Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Normativa e Lexislación Código 771G01035
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Empresa
Coordinación
Martinez Carballo, Manuel
Correo electrónico
manuel.martinez.carballo@udc.es
Profesorado
Cernadas Lázare, Marta
Martinez Carballo, Manuel
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
marta.cernadas.lazare@udc.es
manuel.martinez.carballo@udc.es
lucia.rey.ares@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia vén complementar o contido doutras materias que están relacionadas directa ou indirectamente con aspectos xurídicos sobre a xestión estratéxica/empresarial do deseño.

O obxectivo principal da mesma é dotar ao alumnado daqueles coñecementos básicos e necesarios para desenvolverse neste campo. Para iso, abordarase o marco conceptual das normas xurídicas, os aspectos xurídicos da publicidade comercial, a responsabilidade por danos causados por produtos defectuosos, as marcas e patentes, o réxime xurídico do deseño industrial, etc.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo.
A4 Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares.
A10 Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional.
B1 Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Comprensión das responsabilidades éticas e sociales derivadas da súa actividade profesional
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os resultados da aprendizaxe desta materia permiten a adquisición das seguintes competencias. A1
A4
A10
B1
B2
B11
B12
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
O contido da materia desenvólvese acorde aos seguintes bloques:

-CONCEPTOS INTRODUCTORIOS AO DEREITO
-INTRODUCIÓN Á CONTRATACIÓN MERCANTIL
-INVENCIÓNS INDUSTRIAIS (Patentes, Modelos de Utilidade e Segredos Industriais)
-MARCO XURÍDICO DO DESEÑO INDUSTRIAL
-PROTECCIÓN DOS SIGNOS DISTINTIVOS DA EMPRESA (Marcas e Outros Signos Distintivos)
-MARCO XERAL DA PUBLICIDADE COMERCIAL PRIVADA
-COMPETENCIA DESLEAL
-DEREITO DE DEFENSA DA COMPETENCIA
-RESPONSABILIDADE CIVIL POLOS DANOS CAUSADOS POR PRODUTOS DEFECTUOSOS
-PROPIEDADE INTELECTUAL (Programas de Computador, Fotografías, etc.)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A10 B12 C4 C6 C7 21 42 63
Obradoiro A4 B1 B2 B11 C3 C6 C8 21 30 51
Traballos tutelados B1 C3 C6 C8 0 34 34
Proba de resposta múltiple B11 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é coñecida tamén como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Obradoiro Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Obradoiro
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada consistirá básicamete na realización de tutorías, tanto individuais como en grupo, para resolver e aclarar calquera tipo de dúbida relacionada coa materia e a realización dos traballo tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B11 75
Obradoiro A4 B1 B2 B11 C3 C6 C8 0
Traballos tutelados B1 C3 C6 C8 25
Sesión maxistral A1 A10 B12 C4 C6 C7 0
 
Observacións avaliación

Esta materia é responsabilidade de dous departamentos (Departamento de Empresa e Departamento de Dereito Privado). O profesorado implicado de cada un destes dous departamentos imparte unha parte do contido desta materia e a avaliación será independente para cada unha das partes, sendo a cualificación final da materia a media das dúas partes, sempre e cando se teña superado cada parte por separado. 

Na avaliación do 25% correspondente ao traballo tutelado tamén se terá en conta a participación activa nas clases presenciais, salvo no caso do alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Por outra banda, este 25% do traballo tutelado só se terá en conta se se superou a proba de resposta múltiple correspondente. 

Con todo, e a pesar do mencionado anteriormente, na presentación da materia ao comezo do cuadrimestre correspondente, pódese establecer unha repartición porcentual distinta ao planificado entre todas as metodoloxías.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica: 

Lei 34/1988, do 11 de novembro, Xeneral de Publicidade (https://www.boe.es/eli/es/l/1988/11/11/34/con) 

Lei 3/1991, do 10 de xaneiro, de Competencia Desleal (https://www.boe.es/eli/es/l/1991/01/10/3/con) 

Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias (https://www.boe.es/eli/es/rdlg/2007/11/16/1/con) 

Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia (https://www.boe.es/eli/es/rdlg/1996/04/12/1/con)  

O profesorado da materia poderá proporcionar bibliografía complementaria para cada un dos temas da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Aspectos Económicos e Empresariais do Deseño/771G01033
Administración e Organización Industrial/771G01034
Xestión da Innovación e do Deseño/771G01043
Xestión da Calidade/771G01044

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Loxística Industrial/771G01045

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías