Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Deseño e Procesado con Polímeros Código 771G01011
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Abad López, María José
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
Profesorado
Abad López, María José
Montero Rodríguez, María Belén
Correo electrónico
maria.jose.abad@udc.es
belen.montero@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten coma obxetivo adquir os coñecementos necesarios para que os alumnos poidan deseñar con exito un novo producto en materiais poliméricos, tendo en conta, as caracteristicas especiais que os diferencian dos materiais tradicionais e os procesos de fabricación mais idóneos para eses materiais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo.
A2 Capacidade de comprensión da dimensión social e histórica do Deseño Industrial, vehículo para a creatividade e a búsqueda de solucións novas e efectivas.
A4 Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares.
A5 Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría.
A7 Capacidade para deseño, redacción e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases.
A8 Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría.
A10 Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional.
B1 Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico.
B3 Aprender a aprender. Capacidade para comprender e detectar as dinámicas e os mecanismos que estruturan a aparición e a dinámica de novas tendencias.
B4 Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo.
B5 Resolver problemas de forma efectiva.
B6 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B7 Capacidade de liderado e para a toma de decisións.
B9 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B10 Capacidade de organización e planificación.
B11 Capacidade de análise e síntese.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos sobre as caracteristicas fisicas e químicas dos polímeros, para poder seleccionar o mais convinte para un producto dado. A1
A8
B2
B3
B5
B6
B10
B11
C1
C6
C8
Adquirir os coñecementos necesarios dos distintos tipos de procesado utilizados nos materiais polímericos para poder seleccionar o máis convinte para a fabricación do producto deseñado A1
A2
A4
A7
B2
B4
B5
B9
B10
B11
C3
C6
C8
Adquirir coñecementos sobre a reutilización e reciclado dos materiais polimericos. Coñecer as estratexias a seguir para o ecodeseño dun novo producto. A1
A5
A7
A10
B4
B5
B6
B7
B11
C4
C5
C8
Aprender a utlizar os conceptos de reciclado e recuperación para mellorar a vida de persoas desfavorecidas. A4
A10
B1
B9
C1
C4

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1: DESEÑO DE PRODUTOS PLÁSTICOS. SELECCIÓN E PROPIEDADES DOS POLÍMEROS A filosofía do deseño e desenvolvemento de produtos plásticos
Conceptos básicos para a selección de polímeros
Materiais poliméricos: caracteristicas xerais
Caracterización de polímeros. Normativa aplicable.
Unidade 2: EXTRUSIÓN DE TERMOPLÁSTICOS Descrición do proceso de extrusión.
Tipos de extrusoras e cabezales. Equipamento accesorio.
Principais liñas de extrusión, coextrusión e biorientación. Extrusión-soprado.
Principais parámetros de extrusión. Influencia na calidade do produto extruído
Unidade 3: INXECCIÓN DE TERMOPLÁSTICOS Introdución ao moldeo por inxección
Maquinas de inxección: descrición e clasificación.
Parámetros de procesado.
Diagnóstico de fallos en pezas e solucións.
Tecnoloxías non convencionais de moldeo por inxección.
Unidade 4: OUTROS TIPOS DE PROCESADO Procesado de materiais termoestables.
Outros procesados de materiais termoplásticos.
Unidade 5: RECICLAXE DE POLÍMEROS. ECODESEÑO Introdución á reciclaxe de polímeros.
Estratexias para a reciclaxe de polímeros: reciclaxe mecánica, reciclaxe química e incineración. Outras técnicas de reciclaxe e valoración.
Plásticos biodegradables e compostables.
Introdución ao ecodeseño.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 C4 C5 21 42 63
Prácticas de laboratorio A5 B4 B7 B11 C1 C8 17 4 21
Proba obxectiva A8 B2 B6 B11 2 18 20
Proba de resposta múltiple B2 B3 B5 B6 B10 C3 0 12 12
Aprendizaxe servizo A4 A10 B1 B9 C1 C4 2 13 15
Traballos tutelados A4 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C6 C8 2 13 15
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na sesión maxistral o profesor, exporá na aula os principais conceptos de cada tema dos que consta a asignatura. Para isto apoiarase nos medios tecnicos dispoñibles: presentacións en powerpoint, videos, etc.
Posteriormente porá a disposición dxs alumnxs uns cuestionarios de axuda ó estudo que lles servirá de guía para preparar a proba obxetiva.
Prácticas de laboratorio A maior parte da docencia interactiva realizarase durante ás prácticas de laboratorio. Nelas xs alumnxs divididos en grupos reducidos poderán ver a aplicación dos principais conceptos teóricos revisados na aula anteriormente. Estas clases poderan constar de videos interactivos, onde deberan traballar sobre os contidos do mesmo; practicas de procesado, conferencias, etc.
O final de cada clase, os estudantes cubriran un cuestionario respecto os distintos aspectos que se viron na practica, isto servirá para avaliar o seu traballo na mesma.
Proba obxectiva A proba obxetiva consistirá nun exame tipo test no que se avaliará os coñecementos adquiridos polxs alumnxs o longo do curso.
Proba de resposta múltiple Despois de cada sesión maxistral xs alumnxs que asistiron a clase poderán facer un test online sobre a materia vista na clase, a través da plataforma Moodle. O test seguirá a mesma metodoloxía que a proba obxetiva e puntuará na nota final.
O obxetivo é que os estudantes se acostumbren a realizar este tipo de probas o longo do curso.
Aprendizaxe servizo A profesora propondrá un proxecto de aprendizaxe-servizo durante o cuatrimestre onde xs alumnxs teñan que facer un servizo a comunidade utilizando dalgunha maneira os conceptos vistos na materia.
Traballos tutelados Unha parte da avaliación consistirá en facer un ou dous traballos en grupo. Estes traballos consistirá en estudiar a aplicación de materiais poliméricos nun producto comercial, tendo en conta non so a selección idónea do material, o proceso de fabricación mais idóneo senon tamen aspectos sobre a normativa aplicable o producto en sí, aspectos económicos (rentabilidade industrial), etc. A idea deste traballo e que o estudante correlacione os conceptos vistos na materia de forma practica nun suposto real, que aprenda a consultar fontes bibliograficas especializadas, que aprenda a traballar en grupo, etc.
O final do cuatrimestre cada grupo entregará unha memoria sobre o traballo realizado e tamén fara unha breve exposición oral ó resto da clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Aprendizaxe servizo
Descrición
Tanto para a preparación da proba obxetiva ou para resolver calquer outra duda referente o desenvolvemento da materia e os seus contidos, xs alumnxs disporan dunhas horas de tutorias semanais presenciais onde individualmente poderan expor e resolver as dubidas que teñan co profesor. Ademáis o profesor porá a disposición dos estudantes unha dirección de email onde poderan facer as consultas via email (tutorias non presenciais). Estas tutorias son voluntarias e manteranse o longo de todo o curso.
Ademais durante as sesións de prácticas, resolveranse as dudas que xurdan respecto os contidos da asignatura, de forma individual ou en grupo.

O que respecta a execución do traballo tutelado ou o proxecto de aprendizaxe servizo, o profesor marcará unha serie de tutorias obrigatorias onde revisará os avances acadados polxs alumnxs, orientará o traballo de ser necesario e aclarará as dudas que xurdan o respecto.

No que respecta ó alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a atención personalizada desenvolverase de maneira virtual, mediante email, videoconferencia ou por teléfono.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 B4 B7 B11 C1 C8 Durante as practicas avaliaranse os coñecementos obtidos mediante cuestionarios e distintas actividades que se proporán nas mesmas. 20
Proba obxectiva A8 B2 B6 B11 Tratarase dunha proba tipo test onde se avaliaran os coñecementos acadados polxs alumnxs durante o curso.
Aplicaráse unha nota de corte de 25 sobre 50, mínimo para obter o aprobado da asignatura.
50
Traballos tutelados A4 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B10 B11 C1 C3 C6 C8 O longo do curso, proporanse un traballo tutelado en grupo.
O finalizar os traballos entregarase unha memoria escrita do mesmo e farase unha pequena presentación ó resto da clase.
A avaliación farase a través da rúbrica correspondente. En xeral, terase en conta a calidade da memoria escrita, a da presentación realizada o resto da clase e o traballo en grupo a través das tutorias específicas realizadas para o seguimento e orientación dos traballos.

10
Proba de resposta múltiple B2 B3 B5 B6 B10 C3 Consitirá en diversos test online (mediante a plataforma Moodle) a realizar polxs alumnxs que asistan a clase, despois de cada sesión maxistral 10
Aprendizaxe servizo A4 A10 B1 B9 C1 C4 Avaliarase a calidade do traballo polo método da rúbrica, que estará a disposición dxs alumnxs dende o principio de curso. De maneira xeral avaliarase o traballo en grupo, a implicación persoal, a calidade dos recursos selecciónados polo alumno e tamén a interación co colectivo o que vai dirixido o proxecto. 10
 
Observacións avaliación

A asistencia ás practicas de laboratorio é obrigatoria así coma a achega dos cuestionarios correspondentes para a súa avaliación. A non realización das prácticas, sen unha razón xustificada, supon un suspenso automático. Para aqueles alumnos que teñan  recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou aqueles que por causa xustificada falten algunha das sesións prácticas ó longo do curso, programaránse sesións de recuperacións.

Cada alumno deberá elixir obrigatoriamente unha actividade en grupo entre o proxecto de aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo. A participación nunha é excluínte da outra. A non realización de ningunha das dúas, sen razón xustificada, supón un suspenso automático. Nesta actividade a puntuación máxima por alumno é de ata dous puntos na nota final.

As situacións especiais dos alumnos que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos debidamente xustificados, non poidan cursar a asignatura de manera presencial, deben ser comunicadas ó profesor o inicio do cuatrimestre e xustificalas adecuadamente. O profesor dará as instruccións oportunas para que o alumno siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por traballos individuais ca mesma puntuación.

Os criterios de avaliación serán idénticos nas duas oportunidades da convocatoria (a de Xaneiro e a de Xullo).

Aqueles alumnos que decidan non presentarse á proba obxectiva (exame tipo test) terán a cualificación de non presentado na acta correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

“Guía de Materiales Plásticos”, Hellerich, Harsch, Haenle, Ed Hanser, 1989.

"Cuaderno guía 1: Aspectos fundamentales de los polímeros. Degradación y Reciclaje de Plásticos, A. Ribes Graus, F. Vilaplana y L. Contat, Ed. Universidad Politécnica de Valencia, 2008

 “Técnicas Experimentales de Análisis Térmico de Polímeros”, J. López Martínez, D. García Sanoguera y F. Parrés garcía, Ed. UPV (Marcelino), 2003

 “Introducción a la Tecnología de los Plásticos, W. Michaeli, H. Greif, H. Kaufmann y F.J. Vossebürger, (Luis), Ed. Hanser, 1992

“Inyección de Termoplásticos”, J.L. Arazo Urraca, Ed. Plastic Comunicación, 2000

“Plastic Product Material and Process Selection Handbook”, D.V. Rosato, D.V. Rosato, M.V. Rosato, Ed. Elsevier, 2004

"Physics of Plastics. Processing, Properties and Materials Engineering, A.W. Birley, B. Haworth y J. Batchelor. Ed. Hanser Publishers, 1992

 “Ingeniería de los Polímeros”, M.A. Ramos Carpio, H.R. de Maria Ruiz (Marcelino), Ed. Ediciones Díaz de Santos, 1988

Paxinas web:

http://www.campusplastics.com/

http://plasticsnews.com/

 

Bibliografía complementaria

LIBROS DE CONSULTA

"Industria del Plástico”, Richardson y Lokensgard, Ed. Paraninfo, 1999

“Los plásticos más usados”, A. Horta, C. Sánchez, A. Pérez y I. Fernández, Ed. UNED Ediciones, 2000

“Principales polímeros comerciales”, V. Vela y M. Cinta, Ed. UPV, 2006

"Plastics Design Handbook”, D.V. Rosato, D.V. Rosato y M.G. Rosato, Ed. Kluwer Academic Publishers, 2001

"Engineering with Polymers”, Peter C. Powel, Ed. Chapman and Hall, 1983

“RIM, Fundamentals of Reaction Injection Moulding”, C.W. Macosko, Ed. Hanser Publishers, 1988

“Simple Methods for identification of Plastics”, Braun y Dietrich, Ed. Hanser Publishers, 1982

“Polymer Extrusion”, C Rauwendaal, Ed. CARL HANSER VERLAG, 1994

"Plastics in Automotive Engineering. Exterior Applications”, R. Stauber y L. Vollrath (Eds.). Ed. Hanser Publishers, 2007

"Blow Holding Design Guide”, Norman C. Lee, Ed. Hanser Publishers, 1998


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fisica Aplicada á Enxeñería/771G01002
Fundamentos de Materiais para á Enxeñería/771G01003
Enxeñería de Materiais/771G01004
Deseño Básico/771G01021
Deseño e Producto/771G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tecnoloxías de Desenvolvemento de Producto/771G01014
Reciclaxe e Medio Ambiente/771G01020
Administración e Organización Industrial/771G01034

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero:

1. A entrega dos traballos documentais (traballo tutelado/aprendizaxe servizo) que se realicen nesta materia farase da seguinte maneira:

1.1.Entregarase en formato virtual e / ou soporte informático

1.2.No caso de ter que imprimir algo en papel, por exemplo, carteis, dípticos, etc... para a realización das actividades ApS  a impresión farase en papel reciclado e a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final.

2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia (papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habititados na EUDI ou na rúa para tal fin. Os materiais empregados para a realización das experiencias ApS deben ser na medida do posible materiais reutilizados, realizando campañas no centro para a súa recollida no caso de ser necesario.

3. Intentarase transmitir aos estudantes a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais.

4. Debe incorporarse a perspectiva de xénero nesta materia polo que os traballos entregados polos estudantes e o material preparado polo profesor deben usar linguaxe non sexista.

5. Facilitarase a plena integración dos estudantes que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Estas reglas aplicaránse tamén no caso dos traballos de aprendizaxe servizo preparados polos estudantes en entidades que traballen con usuarios con algún tipo de discapacidade. Os estudantes adaptarán os materiais de tal maneira que se facilite o aprendizaxe de todos os usuarios.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías