Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Deseño e Procesado con Polímeros Código 771G01011
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física
Coordinación
Abad Lopez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
Profesorado
Abad Lopez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura ten coma obxetivo adquir os coñecementos necesarios para que os alumnos poidan diseñar con exito un novo producto en materiais poliméricos, tendo en conta, as caracteristicas especiais que os diferencian dos materiais tradicionais e os procesos de fabricación mais idóneos para eses materiais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo.
A2 Capacidade de comprensión da dimensión social e histórica do Deseño Industrial, vehículo para a creatividade e a búsqueda de solucións novas e efectivas.
A5 Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría.
A7 Capacidade para deseño, redacción e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases.
A8 Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico.
B3 Aprender a aprender. Capacidade para comprender e detectar as dinámicas e os mecanismos que estruturan a aparición e a dinámica de novas tendencias.
B4 Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo.
B5 Resolver problemas de forma efectiva.
B6 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B7 Capacidade de liderado e para a toma de decisións.
B10 Capacidade de organización e planificación.
B11 Capacidade de análise e síntese.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos sobre as caracteristicas fisicas e químicas dos polímeros, para poder seleccionar o mais convinte para un producto dado. A1
A8
B2
B3
B5
B6
B10
B11
C1
C6
C8
Adquirir os coñecementos necesarios dos distintos tipos de procesado utilizados nos materiais polímericos para poder seleccionar o máis convinte para a fabricación do producto deseñado A1
A2
A7
B2
B4
B5
B10
B11
C6
C8
Adquirir coñecementos sobre a reutilización e reciclado dos materiais polimericos. Coñecer a responsabilidade dun deseño mais ecolóxico que xenere productos facilmente reciclables ou recuperables. A1
A5
A7
B4
B5
B6
B7
B11
C4
C5
C8

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1: DESEÑO DE PRODUTOS PLÁSTICOS. SELECCIÓN E PROPIEDADES DOS POLÍMEROS A filosofía do deseño e desenvolvemento de produtos plásticos
Conceptos básicos para a selección de polímeros
Materiais poliméricos: caracteristicas xerais
Caracterización de polímeros. Normativa aplicable.
Unidade 2: EXTRUSIÓN DE TERMOPLÁSTICOS Descrición do proceso de extrusión.
Tipos de extrusoras e cabezales. Equipamento accesorio.
Principais liñas de extrusión, coextrusión e biorientación. Extrusión-soprado.
Principais parámetros de extrusión. Influencia na calidade do produto extruído
Unidade 3: INXECCIÓN DE TERMOPLÁSTICOS Introdución ao moldeo por inxección
Maquinas de inxección: descrición e clasificación.
Parámetros de procesado.
Diagnóstico de fallos en pezas e solucións.
Tecnoloxías non convencionais de moldeo por inxección.
Unidade 4: OUTROS TIPOS DE PROCESADO Procesado de materiais termoestables.
Outros procesados de materiais termoplásticos.
Unidade 5: RECICLAXE DE POLÍMEROS. ECODESEÑO Introdución á reciclaxe de polímeros.
Estratexias para a reciclaxe de polímeros: reciclaxe mecánica, reciclaxe química e incineración. Outras técnicas de reciclaxe e valoración.
Plásticos biodegradables e compostables.
Introdución ao ecodeseño.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 C4 C5 21 42 63
Prácticas de laboratorio A5 B4 B7 B11 C1 C8 16 4 20
Proba obxectiva A8 B2 B6 B11 2 18 20
Proba de resposta múltiple B2 B3 B5 B6 B10 0 12 12
Traballos tutelados A7 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 C1 C6 C8 5 26 31
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na sesión maxistral o profesor, exporá na aula os principais conceptos de cada tema dos que consta a asignatura. Para isto apoiarase nos medios tecnicos dispoñibles: presentacións en powerpoint, videos, etc.
Posteriormente porá a disposición dos alumnos uns cuestionarios de axuda ó estudo que lles servirá de guía para preparar a proba obxetiva.
Prácticas de laboratorio A maior parte da docencia interactiva realizarase durante ás prácticas de laboratorio. Nelas os alumnos divididos en grupos reducidos poderán ver a aplicación dos principais conceptos teóricos revisados na aula anteriormente. Estas clases poderan constar de videos interactivos, onde os alumnos deberan traballar sobre os contidos do mesmo; practicas de procesado, conferencias, etc.
O final de cada clase, os alumnos cubriran un cuestionario respecto os distintos aspectos que se viron na practica, isto servirá para avaliar o seu traballo na mesma.
Proba obxectiva A proba obxetiva consistirá nun exame tipo test no que se avaliará os coñecementos adquiridos polos alumnos o longo do curso.
Proba de resposta múltiple Despois de cada sesión maxistral ós alumnos que asistiron a clase poderán facer un test online sobre a materia vista na clase, a través da plataforma Moodle. O test seguirá a mesma metodoloxía que a proba obxetiva e puntuará na nota final.
O obxetivo é que os alumnos se acostumbren a realizar este tipo de probas o longo do curso.
Traballos tutelados Unha parte da avaliación consistirá en facer un ou dous traballos en grupo. Estes traballos consistirá en estudiar a aplicación de materiais poliméricos nun producto comercial, tendo en conta non so a selección idónea do material, o proceso de fabricación mais idóneo senon tamen aspectos sobre a normativa aplicable o producto en sí, aspectos económicos (rentabilidade industrial), etc. A idea deste traballo e que o alumno correlacione os conceptos vistos na materia de forma practica nun suposto real, que aprenda a consultar fontes bibliograficas especializadas, que aprenda a traballar en grupo, etc.
O final do cuatrimestre cada grupo entregará unha memoria sobre o traballo realizado e tamén fara unha breve exposición oral ó resto da clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Tanto para a preparación da proba obxetiva ou para resolver calquer outra duda referente o desenvolvemento da asignatura e os seus contidos, os alumnos disporan dunhas horas de tutorias semanais presenciais onde individualmente poderan expor e resolver as suas dudas que teñan co profesor. Ademáis o profesor porá a disposición dos alumnos unha dirección de email onde poderan facer as consultas via email (tutorias non presenciais). Estas tutorias son voluntarias e manteranse o longo de todo o cuatrimestre.

Ademais durante as sesións de prácticas, resolveranse as dudas que xurdan respecto os contidos da asignatura, de forma individual ou en grupo.

O que respecta a execución do traballo tutelado, o profesor marcara unha serie de tutorias obrigatorias onde revisará os avances acadados polos alumnos, orientará o traballo de ser necesario e aclarará as dudas que xurdan o respecto.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 B4 B7 B11 C1 C8 Durante as practicas avaliaranse os coñecementos obtidos mediante cuestionarios e distintas actividades que se proporán nas mesmas. 20
Proba obxectiva A8 B2 B6 B11 Tratarase dunha proba tipo test onde se avaliaran os coñecementos acadados polos alumnos durante o curso.
Aplicaráse unha nota de corte de 25 sobre 50, mínimo para obter o aprobado da asignatura.
50
Traballos tutelados A7 B2 B3 B4 B5 B7 B10 B11 C1 C6 C8 O longo do curso, proporanse un ou dous traballos tutelados. A lo menos un deles farase en grupo.
O finalizar os traballos entregarase unha memoria escrita do mesmo e farase unha pequena presentación o resto da clase.
A avaliaranse a calidade dos traballos a través da memoria escrita e a presentación realizada o resto da clase.
O profesor tamén terá en conta a avaliación do traballo en grupo a través das tutorias específicas realizadas para o seguimento e orientación dos traballos.

20
Proba de resposta múltiple B2 B3 B5 B6 B10 consitirá en diversos test online (mediante a plataforma Moodle) a realizar polos alumnos que asistan a clase, despois de cada sesión maxistral 10
 
Observacións avaliación

A asistencia ás practicas de laboratorio é obrigatoria así coma a achega dos cuestionarios correspondentes para a súa avaliación.


A non realización das prácticas, sen unha razón xustificada, supon un suspenso automático.

Para aqueles alumnos que por causa xustificada falten algunha das sesións prácticas ó longo do curso, programaránse sesións de recuperacións.

A realización dun traballo tutelado en grupo tamén é obrigatorio para aprobar a asignatura. A non realización do traballo, sen razón xustificada, supón un suspenso automático.

As situacións especiais dos alumnos que non poidan cursar a asignatura de manera presencial, deben ser comunicadas ó profesor o inicio do cuatrimestre e xustificalas adecuadamente. O profesor dará as instruccións oportunas para que o alumno siga a asignatura sen problemas.

Os criterios de avaliación serán idénticos nas duas oportunidades da convocatoria (a de Xaneiro e a de Xullo).

Aqueles alumnos que decidan non presentarse á proba obxectiva (exame tipo test) terán a cualificación de non presentado na acta correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

“Guía de Materiales Plásticos”, Hellerich, Harsch, Haenle, Ed Hanser, 1989.

"Cuaderno guía 1: Aspectos fundamentales de los polímeros. Degradación y Reciclaje de Plásticos, A. Ribes Graus, F. Vilaplana y L. Contat, Ed. Universidad Politécnica de Valencia, 2008

 “Técnicas Experimentales de Análisis Térmico de Polímeros”, J. López Martínez, D. García Sanoguera y F. Parrés garcía, Ed. UPV (Marcelino), 2003

 “Introducción a la Tecnología de los Plásticos, W. Michaeli, H. Greif, H. Kaufmann y F.J. Vossebürger, (Luis), Ed. Hanser, 1992

“Inyección de Termoplásticos”, J.L. Arazo Urraca, Ed. Plastic Comunicación, 2000

“Plastic Product Material and Process Selection Handbook”, D.V. Rosato, D.V. Rosato, M.V. Rosato, Ed. Elsevier, 2004

"Physics of Plastics. Processing, Properties and Materials Engineering, A.W. Birley, B. Haworth y J. Batchelor. Ed. Hanser Publishers, 1992

 “Ingeniería de los Polímeros”, M.A. Ramos Carpio, H.R. de Maria Ruiz (Marcelino), Ed. Ediciones Díaz de Santos, 1988

Paxinas web:

http://www.campusplastics.com/

http://plasticsnews.com/

 

Bibliografía complementaria

LIBROS DE CONSULTA

"Industria del Plástico”, Richardson y Lokensgard, Ed. Paraninfo, 1999

“Los plásticos más usados”, A. Horta, C. Sánchez, A. Pérez y I. Fernández, Ed. UNED Ediciones, 2000

“Principales polímeros comerciales”, V. Vela y M. Cinta, Ed. UPV, 2006

"Plastics Design Handbook”, D.V. Rosato, D.V. Rosato y M.G. Rosato, Ed. Kluwer Academic Publishers, 2001

"Engineering with Polymers”, Peter C. Powel, Ed. Chapman and Hall, 1983

“RIM, Fundamentals of Reaction Injection Moulding”, C.W. Macosko, Ed. Hanser Publishers, 1988

“Simple Methods for identification of Plastics”, Braun y Dietrich, Ed. Hanser Publishers, 1982

“Polymer Extrusion”, C Rauwendaal, Ed. CARL HANSER VERLAG, 1994

"Plastics in Automotive Engineering. Exterior Applications”, R. Stauber y L. Vollrath (Eds.). Ed. Hanser Publishers, 2007

"Blow Holding Design Guide”, Norman C. Lee, Ed. Hanser Publishers, 1998


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fisica Aplicada á Enxeñería/771G01002
Fundamentos de Materiais para á Enxeñería/771G01003
Enxeñería de Materiais/771G01004
Deseño Básico/771G01021
Deseño e Producto/771G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tecnoloxías de Desenvolvemento de Producto/771G01014
Reciclaxe e Medio Ambiente/771G01020
Administración e Organización Industrial/771G01034

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías