Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Produto e Mercado Código 771528006
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Empresa
Coordinación
Salido Andrés, Noelia
Correo electrónico
noelia.sandres@udc.es
Profesorado
Salido Andrés, Noelia
Correo electrónico
noelia.sandres@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a relevancia da variable producto e o seu encaixe nun mercado volátil, con derivadas globais e locais e extremadamente competitivo. Aprender o concepto de producto, e os procesos de ciclo de vida de producto, xestión da carteira de productos e de desenvolvemento de novos productos con especial orientación á industria, así como a identificación das principais implicacións en materia de distribución e comunicación a ter en conta. Descubrir as ventaxas, riscos e potencialidades da creación e deseño de productos no contexto da Industria 4.0 Aprender a xestionar factores como a innovación, sustentabilidade, ética, e responsabilidade social no deseño de productos industriais como resposta as demandas crecentes do mercado actual.

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Importancia da variable Producto, Concepto de Producto e Ciclo de vida de Producto
Tema 2: (Micro) Segmentación de Mercado e Posicionamento de Producto
Tema 3: Xestión da carteira de productos
Tema 4: Deseño de novos productos no marco da Industria 4.0. Implicacións en materia de distribución e comunicación
Tema 5: Innovación, sustentabilidade, ética e responsabilidade social aplicados a Producto e Mercado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 20 80 100
Proba de resposta múltiple 1 0 1
Presentación oral 5 0 5
Sesión maxistral 17 27 44
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado participará en tutorías para a elaboración de casos prácticos que requerirán de traballo autónomo previo e posterior fora da aula.



Proba de resposta múltiple O alumnado examinaráse dos contidos da asignatura a través dunha proba tipo test de resposta múltiple na que soamente unha resposta é correcta e na que as preguntas mal contestadas penalizarán un tercio do valor da pregunta.

Presentación oral Presentación presencial e plenaria dos casos prácticos realizados polo alumnado ao longo do cuadrimestre.


Sesión maxistral Impartición dos contidos teóricos dos temas que conforman a asignatura, puidendo ser complementada ou impartida a través de conferencias invitadas

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Axudar no tratamento e resolución de problemas na preparación dos traballos tutelados e da presentación oral, tanto no caso dos alumnos matriculados en réxime de dedicación a tempo completo como no caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Asistencia, participación e preparación de calidade das tutorías dos casos prácticos a realizar, así como a creatividade e calidade formal e de contido dos casos prácticos resultantes baseados nos contidos da asignatura. 40
Proba de resposta múltiple Faráse un exame no formato de proba de resposta múltiple, na que soamente unha resposta é a correcta. As respostas incorrectas penalizarán. O exame ponderará o 50% da calificación final, sendo necesario aprobalo (calificación mínima de 5 nunha escala de 0 a 10) para aprobar a asignatura.

50
Presentación oral Presentación presencial, oral, plenaria e en equipo dos casos prácticos realizados ao longo do cuadrimestre.

10
 
Observacións avaliación

Aplicaránse os mesmos criterios de avaliación na primeira e segunda oportunidades. Estes criterios de avaliación son os mesmos para os alumnos matriculados en réxime de dedicación a tempo completo como non caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial. 


Fontes de información
Bibliografía básica Ruiz de Maya, S. y Grande Esteban, I. (2013). Casos de comportamiento del consumidor. Madrid : ESIC
Valencia López, Víctor. (2013). Entorno, mercado, clientes, producto y precio. Madrid : ESIC
Kotler, Philip. (2017). Fundamentos de marketing . México: Pearson Educación
Serrano Gómez, S. y Serrano Domínguez, C. (2005). Gestión, Dirección y Estrategia de producto. Madrid : ESIC
Alcaide, Juan Carlos (2015). Los 100 errores de la experiencia del cliente. Madrid : ESIC
Kotler, Philip. (2011). Marketing 3.0 . LID Editorial

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Marketing/611G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Asistencia ás tutorías dos casos prácticos programadas durante o cuadrimestre



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías