descrición xeral A formación dual permite que o alumnado integre os coñecementos adquiridos no contexto académico e profesional, favorecendo así a adquisición de competencias que lles preparen para o exercicio das súas actividades profesionais, faciliten a súa empleabilidad e fomenten a súa capacidade de emprendemento. Trátase dun proceso de formación estruturado, organizado e consensuado no que as persoas encargadas de tutelar ao estudante na empresa e na universidade comparten unha importante responsabilidade formativa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Sen cambios nos contidos
2. Metodoloxías A decisión que se adopte terá que ser acordada polo/a estudante e polas persoas encargadas da súa titorización na entidade colaboradora e no centro universitario, e ratificada polo centro co procedemento que se determine:
- Continuar co desenvolvemento da formación dual de maneira non presencial. - Manter a formación dual na modalidade presencial, sempre que se garanta que se respectan os parámetros das autoridades sanitarias.
-Substituír a formación dual por outras actividades propostas polos titores. "
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías realizaranse a través de TEAMS, Moodle e correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación da materia
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A22 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B11 CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar ferramentas cualitativas e cuantitativas de planificación e control da producción. A2
A22
B4
B11
C3
Coñecer e aplicar técnicas de xestión de stocks A2
A22
B11
C3
Identificar e aplicar conceptos clave na xestión da cadea de suministro A2
A22
Coñecer e aplicar técnicas de xestión de proxectos. A2
A22
B4
B11
C3
Coñecer ferramentas para a xestión e optimización dos sistemas de producción. A2
A22
C3

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I:A XESTIÓN DA PRODUCCIÓN
BLOQUE II: A XESTIÓN DE STOKS E A CADEA DE SUMINISTRO
BLOQUE III: PLANIFICACIÓN E CONTROL DA PRODUCCIÓN
BLOQUE IV: XESTIÓN DE PROXECTOS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 A22 B4 B11 C3 148 0 148
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Os traballos a realizar na empresa quedarán establecidos no programa formativo e irán ditrixidos a que o alumnado alcance as competencias establecidas na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O estudante terá un seguimento personalizado por parte de dous titores: o da universidade e o da empresa.
Ambos os titores serán os encargados de realizar o seguimento do desenvolvemento e execución das tarefas e traballos programados, de maneira que se garanta a adquisición das competencias. Programaranse reunións do titor da entidade, titor académico e estudante, a metade e final da estancia de prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A22 B4 B11 C3 O estudante entregará dous informes de seguimento, a metade de cada cuadrimestre, que recollerán a descrición concreta e detallada das tarefas e traballos que vai desenvolvendo, departamentos da entidade aos que está a ser asignado e unha relación dos problemas que se lle van expondo e o procedemento que seguiu para a súa resolución. Redactará tamén unha memoria final na que valore as competencias adquiridas e avalíe a idoneidade das prácticas realizadas.
A avaliación das competencias e resultados de aprendizaxe obterase considerando os informes de ambos os titores e a memoria presentada polo estudante.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías