Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Estética Código 771G01040
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Composición
Coordinación
Blanco Lorenzo, Enrique Manuel
Correo electrónico
enrique.blanco@udc.es
Profesorado
Blanco Lorenzo, Enrique Manuel
Correo electrónico
enrique.blanco@udc.es
Web http://http://eeudi.blogspot.com.es/
Descrición xeral Importante para a formación do futuro graduado será a súa formación nas asignaturas de carácter humanístico que tan escasas sempre son nos estudios de forte contido de carácter técnico. Aprender a ver e a pensar nos termos propios da disciplina, permitirán ó alumno afrontar as materias, e o que resulta fundamental, achegarse ó mundo profesional cós coñecementos propios fundamentados nas experiencias estéticas revisadas dun xeito histórico. Mirar cara ó futuro coa seguridade de levar connosco un retrovisor que nos permite recordar de onde vimos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo.
A2 Capacidade de comprensión da dimensión social e histórica do Deseño Industrial, vehículo para a creatividade e a búsqueda de solucións novas e efectivas.
A10 Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional.
B1 Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico.
B3 Aprender a aprender. Capacidade para comprender e detectar as dinámicas e os mecanismos que estruturan a aparición e a dinámica de novas tendencias.
B4 Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo.
B6 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B11 Capacidade de análise e síntese.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as nocións xerais sobre estética e as linguaxes plásticas no ámbito do deseño de obxectos industriais de deseño. A1
A10
B1
B2
B3
B11
C1
Relacion e análise dun coñecemento teórico e histórico xeral sobre o deseño industrial e a súa estética. A1
A2
B3
C1
Capacidades para adquirir recursos intelectuais, plásicos e visuais necesarios para entender e interpretar os obxectos industriais de deseño. A2
B2
Capacidade de producir autónomamente formulacións estéticas a partir dos coñecementos adquiridos, dentro do proceso de desenvolvemento dun criterio crítico propio. A1
A2
B1
B4
B6
C1
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. DISEÑO INDUSTRIAL Y ESTETICA 1.1 PRESENTACION
1.2 DEFINICIONES
1.3 RELACIONES
2. ESTETICA E HISTORIA 2.1 ESTETICA Y ANTIGUEDAD
2.2 ESTETICA Y MEDIEVO
2.3 ESTETICA Y HUMANISMO
2.4 ESTETICA Y R. INDUSTRIAL
2.5 ESTETICA Y M. MODERNO
3. MAGISTERIO 3.1 MAGISTERIO. AUTORES I
3.2 MAGISTERIO. AUTORES II
3.3 MAGISTERIO. AUTORES III
4. PROXECTO 4.1 EXPRESION Y SIGNIFICADO
4.2 PEQUEÑA ESCALA
4.3 PROYECTO

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A2 A10 1.5 0 1.5
Sesión maxistral A1 B2 B11 C8 19.5 19.5 39
Discusión dirixida A1 B1 B4 C1 C3 11 22 33
Aprendizaxe colaborativa B1 B2 B4 B11 C3 10 20 30
Traballos tutelados A1 A2 B3 B6 C1 C3 C8 0 35 35
Proba obxectiva A1 B1 B6 B11 C1 1.5 9 10.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades precisas ó inicio do proceso global, e en cada bloque temático, coa finalidade de coñecer as competencias, intereses e motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela, preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Traballos tutelados Prácticas obrigatorias en relación ó temario desenvolvidas individual ou en grupo e de duración variable ó longo do cuatrimestre.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Aprendizaxe colaborativa
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
Procurarase a aprendizaxe do alumno, entendendo que a orientación personalizada do profesor haberá de buscar e provocar a consecución axeitada das diferentes accións ocorridas tanto na clase como fora desta para acadar, segundo os criterios indicados, os obxectivos da asignatura. Poderase producir tanto de xeito presencial como a través dos medios electrónicos vinculados á docencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 B1 B6 B11 C1 Varias cuestións teórico-prácticas consistentes en preguntas concretas a respostar na súa totalidade, que permitan verificar a asimilación dos contidos da materia. 50
Traballos tutelados A1 A2 B3 B6 C1 C3 C8 Realización satisfactoria correspondente á axeitada progresión ó longo do curso das prácticas de curso. 50
 
Observacións avaliación

Para a avaliación da materia considerarase a suma ponderada de traballo/s tutelados mais a proba obxectiva. Cada unha das partes valorarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de puntuación de 3 en todas elas para poder superar a materia.
A asistencia e participación nas clases presenciais será necesaria para ser avaliado, cun mínimo admisible dun 80%, sen admitirse xustificantes para diminuir esa porcentaxe.
As probas teórico-prácticas obxectivas consistirán en preguntas concretas que terán que ser respostadas na súa totalidade e nas que se valorará a aportación gráfica do alumnado.
O/s traballo/s tutelado/s serán exercicios prácticos de elaboración personal ou grupal nos que se utilizará o soporte das TICs
Para poder presentarse a calquera das oportunidades o alumno terá que ter entregados os traballos do curso e cumprida a asistencia mínima.

Nos casos de avaliación de alumnado a tempo parcial, reducirase un 50% a asistencia mínima e manteranse as porcentaxes de cualificación de traballos tutelados e proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica

-VALVERDE, J.M., BREVE HISTORIA Y ANTOLOGÍA DE LA ESTÉTICA, EDITORIAL ARIEL, 1978, Libro,

-VITRUVIO M. P., DE ARCHITECTURA, , , Libro,

-MOORE / ALLEN, DIMENSIONES DE LA ARQUITECTURA, GUSTAVO GILI, 1978, Libro,

-BENÉVOLO, L., DISEÑO DE LA CIUDAD, GUSTAVO GILI, 1979, Libro,

-DORFLES, G., EL DISEÑO INDUSTRIAL Y SU ESTÉTICA, EDITORIAL LABOR, 1977, Libro,

-GREGOTTI, V., EL TERRITORIO DE LA ARQUITECTURA, GUSTAVO GILI, 1972, Libro,

-WLADYSLAW TATARKIEWICZ, HISTORIA DE LA ESTÉTICA (T. II): LA ESTÉTICA MEDIEVAL, EDICIONES AKAL, S.A., 1991, Libro,

-WLADYSLAW TATARKIEWICZ, HISTORIA DE LA ESTÉTICA (T.I): LA ESTÉTICA ANTIGUA, EDICIONES AKAL, S.A., 1991, Libro,

-WLADYSLAW TATARKIEWICZ, HISTORIA DE LA ESTÉTICA (T.III): LA ESTÉTICA MODERNA: 1400-1700, EDICIONES AKAL, S.A., 1991, Libro,

-WLADYSLAW TATARKIEWICZ, HISTORIA DE SEIS IDEAS: ARTE, BELLEZA, FORMA, CREATIVIDAD, MÍMESIS, EXPERIENCIA ESTÉTICA, EDITORIAL TECNOS, 2002, Libro,

Bibliografía complementaria

-BÜRDEK, B., DISEÑO. HISTORIA, TEORÍA Y PRÁCTICA DEL DISEÑO INDUSTRIAL, GUSTAVO GILI, 1994, Libro,

-NEUHART, J. + NEUHART, M. + EAMES R., EAMES DESIGN, EDITORIAL ABRAHMS, NY, 1994, Libro,

-EHRENZWEIG, A., EL ORDEN OCULTO DEL ARTE, LABOR, 1973, Libro,

-EHRENZWEIG, A., EL SENTIDO DEL ORDEN, GUSTAVO GILI, 1980, Libro,

-MARCHÁN FIZ, S., EL UNIVERSO DEL ARTE, SALVAT, 1981, Libro,

-FIEDLER, K., ESCRITOS SOBRE ARTE, VISOR DISTRIBUCIONES, S.A., 1990, Libro,

-MORAWSKI, S., FUNDAMENTOS DE LA ESTÉTICA, EDICIÓNS 62 BARCELONA, 1977, Libro,

-JIMÉNEZ, J., IMÁGENES DEL HOMBRE. FUNDAMENTOS DE LA ESTÉTICA, TECNOS, 1986, Libro,

-CARRIT, E.F., INTRODUCCIÓN A LA ESTÉTICA, FONDO DE CULTURA ECONÓMICA, MÉJICO, 1951, Libro,

-ACKERMAN J.S., LA ARQUITECTURA DE MIGUEL ANGEL, CELESTE EDICIONES, 1997, Libro,

-RICARD, A., LA AVENTURA CREATIVA, EDITORIAL ARIEL, 2000, Libro,

-SCRUTON, R., LA EXPERIENCIA DE LA ESTÉTICA, F.C.E. MÉJICO, 1987, Libro,

-MAQUET, J., LA EXPERIENCIA ESTÉTICA, CELESTE/UNIVERSIDAD, 1999, Libro,

-ROCK, I., LA PERCEPCIÓN, LABOR, 1985, Libro,

-GIBSON, J.J., LA PERCEPCIÓN DEL MUNDO VISUAL, INFINITO, 1974, Libro,

-RUSKIN, J., LAS SIETE LÁMPARAS DE LA ARQUITECTURA, , , Libro,

-BERGER, J., MODOS DE VER, GUSTAVO GILI, 1980, Libro,

-LOOS, A., ORNAMENTO Y DELITO, GUSTAVO GILI, 1980, Libro,

-PEVSNER, N., PIONEROS DEL DISEÑO MODERNO, EDICIONES INFINITO, 1963, Libro,

-BARASCH, M., TEORÍAS DEL ARTE. DE PLATÓN A WINCKELMANN, ALIANZA, 1991, Libro,

-GREGORY, R.L., THE INTELLIGENT EYE, , 1970, Libro,

-AA.VV, THE WORK OR CHARLES AND RAY EAMES, EDITORIAL ABRAHMS, NY, 1997, Libro,

-FERRANT, A., TODO SE PARECE A ALGO. ESCRITOS Y TESTIMONIOS, EDITORIAL VISOR, 1997, Libro,

-ARGULLOL, R., TRES MIRADAS SOBRE EL ARTE, DESTINO, 1989, Libro,

-MUNARI, B., ¿COMO NACEN LOS OBJETOS?, EDITORIAL LABOR, 1983, Libro,


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño Industrial Actual/771G01028
Historia da Arte e do Deseño/771G01038
Historia do Deseño/771G01039

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías