Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Tecnoloxías da Información e a Comunicación II Código 771G01037
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Comesaña Comesaña, Patricia
Correo electrónico
p.comesanac@udc.es
Profesorado
Comesaña Comesaña, Patricia
Correo electrónico
p.comesanac@udc.es
Web
Descrición xeral Estudio e capacitación nas Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas ao deseño.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo.
A2 Capacidade de comprensión da dimensión social e histórica do Deseño Industrial, vehículo para a creatividade e a búsqueda de solucións novas e efectivas.
A3 Necesidade dunha aprendizaxe permanente e continua (Life-long learning), e especialmente orientada cara os avances e os novos produtos do mercado.
A4 Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares.
A5 Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría.
A6 Formación amplia que posibilite a comprensión do impacto das solucións de enxeñaría nos contextos económico, medioambiental, social e global.
A7 Capacidade para deseño, redacción e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases.
A8 Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría.
A9 Capacidade para efectuar decisións técnicas tendo en conta as súas repercusións ou costes económicos, de contratación, de organización ou xestión de proxectos.
A10 Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional.
B1 Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico.
B3 Aprender a aprender. Capacidade para comprender e detectar as dinámicas e os mecanismos que estruturan a aparición e a dinámica de novas tendencias.
B4 Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo.
B5 Resolver problemas de forma efectiva.
B6 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B7 Capacidade de liderado e para a toma de decisións.
B8 Traballar nun entorno internacional con respeto das diferencias culturais, lingüísticas, sociais e económicas.
B9 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B10 Capacidade de organización e planificación.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Comprensión das responsabilidades éticas e sociales derivadas da súa actividade profesional
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das fases para a elaboración dun producto audiovisual e acercamento á tipoloxía dos mesmos. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B11
B12
C1
C3
C5
C6
C8
Capacitamento no manexo de ferramentas de edición e gravación audiovisual. A1
A4
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B11
C1
C3
C5
C6
C8
Capacidade para desenvolver contidos multimedia A1
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
B8
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C4
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Presentacións audiovisuais
1.1. Os medios tradicionais. Presentacións orais.
1.2. O medio audiovisual
1.3. Tipos de mensaxes audiovisuais
1.4. Fotografía dixital
1.5. Técnicas audiovisuais
1.6. Desenvolvemento dun proxecto audiovisual
Presentacións multimedia 2.1. O medio dixital
2.2. Novos espazos de comunicación
2.3. Márketing dixital
2.4. Novas aplicacións e ferramentas de utilidade para os profesionais
2.5. Desenvolvemento dun proxecto multimedia e interactivo.



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A10 A6 A7 A8 A9 B3 15 48 63
Prácticas a través de TIC A7 A8 A9 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 25 60 85
Proba mixta A1 A4 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C3 C5 C6 C8 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación dos contidos teóricos da materia contando con materiais audiovisuais de apoio.
Prácticas a través de TIC Prácticas a través do uso de ferramentas das TICs
Proba mixta Proba composta por preguntas tipo test e preguntas curtas

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
Os alumnos necesitarán atención personalizada para resolver as dúbidas na realización das prácticas. As horas de titorías deben ser concertadas previamente co profesor a través do seu correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 C3 C5 C6 C8 Proba composta por preguntas tipo test e preguntas cortas 40
Prácticas a través de TIC A7 A8 A9 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 As prácticas evaluaranse segundo os criterios expostos na clase 60
 
Observacións avaliación

-A teoría supón o 40% da nota e a práctica un 60%.
-Para superar a asignatura deben estar aprobadas as dúas partes: teoría e práctica. Para superar a práctica, os alumnos deberán superar todas e cada unha das prácticas.

SEGUNDA CONVOCATORIA/EXTRAORDINARIA

Para superar a materia, só poderán realizar un único exame na convocatoria de xullo, na data estipulada oficialmente, para o que deberán ter presentadas as prácticas esixidas durante o curso (60% da nota) e superar un exame teórico (40% da nota) cos mesmos criterios que se marcan na avaliación. 

A forma de avaliación na convocatoria extraordinaria realizarase do mesmo xeito que a convocatoria de xuño-xullo.

Actuación contra o plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

Os alumnos/ as con dispensa académica deben contactar, vía moodle ou e-mail, co profesor a principio de curso, a fin de acordar un intinerario personalizado que permita suplir as ausencias ás sesións maxistrais e horas de traballo en aula. 


Fontes de información
Bibliografía básica Ford, Rob y Wiedermann, Julius. (2008). Cómo triunfar en Internet: guía para el éxito. Taschen
MacDonald, Matthew (2015). Creación y diseño web. Anaya Multimedia
Pisani, F. y D. Piotet (2009). La alquimia de las multitudes: cómo la web está cambiando el mundo.. Paidós
Acosta Vera, José María (2006). Marketing personal: el camino al éxito.. ESIC
Rummel, Manuel (1998). Producción de video digital para multimedia. Paraninfo
Millerson, Gerald (2001). Técnicas de realización y producción en televisión. IORTV
McIntire, Penny (2009). Técnicas innovadoras en diseño web. Anaya Multimedia
Castillo, José María (2016). Televisión, realización y lenguaje audiovisual. IORTV, Madrid
Yus, F (2007). Virtualidades reales: nuevas formas de comunidad en la era de internet. . Universidad de Alicante
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Expresión Gráfica/771G01015
Semiótica e Psicoloxía da Percepción/771G01031
Tecnoloxías da Información e a Comunicación I/771G01036
Expresión Artística/771G01041
Técnicas da Expresión Artística Aplicada/771G01042

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Green Campus

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 
  • A entrega realizarase  a  través  de  Moodle,  en  formato  dixital  sen  necesidade  de imprimilos.
  • De se realizar en papel: 
    • Non se empregarán plásticos. 
    • Realizaranse impresións a dobre cara. 
    • Empregarase papel reciclado. 
    • Evitarase a impresión de borradores. 

2. Débese  facer  un  uso  sostible  dos  recursos  e  a  prevención  de  impactos  negativos sobre o medio natural. 

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

4. Segundo  se  recolle  nas  distintas  normativas  de  aplicación  para  a  docencia  universitaria  deberase  incorporar  a  perspectiva  de  xénero  nesta  materia  (usarase  linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 

5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

7. Facilitarase  a  plena  integración  do  alumnado  que  por  razón  físicas,  sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías